• Excursion no IES Pedra da Águia ata Camelle e Soesto

    A verdade é que o ambiente cibernético que se respira en Camariñas (a pesar de algunha que outra mamarrachada que se publica por ahí adiante) está a ser cada vez máis grande e interesante e, a pesar da dificultade que ten esto de seguir tódolos días os numerosos blogs que inundan este ambiente, sempre existe un momentiño para descubrir por casualidade unha boa noticia publicada nun destes tantos blogs camariñáns de gran calidade. E atopámolo desta vez (outra vez) no blog que tan ben levan dende a biblioteca do IES Pedra da Águia da Ponte do Porto dende o cal acaban de organizar unha excursión polo incomparable parace que descorre pola costa de Camelle ata Soesto. Alí os raparigos (e non tan raparigos) pasárono pipa desfrutando dun espléndido día de paseo entre a natureza e aquí, en Camarinas.eu, queremos mostrárvolo outra vez. Noraboa aos impulsores desta excursión. Noraboa aos profesores do IES Pedra da Águia.