• Novo éxito da Festa da Palilleira en Camariñas

    Despois de transcorridas varias xornadas dende a celebración da Festa da Palilleira de Camariñas, estamos xa en condicións de facer unha pequena valoración sobre o acontecido na xornada deste sábado 8 de decembro. Máis de 500 palilleiras de moitos puntos de toda España déronse cita no Pavillón O areal de Camariñas para asistir a este encontro. Ademáis, deste importante número de artesáns, hai que contar a familiares e amigos que se trasladaron para acompañalas ata Camariñas e descobrir o noso fantástico pobo. Unha avalancha de visitantes que fixo mella sobretodo na hostalaría local abarrotando en moitos casos os restaurantes, bares e hoteles tanto da Vila das Palilleiras como do resto das localidades do concello. 
  • Este sábado 8 de decembro Festa da Palilleira en Camariñas, a terra das palilleiras

    A VII da Festa da Palilleira de Camariñas de mañá, sábado 8 de decembro, promete ser un auténtico éxito. Nesta edición, espérase unha gran afluencia de artesás, procedentes, non só de toda Galicia, senón tamén do resto de España.
  • O Encaixe de Camariñas celebra a VI Festa da Palilleira

    O próximo 9 de decembro as palilleiras de Camariñas clebrarán o seu Encontro anual con artesanas do resto de Galicia e de España. Os “Encontros” son eventos festivos onde se transmiten coñecementos e técnicas, onde se reencontran vellas amigas do mundo do encaixe, onde se descubren as novas tendencias neste mundo tan tradicional e ao mesmo tempo tan innovador e futurista, e serve como pistoletazo de saída dunha nova edición da Mostra do Encaixe de Camariñas.
  • Desfile de modelos da Festa da Palilleira

    As modelos camariñanas reivindicaron a súa beleza no desfile da 4ª Festa da Palilleira

    Está sendo pródigo este fin de ano 2011 no que se refire a iniciativas acertadas por parte do Concello de Camariñas. Un concello que ven de realizar hai unhas semanas a exitosa cuarta edición da Festa da Palilleira e que este ano aglutinou a unha cantidade record de artesanas e artesanos dentro do pavillón municipal O Areal de Camariñas. Caseque 600 palilleiras de tódolos recunchos de Galicia se deran cita para reunirse entre colegas do mesma afición. Pero o que foi sen dúbida o éxito e o acerto máis inesperado da 4ª Festa da Palilleira foi a inesperada celebración do desfile de modelos por parte de rapazas camariñanas que daban os seus primeiros pasos nunha pasarela. Todas as nosas nenas fixeron un desfile espectacular destacando entre as máis aplaudidas e laureadas as máis pequenas que luciron vestidos de comunión e de calle con encaixes bordados nas súas telas. Entre as maiores pudemos comprobar a soltura dunha rapza de Camariñas chamada Paula Garrote encima da pasarela acompañada de Maytiña, Noelia, Estela, Montse e un espectacular Ignacio de Camelle. Para decidir cal destas modelos Camariñanas foi a máis carismática dentro da pasarela, Camarinas.eu publica unha enquisa para decidir cal destas preciosas modelos tería opcións para competir coas modelos nun desfile na próxima Mostra do Encaixe.  En fin, a iniciativa que se desenrolara hai 4 anos nas mans de Sergio Caamaño consolídase nesta cuarta edición da man da concelleira Sandra Ínsua Rial como a concentración de palillieras máis importante de Galicia. Camarinas.eu estivo presente nesta edición e ofrece aos nosos usuarios e lectores unha galería non menos espectacular con máis de 250 fotos do acontecido neste desfile.
  • 577 palillieras na Festa da Palilleira 2011 de Camariñas

    Espectacular a acollida que tivo esta edición da Festa da Palilliera celebrada no Pavillón Muncipal de Camariñas. Caseque 600 palilleiras de toda Galicia déronse cita no pobo que foi, é e debe de seguir sendo o centro natural do encaixe mundial. Como moitos de vos intuides estamos a falar de Camariñas, o auténtico berce desta antiga tradición en Galicia que con iniciativas coma esta de seguro que se conseguirán moitos máis logros e afianzarase a nosa artesanía aínda máis no resto de España e Europa. O caso é que con unha ponte tan larga e un tempo tan inestable nos non tiñamos moitas espectativas de trunfo con esta festa, pero foi chegar ao pavillón e xa se esvaeceron as dúbidas con tanta xente que alí se concentraba. Como decíamos ao principio da noticia foron caseque 600 palilleiras e un bo puñado de expositores que fai desta Festa da Palilliera unha estupenda antesala da Mostra do Encaixe que, ainda que supoñemos que recibirá moitas menos subvencións que outros anos, augura moitos éxitos. Ao final desta xornada celebrouse un desfile de moda no que as modelos eran nin máis nin menos que un grupo de rapazas do noso pobo. Pero esto mostrarémovolo noutra noticia especial que adicaremos a este desfile con máis de 200 fotos. De momento deixámosvos con outra supergalería fotográfica do que aconteceu este sábado 10 de decembro en Camariñas: A capital mundial do Encaixe.
  • IV Festa da Palilleira de Camariñas

    Cartel da IV Festa da Palilleira en Camariñas

    O Concello de Camariñas celebra hoxe sábado no Pavillón Municipal O Areal a cuarta edición da Festa da Palilleira. Unha edición con interesantes novidades con respecto a outras pasadas e cunha afluencia de palilleiras que ronda as 500 participantes. Camarinas.eu estará nesta importante cita da artesanía galega e antesala da que será a próxima Mostra do Encaixe de Camariñas que se celebrará, coma sempre, na Semana Santa de 2012.
  • IV Festa da Palilleira

    Cartel da VI Festa da PalilleiraIV Festa da Palilleira que terá lugar o sábado, día 10 de decembro, no pavillón municipal de Camariñas; axuntamos  ficha de inscrición para tódalas palilleiras que estean interesadas en participar.Durante a celebración terán lugar actuacións folclóricas en horario de maña e tarde. As/os modelos participantes no desfile serán voluntarios/as do Concello de Camariñas, achegamos ficha de inscrición. Pasarán prendas realizadas, con Encaixe de Camariñas, por firmas colaboradoras coa Mostra do Encaixe.

     

  • III Festa da Palilleira de Camariñas

    Comparada cos resultados un tanto desastrosos que caracterizaron a edición anterior (inmisericorde actuación dun clima atroz incluida), cabe xulgar de forma bastante positiva a III Edición da Festa da Palilleira desenrolada na Vila de Camariñas nun só día este sábado 21 de agosto de 2010. Dictame favorable tanto en canto ao formato elexido para o seu desenrolo, como en relación a paraxe acotada para a súa instalación. Organizada dunha forma bastante máis modesta que edicións anteriores, sen grandes propagandas nin costosas publicidades, sen grandes nomes da política atraídos polo aquel de cortar unha cinta inaugural, a edición do 2010 sinalou ao noso humilde e limitado saber e entender o camiño que deberían seguir edición vindeiras dun certame de artesanía que non debe deixar de organizarse.
  • Video especial dos Humoristas de Camelle na Festa da Palilleira 2009

    A comisión de festas de Camelle patroneada por Perla hai uns días que levan vendendo un DVD de video moi especial para recadar fondos para as próximas festas camellanas. Neste DVD está recollido todo a xenialidade que tivo un pequeno pobo mariñeiro coma Camelle ao inventar e improvisar unha espectacular obra teatral mentras trascorría a Festa da Palilleira organizada por esta impresionante comisión de festas. Neste acto colaboraron máis de 100 veciños da vila norteña do noso concello así como tódolos integrantes da comisión e coa colaboración especial dun atónito Marcial Mouzo que coma o cámara que grababa as imaxes, non daban creto a toda esta xenialidade... o caso é que dentro desta noticia presentámosbos a todos os usuarios de camarinas.eu en exclusiva un pequeno recorte de 6 minutos  (o video orixinal dura caseque dúas horas) da delirante escena protagonizada por Marcial Mouzo e dous destes actores improvisados pero case profesionais que formaron parte deste espectacular teatro callejero camellán.
  • Festa do Sacramento de Camelle 2009

    Pois para ser a primeira vez, hai que decir que este fin de semana inicial do setembro do 2009 no que en Camelle fixeron coincidir a 1ª Xuntanza das Palilleiras e a Festa do Sacramento foi en éxito total, tal e como pudo comprobar camarinas.eu  en dúas xornadas intensivas de sábado e domingo adicadas á nosa querida vila norteña. Na xornada sabatina co arte en vivo das mulleres camellanas animado polo bo facer xornalístico do noso amigo Marcial Mouzo e cunha discoteca móvil que levou o ritmo polas rúas ata altas horas da madrugada. O domingo cunha impresionante misa e procesión, ca actuación da orquesta Jocker e cun partido entre solteiros e casados que enchío de sorrintes aficcionados o Paseo Marítimo Camellán. Pulsa na imaxe  para ver unha galeria de 125 fotografías do que dou de si a Festa do Sacramento 2009 en Camelle: o territorio das grandes iniciativas ciudadanas.
  • Ganadoras del concurso de Encaixe de Camariñas en la I Festa da Palilleira

    Los organizadores de la II Festa da Palilleira: Concello de Camariñas, Asociación de empresarios y promoción turística de Camariñas así como las dos Asociaciones de encajeras: Rendas y Palillada, dan a conocer las ganadoras del I Concurso de Encaje de Camariñas.
  • Festa da Palilleira de Camarinas 2009

    Na tarde do domingo 2 de agosto, en pleno Paseo Marítimo, poñíase o peche á 2ª edición da Festa da Palilleira e alí estaba acompañando ás nosas palilleiras camarinas.eu, a web dotada do don da ubicuidade no fin de semana máis intenso do que vai de ano no Concello de Camariñas. Cun certo déficit de público debido a un clima que obrigou a trasladar o operativo ao local da Marina no tarde do sábado e tal vez pola data elexida, un fin de semana a cabalo entre os turistas do mes de xullo e os de agosto, esta edición ven marcada polo concurso que coronou como Raíña do Encaixe camariñán á xove Lara Pasantes Campaña, que cunha composición en encaixe que reproducía o logo da Empresa Cerdeiras no seu 125 aniversario levouse os 800 euros cos que estaba dotado o 1º Premio.
  • Festa da Palilleira de Camarinas 2009

    Ás 12 da mañán deste 31 de xullo quedou inaugurada oficialmente a 2ª edición da Festa da Palilleira
    Ás 12 da mañán deste 31 de xullo quedou inaugurada oficialmente a 2ª edición da Festa da Palilleira

    Inauguración oficial da 2ª Festa da Palilleira

    Pasadas as 12 do mediodía e instantes despois de que se gardase ás portas do Concello por políticos e persoal municipal un minuto de silencio polo atentado terrorista que na tarde deste xoves tivo lugar en Palma de Mallorca, inaugurábase oficialmente cun discurso do Alcalde a 2ª Edición da Festa da Palilleira de Camariñas que se desenvolverá durante este fin de semana e que trae consigo como principal novidade o 1º Concurso de Encaixe de Camariñas con suculentos premios. Entre os visitantes que se achegaron pola Praza da Insuela esta mañán estaba un vello coñecido de camarinas.eu, cuio futuro político e dotes fotoxénicas xa parecío intuir esta web con motivo da viaxe realizada polo mesmo un 5 de decembro de 2008 á nosa vila cando aínda era Conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia: Manuel "Pachi" Vázquez, sustituto de Emilio Pérez Touriño e Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, que está  a pasar no Hotel Rústico Puerto Arnela uns días de lecer.

  • Festa da Palilleira 2009

    Todo listo para a segunda Festa da Palilleira

    A colaboración con asociacións e empresas, pretende ser a clave desta Segunda Festa da Palilleira
    A colaboración con asociacións e empresas, pretende ser a clave desta Segunda Festa da Palilleira

    Foi o ano pasado cando no segundo fin de semana de agosto do 2008 daba os seus primeiros pasos unha criatura que nacía ca intención de perpetuarse no tempo e que adolecía dun certo carácter experimental.  Tratábase da Festa da Palilleira, feira de artesanía pensada como complemento veraniego indispensable da Mostra do Encaixe e que nos días do 31 de xullo, 1 e 2 de agosto  do 2009 celebrará a súa 2ª edición, máis elaborada ca anterior e onde se aprecia que foi buscada a colaboración cunha serie de asociacións e empresas do noso Concello. Naqueles días de agosto de 2008, camarinas.eu, a web que triunfa no mundo cibernético cun desinterés económico sorprendente (e suicida), estivo presente a través das súas redactoras gráficas, unhas damas que daban os seus pasos iniciáticos no implacable mundo do xornalismo internacional. Pulsa na imaxe para rememorar aqueles tempos.

  • Festa da Palilleira en Camarinas

    Fin de semana palilleiro

    Xóvenes palilleiras pretenden perpetuar un arte milenario no tempo
    Xóvenes palilleiras pretenden perpetuar un arte milenario no tempo

    Nova reportaxe da dupla diabólica de camarinas.eu. Non, non se trata da formada por Zhúkov-Diego Alonso. Nin da mítica e primixenia entre os dianteiros da selección brasileña de fútbol Bebeto-Romario. Senón moitísima máis perigosa: unha dupla que deixa un regueiro de corazóns destrozados alá por onde pasa. Trátase da dupla formada polas espléndidas e espectaculares redactoras de camarinas.eu Adry e Lucía, as cales este venres 8 de agosto cubriron a apertura da Festa da Palilleira e acompañaron ás nosas veteranas mulleres palilleiras a un xantar de luxo que tivo lugar en Aldea Madeira. Pulsa na imaxe para ver en acción xornalística ás dúas redactoras máis cremosas da Costa da Morte.