• A Xornada de Juanillo, 14 de setembro de 2014

    Segunda xornada na liga da costa e novamente ao igual que ocurrira na xornada inaugural, tan só o Porteño foi quen de darnos unha alegría e acadar unha valiosa victoria diante dun equipo como é o Ponteceso q está chamado a pelexar polos postos de cabeza. Mentras tanto, o Camelle e o Camariñas perdían os sues encontros por un marcador idéntico, catro goles a un, eso si, o Camelle sufrindo unha arbitraxe nefasta que novamente foi clave no partido.
  • A xornada futbolística de Juanillo - 7 de setembro de 2014

    Comezou a xornada na Liga da Costa, a segunda rexional, e o que é unha xornada positiva podemos decir que non foi, tan só o Porteño foi quen de sumar un empate a domicilio mentres que tanto o Camariñas como o Camelle, perderon os seus encontros nesta xornada inaugural. O conto non é como empeza e si como acaba, polo tanto vamos a esperar o devenir da competición para esperar que os nosos cumplan os seus obxetivos.
  • Comeza a Liga da Costa máis camariñana da historia

    Quedan poucos días para o comezo dunha nova tempada futbolística dos equipos seniors do noso Concello como son o Camariñas, o Camelle e o Porteño, onde as tres escuadras futbolísticas actuarán na categoría da segunda rexional, a Liga da Costa de toda a vida que promete ser apaixoante como nunca e donde vamos a ter o número de derbis máis elevado da historia do Concello Camariñán. Cos equipos xa rodados cos seus respectivos partidos amigables, os planteis están prácticamente pechados, agás o Camelle que segundo nos conta o seu novo adestrador Álvaro, está a piques de firmar a dous xogadores máis para pechar o seu plantel. Camariñas e Porteño teñen o seu plantel preparado para competir pero se cae unha fichaxe de última hora tampouco sería nada raro. Coas espadas en todo o alto, e cós tres equipos preparados para comezar a rodar o balón no Hermans Patiño, no Rodeiro e na Grixa, a carreira está a piques de comezar. Moita sorte para os tres equipos!!!!.
  • Entrevista a Tono entrenador do FC Camarinas

    En camarinas.eu  abrimos hoxe unha nova sección "Deportes en Camariñas" na que seguiremos con toda regularidade aos equipos do noso concello na súa andaina deportiva en tódalas competicións oficiais. Para comezar esta sección presentámosvos unha entrevista con Antonio Méndez Bermúdez, Tono, o adestrador do F.C. Camariñas. Este camariñán de 33 anos felizmente casado e con un fillo, ex-xogador profesional de diferentes equipos, emprende agora unha nova etapa na súa vida. A  entrevista foi realizada polo redactor xefe da sección de deportes de camarinas.eu Luis Rodríguez Luaces.
  • Area da Vila: Novo campo de futbol en Camariñas

    Debido ás recentes obras para a instalación do céspede artificial no Estadio de fútbol camariñán "Hermanas Patiño", para os adestramentos dos xogadores do F.C. Camariñas foi necesario acondicionar a explanada de herba que cos anos foi crecendo nun dos lados da Praia de Area da Vila, concretamente a  que está a carón do Paseo Marítimo.
  • Fotos Históricas: FC Camarinas Campeon da Copa da Costa

    Nesta foto podemos ver a algúns dos usuarios desta web, como Juanillo, Jose de Marta ou Weah, que aínda era un chaval, celebrando un triunfo histórico que enchío de ledicia a todo o pobo de Camariñas. Xunto co equipo de finais dos setenta que incluso chegou a xogar en Rexional Preferente, éste tamén foi un dos equipos míticos que conformaron o F.C. Camariñas. Algúns destes xogadores aínda están en activo, pero a maioría xa abandonaron a práctica do fútbol, pero eso sí, cunha Copa da Costa baixo o brazo. ¿Pero sabes cales son os nomes de todos os xogadores deste equipo histórico do FC Camariñas?
  • Fotos Historicas de Camariñas: O FC Camariñas mítico de finais dos 70

    En Camarinas.eu queremos dar cada día un paso máis para ofrecer un servizo máis amplo a todos os camariñáns. Esta vez estrenamos unha nova sección chamada "Fotos Históricas" na que iremos publicando as fotos máis representativas da historia recente do Concello de Camariñas. Temos que estar convencidos de que o pasado pode axudarnos a mellorar o presente, por eso non podemos olvidar o que fomos para seguir mellorando. A primeira foto que publicamos é represantativa do mellor que saío do deporte en equipo dende Camariñas (con permiso do Club Balonmán Camariñas). Trátase do mítico equipo de finales dos anos 70 que formou o F.C. Camariñas. Esta foto tráenos reminiscencias dun fútbol auténtico, de un fútbol viril, de un fútbol de homes. Cando se xogaba con camisetas de tela, ter unhas botas de marca era un milagre, non existían sponsors e non había seguros para os xogadores lesionados, moitos deles xa daquela pais de familia. E sen embargo estos homes dábano todo: defendían o Honor de todo un Pobo. Auténticos titáns, héroes dun tempo xa ido. Un equipo mítico da Costa da Morte.
  • O F.C. Camariñas vence ao Muxia no seu propio campo

    Bo comezo do Camariñas ante un Muxía inferior por un global de 2-5. O F.C. Camariñas venceu con comodidade a un Muxía que plantou cara no seu campo. No Camariñas puideronse ver algunhas novidades coma a inclusións na plantilla de tres xogadores novos nesta temporada. O partido celebrouse coma unha homenaxe a o socio fundador do Muxía.
  • Primeiro partido da pretempada do F.C. Camarinas en Muxia

    Este Domingo 12 de Agosto xogan contra o Muxía C.F. na Vila da Barca. O F.C. Camariñas comeza a pretempada desprázandose ata Muxía para xogar un encontro amigable contra o Muxía. Ao remate do partido incluiremos unha reportaxe fotográfica de todo o partido e tamén informaremos de todas as novidades que presente o equipo de Tono do Atlántico.
  • Deportes