• Fotos históricas de Camariñas: O Lubina, un barco histórico de Camariñas

    Corrían os últimos anos da década dos sesenta cando, recén construido nos astilleiros de Telleira (Cabana), chegou a Camariñas un barco que non tardaría moito tempo en facer historia, un barco de formas suaves e delicadas, cunha ponte situada na proa da nave, rompendo así co canon establecido ata entón, deixando desta forma máis espazo de carga na parte traseira, un barco que creou escuela tal e como se pode comprobar hoxe en día nun dos portos máis importantes da Costa da Morte, o de Camariñas, con embarcacións que seguen o exemplo do Lubina coma o Manuel de Lin, o Muro de Fontán, o Siro Segundo...