• Ascenso do CB Camariñas Conservas Boya a 1ª División Nacional

    Nunha mañán de cans, con vento, chuvia e moito frío, máis propia do mes de xaneiro, o CB Camariñas fixo historia e entrou na leyenda. Mañán de paixóns extremas, de bágoas incontibles de ledicia e emocións nuns e de pesar e tristeza noutros: a grandeza do deporte no seu estado máis puro adueñouse do Pabellón Municipal de O Areal nun día que difícilmente olvidarán todos aqueles privilexiados que tiveron a sorte de estar alí onde con letras de ouro se escribía a historia. Enfrontado a conxuntos de grandes cidades, maiores orzamentos, superiores recursos, un pequeno club dunha remota vila mariñeira formado maiormente a base de xogadores da terra, dos de andar por casa, acadaba unha xesta difícilmente superable e entraba na gloria en tres irrepetibles días dun fin de semana de maio.
  • Primeiro día da Fase de Ascenso do CB Camariñas Conservas Boya

    Gracias ao esforzo sen precedentes realizado dende o Concello de Camariñas, a Vila das Palilleiras xa ten a súa Fase de Ascenso á Primeira División Nacional de Balonmán. E o fin de semana grande do balonmán no noso concello comenzaba pasadas as 18.00 da tarde deste venres 6 de maio de 2011 cunha recepción oficial celebrada na Casa de Pedra onde o alcalde camariñán daba a benvida aos catro equipos que mediante un sistema de liguilla competirán ata o domingo por ver cal deles é o que finalmente acada o tan ansiado ascenso. Unha vez rematado este acto que incluío o reparto duns pequenos agasallos, as plantillas, corpos técnicos e directivos de Salamanca, La Laguna, Plasencia e CB Camariñas desplazáronse ata o Pabellón Municipal de O Areal para iniciar a vertiente deportiva da fase de ascenso.
  • Comenza a Fase de Ascenso a 1ª Nacional do CB Camariñas Conservas Boya

    Comenza hoxe en Camariñas ás 18:30 da tarde a fase de ascenso a primeira división nacional onde o Camariñas Conservas Boya loitará con tres equipos de recoñecido prestixio pola tan ansiada praza de ascenso. Camarinas.eu quere aproveitar esta ocasión para homenaxear a un dos xogadores máis carismáticos do equipo camariñán. Un xogador que probablemente se retirará definitivamente esta tempada por diversos motivos entre os cales está o recente nacemento da súa filliña. Estamos a falar do veciño da Rúa Eugenio López chamado Alan que seguramente aproveitará esta ocasión para sacar o mellor de sí mesmo para lograr o mellor resultado para os nosos neste primeiro partido que xogará o Camariñas hoxe ás 20:30 fronte o tinerfeño Universidad de La Laguna. En fin, comeza o espectáculo e Camarinas.eu tratará de seguir na medida do posible todos e cada un dos partidos que xogue o Camariñas. Vai por ti Alan.
  • A fase de Ascenso a 1ª Nacional celebrarase en Camariñas

    Camarinas.eu está en condicións de afirmar que durante os vindeiros días 6, 7 e 8 de maio de 2011  finalmente celebrarase en Camariñas a fase de ascenso á 1ª División Nacional de balonmán. Xogadores, aficcionados, técnicos e directivos dos tres clubs aos que se medirá o CB Camariñas, P. C. Salamanca (Campeón de Castela-León), Universidad de La Laguna-Tenerife (Campeón de Canarias) e Bm. Plasencia (Campeón de Extremadira), veranse desta maneira obrigados a pernoctar en Camariñas durante o fin de semana no que se ventilará o conxunto que ascenderá a tan ansiada 1ª División, co que elo ten de impulso económico para o Concello de Camariñas. Elo sin contar a posibilidade de que algún que outro aficcionado ao balonmán en Galicia se deixe caer por estos pagos así como xornalistas que veñan a cubrir o evento. Ademáis, xogando na súa casa, co seu público volcado, as posibilidades de ascenso do CB Camariñas entendemos que se elevan expoñencialmente.