• Xornada do 13/03/2019 da Escola de Fútbol do FC Camariñas

    Este mércores desputábaase no Municipal de Camariñas un triple enforntamento entre as escolas de fútbol do FC Camariñas frente aos nenos do Villa de Cee. Facían a inauguración desta serie de partidos os prebenxamíns do Camariñas que puderon levarse o partido gañado para o seu casilleiro, pero que ao final rematou en taboas que firmaban os dous conxuntos. Despois deste emocionante partido amistoso dos pre chegaba o turno dos benxamíns que pronto se poñerían por diante do marcador cun bo xogo e un gran acerto en todas as súas accións. Finalmente os rapaces do equipo benxamín A do FC Camariñas conseguía unha traballada victoria fronte aos nenos do Cee por un total de 3 a 1. E remataban os Alevíns a serie de partidos desputados pola Escola de Fútbol do FC Camariñas na tarde deste mércores 14 de marzo no Pavillón O Areal. Comenzaban os nosos pequenos o partido cun gran xogo, moi directo e participativo no que eran continuos as chegadas meta rival. Os camariñáns poñíanse por diante en varias ocasións aínda que o Cee seguía vivo e non se deixaba dar o brazo a torcer. Finalmente os veicños do sur levaronse o gato á auga e conseguiron a victoria por un apurado resultado de 4 a 5. Os rapaces e rapazas do alevín do FC Camariñas cuaxaban un gran partido que foi aplaudido por todos os asistentes a esta triple xornada de fútbol sala que tivemos ocasión de desfrutar no Municipal de Camariñas. A seguir así!

  • Nenos da escola de fútbol do FC Camariñas na selección da costa

    Vamos con outro recoñecemento á canteira do FC Camariñas. Despois do chamamento por parte do RC Deportivo da Coruña ao camariñán Mateo Sar na temporada pasada é agora a selección da Costa da Morte a que se fixa na exitosa sección base do FC Camariñas. Na tarde deste domingo 27 de xaneiro de 2019, catro xogadores do equipo benxamín da Escola de Fútbol do FC Camariñas tiñan unha cita futbolística na vila de Corcubión despois dun intenso fin de semana de fútbol en Camariñas. O motivo deste desprazamento era nin máis nin menos que o chamamento por parte da dirección técnica da selección da Costa da Morte a estes catro pequenos futbolístas para realizar uns adestramentos de proba. Os nenos da canteira do FC Camariñas seleccionados para este adestramento da selección benxamín da costa foron Borja Pérez, Mateo Sar, Xabier López e Dani Castro que marchaban cara Corcubión moi motivados a esta cita histórica que recoñece o gran traballo desenrolado pola escola de fútbol do FC Camariñas. Dende estas páxinas dámoslle a noraboa a estes pequenos-grandes futbolístas que están a levar con orgullo o nome de Camariñas por toda a Costa da Morte. Noraboa rapaces!

  • Calendario oficial 2019 da Escola de Fútbol do FC Camariñas

    Pois outra vez máis ahí andan as nais e pais da Escola de Fútbol do FC Camariñas tirando de imaxinación e conseguindo cada día que pasa máis logros para beneficio dos diferentes equipos dos seus pequenos. Cun traballo calado, serio e continuo conseguiron que este soño que foi as categorías inferiores do FC Camariñas se convirta nunha verdadeira realidade como o é a Escola de Fútbol do FC Camariñas. Ao último éxito obtido coa creación doutro equipo de fútbol sala de benxamíns hai que sumarlle agora unha iniciativa única no fútbol base da Costa da Morte: a creación do Calendario Oficial do FC Camariñas Base. Un anuario que nesta primeira edición contou cunha tirada de 50 unidades que prácticamente se venderon no primeiro día de sacalas á venta tan só quedando 3 ou 4 exemplares dispoñibles para aqueles pais rezagados que aínda non o compraron. É por iso que os encargados da elaboración do Calendario Oficial do FC Camariñas Base están pensando xa en imprimir outra tirada máis para atender as moitas peticións que veñen recibindo para conseguir levarse a súa casa este histórico calendario. O prezo simbólico do almanaque é de 5 euros que se destinarán integramente á financiación da Escola de Fútbol na que tanto están a desfrutar estes pequenos futbolístas que constitúen o futuro do FC Camariñas. É tan dificil entender o que significa FUTBOL BASE?
  • Mateo Sar Romero, da Escola de Fútbol do FC Camariñas ao RC Deportivo da Coruña

    Primeiro foi a consecución do título de liga sen perder nin un só partido, despois chegou a Copa da Costa que se conquistou a base de victorias contundentes contra os mellores, e finalmente o xusto premio para os Prebenxamíns do FC Camariñas coa participación na Intercomarcal de Negreira e que reunía a algúns dos mellores equipos galegos de F8. E agora chega outro gran recoñecemento para a Escola de Fútbol do FC Camariñas pero desta volta por parte dun dos grandes clubes de España: O xogador dos prebenxamíns do FC Camariñas Mateo Sar Romero foi reclamado na tarde deste mesmo martes 22 de maio polo Real Club Deportivo da Coruña para facer as probas de integración mediante comunicado oficial que recibía o Presidente do club camariñán Vicente Carril. O premio especial final para a coronación dunha temporada espectacular por parte da Escola de Fútbol do FC Camariñas. HÉROES CAMARIÑÁNS!!
  • Doblete do FC Camariñas Base: Campión de Liga e Campión da Copa da Costa Prebenxamín

    Pois aquí, en Camariñas.eu, tivemos que pasar caseque unha semana para dixerir todo o acontecido hai sete días. Miles de persoas dábanse cita este pasado sábado 12 de maio no Estadio Hermanas Patiño para acompañar aos nenos dos clubes clasificados para a fase final da Copa da Costa do Fútbol Base. Todo un torrente de coches e autobuses cheos de deportistas e familiares de ata 20 clubes provintes dende Carballo ata Esteiro inundaron Camariñas nun dos actos deportivos máis multitudinarios que se recordan na vila das palilleiras. Dende as 11 da mañán ata as 8 da tarde deste sábado histórico para o deporte camariñán desputouse esta fase final oficial organizada polos pais e nais que levaron (e levarán) adiante a cabo a Escola de Fútbol do FC Camariñas cunha organización casi perfecta recoñecida polos directivos desprazados ata Camariñas pola Real Federación Galega de Fútbol. Case nada.
  • Os infantiles do FC Camariñas campións de liga e do torneo intercomarcal

    Chega o momento de facer xustiza cos nosos chavales do equipo infantil de fútbol sala FC Camariñas e cos seus adestradores Isidro Caamaño e o noso compañeiro Víctor Gómez Sestayo e publicar nesta web a consecución do título de liga que hai unhas cantas semanas conseguían lograr estes verdadeiros campións. E foi no derradeiro partido de liga desputado en Muxía cando os nosos conseguiron lograr outro fito histórico para o FC Camariñas afianzando máis si cabe o traballo realizado dende as Escolas de Fútbol da vila das Palilleiras. Pero non quedou ahí a cousa, despois de lograr o título de liga os nosos rapaces chegaban ao torneo intercomarcal que os enfrontaba contra algúns dos mellores equipos da bisbarra levándose caseque de calle esta importantísima competición. Así que desta volta tócanos anotar outro extraordinario éxito máis no casilleiro desta Escola de Fútbol do FC Camariñas con estes dous importantes títulos logrados polos infantiles de fútbol sala e, como non, darlles a noraboa a estes intrépidos rapaces que lograron tal conquista para o noso fútbol, e tamén felicitar a estas nais e pais dos rapaces que poñen o seu importante gran de area para que estas categorías inferiores do FC Camariñas poidan consolidarse.
  • A Copa da Costa de fútbol base xogarase este sábado en Camariñas

    Tiveron que pasar 20 largos anos de fútbol base en Camariñas para que un club da vila das palilleiras dera o valente e necesario paso para organizar un evento deportivo da importancia da Copa da Costa das categorías base da Costa da Morte. Un acontecemento sen precedentes en todo o Concello de Camariñas, e tiveron que ser as nais e pais da Escola de Fútbol do FC Camariñas os que, no seu primeiro ano de vida, executaran os trámites oportunos para que a Federación Galega de Fútbol concedera ao FC Camariñas a organización dun importante evento deportivo que traerá a máis de 400 futbolistas de toda a Costa da Morte e aos seus familiares ata Camariñas. Todo un impulso económico e turístico para a nosa vila concedido polo traballo altruista destes pais e nais do FC Camariñas. E sen dúbida un importante voto de confianza desde a Federación Galega de Fútbol ao traballo desenrolado no fútbol base polo FC Camariñas
  • Os nenos do FC Camariñas CAMPIÓNS da liga prebenxamín

    Despois dunha dura liga e de non perder nen un só partido chegaban os nenos do FC Camariñas prebenxamíns con todas as opcións para levarse o título ligueiro no campo do Xallas, terceiro clasificado. Todo apuntaba a un partido moi igualado pero ao comenzo deste o Xalllas, moi motivado e cuns xogadores escepcionales,  encontráronse con un sorpresivo marcador favorable de 4 a 0. Catro chegadas e catro goles mediada a primeira metade que afundían os ánimos dos pequerrechos do Camariñas que vían cheos de pena como o soño se esfumaba. Pero estes nenos son uns campeón e lévano na sangue, non se rendiron e conseguiron chegar ao descanso marcando un gol que lles inyectou unha adrenalina que os fixo saltar polos aires de moral para empezar a segunda metade decisiva.
  • O FC Camariñas a un partido de gañar a liga prebenxamín F-8 2018

    A escola de fútbol do FC Camariñas continúa unha racha imparable de éxitos nesta temporada 2017-18. Todas as categorías veñen enchendo de ilusión a todos os siareiros do fútbol do concello, tanto dende os máis pequerrechos dos bibieróns pasando polos prebenxamíns, benxamíns, alevíns, infantiles, cadetes, xuveniles... é para estar orgulloso de todos e cada un dos nenos e nenas integrantes dos equipos do fútbol base do FC Camariñas e dos seus adestradores. Pero a xornada deste sábado 5 de maio pode ser histórica para todo o Concello de Camariñas: si os bravos prebenxamíns do FC Camariñas consiguen gañar o partido que os enfronta ao Xallas en Catriz levaranse o campionato ligueiro de F-8 prebenxamín. Unha xesta caseque sen precendentes en toda a historia do fútbol da costa, xa que na temporada que se estrenaron os nosos pequenos e que xogan estes nenos en equipo están a tan só un partido de conquistar o título ligueiro sen perder nin un só partido e chegando de lider na táboa clasificatoria ata o último partido de liga. Chejar e encher que diría o refraneiro mariñeiro camariñán.
  • Vibrante xornada futbolística do FC Camariñas

    Complícanse un pouco máis a vida os nosos chavales do equipo senior do FC Camariñas despois de traer de Zas unha dolorosa derrota contra un dos equipos que terán que loitar ata o final por esa tan desexada permanencia. Aos de Tono agardanlle agora dous partidos complicados nos que se terán que enfrontarse primeiro ao Baiñas, segundo na clasificación, e despois ao LIra que tamén anda ahí a poucos puntos do FC Camariñas. Todo por decidir aínda para os nosos. Esperemos que veñan pronto os resultados positivos.
  • Queda inaugurada a Escola de Fútbol do FC Camariñas

    O FC Camariñas conta desde este domingo 1 de outubro de 2017 con unha das escolas de fútbol máis importantes da Costa da Morte. Máis de medio cento de nenos e nenas (faltaban os xuveniles) foron presentados maxistralmente polo camariñán Marcial Mouzo no mítico Hermanas Patiño ante unhas gradas totalmente entregadas. Pais e nais, avós e demáis familiares orgullosos non se quixeron perder a posta de gala das categorías inferiores do FC Camariñas que compoñen unha canteira futbolística de primeiro nivel que, si todo sale como o esperado, asegurará o futuro do FC Camariñas por moitos anos.