• II Festa da Zorza de Camariñas: Máis de 500 racións vendidas na Festa da Zorza

    Como era de preveer confirmouse de maneira rotunda o éxito desa inxeniosa iniciativa da Comisión das Festas do Carme chamada Festa da Zorza e que neste 2010 cumpría a  súa segunda edición. Sen dúbidas, dentro do conxunto de ideas postas en marcha ao longo destes últimos anos para tratar de diseñar un programa de actividades paralelo que complemente e impulse á vital e imprescindible Mostra do Encaixe, esta foi a máis exitosa. Iniciativa surxida da xuventude camariñana representada pola Comisión máis xoven que se recorde e tamén a máis animosa e decidida. Porque dende as 19:00 deste sábado 3 de abril puxéronse a carrexar de forma inxente ata 500 racións deste manxar humilde a un público voraz e afameado. Camarinas.eu mandou un destacamento comandado por un experimentado gourmet como Luis Esteiro Ramos cara ás 22:00 cando o epicentro do furacán gastronómico que invadío a Praza do Mercado xa era calmado para poder degustar sen apreturas, con calma e fruición, dun auténtico bocati di cardinale. Preparado sabia e concienzudamente polas expertas mans culinarias dos membros da Comisión e servido por outras mans, delicadas e fermosas, dunha das maiores belezas de Camariñas, a nosa querida Maytiña ¿Qué más se puede pedir?