• Leganes 1 - 2 Cartagena

    Camarinas.eu, en horas baixas...

    Image

    Queridos amigos, lectores e usuarios de camarinas.eu queremos darvos as gracias por seguir ahí na páxina aínda que non vexades noticias frescas nin nada polo estilo. Todos sabedes que esta web faise realidade gracias a dous redactores (Marcos e Diego) que moitas veces teñen que perder de traballar, perder amigos ou perder a honra para informarvos de todo canto pasa en Camariñas e o seu concello coa axuda de 3 ou 4 sufridos redactores e sempre ca complicidade dos máis de 1600 usuarios e 6000 visitas ao día e case que 3.000.000 millóns de visitas en un ano e medio (todos podedes velos no foro). Bueno, o caso é que esta web non está financiada por ningún partido político e que os integrantes da redacción non teñen intereses politicastros como outros (¿imaginádesvos que o redactor jefe da Voz de Galicia fora o numero dous do PP? Vaia independencia que tería ese periódico. ¡Si señor!). O caso é que non todo o mundo é tan facilemente engañable. Polo menos nós non o somos. O noso traballo en camarinas.eu é feito de corazón, sin segundas intencións e de cara a cara e sempre sin intereses políticos e polo ben do noso concello. Non queremos caer ben a nadie cunha noticia por conseguir un mísero traballiño.

    Pois si amigos, como estamos en reflexión, decidimos que esta semaniña acabe como empezou: co cumpreanos dunha rapaciña inocente a cal si que o merece todo. Outra vez dicímosche Martiña "Felicidades" e non nos importa que nos chame algún que outro retrasado "a páxina salsa rosa". Vale a pena ser así polo ben do pueblo e de rapaces como Martiña e non estar a chupar cus todo o tempo para merecer un traballiño (digoo outra vez, si).

    P.D: Quero persoalmente no meu nome (Diego Alonso Freire) pedir perdón expresamente ao noso Juanillo por meter esta parrafada na que debería de ser a súa sección. Perdón Juanillo, pero estamos en horas baixas..

  • A xornada de Juanillo: Sta Brigida 1-1 Cartagena

    Chegou o queso prometido polos usuarios de Puertollano

    El Tío Diekt, versión experimentado gourmet,  cortando rodaxas do mellor queixo manchego
    El Tío Diekt, versión experimentado gourmet, cortando rodaxas do mellor queixo manchego

    Como bos manchegos que son, os nosos queridos usuarios de Puertollano, hinchas do Cartagena e amigos de Juanillo, decidiron unir fútbol e gastronomía recordando ao mellor equipo da historia da Comunidade de Castilla-La Mancha: aquel gran Albacete Balompié, dirixido dende os banquillos por Benito Floro e que durante varias temporadas se codeou cos mellores equipos do panorama nacional, sendo chamado por elo "El Queso Mecánico" en honor á Holanda de Johann Cruyff do Mundial de 1974, bautizada como "La Naranja Mecánica" polo seu gran xogo. Por eso, regaláronlle a toda a afameada parroquia do Café Bar Arnela un impresionante queixo manchego de ovella que foi vorazmente devorado nun zapatazo. Pulsa na montaxe para ver as fotos da degustación e ler a nova crónica que nos envía Juanillo.

  • A xornada de Juanillo: Cartagena 2 - 2 Merida

    Reencontro cos vellos amigos

    Tres redactores de camarinas.eu reencontráronse este domingo no Arnela: Juanillo, Diego e Marcos
    Tres redactores de camarinas.eu reencontráronse este domingo no Arnela: Juanillo, Diego e Marcos

    Claro que si home. Ser redactor de camarinas.eu non sólo implica ter a maior pantalla publicitaria da provincia da Coruña se non que significa unha responsabilidade co teu pobo, ca túa xente, ca xente humilde e traballadora de Camariñas que non quere entender de faldedades e non se poñe nestes verengenales sólo por buscarse un hoco na política ou por facerse un pouco famoso.

    Tal é o caso de Juanilo: o mellor xogador de fútbol que dou esta nosa desdichada Costa da Morte e que volveu este domingo 22 de decembro á súa terra coa súa xente ao bar dos seus pais, o Arnela, para pasar uns días de descanso despois de conseguir nen máis nen menos que o mesmísimo liderato da Segunda División B española deste lamentabilísimo e pésimo ano 2008 que, se ningén o evita, desaparecerá das nosas ridículas vidas coma o ronsel dunha gameliña de dúas popas entrando por debaixo do famoso puente xaponés do noso querido poso do muelle (que tanta complicidade podre e bo rollo existe agora, ¿verdad? Xa veremos as puñaladas que se darán nas eleccións municipais ou en algún próximo pleno uns a outros...vai a ser unha risa e camarinas.eu estará aquí para contárvolo desde a neutralidade e a independencia e sempre polo ben de Camariñas, non dunhas siglas). Pulsa na imaxe dos catro amigos reencontrados para ler a crónica de Juanillo "O Mago de Corea" sobre o último partido que xogou o noso F.C. Cartagena deste ano 2008 contra o Mérida.

  • A xornada de Juanillo: Fuerteventura 0 - 2 Cartagena

    O Cartagena gaña nas Canarias ao Fuerteventura

    Juanillo e Sefa no campo do Fuerteventura antes de comezar o partido
    Juanillo e Sefa no campo do Fuerteventura antes de comezar o partido

    Este domingo pasado xogábase en Fuerteventura un partido da Segunda División B española onde se enfrontaba o Cartagena do noso Juanillo contra o Fuerteventura. Neste viaxe Juanillo puido encontrarse coa súa tía Sefa (Rubiasexy) a redactora multimedia de camarinas.eu e con ela estivo na súa casa situada no sur de Fuerteventura, concretamente en Costa Calma, lugar onde o noso director Diego Alonso pasou uns sufrimientos propios dun esclavo exipcio cando estaba a traballar na construcción alá polo ano 1996 en pleno auxe inmobiliario que tantos e tantos camariñáns levou cara ás illas afortunadas. Pulsa na foto para ver a noticia que o redactor deportivo de camarinas.eu escribe para vos e ver as fotos que a redactora multimedia RubiaSexy inmortalizou da visita do seu sobriño ás Canarias.

  • A xornada de Juanillo: Cartagena 1 - 0 Real Madrid B Castilla

    O Cartagena do Mago de Corea Líder da 2ª División B

    Juan Cabrejo, un camariñán que triunfa alá onde vai: Juanillo xa ten a súa propia Peña
    Juan Cabrejo, un camariñán que triunfa alá onde vai: Juanillo xa ten a súa propia Peña

    camarinas.eu sempre atenta a innovar constantemente, firma con ocasión da sección semanal do noso redactor de deportes Juan Cabrejo, unha reportaxe nin máis nin menos que a tres bandas: o Bar Cachemir, sede da Peña "Mago de Corea" constituida en honor ao mellor futbolista da historia da Costa da Morte; o Estadio Cartagonova, onde o Cartagena vencía nun partido moi disputado ao filial do Real Madrid; e finalmente o Café Bar Arnela, onde a redacción de camarinas.eu puido seguir atentamente as evolucións de Juanillo neste partido no que estaba en xogo o liderato do Grupo IV da Segunda División B e do que saío vencedor o equipo cartaxenero. Pulsa na imaxe para ver as fotos dunha reportaxe en tres frentes.

  • A xornada de Juanillo: Alcorcon 3 - Cartagena 2

    Atraco en Alcorcón con monumental tangana

    Imaxe do encontro que enfrentou ao Alcorcón contra o Cartagena de Juanillo (LaVerdad.es)
    Imaxe do encontro que enfrentou ao Alcorcón contra o Cartagena de Juanillo (LaVerdad.es)

    Increible o disgusto que levamos este domingo cando estabamos no Café Bar Arnela vendo o partido que enfrentaba ao Alcorcón contra o FC Cartagena do noso Juanillo. O caso é que o Cartagena estaba a gañar o partido na casa do Alcorcón cando, debido a un terrible erro arbitral o equipo local consigue empatar no minuto 92 marcando un gol con dous xogadores en claro fora de xogo.Eso non foi todo porque un minuto despois, tras un grave erro dun xogador da zaga do "Efesé" o Alcorcón marcou o definitivo 3 - 2.

    Pero o que máis nos asustou foi cando no final do partido o entrenador do equipo local (un tal Anquela que perdera por completo os papeles) quixo agredir a Juanillo producíndose unha gran tangana que afortunadamente non pasou a maiores. Desde camarinas.eu queremos dar ánimos a todo o noso equipo de Cartagena e especialmente a Juanillo que exerceu de capitán neste último partido para o crucial encontro contra o Real Madrid B. ¡Adiante Cartagena! ¡Forza Juanillo! Pulsa na imaxe para ver o artigo que nos manda Juan Cabrejo desde Cartagena.

  • A xornada de Juanillo: Cartagena 3 - 0 Aguilas

    Vibramos co Cartagena de Juanillo no Arnela

    Juan do Penedo, outro número sete lexendario, observa atentamente o partido do Cartagena
    Juan do Penedo, outro número sete lexendario, observa atentamente o partido do Cartagena

    Este domingo xuntámonos os incondicionales do posiblemente mellor xogador da historia do fútbol da Costa da Morte no Café Bar Arnela para presenciar en directo o partido que enfrentaba ao FC Cartagena co Águilas. Gracias ás diabluras informáticas do noso querido amigo Nel, puidemos observar pola pantalla xigante do Arnela como Juanillo xogou o partido enteiro e das súas botas saío un dos centros que acabou no terceiro e definitivo 3-0 a favor do noso equipo de Cartagena. Pulsa na imaxe para ler a noticia que nos manda Juanillo "O Mago de Corea".

  • A xornada de Juanillo: Lorca 1 - 1 Cartagena

    Un empate na casa dun rival directo

    Imaxe do partido entre o Lorca e o Cartagena no momento en que Juanillo celebra cos seus o gol do empate
    Imaxe do partido entre o Lorca e o Cartagena no momento en que Juanillo celebra cos seus o gol do empate

    Como é habitual os luns o noso querido e adorado redactor de deportes Juan Cabrejo Pasantes, "O Mago de Corea", mándanos a crónica do partido disputado polo Cartagena, o equipo camariñán que xoga en 2ª División B. Este domingo tocáballe aos de Juanillo medirse a un rival directo e veciño, o Lorca, que lle puxo as cousas moi difíciles ao noso Cartagena xa no primeiro minuto con un gol que deixou descolocados aos nosos. Así e todo antes de rematar a primeira parte o Cartagena logrou o empate. Pulsa na imaxe principal para ler a crónica que Juanillo nos manda desde Cartagena.

  • A Xornada de Juanillo: Cartagena 2-0 Murcia B

    Victoria do Cartagena no derby rexional

    Juanillo celebrando o gol no partido que enfrentou ao Cartagena co Murcia B. Foto: LaVerdad.es
    Juanillo celebrando o gol no partido que enfrentou ao Cartagena co Murcia B. Foto: LaVerdad.es

    Victoria do noso Cartagena frente a un rival directo, o Murcia B no derby rexional da Comunidade Autónoma de Murcia e, ao mesmo tempo derby da Costa da Morte en 2ª División B posto que no Murcia B milita un xogador chamado Borja Facal, un rapaz natural da nosa querida vila de Laxe. Pulsa na foto para ler a crónica do partido que nos manda Juanillo "O Mago de Corea" e onde podedes ler unha dedicatoria especial para o seu amigo Pepucho, entrenador do Porteño que tantos e tan merecidos halagos está a colleitar ultimamente. Un redactor de deportes que nunca falla, parte esencial do 1.500.000 de visitas acadadas pola web líder da Costa Atlántica.

  • A Xornada de Juanillo: Alfaro 0 - 0 Cartagena

    Alfaro 0 - 0 Cartagena

    O Fútbol Club Cartagena vestido coa súa segunda equipación.
    O Fútbol Club Cartagena vestido coa súa segunda equipación.

    Nun partido de condicións climatolóxicas infernales que nunca se debería haber xogado, o equipo oficial de camarinas.eu na 2ªB no que milita e capitanea o noso amigo e redactor de deportes Juan Cabrejo "O Mago de Corea", sacou un empate que sabe a pouco. O caso é que noso querido astro do fútbol camariñán Juanillo pasou máis frío que nunca nun partido onde os cartageneros eran, a priori, moi superiores ao Alfaro. Pulsa na foto do Cartagena para ler a crónica que nos manda o mellor xogador da historia da Costa da Morte: o camariñán Juan Cabrejo, Juanillo.

  • A xornada de Juanillo: Cartagena 1 - 0 Sangonera

    Outra victoria para o Cartagena de Juanillo

    Juanillo nunha imaxe do partido ante o Sangonera. Foto: LaVerdad.es
    Juanillo nunha imaxe do partido ante o Sangonera. Foto: LaVerdad.es

    Unha victoria máis para o equipo que capitanea o futbolero camariñán máis internacional, Juan Cabrejo "Juanillo, o Mago de Corea". Desta vez os de Cartagena superaron a un equipo que aínda non coñecía a derrota nos últimos instantes dun partido difícil e tosco con un gol de Carmona que deixou as cousas no seu lugar. Así, o Cartagena sigue á caza e captura do Real Madrid B. Pulsa na imaxe para ler a crónica que nos manda "O Mago de Corea" desde Cartagena.

  • A xornada de Juanillo: Vecindario 2-2 FC Cartagena

    Semana de celebracións para "O Mago de Corea"

    Juanillo celebra cos cativos da súa Peña os 107 partidos co Cartagena. Imaxe de www.elfaro.es
    Juanillo celebra cos cativos da súa Peña os 107 partidos co Cartagena. Imaxe de www.elfaro.es

    Semana de celebracións para a familia do noso redactor de deportes Juan Cabrejo Pasantes, Juanillo, que vío como na súa Peña do Bar Cachemir de Santa Ana lle facían unha festa para conmemorar os seus 107 partidos co Cartagena e o rotativo "El Faro de Cartagena" (o cal xa chama a Juanillo polo sobrenome "O Mago de Corea") lle facía unha entrevista exclusiva por este motivo; tamén vío como Oscar Molina un dos membros da peña enviaba a esta redacción unha das camisetas que amosábamos a semana pasada para entregarlla persoalmente a Juan do Penedo; e finalmente como estes dous humildes redactores regalaban a Gelinita a portada do Fotos Históricas adicado a esta exemplar nai camariñana. Ademáis, un valioso empate no campo dun equipo que o ano pasado estaba en 2ºA. Unha amplia galería fotográfica de todo o anterior no interior da noticia.

  • A xornada de Juanillo: FC Cartagena 1- 0 Pájara Playas

    Juanillo, O Executor

    Os seguidores de Juanillo e lectores de camarinas.eu confeccionaron estas curiosas camisetas
    Os seguidores de Juanillo e lectores de camarinas.eu confeccionaron estas curiosas camisetas

    Juan Cabrejo Pasantes, posiblemente o mellor xogador de fútbol que se vío corretear polos rueiros da milenaria Vila de Camariñas, volve a cumplir co seu compromiso semanal para que Camariñas teña a mellor páxina-web de toda a Costa da Morte, o referente informativo a seguir. Nesta nova crónica cóntanos como o FC Cartagena volvío á senda da victoria tras gañar nun trabado partido ante o Pájara Playas a través dun solitario penalty executado polo Mago de Corea. Un Juanillo que tal e como amosan as imaxes conta cunha auténtica lexión de seguidores polas terras cartaxeneras. Pulsa na imaxe para ler crónica completa e ver unha galería das fotos enviadas polo redactor de deportes de camarinas.eu.

  • A xornada de Juanillo: Universidad Las Palmas 0-0 FC Cartagena

    Un empate no campo dun dos chamados á liguilla

    Na quinta xornada o Cartagena de Juanillo logrou un valioso empate nun difícil campo
    Na quinta xornada o Cartagena de Juanillo logrou un valioso empate nun difícil campo

    Juanillo, o noso redactor deportivo, mandounos a crónica do partido que xogou o F.C. Cartagena en Las Palmas o venres pasado, pero debido a un lamentable problema de axenda (electrónica, un dos muitos problemas de axenda electrónica desta redacción) olvidóusenos publicar este artigo do noso querido Juanillo. O partido xogado contra o equipo universitario polos compañeiros do capitán camariñán foi moi igualado e incluso na segunda parte tiveron moitas ocasións para irse cos tres puntos para Cartagena pero, como di Juanillo: o caso é non perder o partido en encontros coma este. Pulsa na foto para ver a crónica de Juan Cabrejo "Juanillo", o Mago de Corea.

  • A xornada de Juanillo: Ciudad de Lorqui 0 - FC Cartagena 2

    O mellor dos oitenta equipos de Segunda B

    Imaxe de www.diarioelfaro.es na que o dorsal número sete de Juanillo acude a celebrar un gol.
    Imaxe de www.diarioelfaro.es na que o dorsal número sete de Juanillo acude a celebrar un gol.

    Se neste momento se fixera unha hipotética clasificación cos oitenta equipos que compiten na Segunda División B, o mellor dos mesmos sería o FC Cartagena de Juanillo que conta os seus partidos por victorias. Por eso hoxe 23 de setembro de 2008 que mellor regalo de cumpreanos para Gelinita que publicar unha nova victoria do equipo do seu querido fillo, posiblemente o mellor xogador nunca saído do Concello de Camariñas.  Así esta redacción dedícalle esta noticia a unha das persoas que posiblemente màis fixo nunca por camarinas.eu: María Angeles Pasantes Carril, Gelinita. Pulsa na imaxe para ler a nova crónica do redactor de deportes de camarinas.eu.

  • A xornada de Juanillo: FC Cartagena 1 - 0 Las Palmas B

    Tres partidos, tres victorias para o Cartagena

    O Cartagena, líder en solitario da segunda división B pasou por enriba do Las Palmas B
    O Cartagena, líder en solitario da segunda división B pasou por enriba do Las Palmas B

    Outro fin de semana máis para a esperanza no ascenso do Cartagena de Juanillo. O camariñán, capitán do líder intratable da 2ª División B española mándanos outra crónica do que fui unha victoria cómoda para o noso equipo. Un equipo que este ano fai soñar máis que nunca a unha afición entregada que cada fin de semana enche un pouco máis o campo do F.C. Cartagena. Pulsa na imaxe para ver a crónica que nos manda o redactor deportivo de camarinas.eu: Juan Cabrejo "Juanillo".

  • A xornada de Juanillo: At Madrid B 1 - Cartagena 2

    Líderes da Categoría

    Imaxe de www.laopiniondemurcia.es na que Mena marca o gol da victoria con Juanillo de fondo
    Imaxe de www.laopiniondemurcia.es na que Mena marca o gol da victoria con Juanillo de fondo

    Comenza con forza esta temporada 2008-2009 o Cartagena de Juanillo, e así conta os seus partidos por victorias. Desta volta foi o filial do potente equipo colchoneiro, cos seus maiores xogando na mesmísima Champions League, ao que lle tocou morder o polvo ante un Cartagena que confía que esta temporada sea a do ascenso dun equipo que por potencial, plantilla, ilusión e esforzo merece estar dunha vez na categoría de prata do fútbol español. Pulsa na imaxe para ler a nova crónica que nos envía dende as terras levantinas o redactor deportivo de camarinas.eu Juan Cabrejo, Juanillo.

  • Trofeo Carabela de Plata en Cartagena

    Un penalty... ¡un penalty que olía a victoria!

    Momento no que se lle fai entrega ao capitán do Cartegena, Juanillo, do trofeo Carabela de Plata
    Momento no que se lle fai entrega ao capitán do Cartegena, Juanillo, do trofeo Carabela de Plata

    Volve a sección do redactor de deportes de camarinas.eu, nada máis e nada menos que Juanillo, o futbolista máis importante da historia do Concello de Camariñas, e volve parafraseando o célebre monólogo de Robert Duvall no mítico film "Apocalypse Now", porque a Juanillo tocoulle tirar o penalty decisivo que lle dou ao Cartagena o Trofeo Carabela de Plata. Por outra banda xa comenzou a liga cunha victoria sobre o Leganés da posiblemente mellor plantilla do Cartagena en anos. Este ano ole a esperanza nas terras cartaxeneras. Pulsa na foto para ler a crónica do noso redactor deportivo e ver unha galería de fotos.

  • Cartagena 3 - 3 Merida

    Juanillo, outra vez será

    O soño de ascenso terá que esperar unha temporada máis despois do empate desta xornada
    O soño de ascenso terá que esperar unha temporada máis despois do empate desta xornada

     O ídolo deportivo de camarinas.eu, Juanillo, cumprío co seu compromiso semanal e mandounos a pesar dos malos momentos que estamos a vivir un artigo no que posiblemente camarinas.eu se despide de forma definitiva do soño da liguilla de ascenso a segunda división este ano. O desexo desta redacción sería estar o ano que ven xunto a Juanillo contando partido tras partido como o Cartagena ascende dunha merecida vez. Quen sabe o que pasará...
    Pulsa na foto para ler o artigo de Juanillo.

  • Aguilas 1 - 3 Cartagena

    Juanillo volve a xogar e o Cartagena volve a gañar

    Cando este bravo camariñán está no terreo de xogo todo é máis facil para o Cartagena
    Cando este bravo camariñán está no terreo de xogo todo é máis facil para o Cartagena

    Juanillo, o mago de Corea, volve aos campos de fútbol e con el, as victorias para un Cartagena tan necesitado de puntos cos que conservar a esperanza da liguilla de ascenso a 2ª División. Dende a redacción queremos darche a noraboa Juanillo pola túa fantástica recuperación pero tamén che dicimos que aínda que non se consiga este ano o tan ansiado ascenso ten por seguro que camarinas.eu estará o próximo ano apoiándoche ao máximo partido a partido para conseguir que o Cartagena e ti cheguedes onde realmente tedes que estar: na 2ª División Española. ¡¡Ánimo Juanillo!!