• Visita do Conselleiro de Medio Ambiente ás EDAR do Concello de Camariñas

    Pois antes que o mesmísimo Conselleiro de Medio Ambiente, camarinas.eu xa estivera presente na que foi a entrada en funcionamento da Estación Depuradora de Augas Residuais da Ponte do Porto e incluso xa visitara as obras da EDAR de Camelle-Arou. Eso si, como  Dios nos touxo ao mundo: sin casco nin peto reflectante e con serio risco da nosa integridade física a través dunhas obras onde a morte podía esperar agazapada tras un letal panel informativo. E obviamente sin a presenza dun enxeñeiro-xefe que guiara os nosos pasos, balbuceantes e inseguros.