O Concello de Camariñas deseñou un completo programa de actividades para o Entroido no que a principal novidade está na celebración, por primeira vez, do Concurso de Comparsas na Ponte do Porto, ademais do tradicional de Camariñas. Polo tanto nesta edición volve a aumentar a contía dos seus premios repartindo 4.800 euros en total.
O próximo xoves, 28 de novembro, as 17.00 horas, terá lugar a presentación da exposición da obra da pintora porteña Purificación Lema del Río, no faro Vilán. A artista porteña expón as láminas que creou para o calendario que a Asociación Cívica, Cultural, Deportiva e Recreativa “Virxe do Carme de Camariñas” pon a venta para recadar fondos para as festas patronais do Carme de Camariñas de 2020. Esta exposición faise en colaboración coa Asociación de Empresarios de Camariñas, quen cede as instalacións que administra no entorno incomparable do faro de Cabo Vilán. A obra está composta por 13 láminas pintadas con distintas técnicas que reflicten acontecementos e espazos da vila e do concello de Camariñas e poden ser adquiridas por un prezo non inferior a 50 euros cada unha. Os fondos obtidos serán dedicados, coma os calendarios, a achegar recursos económicos para as festas do Carme.
A Asociación Cívica, Cultural, Deportiva e Recreativa “Virxe do Carme de Camariñas”, entidade que organiza as festas patronais do Carme de Camariñas, ven de facer público o programa das festas que se celebrarán entre os días 16 e 20 de xullo. O impresionante cartel foi deseñado, como xa ven sendo habitual nestes derradeiros anos polo fotógrafo de bodas na Costa da Morte Diego Alonso Freire nunha máis das súas colaboracións desinteresadas coa comisión do Carme de Camariñas. O completísimo programa abrangue actividades e música de todo tipo e destinado a tódalas idades, dende sardiñadas e romarías tradicionais ata o máis completo programa de orquestras que hoxe se pode ver en Galicia, pasando polo folk ou pola actuación de un artista internacional. Todo iso completado con actividades para os mais cativos, ou o recoñecemento de quen, coa súa actividade, promociona o nome de Camariñas en positivo polo mundo.
O xermen desta toda vorágine de cenas das comisións de festas tivo o seu xermen, como non podía ser doutra maneira, hai máis de 10 anos en Camariñas. Daquela, a comisión de festas do Carme comandada polo noso amigo JM Canosa Campaña organizaba a primeira edición da Cena do Carmen de Camariñas, un evento que se convertiría nunha tradición e que animaría a maioría de comisións de festas dos arredores a copiar os seus pasos. Agora esta comisión do Carme, convertida xa na Asociación Cívica, Cultural, Deportiva e Recreativa “Virxe do Carme de Camariñas” está a desenrolar un impresionante traballo para tratar de traer a nosa vila unha das edicións máis impresionantes que se lembren da nosa Festa do Carme. Unha das derradeiras iniciativas deste xenuino grupo humano que conforma a comisión do Carme 2019 é a continuación da tradición coa elebración da cena do Carmen 2019. Unha actividade co propósito principal de recadar fondos para financiar a nosa festa pero que tamén sirve como prolegómeno e pistoletazo da conta atrás para o día grande de Camariñas. Para elo a comisión de festas ten planeado organizar unha verdadeira bacanal culinaria que se celebrará na Praza do Mercado de Camariñas o 29 de xuño e que contará por si as moscas cunha gran carpa onde albergar a todos os comensais. Haberá hinchables para os mais cativos, sorteos varios e diversión a raudales cun gran ambiente garantizado como ven sendo habitual nestas cenas do Carme. Tamén nos queren informar dende a comisión que en datas previas á Cea realizarase a esperada presentación do espectacular Cartel do Carme 2019, de cuio deseño se está encargado un habitual colaborador de gran parte das iniciativas desta comisión, como é o fotógrafo de bodas Diego Alonso así como da nova e impresionante páxina web da ACCDR Virxe do Carme de Camariñas. Tamén nos recordan desde a comisión que próximamente darán a coñecer públicamente o nome o "Camariñán de Honra" desta edición do Carme 2019 que terá o orgullo de dalo pregón das festas da vila das palilleiras o próximo 15 de xullo. Para rematar a ACCDR Virxe do Carme de Camariñas queren facer público seu agradecemento polo gran apoio institucional e social que están a recibir para que as nosas festas sexan cada vez mellores. Señoras e señoras, camariñáns todos: O Carme 2019 xa está aquí!
O próximo 24 de febreiro celebrarán unha GRAN LACONADA no polideportivo O Areal, elaborada con produtos da zona e por profesionais moi recoñecidos na hostalería local de Camariñas. O servicio correrá a cargo dos membros da Asociación. Preténdese representar aqueles xantares tradicionais onde se reunían familiares e amigos para comer a fartar, falar e bailar na sobremesa.
Páxina 1 de 11