• II Gala contra el Cancer PANORAMA EN CONCIERTO

    A Comisión do Carme cos mellores artistas

    Jose do Bolboreta ou Campaña este xoves con algunhas das máis grandes estrelas musicais españolas
    Jose do Bolboreta ou Campaña este xoves con algunhas das máis grandes estrelas musicais españolas

    Estamos nas mellores mans.  En canto á organización das Festas do Carme, queremos decir. Porque os membros da Comisión de Festas non dubidan en desprazarse con motivo das principais galas e festividades que se celebran no ámbito festeiro de Galicia para observar e intentar contratar aos mellores artistas que se moven polo mesmo. Así, este xoves 30 de abril de 2009 un autobús repleto de camariñáns amantes da boa música desprazouse ata Ordes para asistir no Campo da Feira á "II Gala contra el Cancer Panorama en Concierto" que a partir das 23:00 reunío a preto de 20.000 persoas que puideron escoitar en directo a grandes estrelas como David Bisbal, Carlos Baute, Marta Sánchez,  David Bustamante, OBK ou Astarot, comandados pola Orquesta Panorama que dedicará á loita contra o cáncer os beneficios derivados da comercialización dun dvd deste gran evento musical.

  • San Marcos 2009 en Camarinas

    Unha bar-ba-cué familiar no Rancho do Coronel Lou

    Luis de Kecha, coronel licenciado con honores en todo tipo de churrascadas familiares: un auténtico experto
    Luis de Kecha, coronel licenciado con honores en todo tipo de churrascadas familiares: un auténtico experto

    "En aquellos tiempos en los que un país llamado España llegó a la cifra de 4.000.000 de parados, un grupo de amigos se reunieron un 25 de abril en una finca sita en el lugar llamado "Agra de Abaixo", término municipal de Camariñas, para celebrar una barbacoa familiar, porque con el paso de los años, más que amigos constituían ya una familia. Se les denominada con el nombre de La Vieja Guardia".  Camarinas.eu fai xusticia e rinde a homenaxe definitiva a un Santo vital e insustituible dentro do imaxinario cristiano: San Marcos, o home que narrou as andanzas do noso Señor Xesucristo no Evangelio que leva o seu nome. Pulsa na foto do Coronel Lou para ver unha impresionante galería fotográfica que como se organiza unha bar-ba-cué tradicional.

  • San Xurxo 2009: Patron de Camarinas

    Galería fotográfica completa de San Xurxo 2009

    Só camarinas.eu nun esforzo sen precedentes podía traer para vos unha galería de preto 350 fotografías
    Só camarinas.eu nun esforzo sen precedentes podía traer para vos unha galería de preto 350 fotografías

    O xoves 23 de abril do ano do noso Señor 2009 camarinas.eu levou a cabo a máis impresionante e exhaustiva  cobertura informativa endexamáis feita das festas do noso querido Patrón de Camariñas San Xurxo. Para a historia quedará a presente galería fotográfica de preto de 350 fotografías que a pesar do virus de intencións mortais que lle inocularon ao xigante cibernético da Costa Atlántica, camarinas.eu vos sirve nunha reportaxe a cinco bandas na que puxemos a traballar para tódolos seguidores da web dos 5.000.000 de visitas a un auténtico repóker de ases, os nosos reporteiros festeiros máis acreditados: Diego Alonso Freire, Lucía Carril Ageitos, Alvito  Diéguez Jr., Mónica Pasantes e Zhúkov. Queridos usuarios: nada pode con camarinas.eu, mala hierba nunca muere.

  • San Xurxo de Camarinas 2009 Jueves

    Comezan as Grandes Festas de San Xurxo 2009

    Image

    As festas en honor ao noso Patrón San Xurxo comezaron onte mércores 22 de abril cun gran espectáculo por parte da orquesta Marbella na cal puidemos ver moitas caras coñecidas do particular mundillo orquesteril. Hoxe xoves é o día grande das festas e a 1 da tarde celebrarase a tradicional misa e a procesión ao arredor da nosa igrexa en honor ao Patrón de Camariñas, San Xurxo. Sobre as dúas da tarde comezará a sesión musical a cargo dunha banda de música que tocará unhas pezas clásicas na Praza de san Xurxo. Ao rematar esta será a Orquesta Versalles a que tomará o relevo para comezar xa co típico baile vermouth. As 7 da tarde realizarase a ofrenda floral a Don Antonio Domingo Rodríguez Canosa no lugar do Cotro en Buría e será de noite cando comece a espectacular gala musical coas orquestas Versalles e archicoñecida Panorama.

  • Procesion da Virxe do Monte 2009

    A Virxe do Monte retorna aos seus altares

    Non podía baixar mellor a nosa Santa que nas mans de todo un clásico das procesións como o noso amigo Pino
    Non podía baixar mellor a nosa Santa que nas mans de todo un clásico das procesións como o noso amigo Pino

    Tal e como mandaban os cánones da Santa Madre Igrexa, ás 18:00 horas do domingo 19 de abril do ano do noso Señor 2009 varios centos de fieis cristianos, veciños da moi antiga e noble vila de Camariñas, reuníronse nas alturas da Sagrada Ermita da Virxe do Monte nunha tarde encapotada e gris para devolver á Santa protectora dos naturais de tan emblemática e blasonada terra ao lugar onde reposará un ano, a Igrexa Parroquial de San Xurxo, ata que conmemorando unha festa inmemorial e sagrada no Domingo da Resurrección do Noso Señor Xesucristo sexa devolta por unha semana á ermita portadora do seu santo nome. Só por unha semana. Pulsa na imaxe para ver unha galería fotográfica a tres bandas de 120 fotos captada polos reporteiros en exclusiva de camarinas.eu Mónica Pasantes, Alvito Diéquez Jr. e Zhúkov.

  • Resumen Final Maraton Futbito San Xurxo 2009

    Todas as fotos do Maratón San Xurxo 2009

    O Resumen Final do mellor maratón de futbito destes últimos anos só en camarinas.eu
    O Resumen Final do mellor maratón de futbito destes últimos anos só en camarinas.eu

    Pois mentras medio Camariñas atopábase na tarde deste domingo 19 de abril na Procesión que retornaba a Virxe do Monte cara a Igrexa de San Xurxo, o outro medio, despois dunhas fases previas presididas por un éxito impresionante de público e de organización, presenciaba no Pavillón Municipal a Gran Final do Maratón San Xurxo 2009 que enfrontaba aos camariñáns de Carpintería Alberto contra o Café Bar Guaraná de Ponteceso, equipo formado por xogadores reclutados nas mellores pistas polideportivas da Coruña. A súa calidade demostrárona sobradamente nun partido no que se impuxeron aos nosos por un marcador de 6 a 1, destacando a extraordinaria labor do porteiro do Carpintería Alberto, o noso querido usuario Peteke. En definitiva remata cun éxito rotundo unha iniciativa surxida da mellor xuventude camariñana  e que camarinas.eu reflexa para a posteridade cunha amplia galería fotográfica e tres impresionantes vídeos.

  • Semana Santa: Procesion da Virxe do Monte 2009

    Unha tradición milenaria e multitudinaria

    Os fieis turnáronse con devoción a todo o longo do camiño para levar a súa Virxe do Monte ata a ermita
    Os fieis turnáronse con devoción a todo o longo do camiño para levar a súa Virxe do Monte ata a ermita

    Tal e como mandaban os cánones, ás cinco en punto da tarde do 12 de abril de 2009, Domingo de Resurrección do Noso Señor Xesucristo, unha multitude de varios centos de camariñáns agolpábanse ás portas da Capela da Virxe do Carme. A intención era a de cumprir cun rito cuias raíces se perden nas orixes do tempo: peregrinar en cristiana procesión ca Virxe do Monte sobre os hombros cara a ermita do mesmo nome, sita nun monte antigo e no seu momento posiblemente pagano. Unha tradición  milenaria que define a identifica a un pobo como unha unidade diferenciada e dotada de vida propia e que fui cumprida co fervor e devoción debidos por todos aqueles camariñáns que na tarde deste 12 de abril alí estivemos.

  • Festas da Virxe do Monte 2009 en Camarinas

    Festa da Zorza e Verbena da Virxe do Monte 2009

    As preciosidades das distintas orquestas que visitarán o noso concello neste 2009 xa fixeron a súa aparición
    As preciosidades das distintas orquestas que visitarán o noso concello neste 2009 xa fixeron a súa aparición

    Pois na tarde deste sábado 11 de abril quedaba inaugurada oficialmente a temporada de festas 2009 no Concello de Camariñas co pistoletazo de saída da festividade en honor á Virxe do Monte cunha impresionante "I Festa da Zorza", na que a Comisión de Festas raiou ao seu máximo nivel organizando de forma prácticamente perfecta este importante evento gastronómico que reunío a uns cuantos centenares de veciños na Praza do Mercado de Camariñas e no que foron servidas preto de 600 racións, a pesares do intenso frío que azotaba á Vila das Palilleiras neste sábado de Semana Santa.

    Polo módico precio de 5 euros, os asistentes tiñan dereito a un ben surtido prato deste sinxelo manxar elaborado a base de cochino de primeira calidade con patacas fretidas e viño do país acompañado do seu correspondente e imprescindible café con leite ben quentiño, ideal para unha tarde-noite como a deste sábado. Posteriormente, e cos bandullos ben recheos, os asistentes puideron asistir a unha verbena do máximo nivel amenizada polas orquestas Triunfo e Suavecito e que se extendío ata altas horas da madrugada. En fin, queridos usuarios, a temporada de festas xa está aquí. Pulsa na imaxe para ver a primeira galería fotográfica con máis de 80 fotos de camarinas.eu da sección de festas 2009 e dous impresionantes videos de todo o acto.

  • Reportaxe: Festas do Carme Camariñas 1987, ¿as máis longas que se lembran?

    Image

    Agora que está prácticamente a piques de iniciarse ca Virxe do Monte a temporada de festas do ano 2009 no Concello de Camariñas, en Camarinas.eu seguimos rescatando do olvido da historia os diferentes boletíns que en tempos se teñen publicado con motivo das Festas do Carme, deténdonos desta vez en 1987, ano en que unha comisión capitaneada como Presidente de Honor polo noso amigo e usuario Xosé Luis Blanco Campaña ideou un programa de seis días de duración onde en principio estaba previsto ata un pregón a cargo do actor Sancho Gracia ("Curro Jiménez"), un Festival da Canción Mariñeira, a participación de Los 3 Soles del Paraguay e dos mariachis do Ballet Folklórico da Universidade de Colima, México, e un impresionante fin de festa a cargo dunha Ana Kiro que naquel tempo vivía os momentos álxidos da súa carreira. Nova reportaxe de Camarinas.eu que segue a recordar todas aquelas manifestacións culturais e xornalísticas que antecederon no tempo a chegada do xigante cibernético da Costa da Morte.
  • Virxen do Monte 2009

    Tres días  de festa para A Virxen do Monte

    A procesión do domingo á tarde cara a Capela do Monte: unha tradición que se perde nas orixes do tempo
    A procesión do domingo á tarde cara a Capela do Monte: unha tradición que se perde nas orixes do tempo

    En fin, con este tempiño tan bo que nos está a tocar toda esta semana xa parece que se nos vai achegando o verán. O único que nos faltan son as festas propias das datas estivais. Pero para remediar esto están os nosos compañeiros da Comisión de Festas do Carmen que veñen de  anunciarnos o cartel previsto para as festas que inauguran a temporada 2009: a festividade en honor a nosa Virxen do Monte, cun programna novedoso que inclúe tres días festivos, un elenco cerrado de orquestas de primer nivel e incluso unha festa gastronómica adicada á zorza. Pulsa na imaxe para ver todo o programa das Festas da Virxen do Monte que terá lugar nos días 11-12-13 de abril do 2009.

  • Fin de ano 2009 en Camarinas

    Os locais de movida estiveron abarrotados na noite de Ano Novo de 2009 en Camariñas
    Os locais de movida estiveron abarrotados na noite de Ano Novo de 2009 en Camariñas

    Un de xaneiro do 2009. As 00:00, tralas habituais campanadas pouco a pouco e de forma incesante comenza un regueiro de xente nova e non tan nova a saír das súas casas cara os distintos locais de movida de Camariñas, os cales cara as 2:00 presentan xa cheos absolutos que dificultan sobremaneira a apertura dun paso de urxencia co que chegar ata un baño no que poder desafogar unha micción incontenible. A redacción de camarinas.eu ao completo non podía deixar pasar a ocasión de recoller para a posteridade un colección de máis de 140 fotografías de calidade que plasman perfectamente unha noite de Festa Total.

  • Festa Anual do Club Balonman Camarinas

    Multitudinaria festa do balonmán en Camariñas

    O Pavillón Municipal de Camariñas quedouse pequeno para acoller aos asistentes a Festa do Balonmán
    O Pavillón Municipal de Camariñas quedouse pequeno para acoller aos asistentes a Festa do Balonmán

    Así como o último sábado do 2007 foi un día pletórico de festividades (cena de camarinas.eu, e festa anual do balonmán), neste fin de exercicio de 2008 volveu a ocorrer o mesmo ca única novidade da substitución obrigada da cena da páxina máis vista da Costa da Morte pola merecidísima homenaxe ao periodista xosé Luís Blanco Campaña. Así, como ven sendo habitual, os nosos amigos da directiva do CB Camariñas celebraron no pavillón municipal unha multitudinaria festa no que a boa música correu a cargo da orquesta Olympus e a orquesta Ciclón, as cales atraeron cara a nosa vila un importante número de seguidores de distintos puntos de Galicia como xa é habitual nos seus concertos. Pulsa na imaxe para ver unha completa galería fotográfica da festa anual do CB Camariñas.

  • Noiteboa en Camarinas 2008

    Unha Nochebuena en Camariñas

    Unha galería de máis de 80 fotos bastante destartaladas amosan como foi a Noiteboa do 2008
    Unha galería de máis de 80 fotos bastante destartaladas amosan como foi a Noiteboa do 2008

    Noite do 24 de decembro. Alá lonxe na olvidada Palestina, na cidade de Belén, nacía hai máis de 2.000 anos o ser que ía mediatizar o destino de miles de millóns de vidas humanas. O neno que determinaría que na así denominada Cristiandade, un conxunto de creencias, de simbolismos, unha cultura e un modo de entender a vida en definitiva, tal día como hoxe se celebrase unha gran e enorme festa ao longo do globo terráqueo por máis de 2.000 millóns de almas.

    Como na tamén milenaria vila de Camariñas, onde todo un concello salía á rúa para festexar a data sagrada tal e como amosan as máis de 80 fotos que captou a cámara festeira de camarinas.eu, fotos nas que poderedes ver ás nosas fermosas redactoras María Belén, Adry ou Lucía. Especialmente a redacción da web máis vista da historia da Costa Atlántica quere dedicar esta noticia a Lucía Carril Ageitos, a dama que tan decisivamente contribuío a facer que Camariñas teña a mellor páxina web da Provincia da Coruña. Va por usted, señora.
  • Festa da Barca 2008

    Camariñas na Festa da Barca 2008

    Unha reportaxe fotográfica elaborada polas usuarias de camarinas.eu
    Unha reportaxe fotográfica elaborada polas usuarias de camarinas.eu

    A intención da redacción de camarinas.eu era a de facer unha reportaxe do que significa a Barca de Muxía para un camariñán. Todos sabedes en maior ou menor medida todo o que representa esta festa para nos: ir á romería polas noites, ir as misas polo día e incluso a comer  en Muxía todo elo indo en barco desde o Porto de Camariñas ata Muxía. No sábado, día grande da Barca, todo estaba preparado para que os barcos camariñáns saíran a cumplir cunha tradición de fai máis de 100 anos. Pero ao parecer non se deixaba aos patróns soltar amarras do porto e todo aquel que o intentaba viña, con sorte, de volta para  atrás desde o medio da ría. Bueno, todos non: sólo algúns privilexiados puideron continuar esta tradición, ¿verdad?

    Pois si, o rito ancestral dos camariñáns de acudir en barco a unha romería (algo único nesta costa atlántica) foi estirpado de raíz por unha decisión que levou a unha impresionante patrullera da Garda Civil a rastrexar as augas da ría en busca de droga... non, minto! en busca de yates con droga... estooo.. non non! en busca de barcos que iban tranquilamente a cumplir cunha tradición milenaria. Eso mismo, que fácil!. Arrancade as nosas raices de cuajo coa intención de plantar o voso árbol á vosa imaxen e semellanza. Pulsa na foto para ver unhas imaxes sacadas na barca pola nosa guapísima usuaria Uxi, por Lucía016 e por MTCC (Maytiña).

  • Festas da Virxe da Barca Muxia 2008

    Unha misa no Santuario da Virxe da Barca

    Lucía Carril Ageitos, unha redactora de camarinas.eu que resultou ser mui católica, co Faro Vilán ao fondo
    Lucía Carril Ageitos, unha redactora de camarinas.eu que resultou ser mui católica, co Faro Vilán ao fondo

    Camarinas.eu non podía faltar a súa cita ca festividade máis importante da Costa da Morte e así decidío enviar ao concello veciño e irmán de Muxía á nosa redactora máis católica, Lucía, para cubrir esta festa dende unha perspectiva relixiosa acudindo a unha das múltiples misas que teñen lugar no Santuario da Virxe da Barca. Alí, a fermosura salvaxe da principal xornalista camariñana fixo que algún caera polas escaleiras abaixo, pero finalmente e gracias á intercesión da Virxe a cousa non pasou a maiores. Pulsa na foto, para ler a noticia completa e ver unha ampla galería fotográfica.

  • Festa de San Ramon, Camarinas 2008

    A última e auténtica festa do verán

    Imaxe da procesión de San Ramón do ano 2007
    Imaxe da procesión de San Ramón do ano 2007

    Este sábado 30 de agosto comezan en Camariñas as Festas adicadas a San Ramón, as últimas festas do verán, e que terán continuidade ata o domingo 31, día do Santo en cuestión. Neste día celebrarase a tradicional procesión ao redor da Igrexa de Camariñas. Ademáis das típicas orquestas haberá pasarrúas de gaiteiros e unha gran traca de fogos artificiais.

    Camarinas.eu, sempre activa colaboradora coas comisións de festas do noso pobo (aínda que a veces non nos axuden moito a nos) fará un seguimento especial a estas festas para que todo camariñán que se encontre fora do seu pobo poida ver coma se estivera aquí unha das últimas festas do verán na Costa da Morte, porque o noso compromiso é e será sempre ca xente do Concello de Camariñas. Pulsa na imaxe para ver o programa completo e ver unha galería das Festas de San Ramón do ano pasado.

  • Cumpreanos de Francisco Barcia Trashorras: Un ensaio para outra festa no Arnela este venres 22

    Pois nesto que estábamos tan tranquilos tomando un Jack Daniel's no Café Bar Arnela na noite deste último sábado 16 de agosto, cando de repente se montou o disparate. É decir, chegou un gaiteiro, un acordeonista, danzarinas sensuales, unha pila de xente e armouse unha boa festa. A ocasión non era para menos: Francisco Barcia Trashorras, todo un virtuoso do acordeón tal e como tivemos ocasión de comprobar, cumpría 16 anos e para festexalo elexío o mellor lugar posible, o Café Bar Arnela, sede de Camarinas.eu.
  • Festa da Palilleira en Camarinas

    Fin de semana palilleiro

    Xóvenes palilleiras pretenden perpetuar un arte milenario no tempo
    Xóvenes palilleiras pretenden perpetuar un arte milenario no tempo

    Nova reportaxe da dupla diabólica de camarinas.eu. Non, non se trata da formada por Zhúkov-Diego Alonso. Nin da mítica e primixenia entre os dianteiros da selección brasileña de fútbol Bebeto-Romario. Senón moitísima máis perigosa: unha dupla que deixa un regueiro de corazóns destrozados alá por onde pasa. Trátase da dupla formada polas espléndidas e espectaculares redactoras de camarinas.eu Adry e Lucía, as cales este venres 8 de agosto cubriron a apertura da Festa da Palilleira e acompañaron ás nosas veteranas mulleres palilleiras a un xantar de luxo que tivo lugar en Aldea Madeira. Pulsa na imaxe para ver en acción xornalística ás dúas redactoras máis cremosas da Costa da Morte.

  • Cena da Danza de Arcos de Camarinas

    Os membros da Danza de Arcos danse unha homenaxe

    camarinas.eu volcada ca mellor Danza de Arcos do mundo dende o inicio ata o final
    camarinas.eu volcada ca mellor Danza de Arcos do mundo dende o inicio ata o final

    As redactoras de camarinas.eu están que non paran. Despois do impresionante traballo realizado con motivo da apoteósica festa do Arnela do venres 1 de agosto, Adriana, Lucía e María Belén plantáronse o sábado na Cena que a Comisión de Festas do Carme adicaba como homenaxe aos membros da Danza de Arcos de Camariñas. Como é normal, a entrada das redactoras do xigante cibernético da Costa Atlántica provocou un entusiasmo xeneralizado entre os héroes da Danza de Arcos ao verse en presencia de tres belezas tan esculturais e impoñentes. Pulsa na imaxe para ver a homenaxe que se deron os membros da mellor Danza de Arcos do mundo.

  • Festa no Cafe Bar Arnela de Camariñas

    O Café Bar Arnela vivío este venres 1 de agosto sen dúbidas o momento máis histórico en tódolos anos da súa existencia cando preto de 500 persoas aproximáronse ao mesmo ao longo da noite con motivo da festa de despedida que camarinas.eu brindaba ás súas usuarias Sefa, Pauliña e Rocío, as cales en breve voltarán ás Illas Canarias. Unha muchedumbre como nunca se vío nun bar en Camariñas enchío o bar paradigmático do barrio de Corea ata os topes. Pulsa na imaxe do maestro timbaleril, Tono da Riala, para ver unha impresionante galería fotográfica de 240 fotos tomadas polas redactoras Adry e Lucía e o director Diego Alonso Freire acompañadas de 5 espectaculares vídeos.