• Homenaxe dos Veteranos do Cartagena a Juan Cabrejo

    Unha auténtica festa do fútbol puidemos desfrutar na Homanaxe a Juanillo celebrada no Hermanas Patiño
    Unha auténtica festa do fútbol puidemos desfrutar na Homanaxe a Juanillo celebrada no Hermanas Patiño

    Encontro histórico no Estadio Hermanas Patiño

    Por primeira vez na historia destas terras deixadas da man de Dios un autobús repleto con arredor de 60 persoas, entre as que se encontraban antigos xogadores de tódalas épocas do FC Cartagena e as súas familias, chegaba ata Camariñas para rendir a debida homenaxe ao que foi sen dúbidas o mellor lateral esquerdo da historia do equipo levantino e o máis grande xogador nacido nunca na Costa da Morte. E facíano disputando na terra deste xenio do balón un histórico encontro contra un equipo sui xéneris de Veteranos do FC Camariñas do que formaban parte entre outros o seu tío Manolo ou seu primo Pedro. Camarinas.eu estaba presente no estadio camariñán para acompañar ao noso redactor xefe de deportes no seu día grande nun partido que é analizado xunto co resto da xornada pola mirada máis experta, a de Juan Manuel Cabrejo Pasantes, o Mago de Corea.

  • Equipo de Veteranos do FC Cartagena

    Os veteranos do FC Cartagena homenaxearán a Juanillo cun encontro na súa propia terra
    Os veteranos do FC Cartagena homenaxearán a Juanillo cun encontro na súa propia terra

    Ao longo da dilatada e turbulenta historia dos clubs profesionais de fútbol solen pasar centenares de xogadores que pronto caen no olvido, sobre todo cando despois de temporadas aciagas esos mesmos clubs entran na élite do fútbol. Pois incluso agora que o FC Cartagena tralo ascenso acadado en xuño de 2009 comanda como líder intratable a 2ª División A española a aficción e os xogadores acórdanse con nostalxia do que foi o mellor lateral esquerdo da historia do equipo albinegro e así segundo nos contan os nosos compañeiros de www.sportcartagena.es o equipo dos veteranos do FC Cartagena ten previsto realizar antes de final de ano unha xira por Galicia que inclúe unha parada obrigatoria no Estadio Hermanas Patiño para xogar un encontro en homenaxe ao redactor en xefe da sección de deportes de camarinas.eu, Juan Manuel Cabrejo Pasantes. Desta forma tamén queren os veteranos cartaxeneros honrar ao pobo de Camariñas polo impresionante apoio demostrado a través da web da súa alma ao Efesé na temporada pasada. En todo caso era algo xusto e necesario. Porque hai persoas que deixan huella.

  • Juan Cabrejo Juanillo deixa o CF Cartagena

    Cunha rolda de prensa sobria, austera, dunha gran carga emotiva, Juanillo abandonou o Cartagena.  Foron catro as temporadas que, coroadas cun ascenso soñado a través dunha travesía do deserto de 21 anos, lle bastaron ao posiblemente mellor lateral esquerdo da historia do conxunto levantino para facerse cunha afición que o idolatrou como a un crack. Ábrense agora múltiples posibilidades para un Mago de Corea ao que a súa terra lle tira e moito. En calquer caso, faga o que faga, a redacción de camarinas.eu quere agradecer especialmente ao seu redactor deportivo os dous anos máxicos, cargados de tensión  e emotividade, que fixo desfrutar a toda a parroquia da web máis vista da Costa da Morte e que explosionou máxicamente co ascenso do día 24 de maio. Pulsa na imaxe para ver o vídeo da rolda de prensa de despedida de Juanillo.
  • O Ascenso de Juanillo: Alcoyano 2 - 2 Cartagena

    A Crónica Final

    Nin nun soño: a crónica do ascenso o día do 34 cumpreanos do Mago de Corea
    Nin nun soño: a crónica do ascenso o día do 34 cumpreanos do Mago de Corea

    Foi un 26 de febreiro de 2008, cunha victoria ante o Marbella, hai xa máis de 15 meses, cando Juan Cabrejo Pasantes, o mellor xogador da historia da Costa da Morte, comenzaba a súa colaboración semanal ca web líder da mesma, converténdose en redactor-xefe da sección de deportes.  Foi un longo treito de alegrías e pesares, de victorias e derrotas, algún empate tamén, coroado maxestuosamente na tarde noite do domingo cun ascenso épico tras máis de 21 anos de resignacións sucesivas.

    E así, no día de hoxe, martes 26 de maio de 2009, día do cumpreanos do Mago de Corea, procedemos á poñer o broche de ouro final a unha temporada de ensono na que gracias ás 40 crónicas enviadas puntualmente por Juanillo, puidemos seguir as andanzas do Cartagena partido a partido e conseguir que o EFESÉ se convertira nun equipo máis entre os nosos preferidos. Por eso, Mago, no día do teu 34 cumpreanos, os teus compañeiros de redacción acompañados dos miles de usuarios da web que convertío a Camariñas no líder cibernético da Costa Atlántica gracias ao talento e ao esforzo de redactores como ti, berrámosche a través do ciberespacio rendidos ante a túa calidade como futbolista, pero sobre todo como persona: ¡¡FELIZ CUMPREANOS!!

    Pulsa na imaxe para ver as fotografías do ascenso e da posterior celebración enviadas por Juanillo.

  • O Cartagena de Juanillo ascende á 2ª División A

    Os nervios tíñamolos destrozados. O desalento era evidente. Corría o minuto 90 de partido. Máis de media hora con 10 homes tras unha expulsión demasiado rigurosa contra un Alcoyano aguerrido e feroz cunha auténtica bombonera chea ata os topes e volcada co seu equipo. Unha prórroga que parecía inevitable...e gracias. Cando nunha xogada nacida da presión no medio do campo, Carmona rouba un balón a un despistado defensa, encara en solitario unha portería que parecía aloxada no fin do mundo e cede co porteiro vencido o balón a Juan Pablo. E fui explotar o delirio no Café Bar Arnela e ver as bágoas correndo polo rostro dun home feito e dereito como Juan do Penedo. Pulsa na imaxe para ver a galería fotográfica e uns videos espectaculares dun dos días máis felices da historia do Arnela, o bar paradigmático do distrito de Corea.

  • O Ascenso de Juanillo: Cartagena 2 -1 Alcoyano

    Queridos usuarios: a un paso da gloria

    A moi antiga e milenaria Vila de Camariñas estará ata o último momento apoiando ao Cartagena de Juanillo
    A moi antiga e milenaria Vila de Camariñas estará ata o último momento apoiando ao Cartagena de Juanillo

    Un cidade en estado de shock.  Tres mil xiareiros enfervorecidos esperando ás mesmísimas portas do estadio a un equipo que vai acabar ascendendo á Segunda División A. Un recinto prácticamente cheo no que un ambiente electrificado pola tensión de 12.000 almas en vilo levou ao Cartagena en volandas ata a victoria. Unha pancarta enorme: "Camariñas co EFESÉ". 90 minutos entre a vida e a morte. Un Cartagena que sale do encontro cunha ventaxa dun gol para un partido de volta no Campo do Alcoyano. Un empate que basta para acadar o soño. Pero eso non é suficiente para o equipo capitaneado polo Mago de Corea. Porque son mellores. O único que vale é a victoria. Queridos usuarios: o Ascenso xa está aquí.

  • A xornada de Juanillo: Cartagena 5 - 1 Santa Brigida

    Chega a hora da verdade

    Toda unha brillante temporada de Juanillo pode ser culminada cun ascenso a 2ª División Española
    Toda unha brillante temporada de Juanillo pode ser culminada cun ascenso a 2ª División Española

    Nunca estivo máis cerca. A Gloria a tan só dous partidos de distancia. Toda unha temporada que se decidirá en 180 minutos. Unha eliminatoria a dobre encontro na que o último e vital partido se xogará fóra de casa. Un rival campeón do seu grupo: o Alcoyano. En efecto, aquel da célebre goleada de 12 a 1 que se dirixía ao árbitro para pedir tempo no descuento para intentar unha remontada utópica.  Un Cartagena, posiblemente o mellor da historia, que este ano ascenderá porque ao frente dun conxunto de profesionais de primer nivel atópase como capitán un camariñán todo garra e calidade que sabe que chegou a hora da verdade. A hora na que xa non se pode fallar. A hora do ascenso á Segunda División A.

  • A xornada de Juanillo: Merida 1 - 1 Cartagena

    O Cartagena de Juanillo xa soña coa 2ª División

    Juanillo, todo un ídolo en Cartagena, saúda a unha aficción entregada ao talento do Mago de Corea
    Juanillo, todo un ídolo en Cartagena, saúda a unha aficción entregada ao talento do Mago de Corea

    Toda unha temporada, xornada a xornada, seguindo a través das crónicas do capitán do Cartagena as andanzas dun equipo que finalmente resultou ser sobradamente o mellor entre os 20 conxuntos que integraban o seu grupo. Xa avisaba o redactor deportivo de camarinas.eu alá polo mes de setembro: a mellor plantilla da historia do EFESÉ. O liderato asegurouse este domingo en Mérida, agora queda o máis difícil: coronar unha temporada impresionante a nivel profesional co tan ansiado ascenso á Segunda División A, o espacio natural no que debería desenvolverse o talento futbolístico innato do mellor xogador da historia da Costa da Morte. Para acadar o ascenso, Juanillo encoméndase á nosa Virxiña do Carme, facendo nas páxinas de camarinas.eu unha curiosa promesa que xura cumplir polo seu honor.

  • A xornada de Juanillo: Cartagena 3 - 1 Fuerteventura

    ¡A un punto de gañar a liga!

    Un camariñán que triunfa alá por onde pasa: O Mago de Corea homenaxeado pola Peña Fiebre Albinegra
    Un camariñán que triunfa alá por onde pasa: O Mago de Corea homenaxeado pola Peña Fiebre Albinegra

    Asegurada a liguilla de ascenso á Segunda A cunha nova victoria, o Cartagena de Juanillo está a un só punto de quedar campeón de grupo. Toda unha temporada na que en camarinas.eu dimos cumprida información partido a partido dun equipo campeón e que terá a súa extensión cun seguimento exhaustivo dos seis vitais partidos da liguilla de ascenso. Por outra banda, tal e como adiantaban esta semana os nosos compañeiros de La Voz de Galicia, o Mago de Corea foi obxecto dunha merecidísima homenaxe a unha traxectoria exemplar no mundo do fútbol por parte dunha das peñas máis antigas e con máis solera de Cartagena: FIEBRE ALBINEGRA ,  a cal entregou unha placa e unha camiseta ao noso redactor deportivo. Acto do que Juanillo nos manda cumprida información cunhas cuantas fotos.

  • A xornada de Juanillo: Real Madrid B 0 - 1 FC Cartagena

    Nin Mijatovic nin Juande poden co Cartagena

    Nin Mijatovic nin Juande puideron facer nada para evitar a derrota do filial madridista ante o Cartagena
    Nin Mijatovic nin Juande puideron facer nada para evitar a derrota do filial madridista ante o Cartagena

    Decían dun ausente e acomodado Bernd Schuster que en ano e medio nin unha soa vez asistío aos encontros do filial madridista, o Real Madrid B. Esto non ocurre co novo adestrador branco Juande Ramos, que acompañado de toda unha leyenda do club de Chamartín como Pedja Mijatovic, contemplou este domingo como no estadio Alfredo di Stéfano o Cartagena de Juanillo gañaba con facilidade e solvencia ás futuras estrelas madridistas, avisándonos o ollo experto do Mago de Corea sobre un tal Alberto Bueno que pode facer historia. Quedan tres xornadas e tres son os puntos de ventaxa sobre o máis inmediato perseguidor. Queridos usuarios: a Segunda División A xa está aquí.

  • A xornada de Juanillo: Cartagena 1 - 1 Alcorcon

    Un empate que sabe a pouco

    Imaxe do partido do Cartagena contra o Alcorcon no que Juanillo protesta unha decision arbitral
    Imaxe do partido do Cartagena contra o Alcorcon no que Juanillo protesta unha decision arbitral

    Este fin de semana mentras a maior parte dos camariñáns vivíamos ensimismados nunha Semana Santa chea de reclamos turísticos atraíntes, outros, lonxe do seu fogar gañábanse a vida naquelo que mellor saben. Como, é o caso do máis grande futbolista da historia da Costa da Morte, Juanillo, que na mediterránea Cartagena encara cun empate na casa ante o Alcorcón a recta final de liga con catro partidos cruciais que determinarán si o noso querido EFESÉ esta presente na liguilla final que pode levar o seu equipo ata a Segunda Divisón A. Pulsa na imaxe para ler unha nova crónica do redactor de deportes de camarinas.eu, Juan Cabrejo Pasantes, "Juanillo".

  • A xornada de Juanillo: Cartagena 1 - 0 Alfaro

    O Cartagena comeza a recta final hacia a liguilla

    As xornadas van pasando e o soño da liguilla de ascenso cada vez está máis preto
    As xornadas van pasando e o soño da liguilla de ascenso cada vez está máis preto

    O Cartagena do Mago de Corea volve á senda da victoria cun traballado triunfo frente a un rival de inferior calidade e que fai que o Efesé se poña a un só punto do liderato. Pero sobre todo esta semana puidemos comprobar como o noso querido redactor deportivo Juanillo é un auténtico ídolo polas terras cartageneras sendo obxecto dunha extensa entrevista na web da Peña Gotocartago.com e que poderedes ver reproducida a través do enlace existente no interior desta noticia. Juanillo, un camariñán que deixa un regueiro de respeto e amistade alá por onde pasa. E que constitúe un luxo para unha web como camarinas.eu.

  • A xornada de Juanillo: Sangonera 2 - 1 Cartagena

    Ánimo Juanillo!! ánimo Cartagena!

    O Mago Killer nunha imaxe de arquivo frente ao Navalcarnero
    O Mago Killer nunha imaxe de arquivo frente ao Navalcarnero

    En fin queridos amigos, según o noso redactor deportivo e mellor xogador da historia da Costa da Morte Juan Cabrejo, este domingo xogouse un  partido entre o Sangonera e o FC Cartagena para olvidar. As dimensións do campo e a mellor predisposición dos xogadores locais nivelaron o partido cara o Sangonera. En fin, desde aquí os teus compañeiros de redacción queremos darche moitos ánimos a tí Juanillo e a tódolos xogadores do FC Cartagena. Aínda non está todo perdido. Pulsa na imaxe para ver a crónica do partido que nos manda Juan Cabrejo.

  • A xornada de Juanillo: Cartagena 1-1 Vecindario

    O Cartagena baixo o punto de mira dos árbitros

    Agora que as decisións arbitrais lle son nefastas, toca estar máis unidos que nunca no Efesé
    Agora que as decisións arbitrais lle son nefastas, toca estar máis unidos que nunca no Efesé

    A búsqueda da xusticia: unhas das máis primitivas e nobles aspiracións dos seres humanos en calquer lugar e situación é negada a un sinxelo equipo de fútbol. Un conxunto de homes, traballadores do balón, moitos con familias que alimentar, outros con lexítimas ambicións de progreso nas súas respectivas carreiras profesionais, que unha e outra vez se ven truncadas por nefastas decisións arbitrais, por ilexítimas e inxustas formas de impartición de xusticia. Un Juanillo desanimado pola rabia e a impotencia derivadas das arbitrarias actuacións arbitrais escribe o seu artigo máis sentido na súa páxina web de toda a vida: camarinas.eu.

  • Pajara Playas - FC Cartagena (Partido Suspendido)

    O reencontro de Juanillo con Sefa, aplazado

    Juanillo acompañado da súa tía Sefa nun partido que o EFESÉ xogou en Fuerteventura
    Juanillo acompañado da súa tía Sefa nun partido que o EFESÉ xogou en Fuerteventura

    Pois si queridos usuarios e lectores de camarinas.eu, o partido que enfrontaba ao Pájara Playas de Jandía contra o noso FC Cartagena tivo que ser aprazado debido a un erro garrafal da empresa IBERIA, a cal deixou tirados aos nosos xogadores do Cartagena no aeropuerto. Neste viaxe Juanillo (O Mago Killer) tiña previsto reunirse coa súa querida tía Sefa (Rubiasexy) que xa tiña as cámaras da redacción canaria de camarinas.eu preparadas para facer un seguimento intensivo do partido a base de fotos e videos. En fin, o partido xogarase outro día e o feliz reencontro de Sefa co seu sobriño Juan Cabrejo "Juanillo" queda aprazado para outro día. Pulsa na imaxe para ler a noticia que nos manda semanalmente Juanillo "O Mago Killer".

  • A xornada de Juanillo: Cartagena 1 - 1 Navalcarnero

    Atraco, empate e pérdida do liderato

    Nesta xornada o Efesé de Juanillo perdío o liderato pero aumentou a súa ventaxa sobre os demáis rivais
    Nesta xornada o Efesé de Juanillo perdío o liderato pero aumentou a súa ventaxa sobre os demáis rivais

    Empate na casa do FC Cartagena no que foi o peor partido do Efesé dende que o aguerrido e leñero ex-central do Deportivo Paco Jémez collera as riendas do equipo cartagenero. A cousa chegou ata un punto extremo que motivou que a Xunta Directiva do club levantino interpuxera formalmente unha queixa oficial ante o Comité de Árbitros dado o constante e reiterado mal trato recibido polo equipo no que xoga o mellor futbolista da historia da Costa da Morte e redactor deportivo de camarinas.eu: Juan Cabrejo, Juanillo, un killer tamén escribindo crónicas futbolísticas para a web da súa alma.

  • A xornada de Juanillo: Lanzarote 1 - 4 Cartagena

    O Cartagena de Juanillo: rumbo a 2ª Division Española

    O banquillo do equipo ríndese ás maravillas das pernas futbolísticas más importantes da Costa da Morte
    O banquillo do equipo ríndese ás maravillas das pernas futbolísticas más importantes da Costa da Morte

    Camarinas.eu volve con máis forza que nunca e os seus usuarios móstranse contentos e felices de ver a web do seu pobo da alma, Camariñas, resucitar das súas cinzas como o Ave Fénix. Só foron uns cantos días de incertidume e desasosiego pero ao fin conseguimos entre todos, o pobo humilde camariñán, tirar ao mar cos fantasmas que nos acechaban.

    Queridos usuarios e amigos de Camariñas, despois deste fin de semana de traballo agotador por tratar de reanimar a este morto viviente que era camarinas.eu é un dos usuarios máis activos e importantes da web máis vista da Costa Atlántica (incluindo a nosa querida e fluvial Santa Comba, con todos os nosos respetos) Juanillo "O Mago de Corea" o que nos remite o seu artigo semanal con fotos sobre outra xesta deste equipo "O EFESÉ" que cada día está máis cerca de entrar na historia e subir á 2ª División A da man deste crack camariñán. En fin, foi un fin de semana tétrico para este concello por non poder  contar coa web máis importante da Costa da Morte cando xustamente sonaban con redobles de "boga de voto" os tan esperados tambores electorales (aos que algúns tanto temen... sobre todo polas subvencións que lle tocaron estes anos a algunhas empresas. ¿Quen sabe cando se acabará este carto fásil? Coma sempre dicimos: estaremos atentos, recopilando datos) . Pulsa na imaxe de Juanillo para ler a noticia que nos manda "O Mago" de  outra victoria que fai líder ao equipo do mellor xogador de fútbol da historia da Costa Atlántica: Juan  Manuel Cabrejo Pasantes "Juanillo, O Mago de Corea".

  • A xornada de Juanillo: Cartagena 1 - 1 Atletico Ciudad

    Juanillo pelexando o balón contra un delantero do Atletico Ciudad. Foto : LaVerdad.es

    Pois si queridos amigos, nunha decisión arriesgada dunha directiva nerviosa ante os últimos resultados, supemos por mediación de Juanillo que o ata onte martes adestrador do FC Cartagena "Fabri" resultaba fulminado do seu cargo. Debido (según a directiva) aos malos resultados e ás continuas trifulcas do adestrador galego cos xogadores do Efesé, os mandamases do equipo que xoga no Estadio Cartagonova decidiron destituir a Fabri. Bueno, o caso é que Juanillo, o mellor xogador que dou a Costa da Morte, coma todas as semanas manda a camarinas.eu, a web máis visitada da Costa Atlántica, a súa crónica do partido para que todos sexades partícipes do traballo e bo facer dun camariñán na 2ª División B Española.
  • A xornada de Juanillo: UD Las Palmas 2 - 3 FC Cartagena

    Outra victoria do FC Cartagena

    O Cartagena de Juanillo venceu no campo dun histórico do fútbol español: o Las Palmas
    O Cartagena de Juanillo venceu no campo dun histórico do fútbol español: o Las Palmas

    Un Juanillo feito un manoxo de nervios tivo nesta ocasión que ver os toros dende a barrera. O motivo: debido a sanción federativa por acumulación de amonestacións non puido disputar o partido que este domingo enfrentou ao Cartagena cun dos equipos históricos do fútbol español, o Unión Deportiva Las Palmas, pero sen embargo para non faltar á súa cita semanal ca web da que é o redactor deportivo, a camarinas.eu da súa alma, decidío escoitar este vital partido a través das ondas radiofónicas. Pulsa na imaxe para ler a nova crónica do mellor futbolista da historia da Costa da Morte.

  • Cartagena 1 - 0 At. Madrid B

    O Cartagena de Juanillo a un punto do líder de 2ªB

    Juanillo celebrando o gol por enriba de todos os seus compañeiros do F.C. Cartagena
    Juanillo celebrando o gol por enriba de todos os seus compañeiros do F.C. Cartagena

    Juanillo, o noso querido Juanillo, o mellor xogador que dou esta Costa da Morte e que sigue na élite do fútbol nacional deste pais mándanos como redactor deportivo de camarinas.eu a crónica do partido que enfrentou ao F.C. Cartagena contra o Atletico de Madrid B. Neste encontro (no cal o noso veciño oficiou de capitán de todo un equipo de 2ªB) outra vez poidemos ver unha victoria moi sufrida do Cartagena que se acerca un pouco máis ao Leganés ata estar só a un punto do liderato. Pulsa na imaxe para ver a crónica que nos manda "O Mago de Corea" en exclusiva para camarinas.eu. Gracias fenómeno!! Ti si que eres o máximo!