• Juan Cabrejo “O Mago de Corea” no ESC

    Onte, 15 de Febreiro, foi a estrea da oitava entrega do “Eu Son Camariñas” o programa de carácter municipal que da visibilidade aos habitantes máis senlleiros do Concello de Camariñas. Desta volta o protagonista foi Juan Manuel Cabrejo Pasantes exfútbolista profesional e actual  director da escola de fútbol do Concello de Camariñas.

    Coñecido como "O Mago de Corea”, Juan Cabrejo percorreu diversos puntos de España a desenvolver a súa paixón polo deporte rei que agora narra coa perspectiva dos anos nesta entrevista. Anécdotas, curiosidades, momentos duros e aqueles máis felices vense reflexados nas súas palabras durante a primeira parte desta entrevista, para centrarse nunha segunda metade na súa volta e o novo proxecto que está a liderar: unha escola de fútbol na súa vila nata, Camariñas.

    https://eusoncamarinas.es/entrevistas-esc/juan-cabrejo-director-escola-futbol-concello-camarinas/

    Cabrejo1_mod.png

  • Presentación da escola de fútbol Juan Cabrejo

    Dende o mes de Setembro 96 rapaces e rapazas están a adestrar no campo municipal “Irmás Patiño” dentro do programa da “escola de fútbol Concello de Camariñas-Juan Cabrejo”. Porén, non foran presentados en sociedade polo que nesta semana, aproveitando que no mes de Novembro comezaran a disputar partidos de competición, os representantes do goberno local achegáronse até as instalacións para celebrar o acto de presentación.

    Até el desprazáronse Sandra Ínsua, alcaldesa do Concello de Camariñas, e o concelleiro de deportes Fabián Canosa para saudar ao propio Juan Cabrejo e aos seus adestradores Juan Porrúa, Carlos González, Pepucho e Ivan Pose.

    Esta escola conta con un total de cinco categorías: biberón, prebenxamín, benxamín, alevín e infantil, entre os cales se dividen os case 100 rapaces que aseguran a continuidade de un dos equipos históricos da liga da costa como é o Camariñas F.C.

     

    EscolasFútbolCamariñas_2.jpeg