• O PSOE gaña as eleccións municipais 2011 en Camariñas

    Gracias a Deus, as eleccións municipais do 2011 xa son historia. Este domingo 22 de maio botouse o peche á campaña máis barriobajera que se recorde: nin un só chiquito, nin un triste cuba-libre, foi financiado por ningunha das candidaturas a este pobre e humilde redactor. Nin siquera como xusta contraprestación á interminable e vociferante campaña electoral que os cidadáns de ben tivemos que soportar durante 15 días do mes de maio. Mentras en outros lugares como Dumbría, o alcalde nin siquera facía campaña ("aquí non estamos para perder o tempo en chorradas"), os camariñáns sufrimos coches propaganda con machacóns eslóganes de música repetitiva e facilona alta-la-plana percorrendo infatigables as rúas e os mesmos caretos inundando por doquier ata o máis recóndito dos recunchos do concello. Carteis olvidados por quenes con tanta fruición foron pegados e que morrerán cas botas postas un día ben entrada a seguinte lexislatura.
  • Eleccións Municipais 2011

    Foi nunha noite estrelada no Bagdag do ano 1991 cando os fogos de artificio da loita contraérea iraquí no ceo de xaneiro marcaban o inicio da que, segundo Saddam Husseim, ía ser "La Madre de Todas las Batallas" e foi nunha noite do recén comenzado venres 6 de maio de 2011 cando a pegada inmisericorde de carteis electorais polos muros, contenedores, carteles obsoletos do Plan E (e da Deputación tamén) e incluso sobre algunha que outra pobre e inocente árbore, marcaba o inicio da que igualmente está chamada a ser "La Madre de Todas Las Batallas Electorales": as Eleccións Municipais. Máis igualada que aquel paseo militar norteamericano polo deserto kuwaití, a contenda municipal polo apetecible e sabroso Concello de Camariñas preséntase de resultado incerto e aberta ás apostas máis variopintas, cáseque como a predicción do resultado dos catro duelos a morte que enfrontaron aos posiblemente dous clubs máis poderosos do planeta.
  • Presentación da candidatura do PSOE

    Este domingo 17 de abril de 2011, as 17:30 horas, na Casa de Pedra, tivo lugar a presentación da candidatura do PSdeG-PSOE que concurrirá ás eleccións municipais do 22 maio no Concello de Camariñas e camarinas.eu estivo alí. A diferencia co acontecido noutras presentacións pretéritas ven constituido polo feito de que camarinas.eu sí foi convocada expresamente pola secretaría xeral socialista para este acto.  Hai xusto dous anos presentábamos onde correspondía un escrito no que se solicitaba que todo acto, evento ou suceso que afectara a unha determinada opción política fose comunicado á nosa redacción para poder cubrilo. O desprecio e o apagón informativo foron a resposta: a día de hoxe non recibimos nin unha soa nota de prensa. Para xustificar a súa existencia outros optaron por pretender conservar o monopolio informativo respecto aos seus intereses. Alá eles. Os principais perxudicados: os nosos numerosos lectores desa mesma tendencia política que se ven privados, pola incomprensible estratexia de comunicación seguida cara a principal web do Concello de Camariñas, de ver reflexadas as noticias referentes á súa opción política co selo de calidade típico de camarinas.eu: con textos amenos e divertidos, respetuosos e imparciais, e con grandes reportaxes gráficas de calidade que levaron a que para os grandes medios de comunicación galegos camarinas.eu sexa o principal referente informativo da Costa da Morte, sinónimo da máxima credibilidade e solvencia xornalística. Unha pena que se vexan reducidos a ter que seguir andanzas da súa lexítima opción política cas lamentables noticias que se ven por ahí.
  • Lista Electoral 2011 do PSOE de Camariñas

    Finalmente os socialistas camariñáns ataron os últimos flecos que quedaban pendentes e en sesión celebrada na Casa do Pobo na tarde deste venres 11 de febreiro de 2011 aprobaron a lista electoral que concurrirá ás competidas eleccións municipais do 22 de maio. En principio dúas son as liñas básicas que presidiron a confección da mencionada lista: continuidade e unha forte aposta pola xuventude, tal e como se pode apreciar ca inclusión dunha serie de novos nomes entre os que o destino quixo que se atoparan ata dous redactores de camarinas.eu, Juan Manuel Cabrejo Pasantes (Juanillo) e María Teresa Castro Carril (Maytiña), aos que se une o da representante por Arou, Gemma Pedreira Allo.