• Video completo da Festa do Carmen de Camariñas do ano 1987

    O prometido é deuda e despois de subir o vídeo íntegro de 59 minutos de duración aos servidores de Google Video xa podemos presentarvos en exclusiva e máis rápido que nadie o vídeo completo da Festa do Carmen do ano 1987. Un ano no que o sol reinou en toda a nosa festa e a Procesión Marítima estivo concurridísima con todos os barcos postos de gala para honrar á Virxen do Carmen, no que era posiblemente un dos últimos anos da Gran Flota camariñana dos anos 80.
  • Festa do Carmen de Camariñas do 1987

    A Festa do Carmen de Camariñas

    En camarinas.eu queremos compartir con todos os usuarios da nosa web, a máis importante sen dúbidas de toda a Costa da Morte, o arsenal fotográfico e audiovisual que ao cabo dos anos fomos archivando nas nosas catacumbas mediáticas. Nesta primeira toma de contacto queremos amosarvos un entrante que será do gusto de moitos dos usuarios de camarinas.eu: o video Festa do Carmen de 1987; que poderás ver íntegramente sólo nesta web. Ademáis se tes na túa casa algún video antigo de Camariñas e queres mostralo e compartilo con todos os usuarios de camarinas.eu non tes máis que poñerte en contacto co administrador da web por medio deste correo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., e encargarémonos de recollercho pasarcho a DVD e subilo a internet. Pulsa na foto para ver o avance desta nova sección de camarinas.eu na cal publicaremos os videos máis vellos que se recordan en Camariñas.
  • Nova foto histórica da Festa do Carmen de Camariñas

    No día do Carmen de algún ano alá polos 70 ten a súa orixe esta foto. Nela podemos ver a uns cantos rapaces camariñáns que estaban de soldados de reemprazo asistindo á procesión marítima da festa do Carmen de Camariñas. Entre eles estaba Luis Canosa máis coñecido como Luis do Pulpo ao cal lle adicamos esta foto xa que hoxe celebra o seu cumpreanos.
  • Continúan as Festas do Carmen de Camelle

    Desde o Venres ata o Domingo non se para en Camelle. A Festa do Carmen de Camelle ten un tempo inmellorable co que a afluencia de xente está asegurada. Para pasalo ben este fin de semana non fai falla marchar para Vimianzo ou  para a Carballeria de Zas. Vinde ao pueblo de Camelle que o ides pasar en grande. Para ver o programa das Festas pulsa no seguinte enlace.