• 250 persoas na Cena do Carmen de Camarinas 2008

    Estaban os organizadores desta cea moi nerviosos e é que non era para menos. Poucas veces se organizara un evento semellante para financiar as festas máis grandes do Concello de Camariñas. Pero este ano todo é distinto porque a esta idea hai que sumarlle a iniciativa de camarinas.eu de donar todo o diñeiro recaudado en publicidade á comisión de festas. Por iso parece que este ano todos imos de cabeza para organizar as mellores Festas do Carmen posibles. Pulsa na foto para ver un video e unha ampla galería con máis de 100 fotos do evento. A cena baile comezou pasadas as 9 e media da noite e discorreu nun clima de festa e ledicia ata pasadas as 3 da mañán onde aínda se podían ver aos últimos mohicanos pegándolle o bailoteo postrero. O Grupo Latinos, composto por catro viejas glorias da música pachanguera, fixo que a xente non poidera parar de bailar. Os meneos cadenciosos que alí se viron hipnotizaron a un redactor que non volveu a ser o mesmo no que restaba de noite.