• Manuel Martínez Lema, Descanse en Paz

    Dende tempos inmemoriais, as xentes de Camariñas están acostumadas a que o mes de setembro e outubro sexan prolíficos en defuncións, pero o deste ano 2017 ben a ser un dos meses máis tristes que un xa recorda. Na mañá deste xoves sete de setembro coñecíamos nesta redacción a tráxica noticia da morte doutro claro exemplo de home bo e traballador que nos deixaba para sempre: Manuel Martínez Lema, máis coñecido coma "O Sariño" falecía tristemente aos seus 96 anos, e a pesar da súa idade, aínda había ben pouco que podíamos ver ao señor Manolo co seu tractor facendo as súas tarefas diarias polo súa Buría querida. O corpo sen vida do Sariño está sendo velado no Tanatorio Muncipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sairán os seus restos mortais este venres 8 de setembro ás 18:00 horas cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo para ser celebrado no santuario o seu funeral de corpo presente. A continuación procederase a realizar o seu sepelio no Cemiterio Parroquial de San Xurxo de Camiñas onde o señor Manuel terá descanso eterno. Dende esta redacción queremos expresar as nosas máis sinceiras condolecias a toda a familia e amigos de señor Manuel Martínez Lema. Descanse en Paz.
  • Don Manuel Lema Miranda, Descanse en Paz

    Continúa en Camariñas o incesante goteo de noticias tráxicas que teñen consternada estas últimas semanas á Vila das Palilleiras e que parece non querer rematar nunca. Este mércores 5 de setembro de 2017 producíase a defunción de Don Manuel Lema Miranda, máis coñecido en Camariñas como "O Crespo", aos seus 91 anos de idade. Home querido e respetado en toda a vila, traballador incansable, está sendo velado no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas dende onde sairá cara a súa querida Igrexa de San Xurxo ás 19:30 horas deste mércores 6 de setembro para ser celebrado o seu funeral de corpo presente para despois ser celebrado o seu sepelio no Cemiterio Parroquial de San Xurxo de Camariañs. Dende esta redacción queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia de Don Manuel Lema Miranda "O Crespo", e especialemte aos seus netos e amigos da nosa infancia Xabi e Brais. Descanse en Paz.
  • Dona María del Carmen Gerpe Ramos, Descanse en Paz

    Este venres 18 de agosto de 2017 amanecía en Camariñas coa triste noticia do pasamento da querida veciña de Camariñas Dona María del Carmen Gerpe Ramos. Máis coñecida en toda a vila por Maruja de Chone, falecía na casa de seu fillo José Manuel na madrugada deste caluroso venres de verán aos 88 anos de idade. O corpo sen vida de Señora Maruja está sendo velado no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín, dende onde será trasladada hacia a Igrexa Parroquial de San Xurxo de Camariñas este sábado 19 de agosto ás 17:00 horas para ser celebrado o seu funeral de corpo presente. Vaia dende esta redacción as nosas condolencias a toda a familia de Dona Maruja en especial ao seu fillo José Manuel, súa nora Fina, seus netos Sesé e Rocío e seus bisnetos Bieito e Samuel. Descan se en Paz.
  • Don Jesús Nieto Baneira , Descanse en Paz

    Despois de tantos sepelios, tantos funerais, tantos enterros, de tanto consuelo ofrecido a tantos seres sumidos na dor máis profunda, agora a Don Jesús tocaralle estar presente naquel que nunca poderá oficiar... Finalmente cumpríronse os peores presaxios respecto á noticia que adiantaba este pasado mércores en exclusiva Camarinas.eu e Don Jesús Nieto Baneira, lexendario, querido e idolatrado páter camariñán durante o derradeiro cuarto de século falecía o xoves 1 de decembro de 2016 no antigamente chamado Hospital Juan Canalejo da Coruña. Todo comenzaba no centro hospitalario de Cee o propio mércores cando nunha visita por mor de ver os resultados dunha recente proba médica sufría un repentino ataque ao corazón. Foi de inmediato trasladado ata o hospital herculino onde os médicos pouco puderon facer para revertir a fatal situación. Segundo fontes ás que tivo acceso esta redacción, na orixe do ataque puido estar o caso omiso que Don Jesús fixera das recomendacións médicas que lle pedían alonxarse por un tempo dun ritmo trepidante de traballo que o levaba a asumir sobre os seus hombros misas en tres parroquias diferentes. Así era Don Jesús: prefería estar axudando aos seus feligreses de Camariñas, Ponte do Porto e Camelle que mirando por si mesmo. En estas circunstancias, cando un pobo se atopa ante un personalidade de semellante calado, desas chamadas a pervivir durante décadas no imaxinario colectivo e que co seu sacrificio e desinterese persoal melloran ata niveis difícilmente alcanzables a vida de tanta xente, resulta normal (e obrigada) a decisión do Concello de Camariñas de poñer ata catro autobuses a disposición dos veciños que desexan dar a Don Jesús o derradeiro adeus na súa parroquia natal de Cuns, en Coristanco, onde terá lugar o seu enterro ás 11:30 deste sábado 3 de decembro. Sairán dende o Curbeiro (Camariñas), Centro Médico da Ponte do Porto e o Paseo Marítimo de Camelle. En verdade as boas accións deberían ser recompensadas, máis nestas épocas un tanto complicadas e rídiculas, e por elo resulta cáseque unha obriga moral que todo un concello rinda a debida homenaxe a este bo cristiano, gran católico e mellor persoa. Don Jesús Nieto Baneira, Cura Párroco de Camariñas durante máis de 25 anos, Descanse En Paz.
  • Dona Rosa Lista Ramos, Descanse en Paz

    Triste mediado de mes en Camariñas onde este pasado luns 11 de agosto de 2014 debíamos contabilizar un novo deceso. Tratábase da Señora Rosa Lista Ramos que tras unha longa enfermedade que fixera do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee cáseque unha fogar para ela falecía aos 93 anos. Veciña de toda a vida da Praza da Insuela, os seus restos mortais están sendo velados no Tanatorio Municipal de Camariñas de onde se encamiñarán ata a Igrexa Parroquial de San Xurxo, na que a partires das 20:30 horas deste desapacible martes 12 de agosto de 2014 terá lugar o seu funeral de corpo presente. Vaia dende Camarinas.eu o noso máis sinceiro pésame e condolencias para os seus familiares e amigos. Dona Rosa Lista Ramos, Descanse En Paz.
  • Falecemento de José Bermúdez Mouzo

    Durante moitos anos a Vila de Camariñas foi fundamentalmente un pobo de mariñeiros e albañiles, procedentes estes últimos prácticamente na súa totalidade dalgún dos recunchos que compoñen o inabarcable Distrito de Buría. Nun dos seus lugares, concretamente no Cotro, nacía un 5 de xullo de 1952 José Bermúdez Mouzo. Hábil cas mans, non tardaría en engrosar a lista de laboriosos e eficaces albañiles buriáns que se dedicaron con ahinco a transformar febrilmente a Vila dos Encaixes nas décadas dos 70 e 80, se ben no caso de Pepe do Ardeiro, tal e como sempre foi coñecido popularmente en Camariñas, a puntillosidade, perfeccionismo e minuciosidade da súa labor acabaron determinando que cos anos Pepe se convertira nun maestro canteiro de probada eficacia. Obras en pedra co seu selo persoal abranguen toda a Costa da Morte, dende Camariñas ata Vimianzo. Nestes últimos tempos Pepe acometera desafíos importantes na súa vida como a ambiciosa reforma da impresionante residencia familiar (casa antiga e amplia horta) do Lugar do Cotro ou un cambio de residencia cara a Braño. Foi finalmente neste último lugar onde aos seus 58 anos a morte o sorprendeu posiblemente en forma de ataque ao corazón cara as 00:30 horas deste furioso e vendavalado venres 29 de outubro de 2010. O seus restos mortais están sendo velados no Tanatorio San Vicente de Vimianzo e o funeral terá lugar na Igrexa Parroquial de San Xurxo, non lonxe do seu Cotro querido, este sábado 30. En fin, vaise co falecemento de Pepe unha pequena parte daquela Camariñas dos 70, dos 80, composta maiormente por bravos mariñeiros e eficaces constructores,  dende a redacción de camarinas.eu: José Bermúdez Mouzo, Descanse En Paz.