• San Xoán 2011 - Lumarea da Vila

    Centos de Camariñáns desfrutaron doutra edición da Lumarea da Vila

    Novo éxito de público e crítica da Asociación Lumarea da Vila: O xóves víspera do día de San Xoán e noite máxica por excelencia das antigas terras galaicas celebrouse outra edición máis da espectacular Lumarea da Vila que desta volta asombrou aos centos de persoas de toda a costa atlántica que alí se congregaron cun acendido grandioso a base de fogos de artificio que poucas ou ningunha vez se vío polas cachelas que se organizan ao longo da Costa da Morte. Antes, a eso das 5 da tarde os rapaces camariñáns puderon desfrutar dos xogos hinchables que se ubicaron no remozado céspede da Area da Vila. Cerca das 8 da tarde comezábanse a repartir as sardiñas que foron asadas na praia por decenas de voluntarios que quixeron colaborar coa Asociación que preside noso querido amigo e usuario José Manuel Canosa Campaña. E foi sobre as 10 da noite cando os integrantes do grupo laxense "O Tren da Unha" comezaba a tocar as primeiras notas do seu amplo e divertido repertorio.
  • Todo listo para a Lumarea 2011

    A lumarea da vila xa presenta este espectacular aspectoPois xa está a aproximarse cada vez máis o verán festeiro da Costa da Morte e, como non podía ser menos en Camariñas darase o pistoletazo de saída a toda esta explosión orquesteril. E faino co xa clásico acendido da espectacular Lumarea da Vila que organiza a os compañeiros e amigos da redacción de Camarinas.eu coma José Manuel Canosa Campaña que desta volta superararán con creces todas as existosas edicións realizadas anteriormente. E decímolo porque se o ano pasado xa houbera varias actuación musicais de certo renome, este ano poderemos desfrutar na Area da Vila co grupo revelacion na Costa da Morte: os laxenses O TREN DA UNHA que presentarán en directo e en primicia aquí en Camariñas o seu segundo disco. Tamén teremos a oportunidade de ver en escena ao grupo revelacion da nomeada Axencia de Espectaculos Lito que nos traerá nin máis nin menos que ao GRUPO SAMBA.
  • Cartel das Festas do Carme 2011

    As Festas do Carme do 2011 xa son unha realidadeFoi preto da unha da mañá deste xoves 16 de xuño que recén comenzaba, a un mes xusto do comenzo das Festas do Carme de 2011, cando quedou definitivamente confeccionado o seu cartel publicitario. Foi na redacción de camarinas.eu, reunidos conxuntamente o seu director e os membros da comisión, para así desta maneira, sacando tempo de onde non o había, facendo o último esforzo despois dun día de duro traballo, conxuntamente, aportando ideas entre todos, plasmar sobre o papel o programa que en tempo récord foi elaborado por unha comisión plena de ilusión, optimismo e gañas de traballar arreo para levar durante catro días centrais do mes de xullo de 2011 a felicidade e a ledicia a tódolos fogares dos camariñáns de ben.
  • Exclusiva: Xa hai Comisión de Festas

    He aquí aos camariñáns exemplares encargados de sacar adiante a Festa do Carme 2011As Festas do Carme atopábanse nunha situación agónica. Posiblemente das peores da súa historia: a 35 días escasos do que debía ser o seu comenzo aínda non había Comisión de Festas. Para paliar esta situación terminal, dunha gravidade sen precedentes, un pequeno grupo de veciños da Vila dos Encaixes, auténticos patriotas camariñáns, erguéronse e deron un paso adiante. Saben que terán que completar un traballo extenuante a marchas forzadas, ao longo de xornadas maratonianas, saben que non haberá recompensa e que incluso terán que facer frente ás descalificacións e incomprensión de algún que outro grupúsculo inadaptado  e radical (os inclasificables e denunciables insultos a José Manuel Canosa Campaña, o mellor presidente de Comisión que nunca houbo en Camariñas, que únicamente descalifican aos seus autores e a aqueles que lles dan cancha). Saben todo eso e moito máis que lles espera, pero non podían deixar morrer ás mellores festas da Costa Atlántica.
  • Comisión das Festas do Carme 2011

    Corenta e seis días para a Festa do Carme e aínda non hai comisiónA falta de mes e medio para as que deberían ser as Festas do Carme 2011 aínda non hai comisión. Os partidos políticos atopábanse ocupados dirimindo as súas diferencias no campo de batalla electoral e, claro, non houbo tempo de adicarse a nomear voluntarios a dedo para a comisión, ademáis tampouco era cuestión de facerlle o traballo sucio ao rival para despois quedar in albis unha vez resolta La Madre de Todas las Batallas e ver ao odiado rival sentado no trono da alcaldía a carcallada limpia e cun problema (gordo)  resolto. Pois ben, unha vez elexido novo alcalde, que por aquelo das casualidades resultou ser o mesmo que xa había con anterioridade, este raudo como un raio agora si atopou tempo para nomear entre os seus traballadores tres voluntarios que xunto a tres da Cofradía de Pescadores e tres máis da Asociación de Empresarios formarán o menage-a-trois encargado de recoller os fondos que financiarán as que neste último ano foron as grandes festas da Costa Atlántica.
  • Virxe do Monte 2011

    Un ano máis o pobo de Camariñas volcouse ca Virxe do MonteFinalmente organizada de un modo impecable pola Comisión de Festas de San Xurxo entre o 24 e 25 de abril tivo lugar o ascenso e procesión da Virxe do Monte 2011. E un ano máis o pobo de Camariñas ascendío ata as alturas celestiais do Monte Farelo en dous días sinalados dentro do calendario camariñán. Tal vez este ano botouse algo de menos os traxes engalanados e os sons festivos da Asociación de Gaitas Abrindo Rejo, pero no seu lugar raiaron a gran altura Os Panchos do Jolfendro que incluso se atreveron o luns extramuros da misa de 12:00 cunha impresionante versión do himno galego que complementou á perfección á misa que tiña lugar dentro do templo. Tamén destacar a actuación do Coro Parroquial que culminou un variado repertorio de cancións sacras cunha peza en honor á Virxe do Monte que foi a mellor forma de rematar dúas xornadas irrepetibles nas alturas do Monte Farelo. Agora a virxiña reposará alí todo o mes de maio para, un domingo de xuño, ser devolta en volandas polo seu pobo á Igrexa de San Xurxo.
  • Reportaxe completo das Festas de San Xurxo 2011 en Camariñas

    Un ano máis, a cabalo dun calendario especialmente complicado, tiveron lugar impecablemente as Festas na honra do Santo Patrón do Concello de Camariñas. Tiveron que competir ao longo de catro días cas celebracións da Semana Santa, cas da XXI Mostra do Encaixe e cas da Virxe do Monte, pero finalmente cada un buscou o seu oco e houbo tempo para todo. Especialmente inquietos os corazóns buriáns volcáronse con tódolos actos adicados a San Xurxo e así durante as procesións de domingo e luns un hervideiro de veciños maiormente provinte das partes altas da parroquia da Vila das Palilleiras inundaban o atrio eclesial así como os arredores da Praza de San Xurxo. Vestidos cas súas mellores galas, henchido o corazón co seu mellor ánimo, celebrouse conforme á tradición os días máis importantes do ano no Distrito de Buría. Despois de cumprir co sagrado rito que inaugurara hai máis de 200 anos un natural do Cotro, D. Domingo Antonio Rodríguez Canosa, xa habería tempo para desparramarse a multitude festeira polos distintos locais na procura do imprescindible vermouth primaveral. Un ano máis, conforme á súa propia tradición, camarinas.eu asistío aos sacros actos da Festa de San Xurxo e publica a meirande reportaxe posible. Realmente, a única.
  • Preparativos da Virxe do Monte 2011

    O Tractor Municipal Kioti M39 tamén peregrinou ata a Virxe do MonteNa lexanía do camiñante solitario vislumbrouse algo desacostumado nas alturas da Virxe do Monte. Un movemento metálico refulxía brilante baixo os pesados raios solares da tarde de primavera. O forte vento nordeste axuda ao camiñante impenitente a salvar o último tramo e lévao en volandas ata o pe do Monte Faro, sede dende as orixes do mundo dos máis sagrados cultos de Camariñas. A media ascensión, o noso querido amigo Juan "O Chino" abandoou por un día a construcción de beirarrúas no Barrio de Corea e, semellante a un porteiro da NHL que cambiara por un día o seu stick de hockey xeo por unha desbrozadora, afánase en rasurar continentes de toxo a marchas forzadas. Xa cerca do cume, dende a derradeira curva dun camiño bendito, contemplan o xove reporteiro e o seu intrépido e fiel acompañante as evolucións maxestuosas do gran acorazado de aceiro municipal segando malas herbas ao carón da Virxe do Monte tras o seu primeiro santo peregrinar.
  • Preparativos de San Xurxo 2011

    Un operario do Concello limpa o monumento ao fundador da Igrexa ParroquialAs Festas de San Xurxo de 2011 xa quentan motores. Todo está listo e preparado para que o 22 de abril arranque por todo o alto a festa en honor ao Santo Patrón do Concello de Camariñas. O pistoletazo de saída dábase ao longo da presente semana con dous sucesos en principio alonxados entre si pero encamiñados a acadar un mesmo fin, un obectivo común. Por un lado, o Concello de Camariñas, como parte integrante da súa ofensiva contras as malas e alborotadas herbas que inundaban ata o último dos recunchos do noso término municipal, destinaba a un dos operarios da Patrulla Municipal de Obras para proceder ao desbroce e limpeza dos arredores do monumento a D. Domingo Antonio Rodríguez Canosa, o burián ilustre que co producto de toda unha vida de duro traballo en México acometía a financiación da Igrexa Parroquial de San Xurxo.
  • Fotos do Entroido en Camariñas 2011

    Como ven sendo tradición antiga, o Martes de Carnaval celebrouse en Camariñas no Pavillón Municipal. Tradición dende que existe Pavillón Municipal, claro. O itinerario ata o mesmo é claro e non admite dúbida ningunha: ahí non caben sabotaxes nin cambios de rumbo, non poden meter a zarpa APAS, nin OPAS, nin EPAS, nin o OPUS siquera. O que quere vai e o que quere non vai. Eso si, non hai forma de evitar que as autoridades municipais do momento anden por alí e, casualidade ou non, sexan captadas en imaxes fotográficas rodeados de adorables e ilusionados nenos. Ao mellor están, pero non saen en ningunha foto. E bueno, como último recurso tamén cabe a posibilidade de prohibir de agora en diante e ata o fin dos tempos o acceso ao Pavillón Municipal en Martes de Carnaval a calquer tipo de autoridade política baixo pena de forte tortura,  medida á que aquí en camarinas.eu non nos vamos a opoñer de ningunha maneira e á que incluso apoiamos de forma entusiasta.
  • Entroido na Rúa 2011

    Un ano máis os rapaces desfilaron polas rúas de Camariñas, pero desta vez con ruta saboteadaUn ano máis o venres de entroido os rapaces do CEIP O Areal de Camariñas desfilaron disfrazados polas rúas da Vila das Palilleiras. Unha longa serpente multicolor extendíase ilusionada polos rueiros do pobo aportando colorido e alegría á monótona rutina cotidiana. Nembargantes querido electorado atopámonos en datas preelectorais e ata os máis cativos non se sustraen á utilización partidista por parte dalgúns/dalgunhas desaprensivos/as dos inocentes divertimentos dos máis pequenos: só así se pode explicarse a desgraciada e inexplicable decisión de non visitar tal e como era costume ao longo destes anos a Casa do Concello, parecendo non entender os responsables de tal decisión así como os patrocinadores/as da mesma que a visita de cortesía réndese á institución, non á persoa que temporalmente e por decisión maioritaria dos veciños a ocupa. En fin, aquí xa vale todo. En todo caso o realmente importante nesta procesión carnavaleira eran os pequenos e estos, un ano máis, alleos á maldade dos seus maiores, pareceron pasalo pipa desfrutando dun día no que se converteron por dereito propio nos auténticos e principais protagonistas.
  • Cabalgata de Reis Magos 2011 en Camariñas

    Un ano máis os caramelos inundaron as rúas de Concello de Camariñas e inxentes multitudes de veciños correron tras eles. E do mesmo xeito que de cargadas bolsas de sardiña donadas graciosamente por algún dos armadores camariñáns de antes, unha pequena procesión de veciños retornaban cara o fogar co producto da Cabalgata de Reis. O que antes se facía en humildes tractores buriáns reconvertidos en suntuosas carrozas alá polos 80 dou paso cos bos tempos de finais dos 90 e principios do 2000 a carromatos de xa máis envergadura e polo tanto maior custe pecuniario, ultramodernas construccións da última tecnoloxía. Agora, co gallo da crise cómpre aforrar ata o último peso e así reconvertidas cabalgaduras de orixe secular retornan ás rúas do concello ca nova década que comenza. Pese a todos estes cambios o chófer segue a ser de excepción: un ano máis chegado dende as entrañas profundas de Brañas Verdes Manuel Mouzo Lema foi o encargado de dirixir calmosa e experimentadamente a monárquica expedición oriental a través dun día de inagotables compromisos infantís. E así, cara ás 20:30 con exquisita puntualidade británica Manolo achegou ás Maxestades chegadas de Oriente ata aos ilusionados cativos camariñáns e entón alí todo foi repartir ilusión (e caramelos).
  • Reis Magos 2011

    Os Reis Magos non faltarán este 5 de xaneiro á súa cita anual cos rapaces do Concello de Camariñas

    Calqueira que na tarde deste martes 4 de xaneiro do recén estreado 2011 se acercase polo baixo do galpón burián que cumpre as funcións de almacén municipal podería contemplar como varias operarias se afanaban dura e ilusionadamente na posta a punto da carroza imperial que o Concello de Camariñas poñerá graciosamente a disposición das Maxestades Magas de Oriente no seu paso polas terras de Camariñas. Será cara ás 12:00 da mediodía 5 de xaneiro cando se espera que estes tres monarcas orientais fagan a súa entrada no concello polo afastado Lugar de Brea, sitio onde deixarán aos seus derrengados camellos ao abrigo de calqueira dos confortables cortellos xaviñáns e subiranse ao variado parque móbil municipal posto ao seu servizo. A axenda real ven sobrecargada e por elo na mañán do día de autos percorrerán a cara norte do concello levando un carromato cheo de regalos e ilusión aos rapaces camariñáns. Posteriormente, cara ás 17:00 horas chegarán ca súa corte imperial á vila do Río Grande para partir cara as terras llanas de Xaviña onde se espera a súa chegada ás 18:30 horas. Finalmente e tras unha extenuante xornada, as 20:00 é o horario previsto para a súa chegada á Capital Municipal, dependendo da choiva si a recepción do Señor Alcalde e demáis munícipes ten lugar na Praza da Insuela ou no polifacético Pavillón Municipal.
  • VII Festa do Balonmán 2010

    Este sábado non te podes perder a gran Festa do Balonmán de Camariñas

    O vindeiro sábado día 25 de decembro o Club Balonmán Camariñas Conservas Boya celebrará a xa tradicional Festa de Nadal. Será como de costume no Pavillón Municipal “O AREAL” DE CAMARIÑAS". A festa dará comezo ás once da noite e prolongarase ata altas horas da madrugada. Este ano contaremos con dúas grandes formacións da vebena galega como son A NOVA ORQUESTA CHASTON ,e unha das grandes A ORQUESTA PHILADELPHIA. Como novidade a orquesta chaston fará a súa posta de largo en Camariñas estrenando a súa etapa como orquesta. Na formación que compoñe a gran orquestra Philadekphia podemos destacar aos vocalistas David Balboa (EX PARIS DE NOIA) e María García (EX ORQUESTA MARBELLA).
  • Actuación do Grupo Época no Snack

    O Grupo Época actuará este sábado no Snack

    Comentábase recentemente polos mentideiros sociais camariñáns do pouco fulgor, do carácter apagado, triste e solitario dos sábados nuite camariñáns que seguiron ao acabamento do verán 2010. Bares desertos nas primeiras horas da madrugada baixo a luz opaca do alumeado público que evocaban aos desamparados bebedores de café do cuadro Nighthawks do norteamericano Edward Hopper. Para remediar esta situación e devolver ao universo nocturno da Vila das Palilleiras o esplendor perdido o auténtico rei da nuite camariñana durante as dúas últimas décadas, José Luis Rey Álvarez, puxo en marcha recentemente no Snack Bar Camariñas, un local que constitúe en si mesmo toda unha institución da movida nocturna da Costa da Morte, un ambicioso proxecto presidido pola maxia irradiada polas actuacións musicais en directo. Este sábado 23 de outubro ca actuación do Grupo Época toca a segunda volta deste audaz intento de devolver ao saturday night camariñán o resplandor perdido.

  • Grupo Alameda no Snack Bar

    O Snack volve polos seus fuerosTodo cansa en esta vida e despois de máis de vinte anos sendo o líder absoluto, incontestable, da movida nocturna en Camariñas, Luis do Snack decidío tomarse un respiro e imprimirlle un cambio de orientación a un local que constitúe un auténtico pedazo de memoria histórica da Vila das Palilleiras: o Snack Bar Camariñas. A partires deste sábado 7 de outubro, todas aquelas xeracións camariñanas que na súa alocada xuventude desfrutaron das madrugadas multitudinarias, festivas e frenéticas do Snack, poderán desfrutar na noite dos sábados da mellor música en directo nun ambiente relaxado, tranquilo, ideal para tomarse a última copa en parella, ou en compañía dos amigos, tras unha suculenta cea en calqueira dos grandes restaurantes da vila. E para estrear este cambio de pel dun pub que leva animando as noites de Camariñas dende hai máis de 35 anos o elexido foi o Grupo Alameda.Tempos de cambio para un local mítico en Camariñas, que neste mércores 6 de outubro de 2010, día do cumpreanos do seu propietario, fai pública a relación de patrocinio e colaboración que o unirá á web máis vista da historia da Costa Atlántica.
  • San Ramón 2010: Amenaza de incendio

    San Ramón de Camariñas 2010

    Este martes 31 de agosto de 2010 a Vila de Camariñas celebrou unha nova edición da procesión dunha festa que a lóxica das circunstancias debería determinar hai xa longo tempo a súa finiquitación definitiva: San Ramón. E nembargantes ahí está un ano máis incólume ao pasar do tempo, inconmovible polos elementos, inasequible ao desalento e altamente reverenciada por todos os seus moitos homenaxeados nunha das onomásticas clásicas da antroponimia camariñana
  • Entrevista a Jose Manuel Canosa Campana, Presidente da Comisión de Festas do Carmen 2010

    Os camariñáns de ben eternamente agradecidos

    Nunca quería saír nas fotos. Eran desa clase de persoas ás que non lle gusta o protagonismo e si o traballo sordo, calado, serio e concienzudo, por elo das miles de fotos publicadas por camarinas.eu das tres edicións das Festas do Carme nas que lle tocou en sorte ser Presidente da Comisión de Festas, non haberá máis que un puñado de fotos súas, unha ducia, ao mellor nin eso. Tras unha serie de edicións desvaídas, sin brilo algún, lonxanas e frías, e nas que se chegou a temer pola sorte que puidera correr a mesmísima Procesión Marítima, a xoven e competente Comisión presidida por José Manuel Canosa Campaña será recordada por ser aquela que revitalizou dunha maneira decisiva unhas Festas do Carme que presentaban naquel momento de inicios de ano 2008 un tinte preocupantemente moribundo e conformista, a que voltou a acercar á festa ao pobo, a que trouxo a Camariñas as mellores orquestas, a das edicións máis masivas que se recorden. No momento do adeus, Campaña sincérase ante camarinas.eu e pasa revista ao acontecido nos tres anos que cambiaron posiblemente de forma definitiva a cara das Festas do Carme.
  • Festas do Carme 2010: 16 de xullo (II)

    As nosas redactoras Mayte, María e Lucía pasárono pipa nas Festas do Carme máis multitudinarias en décadas
    As nosas redactoras Mayte, María e Lucía pasárono pipa nas Festas do Carme máis multitudinarias en décadas

    Visto o éxito sen precedentes de todas e cada unha das reportaxes sobre as Festas do Carme 2010 publicadas por camarinas.eu, todas as cales superaron ampliamente nun tempo récord o millar de visitas, decidimos facer un esforzo final e publicar as fotos do día grande do Carme remitidas a esta redacción polo seu accionariado. Imaxes como as de Juan Salvador Gaviota (JSG), o usuario que dende as profundidades recónditas de Buría sempre busca a perspectiva imposible, a panorámica pioneira; fotografías como as de Pión, que incluso nos días de merecido descanso na vila da súa alma segue a cumprir co seu compromiso perenne ca web líder da Costa Atlántica; e finalmente vídeos talentosos como os de Sefa, redactora audiovisual por dereito propio do gran medio de comunicación de Camariñas. Finalmente, as imaxes captadas polo redactor Zhúkov, enrolado por segundo ano consecutivo na  Belén M., a lancha do Rocco, o Maestro del Bon Vivir, á cal chegou transbordo incluido cos bolsillos baleiros sendo espléndidamente agasallado polos seus tripulantes. En definitiva unha nova galería fotográfica de 240 fotografías a sumar ás 770 xa publicadas na primeira parte da reportaxe adicada ao 16 de xullo e que poñen o punto final a un esforzo xornalístico sen precedentes, sen dúbidas o máis grande adicado a unhas festas parroquiais neste recuncho atlántico. Camarinas.eu, facendo historia.

  • Festas do Carme 2010: 17-18 de xullo

    Dous días pletóricos de actos nos que destacou a presencia multitudinaria dun público entusiasta
    Dous días pletóricos de actos nos que destacou a presencia multitudinaria dun público entusiasta

    Deixáramos a crónica das maxestuosas e moi históricas Festas do Carme do ano 2010 no momento no que un fogoso e xoven debutante poñía fin a súa carreira de debut na Danza de Arcos cando se atopaba no Paseo Marítimo con dúas desa clase de impresionantes belezas femeninas ás que soío ser tan aficcionado ao longo da súa dilatada e experimentada existencia. Unha vez rematada a derradeira danza do ano a gran comitiva festeira camariñana encamiñouse, xa finalizado o baile vermouth, cara á explanada do Muelle Novo: uns con dirección aos pinchos da Cofradía, outros cara ao ágape que organizaba o Club Náutico e a gran maioría cara a ambos. A recepción do CNC estivo especialmente concurrida este ano e destacou por vez primeira pola presencia dun alcalde camariñán. Tras o descanso imprescindible dunha soleada siesta, a noite do sábado 17 de xullo foi posiblemente a máis concurrida en décadas nunhas Festas do Carme: unha muchedumbre inxente fixo pequeno o espacio do novo campo da festa con tanta intuición e anticipación habilitado pola Comisión de Festas e ringleiras de coches como nunca antes se vira inundaron as rúas de Camariñas. A todo elo respondío a impresionante actuación desenrolada pola Orquesta Olympus, a decir dos entendidos a mellor do panorama festeiro galego. E finalmente o 18 de xullo: unha sardiñada popular nunha espléndida tarde de sol veraniego só nublada ao final da mesma polo fume provinte dunha praia de Area de Vila onde se perpetraba unha nova e multitudinaria masacre sardiñeril. Novas e inacabables ringleiras de afameados comensais inundaban o entablado provisional no que serviron centos e centos de racións de sabrosa sardiña. Camarinas.eu estivo presente en todos estos actos que conformaron a mellor edición das Festas do Carme que se recorde en moito tempo.