• Eleccions a Xunta de Galicia 2009 en Camariñas

    Os tambores electorales chegaron a Camariñas e chegaron cunha forza inusitada. Na mañán do sábado 14 de febreiro de 2009, Día de San Valentín, visitou esta antiga vila mariñeira nin máis nin menos que o mesmísimo Mariano Rajoy Brey, Secretario Xeral do Partido Popular e candidato á Presidencia do Goberno polo mesmo partido. Pasadas as 11:00 da mañán chegaba Rajoy a sede do PP na Avenida da Coruña e iniciaba un pequeno paseo que o levaba ata o mercado de Camariñas. Dado que os venres son datas de certos excesos no Café Bar Arnela por parte dalgúns membros desta redacción que pouco máis e acaban despertando na mañáns dos sábados en calqueira cuneta abandonada, tivo que ser o noso usuario Hombre Lobo o que tomara os mandos da situación e cubrira unha noticia histórica para a Vila das Palilleiras.