• Cartagena 1 - 1 Baza, outra oportunidade perdida

    Este domingo Juanillo retorna aos campos de fútbol

    Este fin de semana o Cartagena de Juanillo non puido pasar do empate ante o Baza
    Este fin de semana o Cartagena de Juanillo non puido pasar do empate ante o Baza

    Nova pifiada e xa van non sei cantas esta temporada. Empate a un jol diante do Baza, que está luchando por salvar a catejoria e eso que no minuto 2 de partido xa janábamos por 1-0. Volvemos a pecar de injenuos e cando faltaban 10 minutos pítannos un penalty de risa e empátannos o partido. De nada nos sirve que os demais rivales directos perdan porque non o aproveitamos, si chejamos a janar estes 2 partidos últimos que xojamos na casa estariamos xa entre os 4 primeiros, pero non o estamos meresendo e creo que xa toca pensar na próxima temporada eso que recortamos 1 punto, ahora estamos a 5 puntos do cuarto o cal nos enfrentamos o próximo domingo e si non hai ningún contratempo xojarei despois de 5 semanas vendo os partidos desde a jrada. O fútbol eche así e os partidos que tes janados pois pérdelos en 3 minutos de descuento por non haber sentensiado antes.

    Espero que este semana vaia todo como hasta ahora porque xa estón entrenando con todos e o domingo espero xojar despois de tanto tempo.

    Xa vos contarei como fui todo.
    un saludo a todos e todas 

  • Cartagena 1 - 2 Melilla

    Final de partido dramático

    A lesión de Juanillo, letal para as aspiracións do Cartagena
    A lesión de Juanillo, letal para as aspiracións do Cartagena

    Xornada para olvidar e que tristemente fainos desir adios ás opsións de promosión salvo que ocurra un milajro, e eso que os resultados axudáronnos,o cuarto clasificado perdio e témolo a 6 puntos ijual,pero xa queda unha jornada menos.
    Bo partido o que fixemos onte, pero si non o vexo non o creo!!!, marcamos o 1-0 no minuto 82 e xa nos viamos ca victoria na man, pois fallamos un montón de ocasións pero finalmente consejimos un joliño e o Melilla nainda non pasara do medio do campo,cumplíase o minuto 90 e o árbitro daba 5 minutos de descuento,pois no minuto 93 o melilla empátanos e o peor ainda estaba por vir,no 95 métenos o sejundo jol e o árbitro non nos deixou nin siquera sacar do medio. Din que a jrandesa do fútbol é esa, mirade o que lle pasou o Getafe, pero o de onte fui increible. Así é o fútbol e non lle hai que faser.
    Eu hoxe empesei a tocar balón e espero este fin de semana poder chejar a tempo para estar disponible e poder xojar, a ver como von evolusionando estes dias e xa veremos o que pasa. Un saludo a todos.
  • Ecija 2 - 0 Cartagena

    O Cartagena bota de menos a Juanillo

    Esperemos que Juanillo volva pronto para encauzar ao Cartagena cara o triunfo
    Esperemos que Juanillo volva pronto para encauzar ao Cartagena cara o triunfo

    Mala jornada a deste domingo. Perdemos 2-0 na casa do lider, o Ecija, e alejámonos 3 puntos máis da lijilla de ascenso. Ahora mismo estamos a 6 puntos. Ahora temos 2 partidos na casa sejidos que son vitales para nos, temos que consejir janar os dous porque os de arriba enfréntanse entre eles. Resibimos o Melilla e o Baeza, espero que para o partido do Baeza poder xojar. Mañan xa correrei un pouco e a finales de semana espero empesar a tocar balón. Non podemos fallar mais, e a partir de ahora solo nos vale janar e janar. Un saludo a todos.

  • Cartagena 0 - 0 Puertollano

    A liguilla aínda terá que esperar

    O Cartagena de Juanillo empata co Puertollano
    O Cartagena de Juanillo empata co Puertollano

    Mal resultado esta semana o que sacamos na casa diante dun ultra defensivo Puertollano que puxo o autobús na sua portería. Fallamos muitas ocasións e eso Ó final pajámolo. Incluso durante os ultimos 10 minutos xogaron con 9 homes xa que lles expulsaron a 2 xogadores e nin contra 9 fomos capases de janar. De todas formas acortamos un punto o 4º clasificado e xa estamos a só 3 puntos da promosión de ascenso. Polo que a min respecta, xa empesei hoxe a doblar a rodilla e xa falta menos para volver, non me dan pasado os dias, como desimos por Camariñas ¡¡morro co visio!!. Jornada clave a do próximo fin de semana na que nos enfrentamos o líder Ecija, unha victoria alí sería importantísima, pero deso falaremos a semana que ven. Un saludo a todos.

  • Linares 1 - 3 Cartagena

    Xesta na casa do líder

    Con esta nova victoria, a liguilla está a so 3 puntos para o Cartagena
    Con esta nova victoria, a liguilla está a so 3 puntos para o Cartagena

    Xornada perfecta para o Cartagena. Non me puxeron de menos nin de coña: 1-3 na casa do lider Linares e con goles que si meten os de primeira division salen na tele tódolos dias. O meu compañeiro Rocha imitoume e metio un gol desde o medio do campo, era o 1-3, pero antes Carmona nunha falta directa desde 30 metros metio o balón por toda a escuadra. Todavia estamos a 3 puntos da liguilla, pero para a semana que ven enfrentanse os 4 primeiros entre eles e nos resibimos o Puertollano, e si se dan os resultados xa nos podemos meter en liguilla. A min ainda me quen outros 8 dias de escayola e despois empesar pouco a pouco a correr, xa teño o mono, pero eche o que hai. Un saludo a todos.

  • Real Betis B 0 - 1 Cartagena

    A liguilla de ascenso a tan só 2 puntos

    O filial do equipo verdibranco foi a cuarta víctima consecutiva en caer
    O filial do equipo verdibranco foi a cuarta víctima consecutiva en caer

    O Cartagena de Juanillo segue imparable e nesta xornada voltou a gañar pola mínima nun feudo de primer nivel como o Estadio Manuel Ruiz de Lopera, nome do mítico e tronado presidente verdibranco. Unha gran afición ten o equipo sevillano pero nada puido facer ante a apisonadora futbolística na que se converteu o equipo comandado por un lateral esquerdo de Camariñas todo calidade e garra. Os aficcionados do club de Heliópolis só lles quedou o consuelo de berrar: ¡Viva er Beti manque pierda! Pois si, efectivamente perdío.

  • Cartagena 1 - Portuense 0

    A Segunda División A máis cerca

    Terceira victoria consecutiva do Cartagena permítelle mirar cara o ascenso
    Terceira victoria consecutiva do Cartagena permítelle mirar cara o ascenso

    O Cartagena de Juan Cabrejo, Juanillo, dou un novo e importante paso para facer realidade o soño de ascender á Segunda División A cunha traballada victoria sobre o Portuense, o equipo de El Puerto de Santa María, nesta última xornada vixesimoséptima de liga que coloca ao equipo cartagenero a cinco puntos da tan desexada liguilla de ascenso. Como anécdota, sinalar que o porteiro do Portuense era o mítico porteiro africano Wilfred, antigo gardamallas do Rayo Vallecano, o cal debe de andar polos 40 anos como mínimo.

  • Seguimento semanal ao Cartagena de Juanillo

    A nova sección de Juanillo en camarinas.eu

    O rival abatido esta semana o Marbella, víctima do Cartagena de Juanillo
    O rival abatido esta semana o Marbella, víctima do Cartagena de Juanillo

    camarinas.eu hónrase de presentar a todos os seus lectores a nova sección de deportes que comandará Juan Cabrejo, Juanillo, "O Mago de Corea" o cal en dous artigos semanais analizará os sábados aos rivais do Cartagena e os luns fará unha crónica do acontecido no partido do novo equipo dos amores de camarinas.eu, o Cartagena, ao que todos temos que axudar a subir para poder ver a Juanillo xogando outra vez na 2ª División A. Debido aos problemas técnicos que tivo a redacción esta semana, procedemos a publicar hoxe martes os dous artigos enviados polo mellor futbolista de tódolos tempos da Costa da Morte.

  • Juan Cabrejo "Juanillo", 32 anos, futbolista do Cartagena

    Chega a hora de que camarinas.eu lle renda unha homenaxe ao mellor futbolista que nunca saío da Costa da Morte: Juan Manuel Cabrejo Pasantes "Juanillo". Moitas foron as solicitudes que recibío esta redacción para adicarlle este Top Camariñas a Juanillo, pero nos quixemos esperar á data indicada, e así hoxe, os astros aliáronse con camarinas.eu e esta homenaxe chega xusto despois de que onte Juanillo lograra o posiblemente mellor gol da súa carreira: un zurdazo desde o medio do campo contra o Mazarrón na Segunda División B española. Esta redacción quere adicarlle esta reportaxe, e espera sinceiramente que lles guste, a Gelinita e Juan do Penedo, donos do Bar Arnela e pais de Juanillo, como mostra de cariño, respeto e admiración.