O programa “Xuventude polo Emprego” promovido polos concellos de Camariñas, Vimianzo e Muxía busca a formación e inserción de rapaces e rapazas novas no mundo laboral en distintos eidos. Na procura dese cometido están a realizar dous proxectos relacionados coa vila de Camariñas.
Este venres 28 de febreiro, a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua; a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez; e o alcalde de Muxía, Iago Toba; firmaron en Muxía un acordo para traballar conxuntamente en tres proxectos que permitirán mellorar o emprego e a formación nestes municipios.
Vamos agora cunha interesantísima oportunidade para todos aqueles que desexen traballar por conta propia nun sector que nunca está en crise. Trátase da recente posta en traspaso do exitoso supermercado Día de Camariñas que os seus xerentes durante tantos anos poñen a disposición de todo aquel que desexe facerse cargo deste negocio. As condicióna para optar a rexentar un dos supermercados con mellores prezos do mercado son realmente moi apetecibles, e estamos seguros de que en breve será adquirido polo más rápido en contactar co representante da empresa. Nos deixamosvos aquí o teléfono de contacto (639 29 42 18) para que aproveitedes a oportunidade de negocio que vos brindamos en exclusiva en Camarinas.eu
O Concello de Camariñas vén de facer público o proceso de contratación de sete peóns ao abeiro da liña de axudas para a contratación ‘PEL Concellos’, promovida pola Deputación da Coruña dentro do seu Plan de Emprego Local para e dirixida a concellos de menos de 20.000 habitantes. O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles a partir do día seguinte da publicación das axudas polo que a recepción de solicitudes rematará o vindeiro 11 de xuño. As tarefas das que se encargarán estes operarios municipais serán: traballos de mantemento e limpeza de cunetas e taxeas das vías e pistas do Concello; desbroces e limpezas, melloras no firme, arranxos en beirarrúas, prazas, sumidoiros e muros...
O Concello de Camariñas oferta a contratación laboral temporal de dous técnicos para a Oficina de Turismo de Camariñas a tempo parcial, e unha praza a tempo completo. Os postos están dirixidos a persoas formadas en Técnico Superior en Guía, Información e Asistencia Turística; Técnico en Empresas e Actividades Turísticas; grao ou diplomatura en Turismo, en Ciencias Empresariais e Turismo, en Historia do Arte, en Humanidades, en Xeografía e Ordenación do Territorio, ou en Historia.
Este luns 1 de Outubro de 2007 comenzaba unha nova edición da Escola Obradoiro de Camariñas "Aldea Madeira". A primeira fase do obradoiro de emprego desarrollarase nas aulas do Centro Municipal de Iniciativas Empresariais "Ramón Noguera Oreiro" (C.I.E.) sita na rúa Río do Prado e a segunda fase terá lugar nesa paraxe idílica que é o Complexo Turístico "Aldea Madeira" situada en Brañas Verdes. A financiación realizase integramente pola Consellería de traballo da Xunta de Galicia, nembargantes a xestión integral de todo o proxecto farase dende o Concello de Camariñas.