• Presentación nas escolas do concello do Programa Camariñas O Mar Todo

    Continúa o gran traballo que se está a desenrolar dende o Concello de Camariñas para a promoción turística de todas as parroquias do mesmo. Este martes era a concelleira de Turismo, Sandra Insua Rial, a que presentaba a uns 170 escolares de 4 a 6ª de Primaria dos colexios de Camariñas e da Ponte do Porto a Unidade Didáctica elaborada no marco do proxecto GAC “Camariñas, o mar todo”. A publicación leva por título Descubrindo a cultura mariñeira de Camariñas e ten por obxecto ensinar aos máis pequenos a través de xogos todos os recunchos máis fermosos do concello así coma a tradición máis arraigada da nosa terra como é o Encaixe. Unha gran iniciativa esta de involucrar tanto aos nenos coma aos profesores para a promoción e, sobretodo, o coñecemento da nosa cultura por parte dos máis pequenos.
  • Malestar no IES Pedra da Águia pola retirada de tres profesores por parte da Xunta de Galicia

    O Consello Escolar do IES Pedra da Aguia de Camariñas, reunido de xeito extraordinario a mañá do luns, día 8 de setembro, e unha vez informado pola Dirección do centro da perda de tres profesores no presente curso escolar, manifesta o seu malestar e descontento ante esta decisión da Consellería de Educación. Considera que a perda continuada de profesorado incide negativamente na calidade do ensino e impide a organización e desenvolvemento dos apoios e axudas que os rapaces con dificultades necesitan para progresar no seu itinerario educativo. Existe unha contradición entre o que a Xunta propón como obxectivos educativos e o cadro de persoal co que dota ao centro para que se poñan en marcha. Este centro leva desenvolvendo durante varios cursos diferentes medidas: Plan de Mellora de Convivencia, Contratos-Programa(PROA), Programas de Diversificación Curricular e Seccións Bilingües, que haberá que suprimir por falta de profesionais que os impartan. O Consello Escolar considera necesario velar polos intereses da Comunidade Educativa e polo tanto adoptará medidas de presión para manter o equipo docente do curso pasado.
  • Un gran premio ao Colexio O Areal pola súa implicación no programa O Mar na Escola

    O Colexio O Areal de Camariñas ven de colleitar hoxe un dos seus máis grandes recoñecementos. En toda a historia deste entrañable colexio camariñán nunca (que nos recordemos) se lle concedera un premio de tal calibre como o "Premio Anual do Deporte Galego 2011-12" como mellor centro educativo de Galicia pola súa promoción do deporte en idade escolar gracias ao Proxecto Mar na Escola. Proxecto que foi realizado conxuntamente co Concello de Camariñas e no cal tamén colaboraron entidades como o Club Náutico ou tamén (¿por qué non dicilo?) Camarinas.eu publicando e apoiando esta iniciativa dende o seu inicio alá polo ano 2007. A canteira deportiva de Camariñas está a acadar uns niveles nunca vistos gracias a iniciativas como esta do Colexio O Areal e ao apoio incansable dun concello volcado no máis importante: a educación dos nenos. Dende Camarinas.eu queremos dar a noraboa a todo o persoal do Colexio O Areal de Camariñas polo premio que acaban de recibir e ao Concello de Camariñas polo seu apoio incondicional a esta iniciativas. Noraboa e a seguir sendo exemplo!!
  • Xoán Curiel no IES Pedra da Águia

    O paso do grupo do cantautor Xoán Curiel por Camariñas onde milita o noso querido amigo Álvaro Trillo como batería e percusionista principal non só foi para demostrar a súa calidade musical no concerto celebrado na Casa de Pedra este sábado pasado se non que houbo algo máis. Os días anteriores a dito concerto, do cal tamén publicaremos un amplo reportaxe, os compoñentes do grupo estiveron cos rapaces do IES Pedra da Águia para realizar un taller sobre cómo facer música cos corpos dun grupo de xente perfectamente sincronizada  e a verdade é que todos quedaron contentísimos coa experiencia como ben podedes ler no espectacular blog do IES Pedra da Águia.