• Novo éxito da Festa da Palilleira en Camariñas

    Despois de transcorridas varias xornadas dende a celebración da Festa da Palilleira de Camariñas, estamos xa en condicións de facer unha pequena valoración sobre o acontecido na xornada deste sábado 8 de decembro. Máis de 500 palilleiras de moitos puntos de toda España déronse cita no Pavillón O areal de Camariñas para asistir a este encontro. Ademáis, deste importante número de artesáns, hai que contar a familiares e amigos que se trasladaron para acompañalas ata Camariñas e descobrir o noso fantástico pobo. Unha avalancha de visitantes que fixo mella sobretodo na hostalaría local abarrotando en moitos casos os restaurantes, bares e hoteles tanto da Vila das Palilleiras como do resto das localidades do concello. 
  • Este sábado 8 de decembro Festa da Palilleira en Camariñas, a terra das palilleiras

    A VII da Festa da Palilleira de Camariñas de mañá, sábado 8 de decembro, promete ser un auténtico éxito. Nesta edición, espérase unha gran afluencia de artesás, procedentes, non só de toda Galicia, senón tamén do resto de España.
  • O encaixe de Camariñas chega ata a exposición ‘Al Vent’ de Mallorca

    Do 16 de outubro ao 9 de novembro o encaixe de Camariñas estará presente en Mallorca. Máis concretamente na exposición ‘Al Vent’, na que se poden atopar 8 preciosos abanicos de encaixe de Camariñas xunto con outros 40 exemplares de artistas das Baleares.
  • Recoñecemento nacional para o Concello de Camariñas pola promoción do noso encaixe na moda

    A pesar dás críticas dalgúns que non ven mais alá da Costa das Carballas, o traballo levado a cabo polo Concello de Camariñas, e máis concretamente pola Concelleira Delegada da Mostra do Encaixe Sandra Insua, vese recoñecido, unha vez máis, a nivel nacional. A "Asociación de Nuevos y Jóvenes Diseñadores Españoles" acordou concederlle ao Concello de Camariñas o Premio Nacional a la Moda a la Excelencia Empresarial hororífico PRENAMO 2018, na modalidade de CONSERVACIÓN DE LOS USOS Y CONSTUMBRES A TRAVÉS DEL ENCAJE DE CAMARIÑAS. Ahí queda iso.
  • 577 palillieras na Festa da Palilleira 2011 de Camariñas

    Espectacular a acollida que tivo esta edición da Festa da Palilliera celebrada no Pavillón Muncipal de Camariñas. Caseque 600 palilleiras de toda Galicia déronse cita no pobo que foi, é e debe de seguir sendo o centro natural do encaixe mundial. Como moitos de vos intuides estamos a falar de Camariñas, o auténtico berce desta antiga tradición en Galicia que con iniciativas coma esta de seguro que se conseguirán moitos máis logros e afianzarase a nosa artesanía aínda máis no resto de España e Europa. O caso é que con unha ponte tan larga e un tempo tan inestable nos non tiñamos moitas espectativas de trunfo con esta festa, pero foi chegar ao pavillón e xa se esvaeceron as dúbidas con tanta xente que alí se concentraba. Como decíamos ao principio da noticia foron caseque 600 palilleiras e un bo puñado de expositores que fai desta Festa da Palilliera unha estupenda antesala da Mostra do Encaixe que, ainda que supoñemos que recibirá moitas menos subvencións que outros anos, augura moitos éxitos. Ao final desta xornada celebrouse un desfile de moda no que as modelos eran nin máis nin menos que un grupo de rapazas do noso pobo. Pero esto mostrarémovolo noutra noticia especial que adicaremos a este desfile con máis de 200 fotos. De momento deixámosvos con outra supergalería fotográfica do que aconteceu este sábado 10 de decembro en Camariñas: A capital mundial do Encaixe.
  • Foto Histórica: Dona Sofía, unha muller emprendedora de Camariñas

    Agora que o pobo de Camariñas empeza a quentar motores con motivo da preparación da XVIII Mostra do Encaixe, non está mal recordar unha das primeiras mulleres que se decatou da forte atracción que exercicía o encaixe sobre os turistas que visitaban o noso pobo. E esa muller non era outra que Sofía do Nacho, unha muller que ao cabo dos anos resultou ser nai e avoa de moitos dos usuarios máis fieis de camarinas.eu.