• O Museo Man de Camelle entra a formar parte da prestixiosa ‘European Outsider Art Asociation’

    O Museo Man de Camelle vén de ser aceptado como integrante da ‘European Outsider Art Asociation’, unha asociación europea de museos de arte marxinal que conta con 89 membros en total dos que unicamente 8 son exposicións españolas. No mes de outubro os responsables do Museo Man de Camelle presentaron a candidatura para que a obra de Manfred Gnädinger entrase a formar parte desta asociación co obxectivo de aumentar a difusión da colección do artista alemán afincado en Camariñas.