• Oportunidade para emprendedores: traspásase supermercado en Camariñas

    Vamos agora cunha interesantísima oportunidade para todos aqueles que desexen traballar por conta propia nun sector que nunca está en crise. Trátase da recente posta en traspaso do exitoso supermercado Día de Camariñas que os seus xerentes durante tantos anos poñen a disposición de todo aquel que desexe facerse cargo deste negocio. As condicióna para optar a rexentar un dos supermercados con mellores prezos do mercado son realmente moi apetecibles, e estamos seguros de que en breve será adquirido polo más rápido en contactar co representante da empresa. Nos deixamosvos aquí o teléfono de contacto (639 29 42 18) para que aproveitedes a oportunidade de negocio que vos brindamos en exclusiva en Camarinas.eu

  • Se vende parada de taxi en Camariñas

    O taxi, un dos negocios máis en alza nos últimos tempos en Camariñas, ven de sumar agora unha nova oportunidade para o emprendedor que queira dispoñer da súa propia parada de taxi en propiedade. Un dos míticos taxistas que rexentaron esta praza dende hai tantos e tantos anos pon fin á súa dilatada carreira ao volante e saca publicamente á venta este posto de traballo fixo. Todo aquel que desexe información sobre esta importante oferta pode poñerse en contacto co propietario de dita praza chamando ao 639 96 74 50 onde será atendido gustosamente.
  • OBRADOIRO DE CULTURA EMPRENDEDORA GRATUITO PARA NENOS E NENAS DE CAMARIÑAS

    O Concello de Camariñas ven de por en marcha uns cursos de cultura emprendedora para nenos que serán gratuítos previa inscrición. Desenvolveranse os sábados de marzo ata xuño e tódolos días das dúas primeiras semanas de xullo. Xogos, dinámicas de grupos e actividades participativas serán as actividades programadas co obxectivo de sensibilizar e fomentar os valores relacionados coa cultura emprendedora no alumnado de entre 10-12 años e onde trataranse as fases para emprender, creación de ideas, planificación, avaliar e coordinar. Traballando transversalmente a cooperación, a comunicación e a resolución de conflitos. Máis información: axencia de desenvolvemento local de Camariñas. 981737004 - Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.