• Este sábado 1 de decembro Cena do Carme de Camariñas

    Chega o nadal e xa están con nos esas inevitables cenas de empresa, de amigos, familiares, etc... e a Comisión de Festas do Carme de Camariñas non vai a ser menos e celebrará este sábado 1 de nadal no Pavillón Municipal de Camariñas a cea baile do Carmen 2019. E entre todas as grandes novidades que esta comisión ten preparadas e que se irán desvelando pouco a pouco nesta web hoxe tocanos anunciar esta cena benéfica a prol do Carme. Unha velada que se prevée multitudinaria en canto a asistencia e tamén en número e calidade de platos a servir, que é o importante nestes casos para moitos. O espectacular menú que nos terán preparado para esta velada benéfica conta con un menú composto por abundantes entremeses variados, gambón cocido, tenreira asada ao estilo camariñán, un surtido de postres variados deliciosos e todo elo regado cun bo viñiño do país. Xa finalizada o menú chegará o turno de reposar e facer a dixestión. Para elo a comisión terá preparado un excelente café de pota acompañado polos inevitables chopitos que faran que os máis bailadores se vaian levantando para comezar o baile que será amenizado polo exitoso DJ camariñán Xiba. Os organizadores do evento tamén pensaron nos máis pequenos e terán un delicioso menú infantil a base de entrantes, milanesa con patacas e postre "rico rico". Para todos aqueles que desexen asistir e colaborar nesta cena benéfica para que a nosa festa siga sendo a "Mellor Festa do Mundo" non teñen máis que chamar canto antes ao 646 94 22 95 e reservar sitio porque as plazas dispoñibles a día de hoxe son moi limitadas. E alí estará Camarinas.eu para deixar testimonio de todo o que aconteza nesta gran cena benéfica a prol do noso Carme, sen dúbidas a Mellor Festa do Mundo. Viva O Carme!
  • CELEBROUSE A CEA PARA RECADAR FONDOS PARA A FESTA “SEN RIVAL” DO CARME DE CAMARIÑAS

    Este sábado, no pavillón municipal do Areal, 173 persoas reuníronse en torno a varias mesas para cear, bailar, pasar unha boa noite rodeadas de amigos e, sobre todo e por riba de todo, para contribuír coa súa xenerosidade sen límites, a recadar fondos para que o Carme de Camariñas siga sendo a festa SEN RIVAL de tódalas que se celebran en España. Alí estiveron moitas familias, 16 dos asistentes eran nenos que o pasaron de medo nos inchables que instalou desinterasadamente ARTE LÚDICO, dos nosos amigos Martín e Maica, representacións de comisións de festas dos pobos veciños e das festas de San Xurxo, moitos xoves e maiores que bailaron ate as tantas cos sons da Disco Móvil Impacto que xenerosamente o noso amigo Ernesto aportou para contribuír ao divertimento xeral.
  • EXCLUSIVA! O Espectacular cartel da Festa do Carmen 2018 en Camariñas

    Tal como prometéramos o mellor club de fútbol do século XXI gañou a décimoterceira e a a máis completa formación festeira da Costa da Morte organizou a mellor festa posible do Arco Atlántico. Tal como no caso da Gloria Blanca, esto xa se fai por simple aplicación dun método transmitido por xeracións precedentes. E así en breves datas dende a posta de largo xa temos o Cartel da Festa do Carmen do 2018, no que fichando aquí e alá conformouse un plantel festeiro de primeiro nivel, plantel que tamén como sempre presenta ao noble pobo camariñán en exclusiva Camarinas.eu xa que nin máis nin menos o seu director e fotógrafo de bodas na Costa da Morte Diego Alonso Freire elaborou desinteresadamente o seu cartel tal e como o leva facendo con tanto éxito nestes derradeiros anos. E así un ano máis, poñendo todos algo de sí mesmos sin máis interese que ver a nosa Camariñas no top festivo nacional, estamos ás portas dun Carmen que fará historia....
  • Emblemas de Camariñas: A Danza de Arcos, por Xosé Troiano

    A danza de arcos de Camariñas é unha danza anterga que se baila na honra da patroa dos mariñeiros, como é a Virxe do Carme. Esta danza bailábase xa nos anos vinte do século XX, como deixou constancia, un dos mellores fotógrafos da época, D. Ramón Caamaño. Pero cal é a orixe desta danza? Pois segundo os nosos maiores, esta danza ven da vila de Cariño, e ven para quedarse para sempre. Mais esta danza tamén se pode ver en diversas festividades como en Asturias ou nos estados de Hidalgo, México e Puebla, está chea de pasos moi complexos, e xiros sorprendentes e vistosos, executados por parellas de homes que danzan en fila e que portan os extremos duns arcos decorados con flores de papel. A súa vestimenta é tamén branca; como a nosa, e levan pañoletas cruzadas sobre o peito. Esta danza bailana tamén grupos étnicos otomíes do estado de México no municipio de Acambay.
  • Portos de Galicia fai caixa a a conta da Festa do Carmen de Camariñas

    Xa é oficial. Para formar parte dunha comisión de festas que pretenda celebrala -coma toda a vida- en terreos portuarios, hai que ser un súper heroe xa que as condicións que pon o Ente Público Portos de Galicia para a utilización do chan afectado polos portos para a celebración das festas patronais, converte aos sufridos cidadáns que se atrevan a organizar unhas festas, para solaz de todos, en auténticos Hércules. Así o establece unha resolución de Portos de Galicia publicada a finais de setembro.
  • Procesión do Carmen de Camariñas 2017

    Cando un vive e sinte Camariñas no seu corpo e na súa alma non cabe mellor ledicia que a de desfrutar un día do Carmen cos seus compatriotas. Xentes de todas as idades e de todas as condicións, todos Camariñáns con maiúsculas, puderon vivir este domingo 16 de xullo de 2017 o fervor e o orgullo de sentirse Camariñán. Nun día soleado, despexado e con unha suave brisa do nordés comezaba a dar os seus primeiros pasos a Danza de Arcos na Praza de Insuela cara a Capela do Carmen. Alí os esperábamos os de sempre para acompañar aos danzantes ata a praia. Xa chegados a capela houbo tempo para o descanso, pero máis do debido por mor de que os danzantes tiveron que agardar a chegada dunha tal directora de non sabemos qué cousa, que viña a facer o paripé dende as oficinas de San Caetano. Mentras tanto, os rapaces da Danza de Arcos (estes sí con maiúsculas) tiveron a bondade de esperar ata que esta xerifalte chegara á Vila das Palilleiras. Todo a conta de que algúns quedaran ben diante dos seus superiores de partido. Unha vez superado o ínterin político os chavales da Danza de Arcos non tiveron nen un minuto para descansar ao chegar á Igrexa de San Xurxo.
  • Esplendorosa miniprocesión do Carmen de Camariñas 2017

    Camariñas colmouse de xúbilo mariñeiro este sábado 15 de xullo, véspera do Carmen, ao ver como os máis pequenos da vila aseguraban a unha das tradicións máis enraizada da nosa cultura popular. Os neniños do campamento que organiza todos os veráns o Concello de Camariñas, encheron de colorido e tradición mariñeira as rúas de Camariñas cos seus bailes na miniprocesión do Carmen da que foron protagonistas. A eso das 11 da mañá desta soleada véspera do Carmen comezaban a dar os primeiros pasos todos os nenos do campamento ata chegar ata a lonxa vella, onde desembarcaban a xa chamada por todos os veciños da vila Virxiña dos nenos de Camariñas para levala en volandas ata a Casa do Concello. Alí os esperaba o alcalde Pichurri xunto co Antonio Puertas, encargado de presentar ao pregoeiro deste Carmen 2017 Marcial Mouzo. E alí foi o momento de que os nosos nenos descansaran e repoñeran forzas cos seus bocadillos e refrescos. Acto seguido, baixo un sol veraniego que nos envolvía, tomou a palabra o noso querido usuario e colaborador desta web Antonio Puertas "Beldoña" que presentou a Marcial Mouzo Vidal, pregoueiro de luxo para esta edición da Festa do Carmen de Camariñas 2017.
  • Pregón oficial do Carmen 2017 e miniprocesión dos rapaces do campamento do Concello de Camariñas

    Comeza este sábado 15 de xullo a Semana Grande de Camariñas con unha véspera do Carmen 2017 repleta de actos que darán o pistoletazo de saída a gran festa da Vila das Palilleiras. Será co lanzamento de 21 bombas de palenque ás 12 da mañá dende o paseo marítimo de Camariñas cando toda a vila comece o sentir da súa fe mariñeira. Se o ano pasado o encargado de oficiar o pregón era o noso querido colaborador Antonio Puertas "Beldoña" da man do gran mestre Xosé Luís Blanco Campaña, este ano terá a honra de ser o pregoeiro oficial do Carmen 2017 o exitoso xornalista Marcial Mouzo. Será todo un luxo de pregón, pois Marcial negouse a multitude de ofertas para ser pregoeiro por toda Galicia por mor de ter un pouco máis de tempo para a súa familia. Aínda así o seu corazón camariñán non pudo dicir que non a tal ofrecemento no día máis importante da súa vila.
  • Presentación do libro do Carmen 2014 e galería de fotos da procesión do 16 de xullo

    Ao día seguinte de recibir a visita da Comisión da Festa do Carmen para facer amosar o Libro publicitario da máis grande festividade mariñeira do Arco Atlántico, procedemos en Camarinas.eu a publicar a avalancha fotográfica do que dou de sí o Carmen 2014. Unha manada gráfica incontible que campará desbocada entre a imaxinería colectiva da veciñanza camariñana. Tal vez sexa mellor así, xusto dous meses despois, ca debida perspectiva que otorga o tempo, cando poidamos retrotraer os nosos recordos aos días centrais de xullo de 2014 e calibrar en toda a súa intensidade o que supoñe o Carmen para un corazón camariñán. Porque se hai alguén consciente da forza magnética irresistible da festividade en honor a Patroa de todos mariñeiros é a redacción de Camarinas.eu e así puntualmente con cada edición do director da mesma vólcase en colaboracións desinteresadas consistentes en deseño do cartel, cesión gratuita de centos de fotografías que despois serán postas á venta pola Comisión, ca entrega de cadros para a súa subasta nas distintas ceas recaudatorias, en publicidade na web... Pero ainda así, todo será pouco para a nosa Festa do Carme. Para solaz e divertimento do pobo camariñán, en calqueira lugar do globo onde se atope, ahí vai a máis extensa, compacta e impresionante galería fotográfica que un pode botarse ás fauces nestes gráficos tempos.
  • Exclusiva! Cartel da Festa do Carmen de Camariñas 2014

    Xa está aquí, xa chegou. A festa do Carmen de Camariñas 2014 está á volta da esquina. A grande. A única e universal celebración máis importante para tódolos camariñáns quenta motores e á falta de menos de un mes para celebrarse a Festa Grande de Camariñas presentamos aquí en Camarinas.eu, en rigurosa exclusiva, o cartel (que contou outro ano máis coa colaboración no seu deseño de Diego Alonso Freire) dunha  das festas máis importantes do calendario estival da Costa da Morte. Unha celebración, a do Carmen de Camariñas, que si ben este ano reduce os seus días, non fai o mesmo ca calidade das súas orquestas e actividades. Así o mércores 16 de xullo, día grande da patroa de Camariñas voltaremos a ver aos arqueiros da mítica Danza de Arcos bailar ao son da tradicional música que todos os camariñáns teñen rondando na súa mente nestas datas cercanas ao Carmen. Orquestas de primeiro nivel, fogos de artificio espectaculares coma en ningunha outra vila da Costa da Morte, sardiñadas gratuitas a reventar, charangas por doquier, grandes e espectaculares orquestras, a mellor procesión marítima de todo o litoral galaico... pero o máis importante: devoción, emoción e ledicia ao ver a nosa Virxen do Carmen descender O Areal acompañado pola nosa Danza de Arcos. Camariñáns, ¡¡¡O CARMEN XA ESTÁ AQUÍ!!!
  • Adeus a Comisión da Festa do Carmen

    A derradeira Comisón do Carmen, cinco héroes para a historia da nosa festa

    A derradeira Comisión da Festa do Carmen non seguirá no cargo. Os seus compoñentes decidiron facer pública unha decisión que nos enche de tristeza a través do medio de comunicación que ao longo do seu exitoso periplo de tres anos os acompañou dende o primeiro día na organización e execución dunha festa que, despois do seu paso pola comisión, sinceiramente é moito mellor que como a colleron. Neste punto, cando un lembra á anterior comisión, a capitaneada por José Manuel Canosa Campaña, nesta web se dixo que ata aquel entón fora a mellor da historia do Carme e en verdade así era. ¿Cómo chegar a sospeitar que aquel grupo de xoves e ilusionados rapaces que colleron o seu testigo en tan só dous anos superarían con creces o antes conquerido? Sen dúbidas elo foi porque nunca antes unha Comisión de Festas tiña un punto de partida tan inmellorable, un traballo dunha calidade tal que co adecuado desenrolo e novas ideas faría dispararse o Carmen ata niveis estratosféricos nunca antes vistos. E así foi.
  • Festa do Carmen de Camelle 2013

    Cartel dunha nova edición da Festa do Carmen de Camelle

    Continúa sin pausa o calendario festeiro do Concello de Camariñas desta vez cunha nova edición da Festa do Carmen de Camelle que este ano 2013 conta con un apetitoso cartel. Este venres 2 de agosto comezará a xornada festiva coa actuación folclórica das Escolas Municipais de Baile do Concello de Camariñas. A partires das 11 da noite gran verbena amenizada pola orquestra Álkar. Ao rematar á orquesta actuará o noso querido amigo DJ Xiva con toda a súa potencia discotequera. O sábado 3 de agosto, día grande da festa, será baixada a Virxen do Carmen ata o porto de Camelle acompañada da banda de gaitas Jolpe de Mar e a tradicional Danza de Arcos de Camelle. Acto seguido celebrarase a misa de campaña no peirao que precederá a espectacular procesión marítima ata Arou e Praia de Traba. Para finalizar a mañán do Carmen de Camelle celebrarase unha sesión vermouth coas orquestras Novo Estilo. Xa de noite esta orquesta estará acompañada por "Amistad de Vigo" que fará as delicias dos máis bailadores. O domingo terá lugar unha misa solemne ás 13:30 horas en honor á Virxen dos Remedios acompañada pola Danza de Arcos de Camelle. Tamén contaremos con outra sesión vermouth a cargo da orquesta Troco que tamén fará a verbena nocturna que pechará esta edición 2013 da Festa do Carmen de Camelle.
  • Procesión da Festa do Carmen 2013

    A Virxe portada por mariñeiros no día máis garnde do ano en Camariñas

    Toda a Galicia mariñeira botouse aquel día ás rúas e, despois, ao mar. Entre elas, unha poboación das Rías Baixas que duplicaba en poboación e orzamentos a Camariñas, e en canto a turistas a quintuplicaba polo baixo. Seguramente tamén as súas festas do Carmen contarían cuns emolumentos moito máis elevados que os duramente procurados na Vila das Palilleiras durante meses e meses de traballo intensivo e agotador. As diferencias non acababan aquí: as festas remataban no sur o día 16 mentras que en Camariñas recén comenzaban, a súa procesión marítima arrancaba as seis da tarde e nas embarcación tan só subían os familiares e os estrictamente coñecidos, o programa da festa parecía estar pensado para acabar con ela e en canto a sesión vermouth, contaban algúns que ata ben chegados a época adulta non deron en saber o que era esa estrana ilación de palabras. A paixón, a tolería, a electricidade que preñaba o ambiente na súa vila natal dende días antes tampouco se vía por ningún lado e as xentes daquel lugar sureño tomábano todo cun xélido tono oficial: un par de recepcións oficiais, uns pinchos no Fogar do Xubilado, unha misa solemne, unha procesión deserta e listos. Máis que unha festa parecía un funeral.
  • Festa do Carmen de Camelle 2012

    O pobo de Camelle listo para volcarse ca Virxe do CarmeSegue Camarinas.eu implicada cas boas xentes do noso concello no seu vivir diario sen xuzgalas pola súa militancia política nin pola procedencia das mesmas. Agora a caravana festeira da web líder da Costa Atlántica detense na zona máis septentrional das nosas terras, alí onde este fin de semana se honrará por todo o alto á Virxe do Carme. Todo está listo en Camelle para que este venres 3 de agosto de 2012 a orquesta Nova Generación e a disco móvil Landy marquen o inicio dos tres días de festa ininterrumpida que terán o seu clímax cando ao mediodía do sábado a espectacular Danza de Arcos de Camelle entre en acción como prolegómeno á Procesión Maritima, despois xa serán Galilea e Combo Dominicano os que amenicen musicalmente as veladas camellanas. Todo elo para o domingo 5 Grupo Midas poñer o digno telón de fondo a unhas festas ás que, como non podía ser menos, aquí en Camarinas.eu faremos un amplio seguemento e da que publicaremos a súa correspondente galería fotográfica.
  • Vídeos da Festa do Carmen 2012

    Camarinas.eu fai un resumen videográfico do que foi a Festa do Carmen 2012Como aquí en Camarinas.eu non andábamos negociando en escuras guaridas unha sucesión política a cambio de axuda mediática no golpe de estado do Club Náutico, proba evidente da utilización dun partido político para negocios privados, nos días grandes da Festa do Carmen fundímonos na corrente de euforia colectiva que inundaba Camariñas. E ahí estivemos ao carón da nosa xente, protagonistas todos do evento que fai que a todo camariñán digno de tal nome lle ferva o sangue, o corazón lle bombee a 180 pulsacións por minuto, e polo que un da gracias a Deus por estar vivo e na vila da súa alma en tales datas. Elo fi posible gracias ao traballo titánico, ciclópeo, dunha Comisión de Festas que foi insultada e difamada sen descanso por aqueles supervivientes arruinados e fracasados que buscan destruilo todo (tanatorios, plans xerais, clubs náuticos, banderas azuis, comisións de festas, festas do carmen, etc...).
  • Festa do Carmen: Procesión 17 de Xullo

    Martes 17 de xullo marcado novamente pola ausencia misteriosa pero etílica do Boris Yeltsin da Costa da Morte, aquel importante asesor político que tal vez debido aos seus repetidos problemas físicos para ser quen de manter a verticalidade, preferío aforrarnos na data de autos ao igual que o día anterior algúns dos lamentables espectáculos vandálico-borracheriles a que nos ten acostumados últimamente.  Esto acontecía máis ou menos ás mesmas horas nas que se empezaba a tramar a serie ininterrumpida de atentados e sabotaxes que virían a asolar as instalacións do Club Náutico nos días vindeiros. A política de terra queimada que estaba por vir, tal e como aventuraba acertadamente Camarinas.eu en noticia publicada este xoves 19 de xullo. Así, nunha cita vital dentro do calendario camariñán, xunto ás autoridades competentes representaba ao seu partido a actual número dous, a concelleira Ana Méndez, un soplo de aire fresco, un rostro amable e conciliador despois de tantos anos e caras de odio e destrucción. Unha persoa decente entre arribistas e supervivintes arruinados por completo.
  • Festa do Carmen, 16 de xullo 2012 (II)

    A Comisión de Festas e Camarinas.eu, unha colaboración proveitosa e útil para Camariñas

    Imbuidos de cabeza nesta voráxine diaria que nos devora, ao borde dun rescate completo e demoledor que agocha inevitable á volta da esquina, arrastrada polos suelos a imaxe de España como país, aos mandos das diversas administracións públicas o conxunto de políticos máis lamentable de Europa, nembargantes en datas recentes tiveron lugar dous eventos que permitiron aos cidadáns honrados recuperar a confianza en si mesmos alomenos por uns días. O primeiro, a nivel de nación, foi o aplastante, insultante, tan sobrado, triunfo da Selección Española de fútbol na Eurocopa 2012: unha letanía de bandeiras colgadas das ventanas, balcóns, tellados, coches de España que parecían decir orgullosamente "e pese a todo, aquí estamos nós". O segundo, circunscrito aos habitantes dunha pequena vila mariñeira do remoto occidente europeo, foi a celebración por estos da sen dúbidas mellor Festa do Carmen en toda a súa historia. O suceso que permitío aos camariñáns recuperar (no improbable caso de que algunha vez a houberan perdido) a confianza en si mesmos.
  • Festa do Carmen, 16 de xullo 2012 (I)

    16 de Xullo, o día máis importante para as xentes de Camariñas

    As cousas suceden cada ano máis ou menos tal que así: un atópase tranquilamente na mañán do día de autos na súa casa, poñamos por caso lendo un libro, cando tralas rendixas dunha ventana aberta, polo oco do extractor, por debaixo da porta, a través das paredes, por onde sexa, comenza a filtrarse, repetitiva, reiterativa, a música do tiro liro. Asómase un á ventana, obsérvase á Danza de Arcos acompañada por unha multitude enfilar arriba a Avenida Eugenio López, fáiseche unha bola na garganta, bágoas de emoción pugnan por saír dos globos oculares e entón marchas de estampida cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo. Como antes, fixeron tantas e tantas xeracións de antepasados de un, mariñeiros case todos, o peso da tradición que cae sobre ti cos seus miles de toneladas e claro, non che queda outra que facer acto de presencia.
  • Cartel alternativo da Festa do Carmen

    Cartel alternativo que se barallou como apoio á máis grande festa da Costa AtlánticaCada vez queda menos. Aquí en Camarinas.eu xa estamos como motos: non nos chega a camisa ao corpo contando os días que faltan. O Facebook bota fume polos catro costados de camariñáns que andan quentando motores cibernéticamente. Non sabemos o por que pero parece que este ano o electorado está especialmente ansioso e ilusionado co arranque da Festa do Carmen. Tal vez sexa o puñado de orquestas sublimes (Olympus, Panorama, París de Noia, Palladium... o melloriño que pode ofrecer a día de hoxe o panorama musical galego), ou a ilusión que proxecta o seu orzamento, o maior de tódolos tempos, tal vez sexan os cinco días de festa ininterrumpida, ou a celebración do 1º Mercado Medieval Mariñeiro da historia de Camariñas, quen sabe. Ao mellor resulta que é pola crise: acostumados ao carrusel de malas noticias, á sensación de vivir ao borde da apocalipse un día sí e outro tamén, víctimas involuntarias dos despropósitos continuados, perpetuos, da casta política de diversas cores pero idéntica corrupción e  ineptitude que leva gobernando esta España dos nosos pecados dende hai xa uns cantos anos, as boas xentes busquen uns días sinalados para olvidarse de todo e gozar. Sinxelamente gozar.
  • Cartel da Festa do Carmen 2012

    Comenza a conta atrás para a máis grande festa do arco atlántico

    Cando estamos a pouco máis de mes e medio para o comenzo da Festa do Carme, no que xa constitúe unha tradición, Camarinas.eu procede a publicar en rigurosa exclusiva o cartel da máis grande festa do arco atlántico, alomenos para un camariñán. Un programa de actuacións realmente espectacular, completo a máis non poder, e que ao decir dos entendidos presenta o mellor plantel de orquestas que a día de hoxe se poden atopar no panorama galego (París de Noia, Olympus, Ciclón, Panorama, Palladium, etc...). Todo elo débese ao traballo infatigable, serio e eficaz que dende hai un ano ven desempeñando de modo exemplar a Comisión de Festas, comandada polos nosos queridos amigos Rubén e Luis dos Cabalos, os cales restando tempo ao lecer, á familia, mediante a celebración de ceas, bingos, campeonatos de truco, etc... conseguiron facer posible o soño de contar ca mellor das festas. A elo, como é habitual, hai que sumar a colaboración desinteresada de Diego Alonso Freire no diseño dun cartel á altura do contido do mesmo: a suma do esforzo duns poucos redunda no beneficio xeral de tódolos camariñáns. E así, cando o sábado 14 de xullo, neses mesmos intres en que os fastos do día nacional de Francia estén dando as súas últimas boqueadas, un pouco máis ao sur, nunha remota vila da Costa da Morte, comenza outro evento que non desmerece en absoluto ao anterior: ¡¡a mellor festa do mundo!!