• II Festa da Zorza de Camariñas

    O verán festeiro 2010 quenta motores

    Todo está preparado na Comisión de Festas para surtir ás masas do suculento manxar porcino
    Todo está preparado na Comisión de Festas para surtir ás masas do suculento manxar porcino

    Pois xa están na pomada os nosos queridos amigos da mellor Comisión das Festas do Carme que se recorde en moitos anos. E sempre presentando en sociedade iniciativas orixinais como aquela que se sacaron da manga o ano pasado e que resultou ser un completo éxito: a Festa da Zorza, que repite edición o sábado 3 de abril coincidindo ca Mostra do Encaixe e ca Semana Santa. Será a partires das 19:00 horas e todo elo amenizado pola impresionante orquesta Olympus e se todo sae como debe e o clima acompaña seguro que veremos unhas muchedumbres inxentes abríndose paso a duras penas para facerse cun platiño deste suculento e humilde manxar elaborado a partir de materia porcina ao 100%. Falta nos fará estar ben alimentados para o longo e estresante verán festeiro que nos espera.

  • Carnaval 2010 en Camariñas

    O Martes de Carnaval en Camariñas estase a convertir nunha cita obrigada do Entroido da Costa da Morte
    O Martes de Carnaval en Camariñas estase a convertir nunha cita obrigada do Entroido da Costa da Morte

    ¡¡Carnaval Total!!

    ¿Quén ía a decir ao redactor que o presente subscribe que no máis intrincado da voráxine do sábado noite encontraría ao mesmísimo Michael Jackson (Michael Jansson tamén vale) acompañado da súa lexión de zombies descerebrados? ¿Ou a un auténtico número da Guardia Civil (lástima de mostacho estilo Tejero) esposando a unha meretriz escapada da prisión? Eso polo que respecta a un Saturday Night Fever no que a alma festeira e travestida de Camariñas relucío en todo o seu esplendor. Por outro lado, o día grande do entroido camariñán, o martes de Carnaval, o Pabellón Polifestivo de O Areal vestío as súas mellores galas para recibir a unha avalancha de familias ilusionadas con ver como os seus cativos (e outros non tan cativos) competían encarnizadamente entre si por gañar os premios aos mellores disfraces que estaban en xogo. Querido electorado, os Carnavales 2010 xa son finitos, queda unha longa travesía do deserto ata a próxima edición. Pero todo o que deron de si os do presente ano do Noso Señor quedarán reflexados para os anales de Camariñas a través do gran facedor de memoria histórica deste concello dos nosos pecados: si non sales en camarinas.eu, é que non estabas alí.

  • O CEIP "O Areal" celebra o Carnaval cunha procesión por Camariñas

    Na mañá radiante pero fría deste venres 12 de febreiro os rapaces do CEIP "O Areal" de Camariñas celebraron a chegada do Entroido cunha gran comparsa de disfraces que recorrío gran parte do noso pobo. Dita procesión comezou sobre as 11 da mañá na porta da escola e baixou pola mítica e ao mesmo tempo destartalada Rúa Calvario ata chegar a zona da praia de Camariñas onde se detuveron un momento para reorganizar as filas. Despois continuaron ata a Praza do Concello onde a infantil comitiva era esperada por varios concellais e un Alcalde que mostraba o seu lado máis humano cando recibíu aos cativos disfrazados. Despois desta recepción os nenos desprazáronse dirixidos polos seus mestres ata o Pavillón Municipal de Camariñas onde se realizaría un pequeno ágape a base de productos típicos destas datas que os mesmos nenos levaron das súas casas. Cabe salientar que este acto foi desarrollado en colaboración mutua polo CEIP "O Areal de Camariñas", a Asociación de Pais de Alumnos do mesmo e o Concello de Camariñas. Cousa que nos agrada xa que todo saíu perfectamente organizado e sin ningún incidente imprevisto.
  • Fin de Ano 2010 en Camarinas

    Da man dunha das nosas redactoras, Lucía016, camarinas.eu deséxavos un próspero e feliz  ano 2010
    Da man dunha das nosas redactoras, Lucía016, camarinas.eu deséxavos un próspero e feliz ano 2010

    A noite do Aninovo do 2010 será recordada en camarinas.eu como a do retorno ás altas horas da madrugada de algún dos seus redactores. Dunha forma imperceptible, sin que un se dea conta, deixándose levar, recíbense os primeiros raios solares do ano que empeza no medio da máis terrible das brumas etílicas. Un ano ademáis no que desenrolando unha labor xornalística encomiable os redactores e colaboradores da web máis vista da hostoria da Costa Atlántica decidiron facer un alto no camiño no maior número de locais posible coñecendo de antemán perfectamente as catastróficas consecuencias para a saúde que elo traería aparellado. En fin, queridos usuarios, as dúas Españas (deportivas) falando amigablemente nun pub, sombreiros mexicanos de alta calidade, rapazas guapas ata decir basta, infinitas pernas femeninas, ardentes no frío da noite, longas e intempestivas charlas acerca do papel da extrema dereita colombiana, etc... foron algunhas das cousas que nos deixou o primer día do 2010 e que camarinas.eu reproduce en 125 imaxes.

  • 6ª Festa do Balonman

     O día 25 de decembro: Festa do Balonmán

    6ª Edición da Festa do Balonmán en Camariñas: No Podrás Parar de Bailar
    6ª Edición da Festa do Balonmán en Camariñas: No Podrás Parar de Bailar

    Por desgracia, aprendices de cociñeiro varóns en Camariñas só hai uns poucos, por elo este nadal terán lugar as habituais enchentas masivas que deixarán un bo feixe de estómagos para o arrastre: abarrotados e encharcados ata os topes. Pensando en poñer remedio a toda esta sobrecarga alimenticia, os nosos queridos amigos do Club Balonmán Camariñas decidiron celebrar este ano na noite do día de Nadal unha Festa do Balonmán que cumpre xa a súa sexta edición  para que a través duns bailoteos frenéticos ao ritmo da Orquestas Samba e Marbella e duns cantos refrigerios cubateriles (en funcións dixestivas) os sufridos e famosos buchos camariñáns reciban un mínimo alivio. Asemesmo, tamén decidiron que a entrada nesta edición sexa gratuita, para que haxa que cargar a man no cubateo e desta forma a dixestión se faga a velocidades siderales. É que pensan en todo, ches.

  • Festa da Xuventude 2009 en Camariñas

    A pesares de todos os esforzos realizados e dunha organización e intendencia cáseque perfectas por parte da Comisión de Festas, as actuacións programadas dos dj's chegados de Suiza e da Orquesta Trole non foron quen de atraer cara a Area da Vila o importante número de visitantes esperado. A elo debe sumárselle un clima que amenazou chuvia toda a tarde descargando finalmente de forma inclemente nas primeiras horas da noite. Con todo, tratouse dunha iniciativa boa e pioneira da que a nosa Comisión tomará boa conta e que debe repetirse en edicións posteriores cun cartel de actuacións máis adecuado. As nosas redactoras Lucía e Karina (Pión) achegáronse ata o areal camariñán para degustar unhas das 600 suculentas racións de churrasco que estaban preparadas e traen ás páxinas da web líder da Costa Atlántica a presente reportaxe.
  • Festa da Xuventude de Camarinas

    Este venres todos en Area da Vila

    A ritmo de música disco, churrascada en Area da Vila
    A ritmo de música disco, churrascada en Area da Vila

    Dixéronse moitas cousas pero os únicos que din misa aquí por ahora son os membros da Comisión de Festas. E así este venres 31 de xullo de 2009, a partires das 20:00 na Praia de Area da Vila verá a luz outra das iniciativas pioneiras da Comisión das Festas do Carme: unha gran churrascada que será amenizada a todo ritmo pola música cadenciosa e discotequera dos dj's camariñáns en Suiza D.J. Romeo, Clubbing Maximus e D.J. Don Javi. Outra iniciativa que aúna en sí mesma entretenimento, boa música, gastronomía e xuventude. E todo elo ca finalidade declarada de contribuir a financiar co módico importe dun suculento churrasco unhas Festas do Carme de Camariñas que este ano 2009 presenciaron o máis importante salto de calidade en moitos anos. E eso que o Presidente da Comisión José Manuel Canosa Campaña declarou a camarinas.eu que as festas do 2010 aínda serán mellores...

  • Festa do Carme 2009: Noite Meiga

    That's all folks!!

    Camarinas.eu, única web que foi quen de sacar fotos dende o mesmísimo escenario da Orquesta París
    Camarinas.eu, única web que foi quen de sacar fotos dende o mesmísimo escenario da Orquesta París

    That's all folks: Esto foi todo amigos. As Festas do Carme do 2009 xa forman parte da historia e deixaron para o recordo entre outras cousas a maior aglomeración humana que se lembra nestes últimos 25 anos un sábado 18 de xullo; o traballo impecable da máis ilusionante e infatigable Comisión de Festas en décadas, co mellor presidente posible: José Manuel Canosa Campaña; a colaboración ca comisión de San Xurxo; o debut oficial do arqueiro máis xoven da historia: Manuel Lema Ageitos; o retorno á Danza de Arcos dun puñado de viejas glorias morriñentas; unha singladura marítima heroica a bordo da lancha do Rocco e a camarinas.eu nun escenario man a man ca París de Noia. As mellores Festas do Carme destes últimos tempos que nin un clima despiadado foi quen de empañar. Pulsa na imaxe para ver as 465 fotografías que ilustran a noite máis máxica da Costa da Morte.

  • Festa do Carme 2009: Sardiñada

    Unha Sardiñada pasada por auga

    O esforzo impecable da mellor Comisión de Festas en moitos anos fixo posible a Sardiñada 2009
    O esforzo impecable da mellor Comisión de Festas en moitos anos fixo posible a Sardiñada 2009

    Os nerviosos círculos alados das gaivotas facían presaxiar que non lonxe do Muiño do Vento, o seu hábitat natural, ía acontecer unha das típicas masacres sardiñeriles que de tanto en tanto teñen lugar en Camariñas. Sen dúbidas, en homenaxe ao animal tótem que contribuío a facer da Vila dos Encaixes un dos principais emporios da díficil arte do cerco en Galicia, cun puñado de nomes de patróns que xa pasaron á historia. Por elo cada 18 de xullo na Praia de Area da Vila ten lugar unha orxiástica sardiñada á que o común do pobo de Camariñas acude en masa, ben baixo un sol inclemente, ben baixo unha choiva pertinaz. Porque nin baixo as peores condicións atmosféricas unha sardiñada quedará na nosa vila sin un público sempre fiel a un manxar sinxelo e humilde. Pulsa na imaxe para ver unha galería fotográfica e un video da Sardiñada do 18 de xullo de 2009.  

  • Festa do Carme de Camariñas 2009: Exhibición de bailes reixionais galegos

    Foi en 1986 cando tivo lugar un baile de carácter folklórico que aínda a día de hoxe se recorda con especial admiración e nostalxia polo pobo camariñán: a actuación do Ballet Mariachi da Universidade de Colima, México. Aquela exhibición de arte charro deixou un rastro indeleble e inesquencible no sen dúbidas pobo cunha raigame mexicana máis profunda de toda Galicia, por elo tal vez habería que ir pensando si non en repetir semellante evento, alomenos en devolver visita cunha actuación dos grupos de baile tradicional galego de Camariñas.
  • Festa do Carme 2009: 17 de xullo

    O ano do retorno das Viejas Glorias

    A explosión de colorido típica da Danza de Arcos reflexada nesta impresionante foto de Juan Salvador Gaviota
    A explosión de colorido típica da Danza de Arcos reflexada nesta impresionante foto de Juan Salvador Gaviota

    Pois agora si que xa estamos todos. Despois de Manolo o Rocco, Reira ou Juanillo, o 17 de xullo de 2009 trouxo consigo  o retorno á Danza de Arcos de Camariñas doutras dúas viejas leyendas como Diego Alonso Freire e Xosé Luis Blanco Campaña. A forza gravitatoria irresistible da Danza de Arcos nunca cesa e atraídos pola súa aura e glamour, á semellanza da odisea bíblica, os fillos pródigos acaban sempre volvendo ao fogar. O mito do Eterno Retorno.

    Polo demáis un 17 de xullo armonizado ao son da alborada interpretada pola Real Banda de Tambores e Cornetas de Santiago e o grupo a Coteleira, a Procesión ata a Igrexa de San Xurxo, un descenso ata a Festa no que a Danza de Arcos reláxase e vive o seu momento máis dicharacheiro e festivo, unha comida celebrada na Cofradía de Pescadores e outra no Club Náutico. A través das galerías fotográficas do redactor secreto de camarinas.eu, Juan Salvador Gaviota (JSG) e de Zhúkov poderás ver o que dou de si o día 17 de xullo de 2009, o ano do retorno das Viejas Glorias da Danza de Arcos.

  • Festas do Carme 2009: Procesion Maritima

    A maior felicidade do mundo

    O Cupido, recén chegado ao Porto camariñán, foi o encargado de levar a Virxe do Carme na Procesión Marítima
    O Cupido, recén chegado ao Porto camariñán, foi o encargado de levar a Virxe do Carme na Procesión Marítima

    A grandeza dunha festa mídese pola súa capacidade para facer fronte ás adversidades. Cando as 11:00 da mañán do xoves 16 de xullo do ano do Noso Señor 2009 unha impresionante tromba de auga descargada cun furor despiadado e inmisericorde por un ceo de tintes grisáceos sobre o atrio da Igrexa Parroquial de San Xurxo facía pensar no peor e abría un período de seria incertidume, a forza da tradición, do costume, do amor a un rito antigo e sagrado facía que o pobo de Camariñas se sobrepuxera, levara a súa venerada Virxiña do Carme en volandas sobre as augas e pasara as tres ou catro horas máis felices do ano para un camariñán. Porque, en ocasións, esta vida maldita e pecadora merece a pena. En días como o de hoxe. Pulsa na imaxe para ver a máis impresionante galería fotográfica da historia de camarinas.eu.

  • Festas do Carme 2009: Vispera

    Todo listo para as mellores Festas da Costa Atlántica

    Ao final triunfou a cordura e a Festa celebrarase no Paseo Marítimo
    Ao final triunfou a cordura e a Festa celebrarase no Paseo Marítimo

    A tarde do 15 de xullo sempre é un momento especial en Camariñas: frota no aire a inquietude de estar na presencia dos máis importantes días do ano. Por eso camarinas.eu decidío saír a patear as rúas para palpar o ambiente e así encontrámonos con que os palcos estaban situados onde xa nos dixera en exclusiva o Presidente da Comisión de Festas un 6 de xuño; vimos o Paseo Marítimo repleto de chiringuitos e tenderetes; vimos como ardía polos aires a caixa da instalación eléctrica do Club Náutico situada nun poste da Rúa do Castillo debido a enganches masivos de feriantes pertencentes a unha determinada minoría étnica; vimos a Pichurri axudado polos membros de Protección Civil e algún que outro anónimo viandante botar para as ramplas as lanchas que obstaculizan e afean o Muelle camariñán; ver, vimos muitas cousas, pero o principal eso sí que aínda está por ver. ¡¡Felices Festas do Carme 2009!!

  • Danza de Arcos 2009

    Por 1ª vez, mulleres nun ensaio da Danza de Arcos

    A nosa redactora Lucía, unhas das pioneiras do posiblemente 1º ensaio con mulleres da historia da Danza
    A nosa redactora Lucía, unhas das pioneiras do posiblemente 1º ensaio con mulleres da historia da Danza

    Pois despois da gran lección de maxisterio periodístico á que asistimos este fin de semana (paseo marítimo, no; paseo marítimo, sí), onde se da como exclusiva unha noticia e a súa contraria sen despeinarse, aquí en camarinas.eu, fieles a nosa tradición vamos a publicar algo que polo que se ve por ahí empeza a ser unha excepción: unha noticia certa e auténtica. E sin crear polémicas estériles e innecesarias onde só había unha remanso de paz. Sí, señores, este domingo 5 de xullo, na recta do Bar Gaviota, a Danza de Arcos fixo un primer ensaio no que posiblemente por vez primeira na historia as mulleres foron as grandes protagonistas.

    Concretamente, trátabase das redactoras de camarinas.eu lideradas por Lucía nun ensaio que supoñía o retorno dunha vieja gloria dos arcos camariñáns como o noso usuario John Reira, que por fin fixo a aparición estelar que o masivo electorado de camarinas.eu reclamaba dende aquel fatídico día que abandonara o mundo das páxinas web, ben glosado pola oda crepuscular de Antonio Puertas "Adios a Reira". Finalmente, para evitar novas posibles e ridículas polémicas e que algún departamento perdido dunha consellería sexa inducido a meter os fuciños onde non debería, recalcar que a participación destas pioneras só tivo carácter complementario dadas as baixas existentes neste 1º ensaio, estando previsto outro para o próximo domingo, este xa con música e masivo. Pulsa na imaxe para ver unha galeria dun ensaio histórico da Danza de Arcos de Camariñas.

  • Festas do Carme 2009: Nestes duros momentos, todos ca Comisión de Festas

    Tensa espera. Un pobo en vilo debido a decisións inexplicables. Nunca as Festas do Carme correron tanto perigo. Unha Comisión de Festas desolada. Amagos de dimisión entre algúns do seus membros provocadas polas decisións dos máis altos gerifaltes.  En Laxe, Muxía, non houbo problemas para a ocupación dos seus respectivos paseos marítimos. En Camariñas parece que sí, ¿por que? Nestes momentos duros e difíciles, nos que a incertidume se abate sobre todo un pobo ilusionado cas máis grandes festas da Costa da Morte, camarinas.eu, a única páxina web libre, independente, xamáis vinculada a partido político algun ou grupo de interés, quere recalcar o seu compromiso co xoven grupo de camariñáns que compoñe a mellor e máis ilusionante comisión de festas en moitos anos.
  • Festa do Carme 2009

    Xa esta aquí o Cartel das Festas do Carme 2009

    A Comisión de Festas elaborou un impresionante cartel de orquestas para a Festa do Carme do 2009
    A Comisión de Festas elaborou un impresionante cartel de orquestas para a Festa do Carme do 2009

    Os primeiros en todo, camarinas.eu xa está en condicións de ofrecer aos seus lectores nestas primeiras horas do domingo 28 de xuño de 2009 o Cartel anunciador das mellores festas do mundo, as do Carme de Camariñas, que nesta edición inclúen un cartel impresionante de actividades e festas, no que destaca por encima de todo a tan ansiada presencia da orquesta París de Noia o sábado 18 de xullo. E como sempre todo elo acompañado da Danza de Arcos, a insustituible Procesión Marítima, a Sardiñada de Area da Vila, os fogos de artificio, etc...

  • San Juan en Camarinas 2009

    Un San Xoán de luxo en Camariñas

    camarinas.eu, a web do pobo humilde e traballador, presente na Lumarea de San Juan do 2009
    camarinas.eu, a web do pobo humilde e traballador, presente na Lumarea de San Juan do 2009

    Xustamente hai hoxe un ano camarinas.eu publicaba a noticia sobre a noite de San Juan do 2008 e facía historia: 159 fotografías; 30.134 visitas que pulverizaron todos os récords habidos e por haber nunha web feita en calqueira das pequenas vilas costeiras de Galicia; frases que fixeron lenda ("Agora que...os... cambiachaquetas e pelotilleros (sin comillas) están a tope de traballo...").  Por todo o anterior, a cita co San Juan do 2009 constituía unha data da máis alta responsabilidade para a web líder da Costa Atlántica e por elo foi preparada co máximo cuidado e minuciosidade.

    Así, reforzando o carácter  plural da máis democrática das webs, aquela que é elaborada día a día por uns usuarios dotados dun talento artístico nunca antes visto e recelosos do mundo da política, xente independente e libre, decidimos dar un protagonismo especial na cobertura desta noticia á reporteira xornalística máis coñecida da Costa da Morte: Lucía Carril Ageitos, a cal cunha labor impresionante complementada pola dun profesional da fotografía pertencente a unha familia con máis de 50 anos de bagaxe no difícil arte de fotografiar unha realidade sempre cambiante, ofrecen á toda a lexión de seguidores de camarinas.eu unha Galería Fotográfica de 200 imaxes.

  • Lumarea na Area da Vila 2009

    A Asociación Lumarea da Vila forxou un programa de actividades impresionante para este San Juan 2009
    A Asociación Lumarea da Vila forxou un programa de actividades impresionante para este San Juan 2009

    A multitudinaria celebración de orixes precristianos que marca o inicio do solsticio de verán no Hemisferio Norte xa está aquí. A activa Asociación Lumarea da Vila ven de remitirnos o cartel anunciador da festa que este martes 23 de xuño convertirá a Praia de Area da Vila no maior espectaculo incendiario da Costa da Morte. Símbolo de purificación, de queima do antigo, de renovación espiritual e celebración que marca o inicio do verán camariñán, camarinas.eu non podía deixar pasar por alto estas datas e así acercouse na calorífica tarde deste mércores 17 de xuño ata o areal de entrada á Vila das Palilleiras para ver a lumarea que se avecina e que complementará o programa máis completo que nunca se vío nun San Juan en Camariñas.

  • Entrevista a Jose Manuel Canosa Campaña, presidente da Comisión de Festas do Carmen 2009

    "Vexo moi complicado o futuro das Procesións marítimas..."

    Xusto no medio da imaxe, Campaña posa co resto de membros da Comisión e cas redactoras de camarinas.eu
    Xusto no medio da imaxe, Campaña posa co resto de membros da Comisión e cas redactoras de camarinas.eu

    O Presidente da Comisión das Festas do Carme de Camariñas, José Manuel Canosa Campaña, concedeu este venres 6 de xuño a camarinas.eu unha extensa entrevista onde desbroza polo muido as principais novidades que presentará nesta edición do 2009 a principal festa de Camariñas, onde recoñece a complicado futuro que lle espera ás procesións marítimas en Galicia, onde anuncia que unha edición especial do Spanish Mania terá lugar a cargo dos nosos queridos usuarios helvéticos o  31 de xullo na Praza do Mercado e na que promete que a edición do 2010 das Festas do Carme pasará á historia...

  • Camisetas das Festas do Carme 2009

    ¡A Festa do Carme xa quenta motores!

    Advertencia: a Comisión non asegura que as camisetas queden tan ben como ás nosas fermosas redactoras
    Advertencia: a Comisión non asegura que as camisetas queden tan ben como ás nosas fermosas redactoras

    Pedíronnos os membros da Comisión das Festas do Carme publicitar na web máis vista da Costa Atlántica as novas camisetas que han de financiar a que está chamada a volver a convertirse na Zarina das festas veraniegas da Costa da Morte, e as nosas redactoras puxeron de forma desinteresada e altruista os seus esculturais corpos para posar con elas. Porque aquí en camarinas.eu todo o que se fai, absolutamente todo, é de forma desinteresada. Algún día, alguén, nalgún lugar, terá que recoñecelo.

    E así, na tarde do venres 5 de xuño de 2009, cando entramos na cuarentena das Festas do Carme, a redacción de camarinas.eu escoltada polas súas impresionantes redactoras, quedou cos membros da Comisión para achegar opinións, ideas e obxectivos en común para contribuir entre todos a facer as mellores festas posibles, poñendo cada un na medida das súas posibilidades o seu humilde graíño de area. Como tamén o podedes facer vos, asistindo á Cea deste sábado 6 de xuño no Restaurante Catro Ventos ou mercando polo módico precio de 5 euros as camisetas que a Comisión confeccionou con motivo das vindeiras Festas da santa Patroa de tódolos mariñeiros. Maite e as dúas Lucías xa mercaron as súas, e ti ¿a que esperas?