• O museo Man de Camelle acollerá unha exposición colectiva inspirada no vento e no mar

    Desde o 17 de novembro ata o 16 de decembro o museo Man de Camelle acollerá a exposición ‘Viento y Mar’, unha mostra colectiva na que diferentes autores interpretan este concepto a través da pintura, a fotografía e os abanicos. A exposición está organizada en colaboración coa Conselleria de Cultura, Participació i esports de Baleares e o Institut d’estudis baleàrics grazas ao vínculo existente con Antoni Torrres Martorel, unha persoa moi vencellada ao noso municipio desde o desastre do Prestige.
  • A Mostra do Encaixe de Camariñas 2018 arranca motores en Asturias

    A exposición "Descobrindo Camariñas, Corazón do Encaixe" que se estreou esta semana no auditoria Príncipe Felipe da cidade ovetense ten como obxectivo informar de forma didáctica a importancia do Encaixe de Camariñas desde o punto de vista cultural, tradicional, artesanal e socioeconómico. Consta de imaxes, módulos de grandes dimensións, que reflexan a tradición, o deseño, a artesanía, a innovación, a modernidade e a internacionalización, que dan a coñecer dunha maneira moi visual e sinxela en que consiste a "Mostra do Encaixe de Camariñas ". Estas 6 imaxes interpretan a simboloxía do Encaixe de Camariñas coa colaboración de personaxes de renome no mundo da moda, o deseño e a decoración. O reverso da imaxe consta de textos explicativos en español, galego e inglés acompañados de pezas reais.
  • 15 anos desde a catástrofe do Prestige en Camariñas nunha exposición do fotógrafo Javier Tarazaga

    O fotógrafo Javier Tarazaga abre este venres 8 de setembro, a exposición 'Nunca máis: 2002-2017', que reivindica o papel dos voluntarios na Costa da Morte tralo naufraxio do petroleiro Prestige o 13 de novembro de 2002. A exposición leva como nome o slogan 'Nunca máis', que mobilizou a opinión pública contra a maior catástrofe ambiental en España neste século. En 35 imaxes significativas, o fotógrafo recorre varias xornadas traballando codo con codo con varios equipos de voluntarios de "Ecoloxistas en Acción", unha organización que se implicou fortemente na traxedia fletando autobuses desde diferentes puntos de España, favorecendo o traballo desinteresado de miles de persoas para eliminar as 77.000 toneladas de chapapote que verteu o Prestige.