• Festas do Carme 2010: 16 de xullo (II)

    As nosas redactoras Mayte, María e Lucía pasárono pipa nas Festas do Carme máis multitudinarias en décadas
    As nosas redactoras Mayte, María e Lucía pasárono pipa nas Festas do Carme máis multitudinarias en décadas

    Visto o éxito sen precedentes de todas e cada unha das reportaxes sobre as Festas do Carme 2010 publicadas por camarinas.eu, todas as cales superaron ampliamente nun tempo récord o millar de visitas, decidimos facer un esforzo final e publicar as fotos do día grande do Carme remitidas a esta redacción polo seu accionariado. Imaxes como as de Juan Salvador Gaviota (JSG), o usuario que dende as profundidades recónditas de Buría sempre busca a perspectiva imposible, a panorámica pioneira; fotografías como as de Pión, que incluso nos días de merecido descanso na vila da súa alma segue a cumprir co seu compromiso perenne ca web líder da Costa Atlántica; e finalmente vídeos talentosos como os de Sefa, redactora audiovisual por dereito propio do gran medio de comunicación de Camariñas. Finalmente, as imaxes captadas polo redactor Zhúkov, enrolado por segundo ano consecutivo na  Belén M., a lancha do Rocco, o Maestro del Bon Vivir, á cal chegou transbordo incluido cos bolsillos baleiros sendo espléndidamente agasallado polos seus tripulantes. En definitiva unha nova galería fotográfica de 240 fotografías a sumar ás 770 xa publicadas na primeira parte da reportaxe adicada ao 16 de xullo e que poñen o punto final a un esforzo xornalístico sen precedentes, sen dúbidas o máis grande adicado a unhas festas parroquiais neste recuncho atlántico. Camarinas.eu, facendo historia.

  • Festas do Carme 2010: 17-18 de xullo

    Dous días pletóricos de actos nos que destacou a presencia multitudinaria dun público entusiasta
    Dous días pletóricos de actos nos que destacou a presencia multitudinaria dun público entusiasta

    Deixáramos a crónica das maxestuosas e moi históricas Festas do Carme do ano 2010 no momento no que un fogoso e xoven debutante poñía fin a súa carreira de debut na Danza de Arcos cando se atopaba no Paseo Marítimo con dúas desa clase de impresionantes belezas femeninas ás que soío ser tan aficcionado ao longo da súa dilatada e experimentada existencia. Unha vez rematada a derradeira danza do ano a gran comitiva festeira camariñana encamiñouse, xa finalizado o baile vermouth, cara á explanada do Muelle Novo: uns con dirección aos pinchos da Cofradía, outros cara ao ágape que organizaba o Club Náutico e a gran maioría cara a ambos. A recepción do CNC estivo especialmente concurrida este ano e destacou por vez primeira pola presencia dun alcalde camariñán. Tras o descanso imprescindible dunha soleada siesta, a noite do sábado 17 de xullo foi posiblemente a máis concurrida en décadas nunhas Festas do Carme: unha muchedumbre inxente fixo pequeno o espacio do novo campo da festa con tanta intuición e anticipación habilitado pola Comisión de Festas e ringleiras de coches como nunca antes se vira inundaron as rúas de Camariñas. A todo elo respondío a impresionante actuación desenrolada pola Orquesta Olympus, a decir dos entendidos a mellor do panorama festeiro galego. E finalmente o 18 de xullo: unha sardiñada popular nunha espléndida tarde de sol veraniego só nublada ao final da mesma polo fume provinte dunha praia de Area de Vila onde se perpetraba unha nova e multitudinaria masacre sardiñeril. Novas e inacabables ringleiras de afameados comensais inundaban o entablado provisional no que serviron centos e centos de racións de sabrosa sardiña. Camarinas.eu estivo presente en todos estos actos que conformaron a mellor edición das Festas do Carme que se recorde en moito tempo.

  • Festas do Carme 2010: 17 de xullo, o ano da redención de Totis

    Tradicionalmente as costas abaixo do 17 de xullo soen ser unha caixón desastre de imprevisibles consecuencias, ahí onde menos o esperas ¡¡bum!! e salta a sorpresa, en ocasións ata un acontecemento histórico. Si o ano pasado asistíamos a unha auténtica avalancha de vellas caras que saían das súas xeriátricas catacumbas, este ano 2010 pasará aos anales da historia da Vila dos Encaixes por ser aquel no que unha persoa que aglutina no seu ser todas e cada unha das virtudes (e defectos) que caracterizan ao pobo mariñeiro de Camariñas por vez primeira nas súas case sete décadas de existencia saltou aos ruedos e, a pesares da esixencia que demandaba a ocasión, idéntica a dun xoven novillero que debuta nunha praza de primeira categoría, cumprío sobradamente, chegando a levantar por ocasións a ovación duns emocionados tendidos. Estamos a falar de Manuel Ageitos Souto, Totis, alma e esencia de Camariñas en estado puro, unha personalidade que bastou que camarinas.eu a situase con ocasión dunha anodina cea no Club Náutico nunha das súas portadas all over the world para recibir, entre anonadado e sorprendido, un aluvión de emocionados recoñecementos chegados vía intercontinental dende Buenos Aires ata New York. E alí, no Paseo Marítimo, como xusto remate a esta inolvidable efeméride, tal e como lle gustaría a Totis, protagonista do posiblemente 17 de xullo máis lexendario en décadas, xusta recompensa a un legado con pegada nos cinco continentes, dúas mulleres de bandeira. A beleza máis absoluta, aquela da que falaba F. Murray Abraham transmutado no frustrado Salieri do mítico film de Milos Forman. Unha xornada que nin unha sinfonía de Wolfang Amadeus Mozart sería capaz de plasmar ante a posteridade. Todo elo como sempre só en camarinas.eu.  
  • Festas do Carme 2010: 16 de Xullo

    A festa das mil caras

    A Virxe do Carme emprende o retorno baixo o máis solemne e espectacular pasillo de honor
    A Virxe do Carme emprende o retorno baixo o máis solemne e espectacular pasillo de honor

    Caras felices, caras alegres, morenas, algunhas máis pálidas, de mulleres, homes e nenos, dalgún can asustado entre o xentío, principalmente de xentes de Camariñas pero tamén de moita de fóra, caras fermosas ata a dor, de rapazas xóvenes e inocentes, ou tal vez non, ¿quen sabe?, caras cansadas, de noites longas e ollos ollerosos, dun cansancio latente que non tardará en facerse valer, ou de xente fresca, recén levantada e de camisa branca, exhultantes, eufóricas e lixeiramente embriagadas, caras de grave devoción relixiosa e algunha que outra de solemne responsabilidade institucional, pero sobre todo caras radiantes, de días de sol e festa, caras de 16 de xullo, salpicadas pola salitre do confín atlántico baixo as nubes pasaxeiras do ceo estival, caras de arqueiros, fatigadas, multicolores e orgullosas, de gaiteiros e músicos, as caras da Procesión do Día da Festa do Carme, todas e cada unha. Si non saen en camarinas.eu, esas caras non estiveron alí.

  • Festas do Carme 2010: Vispera

    E agora, a desfrutar!!

    Todo está listo en Camariñas para honrar á gran Patroa dos Mariñeiros, a Virxe do Carme
    Todo está listo en Camariñas para honrar á gran Patroa dos Mariñeiros, a Virxe do Carme

    Un día francamente desapacible, dunha chuvia miuda e un forte vento, caracterizou o que foi o víspera das Festas do Carme do 2010, tempo inclemente que abrirá o paso, segundo contan as prediccións metereolóxicas, a tres días radiantes de sol e festa. Pero na Vila das Palilleiras xa dende as primeiras horas do día vivíase ese ambiente especial que só aparace unha vez cada 365 días e así xa no tempo dos chiquitos en calqueira dos bares da localidade notábase unha pequena intranquilidade, unha axitación nada habitual. Pastelerías e ultramarinos repletos de ilusionadas nais, un ir e vir presuroso polas rúas da vila e o movemento típico no muelle, no que bandeiras de mil cores e as ramas de laurel eran as protagonistas. Visitando o campo da festa, comprobouse que a Comisión tras un traballo concienzudo e responsable deixou todo en perfectas condicións para desfrutar intensamente dos catro días máis importantes do ano para un camariñan e incluso uns novos parterres florais adornan o Paseo Marítimo máis fermoso da Costa da Morte. Como novidade, unha unidade móbil da TVG fai acto de presencia para grabar un programa en directo, "Na Punta do Pe", e as súas estrelas invitadas, os Panchos do Jolfrendo, fan tempo, ansiosos e ilusionados, nos soportais do edificio no que durante o que tantos anos estivo radicado o Café Bar El Pescador. A gran festividade mariñeira de Camariñas xa está aquí. !!Viva a Festa do Carme!!

  • Festas do Carme 2010: Confeccion dos Arcos

    Luis, Campaña, Juan, Tedín, Mayte, etc... reuníronse este sábado para engalanar os arcos da Danza
    Luis, Campaña, Juan, Tedín, Mayte, etc... reuníronse este sábado para engalanar os arcos da Danza

    Os arcos do triunfo 

    Este ano os arcos que portará a Danza polas rúas de Camariñas veñen impregnados dun significado distinto, especial, traen consigo un aura de triunfo, de pasión multitudinaria, de orgullo, de autoafirmación colectiva en base aos triunfos acadados de forma aplastante pola nosa selección recentemente en terras sudafricanas. Por elo a Comisión das Festas do Carme non podía permanecer indiferente á xesta que logrou conmover ata o tuétano a toda unha nación e cun moi bo criterio decidío engalanar patrióticamente os arcos cos colores das dúas bandeiras máis queridas polos camariñáns: as de Galicia e España. Decisión que recolle o xesto espontáneo de todo un pobo que engalanou ventanas e balcóns estes días como nunca antes se vira. Intuindo o triunfo do histórico domingo 11 de xullo, os membros da Comisión reuníronse xa este sábado na Agra de Abaixo para ter listos os arcos para o 16 de xullo, Día do Carme. Un día antes, o víspera, espérase que a partires das 21:30 horas o programa da TVG "Na Punta do Pe" visite a nosa vila para emitir en directo dende o Muelle. Unha Televisión Galega que de seguro quedará impresionada co espectacular programa de festas elaborado pola mellor Comisión das Festas do Carme en moitos anos.

  • Cartel das Festas do Carme 2010

    Catro días de festa, de xoves a domingo, que poden pasar aos anales como os mellores da historia
    Catro días de festa, de xoves a domingo, que poden pasar aos anales como os mellores da historia

    Xa está aquí o Cartel das Festas do Carme 2010

    Como sempre (ou casi) os primeiros en todo unha vez máis, camarinas.eu xa está en condicións de ofrecer aos seus miles de lectores nestas primeiras horas da tarde do domingo 27 de xuño de 2010 o Cartel anunciador das mellores festas do mundo, as do Carme de Camariñas, Santa Patroa dos Mariñeiros, que nesta sinalada edición de 2010 inclúen un cartel impresionante de actividades e festas, no que destaca por encima de todo a presencia de orquestas de recoñecido renome como a Olympus o sábado 18 de xullo, recollendo o testigo deixado pola París de Noia na derradeira edición de 2009. E como sempre todo elo acompañado da Danza de Arcos, a insustituible Procesión Marítima, a Sardiñada de Area da Vila, os fogos de artificio, etc... organizados pola mellor (nunca nos cansaremos de repetilo, como falten para o futuro haberá bágoas) Comisión do Carme en moitos anos que no seu terceiro ano de andaina amortiza toda a experencia e bo saber acumulado nas dúas edicións anteriores para organizar unhas festas que, se todos poñemos algo da nosa parte, seguramente serán recordadas durante décadas. A elo incluso contribúe as datas elexidas: do xoves 15 ao domingo 18 de xullo. Pasen y vean.

  • San Xoan 2010 en Camariñas

    O San Juan máis multitudinario da Costa da Morte 

    Todo o pobo de Camariñas desfrutou do mellor San Juan da Costa da Morte na noite máis meiga do ano
    Todo o pobo de Camariñas desfrutou do mellor San Juan da Costa da Morte na noite máis meiga do ano

    ¿Que deixará para a historia o San Juan celebrado en Camariñas na noite do 23 de xuño do ano do Noso Señor 2010? Pois deixará todo un pobo volcado ca xigantesca lumarea acendida en Area da Vila cara ás 0:00 horas da noite máis meiga do ano, unha asociación organizadora (Lumarea da Vila) eficiente e desinteresada que volvío a estar perfecta no seu cometido, xente chegada de Cee, Corcubión, Laracha, só para ver como se organizaba con éxito unha multitudinaria lumarea popular, un espectacular pan de broa de 15 kilos do que non quedou nin raspa na sardiñada celebrada no Café Bar Arnela, mulleres camariñanas de impresión lucindo corpos esculturais e inalcanzables polo Paseo de Area da Vila, un alcalde de Camariñas enfundado na camiseta diseñada pola organización e pasándoo pipa, bares que tiveron que pechar as súas portas as 4:00 da mañán mentras os seus clientes (tras recibir a última copa) quedaban na terraza dando vida ao local ata altas horas da madrugada, queimadas e conxuros, a Sefa desfrutando por fin no seu pueblo, xunto aos seus, unha noite máxica de San Juan, estiradas lapas purificadoras acendendo ata os ceos, deixounos en definitiva un ano máis o San Juan máis multitudinario e espectacular da Costa da Morte. Eso que non lle quepa a ninguén a menor dúbida. 

  • Preparativos da noite de San Juan 2010

    Como en anos anteriores as celebracións do San Xoán en Camariñas serán un éxito asegurado
    Como en anos anteriores as celebracións do San Xoán en Camariñas serán un éxito asegurado

    O maior San Xoán da Costa da Morte

    Todos os veciños que pasan pola Area da Vila a estas alturas do ano están xa acostumados a ver como unha cantidade inxente de leña, xestas, caixas de peixe e a máis variada clase de trastos e cacharros  (incluso un futbolín!!) se acumulan en cantidades masivas no lado dereito dos campos situados na praia máis marisqueira que posúe a Ría de Camariñas. E claro que é normal que esto aconteza porque, hai xa uns anos, un grupo de rapaces e non tan rapaces da nosa vila están organizando a máis xigantesca lumarea que se pode ver en moitos kilómetros na redonda e que este ano, como no anterior, estará pragado de actividades que se organizarán en torno a esta lumarea do San Xoán en Camariñas. Así, dende as 5 da tarde do 23 de xuño haberá xogos hinchables para todos os nenos e nenas e a partir das 8 da tarde empezaranse a repartir as sardiñas coa súa respectiva broa e e cachelos que serán asadas no mesmo lugar en donde se realizará o acendido da maior lumarea da Costa da Morte e que prenderá as súas primeiras chispas na hora máis máxica de tódalas horas do ano: Aquela na que se celebra o San Xoán. Para rematar a noite, nada mellor que marcarse uns meneos ao son da gran orquestra "Imagen".

  • Descenso da Virxe do Monte 2010

    Camarinas.eu non podía fallarlle á nosa Virxiña do Monte no seu retorno cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo
    Camarinas.eu non podía fallarlle á nosa Virxiña do Monte no seu retorno cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo

    Camarinas.eu no descenso da Virxe do Monte

    A labor infatigable da Comisión das Festas do Carme (esforzo desinteresado en estado puro) non remata cos actos vinculados á celebración da festividade en honor á Patroa dos Mariñeiros senón que dentro do seu compromiso perenne ca vila da súa alma encárganse da organización dunha serie de actividades como ás que complementan as procesións da Virxe do Monte. Ata nas cales conseguiron imprimir a súa pegada e así na encapotada tarde do domingo 30 de maio de 2010 por primeira vez na historia un grupo de gaitas acompañou no seu descenso cara ás terras baixas á aquela Virxe que ten un templo adicado na gran montaña sagrada de Camariñas. Baixo os sons festivos, galegos, das gaitas, tambores e pandeiretas xaviñáns da Asociación Abrindo Rejo , acompañaron á Virxe do Monte no seu retorno cara á Igrexa Parroquial de San Xurxo unha multitude de camariñáns fieis a unhas tradicións sagradas e ancestrais. Alí residirá por un ano ata que baixo a explosión de vida da primavera que comenza retorne ás alturas situadas no máis fermoso dos confíns atlánticos. Este ano debido aos compromisos ineludibles do noso querido e admirado Don Jesús como máximo responsable do Arciprestazgo de Nemancos, o descenso da Virxe do Monte retrasouse ata o último domingo do mes de maio. Pero Camarinas.eu, a a web que entende o Catolicismo como parte irrenunciable e indisociable do acerbo cultural e idiosincrático de España e Galicia, non podía faltar nun día distinto e sagrado para un camariñán e así completa unha xeira de reportaxes adicadas a todos e cada un dos actos adicados á Virxe do Monte 2010.

  • Cena das Festas do Carme 2010

    Unha cea multitudinari amarcou o inmellorable punto de partida das Festas do Carme 2010
    Unha cea multitudinari amarcou o inmellorable punto de partida das Festas do Carme 2010

    Un gran éxito como punto de partida

    Contan as estimacións realizadas a pe de mesa que máis de  150 camariñáns de tódalas condicións e especies reuníronse a eso das 21:30 deste sábado 28 de maio para honrar como se debía ás Festas Grandes de Camariñas nunha multitudinaria cea. Outra das boas iniciativas postas en marcha pola mellor e máis animosa e voluntariosa Comisión de Festas que se recorda en moitos anos que ademáis de servir para achegar entre todos unha pequena suma monetaria ca que contribuir ás festas en honor á Patroa dos Mariñeiros, ten outro valor engadido: o de marcar a conta atrás a partir do cal empézanse a quentar os motores co que contribuir poñendo cada cal os eu pequeniño grao de area a realizar as mellores festas do Carme posibles. O punto de partida non puido ser mellor, como se puido comprobar nunha cea na que a compañía resultaba inmellorable e na que se danzou aos ritmos frenéticos da música ata que o corpo aguantou. A humilde contribución de camarinas.eu para logralo: unha foto valorada en 120 euriños e unha señora reportaxe. Esperemos que vos guste.

  • Camisetas das Festas do Carme 2010

    As camisetas do Carme xa están aquí

    Moniquiña, Lucía, Pili e Mayte xa confirmaron que non faltarán á cea do sábado 29 de maio ¿e ti?
    Moniquiña, Lucía, Pili e Mayte xa confirmaron que non faltarán á cea do sábado 29 de maio ¿e ti?

    Da mesma forma que o ano pasado practicamente non quedou ninguén en todo Camariñas sin a súa camiseta das Festas do Carme 2009, este exercicio temos que tentar de repetir entre todos a fazaña e incluso superala mediante exportacións masivas ao extranxeiro.  As primeiras en facerse co novo modelo primavera-verano 2010 foron as exhuberantes redactoras do xigante mediático da Costa Atlántica, Lucía e Maytiña, as cales, a semellanza daquela excelsa reportaxe tomada en maio do 2009 nun flamante Paseo Marítimo aínda por estrear e que fixo historia, xa posaron cas novas camisetas que a Comisión das Festas ven de diseñar para honrar ás grandes festividades en honor á Patroa dos Mariñeiros. Unhas camisetas que, instigadas polas nosas redactoras, non dubidaron en enfundarse algunhas das maiores belezas da Vila dos Encaixes para firmar unha reportaxe que xa se convertío por dereito propio nun clásico dentro do xornalismo primaveral galego. Belezas camariñanas que xa confirmaron, como non podía ser menos, a súa asistencia á multitudinaria Cea-Baile do Carme que terá lugar o sábado 29 de maio. Os que aínda non reservárades entrada, podedes adquirir os últimos billetes dispoñibles chamando aos teléfonos 981736518, 981736403 e 981736064. Un billete a la gloria. ¡¡APÚRENSE!!

  • Cea Baile das Festas do Carme 2010

    A polas mellores festas da historia

    O primer paso para lograr as mellores festas da historia debe ser acarrear unha multitude á cea do día 29
    O primer paso para lograr as mellores festas da historia debe ser acarrear unha multitude á cea do día 29

    Arrancan as Festas do Carme que por coñecemento, gañas e ilusión poden convertirse nunhas das mellores da historia. O listón deixouno elevado moi alto o propio José Manuel Canosa Campaña, Presidente da mellor Comisión de Festas en décadas, en entrevista concedida a camarinas.eu hai agora un ano: "as festas do 2010 serán mellores aínda". E para logralo faise necesario o concurso de todos: ben sexa a través dos donativos, ben sexa colaborando, implicándose ou acudindo á grandiosa cea-baile programada no restaurante 4 Ventos ás 21:30 horas do sábado 29 de maio de 2010 e á que se poderá asistir por un módico precio de 20 euros que poden ser decisivos á hora de conquerir as que poden ser as mellores e máis multitudinarias Festas do Carme da historia. Nunca estivo tan cerca o obxectivo, endexamáis houbo bases máis sólidas para conquerir o soño: unha comisión xoven e experimentada que neste exercicio 2010 promete exhibir toda a sabiduría acumulada tras tres anos de andaina. O primeiro paso para elo debe ser que unha multitude de camariñáns se apodere da cea-recaudación do 29 de maio, cuio cartel de presentación procede a publicar en exclusiva, como non podía ser menos, o xigante mediático da Costa Atlántica. Os interesados poden ir reservando praza chamando aos teléfonos 981736518, 981736403 e 981736064.

  • San Xurxo 2010: Futbol no Campo do Cotro

    Os graderíos do mítico Estadio do Cotro quedáronse pequenos para ver unha auténtica exhibición futbolera
    Os graderíos do mítico Estadio do Cotro quedáronse pequenos para ver unha auténtica exhibición futbolera

    Cita ca Historia no Cotro

    Probablemente, xa con anterioridade á invención en 1863 do football e á súa posterior introducción en España a finais do s. XIX por traballadores británicos das Minas de Riotinto (Huelva), no Monte de O Cotro existía un descampado e nel algún camariñán lle daba patadas a un balón. E sen embargo ao longo de toda  esta dilatada e lexendaria traxectoria o máis antigo e histórico dos Estadios do Concello nunca vira un partido disputado con porterías oficiais e líneas reglamentarias. Ata que na soleada e calurosa tarde do domingo 25 de abril de 2010, último día das Festas de San Xurxo, os máis finos estilistas balompédicos do Distrito de Buría congregáronse, acompañados por unha entusiasta lexión de seguidores, para disputar un histórico partido de Solteiros contra Casados, que deixou para os anales un resultado tan estratosférico que non chegan os números do teclado do pc para plasmalo. Posteriormente, as seccións inferiores do futuro FCB (Football Club Buría) aproveitaron a ocasión que se lles brindaba para reivindicarse ante os seus maiores nunha serie de partidillos. Polo momento a falta de equipación propia fixo que se vislumbraran sobre a alfombra impecable de O Cotro unha variada constelación de camisetas con claro predominio das do Barça, unha camisola heroica do Real Madrid e incluso algunha daquel histórico FC Camariñas patrocinado por Empresas Grifomar. Instantes gloriosos que pasarán á historia gracias as espectaculares imaxes e impresionantes vídeos captados pola cámara privilexiada de camarinas.eu.

  • San Xurxo 2010: 23 de Abril

    Procesión e Ofrenda Floral de San Xurxo 2010

    As festas en honor a San Xurxo congregaron outro ano máis unha multitude de fieis camariñáns
    As festas en honor a San Xurxo congregaron outro ano máis unha multitude de fieis camariñáns

    Xentes da Millarenga, do Outeiro, de Mourín, do Cotro, de Pións, do Riás, de Tilleiro e o Cotariño tamén, das terras baixas de Camariñas, emigrantes chegados dende Suiza en avións repletos fletados especialmente para a ocasión: todos eles cara ás 13:00 deste venres 23 de abril de 2010 atopábanse ben no atrio da Igrexa de San Xurxo, ben nos seus arredores, para honrar ao Santo Patrón de Camariñas. O ambiente especial, distinto, que se apodera do epicentro do Concello de Camariñas cada ano nesta sinalada data volvíose a facer notar. E muitos dos anteriormente sinalados, preto das 19:00 dunha radiante e calurosa tarde encamiñáronse cara O Cotro para rendir os debidos respetos a Don Domingo Antonio Rodríguez Canosa, o camariñán que dende o corazón de Buría conquistou México para construir unha igrexa espléndida no pobo da súa alma. Camarinas.eu estivo presente nos dous grandes actos que conforman a gran festa patronal de Camarñas e captou unha impresionante galería fotográfica de 230 imaxes e tres vídeos.

  • San Xurxo 2010: Campo do Cotro

    Comenzan as obras de rehabilitación do Campo do Cotro

    O albor dos novos tempos parece por fin chegado ao Campo do Cotro ca instalación das porterías
    O albor dos novos tempos parece por fin chegado ao Campo do Cotro ca instalación das porterías

    Tras longos e escuros anos de total abandono, parece que as distintas administracións comenzan a dar os primeiros pasos para proceder a remodelar o máis histórico e antigo dos Estadios do Concello: o Campo do Cotro. Este xoves 22 de abril de 2010, víspera de San Xurxo, a redacción de camarinas.eu na súa puntual visita semanal ao gran santuario espiritual do fútbol camariñán, o Monte do Cotro, puido comprobar cáseque con bágoas nos ollos e un tremor de emoción agarrotando a gorxa como dúas porterías aptas para a práctica indistinta de futbito y/o balonmano  foran instaladas no mítico estadio propiedade da Federación de Buría e futura sede do FCB (Football Club Buría). O cal, obviamente, plantexa unha serie de inquedantes incógnitas: ¿constitúe este o punto de partida para o desembarco no auténtico templo futbolístico de Camariñas dunha inversión muchimillonaria destinada a paliar décadas de abandono administrativo? ¿Veranse estas porterías acompañadas da construcción dos indispensables graderíos? Neste último caso e dado o escaso do terreo dispoñible ¿optarase a semellanza do Estadio Vicente Calderón pola construcción dun túnel baixo a grada para facilitar o tránsito automovilístico cara ó centro urbano do Cotro? ¿O carácter unisex (futbito/balonmano) das porterías permite pensar nun estadio multiusos? ¿Veremos ao Conservas Boya xogar os seus partidos sobre o firme impecable do Buríastadium? Finalmente, e dado as datas nas que nos atopamos ¿quedará toda este despliegue nunha sinxela (aínda que necesaria) homenaxe ao noso Santo Patrón?

  • San Xurxo 2010: Programa e Actividades

    Comenzan as Festas de San Xurxo 2010

    As Festas de San Xurxo xa están aquí cun amplo programa de actividades a desenrolar durante catro días
    As Festas de San Xurxo xa están aquí cun amplo programa de actividades a desenrolar durante catro días

    Pois xa está todo o barrio de Buría debidamente engalanado, a herba dos arredores ao monumento a Don Domingo Antonio Rodríguez Canosa e da Igrexa Parroquial de San Xurxo, por el financiada, completamente rasurada e os corazóns das boas xentes de Camariñas cheos de ledicia e ilusión ante a chegada da grandes festas adicadas ao Patrón da vila. Para elo este ano completouse un programa de catro días que comenzará este xoves 22 de abril ca verbena a cargo das orquestas Océano e Aché e que rematará o domingo 25, San Marcos, ca actuación da orquesta Master. Entre medias un fin de semana  cun amplo cadro de actividades que inclúen grupos de gaitas, bandas de música, a ofrenda floral e verbenas e bailes vermouth coas orquestas Abanico, Ciclón, Galilea e Marbella. Aquí en camarinas.eu para honrar ao noso Santo Patrón, a semellanza do realizado ca Virxe do Monte, decidimos rescatar do noso arquivo fotográfico infinito e insondable unhas cantas fotos históricas de calqueira das festas grandes de Buría de comenzos dos anos 90 como forma de perpetuar a homenaxe secular das boas xentes de Camariñas a San Xurxo.

  • Procesion da Virxe do Monte 2010

    A Montaña Máxica

    Juan Esteban, o noso querido Estudiante, portando a Virxe do Monte nunha das tres voltas de rigor
    Juan Esteban, o noso querido Estudiante, portando a Virxe do Monte nunha das tres voltas de rigor

    Citando o título (que non o argumento) da célebre novela de Thomas Mann, si hai no Concello de Camariñas unha montaña máxica ésta atópase no lugar denominado Monte Farelo, subindo cara arriba de As Esbardas, alí onde reside quen sabe si dende hai miles de anos, dende as épocas dos druidas celtas, a Ermita da Virxe do Monte. Un templo dotado dun feitizo especial capaz de atraer cara os seus dominios ano tras ano a centos de romeiros da Vila dos Encaixes, a ducias de compatriotas do resto do Concello e por extensión de toda a Costa da Morte e finalmente a renombrados camariñáns da diáspora, que retornan a súa vila só por un día, para estar ao lado da súa virxiña, nas sagradas datas da Semana Santa. Camarinas.eu non podía faltar á cita anual ca Virxe do Monte e ata tan sacrosanto lugar desprazouse en doble sesión de Domingo de Resurrección e luns, deixando para á historia un impresionante e elaborado conxunto fotográfico de 195 imaxes.

  • II Festa da Zorza de Camariñas: Máis de 500 racións vendidas na Festa da Zorza

    Como era de preveer confirmouse de maneira rotunda o éxito desa inxeniosa iniciativa da Comisión das Festas do Carme chamada Festa da Zorza e que neste 2010 cumpría a  súa segunda edición. Sen dúbidas, dentro do conxunto de ideas postas en marcha ao longo destes últimos anos para tratar de diseñar un programa de actividades paralelo que complemente e impulse á vital e imprescindible Mostra do Encaixe, esta foi a máis exitosa. Iniciativa surxida da xuventude camariñana representada pola Comisión máis xoven que se recorde e tamén a máis animosa e decidida. Porque dende as 19:00 deste sábado 3 de abril puxéronse a carrexar de forma inxente ata 500 racións deste manxar humilde a un público voraz e afameado. Camarinas.eu mandou un destacamento comandado por un experimentado gourmet como Luis Esteiro Ramos cara ás 22:00 cando o epicentro do furacán gastronómico que invadío a Praza do Mercado xa era calmado para poder degustar sen apreturas, con calma e fruición, dun auténtico bocati di cardinale. Preparado sabia e concienzudamente polas expertas mans culinarias dos membros da Comisión e servido por outras mans, delicadas e fermosas, dunha das maiores belezas de Camariñas, a nosa querida Maytiña ¿Qué más se puede pedir?
  • Festas do Virxe do Monte 2010

    Arranca o calendario festeiro 2010

    Un templo milenario e sagrado que nestes días de Semana Santa acollerá muchedumbres de camariñáns
    Un templo milenario e sagrado que nestes días de Semana Santa acollerá muchedumbres de camariñáns

    Cundira o pánico nun principio debido aos desperfectos ocasionados no tellado da Ermita da Virxe do Monte por un máis da vaga de temporais que este inverno asolaron Camariñas, pero o noso milenario templo parroquial xa está en perfectas condicións para recibir nos sagrados días da Semana Santa ás muchedumbres de católicos camariñáns que un ano máis cumprirán un rito ancestral en xornadas de domingo e luns. E para honrar á nosa querida virxiña, a Comisión de Festas que da man do noso querido usuario  e amigo José Manuel Canosa Campaña ven de organizar as mellores Festas do Carme que se recordan en décadas, preparou un completo programa festeiro que inclúe a segunda edición da Festa da Zorza e un cartel de actuacións que arrancan este sábado 3 de abril e que foi quen de incluir á mesmísima orquesta Olympus. Aquí en camarinas.eu para honrar á nosa Virxe do Monte e para acompañar á Comisión nos seus esforzos para organizar as mellores festas posibles na Vila das Palilleiras ademáis de publicar o Cartel Oficial das Festas, rescatamos do olvido un pequeno conxunto de fotos históricas captadas na cima da sagrada montaña de Camariñas probablemente alá a principios dos anos 90...