• Xornada para concienciar sobre a reciclaxe en Camariñas

    O Concello de Camariñas acollerá este sábado, 12 de xaneiro, unha xornada formativa organizada por Ecoembes e a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio para concienciar a cidadanía sobre a importancia da reciclaxe de residuos titulada ‘Separar con xeito para reciclar a feito!’. De 10:30 a 14 horas, no Mercado de Camariñas, instalarase unha carpa informativa para orientar e axudar á cidadanía a recoñecer correctamente os residuos que son obxecto de reciclado a través dos contedores amarelo (envases lixeiros) e azul (papel e cartón), así como animalos a realizar o seu depósito nos contedores correspondentes que atoparán no punto de información.
  • Xornada informativa "Microplásticos e Cosméticos" no Museo Man de Camelle

    Dende o Museo Man de Camelle, baixo o mando do concelleiro camellán Juan Carlos Canosa Marcote, continúan co gran traballo que están realizando difundindo os valores de vida que practicaba o Alemán de Camelle, Manfred Gnädinger. Así, os responsables deste museo camellán, sen dúbida o máis importante dos museos da Costa da Morte, veñen de anunciar unha XORNADA INFORMATIVA MICROPLÁSTICOS & COSMÉTICA que terá lugar o vindeiro sábado 24 de marzo ás 17:00h no primeiro andar do Museo Man de Camelle. A continuación poderedes consultar toda a información relativa á xornada, que complementa perfectamente á exposición temporal sobre AS ÁREAS MARIÑAS PROTEXIDAS que se está celebrando dende o 22 de marzo ata o 08 de abril de 2018.
  • El grupo ecologista PX de Ponte do Porto pide acabar con las batidas del zorro en la zona

    El colectivo ecologista PX de Ponte do Porto cree que la Xunta de Galicia debería poner fin a las batidas de zorro en la Costa da Morte pues a día de hoy esta especie sufre la mayor caída poblacional de la historia. Los ecologistas creen que los datos son extrapolables a toda la provincia y por ello solicitarán que en los años próximos no se concedan batidas de zorro. La temporada de caza terminó en el día de Reyes pero los cotos alargan el período hábil con batidas a distintas especies, como el zorro o el jabalí, que cada tecor debe solicitar y justificar. Las batidas de zorro en la zona aún se celebrarán en dos fines de semana más.
  • Contedores destinados a manter limpa a costa de Camariñas

    O Concello de Camariñas está a colocar puntos de recollida de lixo e crebas depositadas polo mar na fachada atlántica da costa municipal. Esta fachada forma parte de varios roteiros de sendeirismo, entre os que destaca o Camiño dos Faros. Facilítase así a labor dos visitantes e sendeiristas que, de xeito espontáneo, xa viñan colaborando na limpeza do litoral onde se acumulan todo tipo de lixo, especialmente durante os temporais do inverno.
  • O Concello de Camariñas aposta fortemente pola compostaxe e a reciclaxe

    A cantidade de residuos xerados pola cidadanía está en crecente aumento, e a xestión actual non consigue aproveitar os recursos pechando o ciclo da materia orgánica sen un impacto na calidade ambiental da cidade. É por isto que o Concello comezou hai 3 anos con unha aposta decidida pola compostaxe doméstica, sumando cada ano máis familias e abrindo unha vez máis unha nova convocatoria á participación, dirixida a todos os veciños do municipio que conten con un pequeno terreo no que compostar os seus residuos orgánicos, impedindo que cheguen aos contedores da rúa e pechando o ciclo da materia nos fogares.
  • OBRADOIRO DE RECOLLIDA SELECTIVA NOS COLEXIOS DE CAMARIÑAS

    O martes pasado 80 escolares de primaria dos colexios Camariñas e A Ponte do Porto participaron en dous obradoiros impartidos polo Grupo Soil, a empresa contratada polo Concello de Camariñas para a recollida selectiva dos contedores amarelos e azul.
  • CAMPAÑA MEDIOAMBIENTAL NOS COLEXIOS DE CAMARIÑAS O DIA 12 DE MAIO

    O Grupo Soil en colaboración co Concello de Camariñas desenvolverá o 12 de maio a campaña “Recicla con Grupo Soil”nos colexios de primaria de Camariñas ás 10h e de Ponte do Porto ás 12:10h.
  • 1000 TRASNOS SOBRE A DUNA DE MONTE BRANCO por Pablo Casal

    O Camiño dos Faros, a ruta entre Malpica e Fisterra, ten conseguido que a Costa da Morte sexa agora a zona máis atractiva para o sendeirismo en Galicia. Pero moitos encontramos un gran problema no éxito conseguido polos trasnos: o Camiño dos Faros pode afectar moi seriamente á duna de Monte Branco, a duna rampante máis alta de Europa e un dos lugares máis emblemáticos de Camariñas. Desde que comezou o Camiño dos Faros, centos de trasnos e de sendeiristas das orixes máis variadas pasan sobre a duna levándose parte da súa vexetación e da area depositada pola natureza ao longo dos séculos. 
  • CAMPAÑA DE LIMPIEZA DEL ARENAL DE TRECE DE MAR DE FABULA Y PX: RETIRADAS MAS DE UNA TONELADA DE BASURA

    Los grupos ambientalistas Mar de Fábula y Colectivo PX con la colaboración del Concello de Camariñas llevaron a cabo una campaña de recogida de residuos en el arenal de Trece en Camariñas este sábado. Un total de 36 voluntarios se acercaron a colaborar en la recogida, entre ellos el alcalde de Camariñas Manuel Valeriano Alonso y dos ediles de grupo de gobierno, Juan Carlos Canosa y Sergio Caamaño.
  • Limpeza e acicalamento total da Praia de Arou

    Parece que finalmente todo ven a dar o seu, nunca chovío que non escampara, e a praia de Arou lucirá un aspecto impecable para o verán que se aveciña. Certamente saltaran todas as alarmas e cundira certo pánico cando por mor dos temporais sucesivos que asolaron a costa galega este pasado curso invernal o areal arouán acabou convertido nun pedregal. A area leváraa o mar e un océano de pandullos inundaba o seu extenso firme. En estas, a natureza é sabia e pouco a pouco empezou a devolver o que non era seu e entón, para completar o cadro, fíxose necesaria a intervención do ser humano. Este transmutouse por uns días en ente administrativo, Costas do Estado, e a través de empresa contratada ao efecto comenzou a retirar as pedras da praia de Arou. Debío haber certo malentendido porque nun principio só retirou as do Paseo Marítimo e non as do areal, suceso que fixo necesaria unha reunión co xigante burocrático da que saío o compromiso deste de limpar tamén de bolos a praia. E así no día de hoxe podía contemplarse aos operarios procedendo a devolver ao virxinal estado unha das praias máis fermosas da Costa da Morte. O verán parece salvado.
  • Limpeza da Praia de Camelle

    O pobo de Camelle lanzado en tromba á limpeza dos seus areaisNestas épocas de recortes administrativos a mansalva (salvo para os soldos sen xustificar de okupanáuticos profesionales devenidos en cociñeiros navieros), as boas xentes de pequenos pobos remotos deixados das mans de Deus polos grandes poderes públicos comprenderon ben cedo que ninguén se viña a vir a ocupar dos seus asuntos. Por elo, dentro dunha iniciativa promovida pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA), os alumnos e profesores do CEIP de Camelle asaltaron este venres 8 de xuño de 2012 a Praia da vila máis norteña do noso concello para proceder a unha limpeza a fondo de todo o lixo da mesma de tal calibre que ata o mesmísimo e agora desaparecido nun exilio de raíces sureñas Míster X, o Heroe Enmascarado Camariñán (HEC), se sentiría orgulloso e ao borde das bágoas.  Bágoas incontibles e anegadas nun mar de rons caribeños. Así pois, encomiable labor a realizada polos rapaces norteños que se uniron a un movemento que raspou ata a derradeira pátina de suciedade que inundaba os areais galegos. De Burela ata Sanxenxo, de Nigrán ata Camelle. O espíritu do derradeiro Heroe Enmascarado feito realidade por un puñado de valientes nun areal da súa amada patria.
  • Limpeza do Río Grande

    Veciños da Ponte do Porto afanándose na limpeza do seu queridoCo visto  bo de Augas de Galicia, dende hai uns días uns cantos veciños da Ponte do Porto andan adicados en corpo e alma á limpeza do Río Grande. Cando a marea baixa e un tenue fiíño de auga descende polo cauce fluvial camiño do mar unha pequena brigada porteña entra en acción e todo ilusión empeza a remover o lixo deixado por ducias, tal vez centos, de anos de abandono. Por atopar ata atoparon un bombín de bicicleta daquelas épocas nas que varóns mostachudos en triciclos de rodas dianteiras xigantes daban as primeiras pedaladas da historia na Costa da Morte. Incluso prometen a búsqueda do casco do centurión romano que dirixío as obras da construcción da ponte milenaria. Por outra parte, como era fácilmente predecible tratándose da Ponte do Porto, estas historias soen acabar unha vez que o traballo está feito cunha comellada antolóxica onde é de esperar que os espirituosos corran a torrentes. Como a torrentes voltarán a correr as augas do Río Grande, libres por fin de toda a inmundicia que as aprisionaba durante estes longos anos.