• Estacion Depuradora de Augas Residuais de Camelle e Arou

    Camarinas.eu prosegue a súa labor de seguimento exhaustivo das obras que conlevarán o saneamento integral do Concello de Camariñas. Trala recente presencia da nosa web nos históricos actos de entrega ao Concello das Estacións Depuradoras de Augas Residuais de Santa Mariña e Ponte do Porto, de ser o único medio de comunicación que se interesou no seu momento pola entrada en funcionamento da vital EDAR de Camariñas, e de visitar as obras de saneamento dos lugares de Pións e Riás en pleno Distrito de Buría, esta semana decidimos visitar as obras da EDAR que quedaba pendente: a que saneará as augas negras e fecais de Arou e Camelle. Unha obra que foi adxudicada pola anterior Xunta de Galicia en decembro de 2008 na cantidade de 1.800.000 euros, que está situada no lado dereito da carretera que une a Camelle con Arou, xusto enfrente do coqueto e abrigado porto arouán e na que como sucedeu en tódolos demáis casos, o Concello de Camariñas víose obrigado a poñer a disposición de Augas de Galicia tódolos terreos necesarios sobre os que foi acometida a obra. A construcción desta instalación depuradora vital para as poboacións norteñas do noso concello asemesmo conlevou a execución dun novo tendido de tuberías que conectasen a rede actual camellana de desaugamento cunha nova EDAR que en canto entre en funcionamento suporá, no breve lapso de tempo de dous anos, a cuadratura do círculo en canto ao saneamento integral dun concello deixado da man de Deus ata agora.