• Dona Pilar Barcia Gerpe, Descanse en Paz

    Dona Pilar Barcia Gerpe deixou este mundo na madrugada do mércores 11 de setembro de 2013

    Este ventoso mércores 11 de setembro de 2013 trouxo consigo en Camariñas unha noticia que causou fonda aflicción en moitos dos corazóns da vila: aos seus 69 anos e despois dunha tenaz loita durante os derradeiros meses contra unha grave enfermidade deixábanos Dona Pilar Barcia Gerpe. Persoa de bo corazón e moi querida en Camariñas, veciña da Rúa Pinzón, traballou no duro oficio de mariscar ata a súa xubilación, sendo cara as catro de mañán cando deixou de existir. Os seus restos mortais están sendo velados no Tanatorio San Vicente de Vimianzo ata as catro e media do xoves 12 de setembro, momento no que emprenderán a súa viaxe final ata a Camariñas da súa alma, onde a partires das 17:00 horas terá lugar o funeral de corpo presente na Igrexa Parroquial de San Xurxo. Viúva, deixa Señora Pilar dous fillos e unha filla, aos cales dende Camarinas.eu xunto a demáis familiares e amigos trasladamos o noso máis sinceiro pésame e apoio nestes duros momentos. Dª. Pilar Barcia Gerpe, Descanse En Paz
  • Manuel Martínez Mouzo D.E.P.

    Manuel Martínez, un burián de toda  a vida que pasa a mellor vida

    Eran as 8 da mañán deste venres 12 de xullo de 2013, cando na súa casa de Buría de toda a vida Manuel Martínez Mouzo sufría un infarto repentino. Trasladado de urxencia ata o Hospital Universitario de Santiago de Compostela, cidade na que reside a súa filla e o seu xenro o Estudiante, pouco máis podían facer os facultativos que certificar a súa morte. Íase deste xeito aos 67 anos este veciño burián que despois dunha vida de duro traballo disfrutaba do máis que merecido lecer da súa xubilación. Deixa Don Manuel un fillo e unha filla aos que dende esta redacción damos o noso máis sentido pésame e aninamos aos nosos lectores a apoiar á súa familia no velatorio que está tendo lugar na súa casa do Barrio de Buría. O enterro terá lugar este sábado 13 de xullo ás 16:30 horas na Igrexa Parroquial de San Xurxo. Don Manuel Martínez Mouzo Descanse En Paz.
  • Andrés Ramos Canosa DEP

    O noso querido amigo Andrés Ramos deixounos definitivamente este luns 1 de xullo

    Este luns primeiro de xullo de 2013 a redacción de Camarinas.eu recibía preto das 12 da noite a triste noticia que anunciaba a morte prematura do noso querido amigo Andrés Ramos Canosa de 66 anos de idade despois de loitar durante moito tempo contra un letal cáncer que ao final levouse por diante a este camariñán exemplar. Andrés, veciño de Camariñas sempre afable e cordial, traballou durante toda a súa vida no mar ata que fai uns anos se xubilou para descansar dunha vida de duro traballo. O sepelio do noso amigo será celebrado na tarde deste mércores 3 de xullo de 2013 ás 5 e media da tarde e está sendo velado nestos instantes na súa casa de toda a vida no barrio de Corea. Dende Camarinas.eu queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia do noso querido amigo Andrés, especialmente á súa dona Maruja e aos seus fillos Mari Carmen, Andrés e Gabriela.
  • Manuel González Pérez "O Rancho" D.E.P.

    Aos seus 63 anos falecía este domingo 9 de xuño Manuel González Pérez O Rancho

    Vaise outro home de mar dos de toda a vida, deses que contribuiron a esculpir a base de salitre o carácter único de Camariñas. Eran as sete e media da mañán deste domingo 9 de xuño de 2013 cando no Hospital antigamente coñecido como Juan Canalejo, na cidade da Coruña, falecía o noso gran amigo Manuel González Pérez, coñecido popularmente na Vila dos Encaixes dende que un ten uso de razón como "O Rancho". Facíao aos 63 anos acompañado da súa familia e a causa de complicacións graves de última hora na enfermidade que viña sufrindo nestes últimos tempos. Despois de toda unha vida faenando en distintas embarcacións do porto camariñán, duns anos a esta parte estaba O Rancho xubilado polo mar e así podíamos velo habitualmente ca súa esposa Maruja e algún dos seus catro netos, polos que literalmente toleaba, paseando en domingos e días festivos polo Paseo Marítimo camariñán, nunca lonxe dese mar ao que adicou toda a súa existencia e no que o podíamos ver e departir amigablemente con el non hai moito. Vaise polo tanto para gran desgracia de Camariñas outro dos seus lobos de mar. Actualmente os seus restos mortais están sendo velados na casa familiar da Rúa do Castillo dende a que este luns 10 de xuño ás 17:00 sairá a comitiva fúnebre cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo.  Vaia dende esta redacción o noso máis sinceiro pésame a súa esposa e fillos, María e Jose "O Rancho Jr", gran amigo e colaborador dende sempre desta redacción. Don Manuel González Pérez "O Rancho" Descanse En Paz e que Deus che teña na súa Gloria.
  • Juan Campaña Castro "O Corroso". D.E.P.

    Outro camariñán auténtico, de pura cepa, que se nos vai para sempre

    Dramático final de mes de abril de 2013 en Camariñas nos que a vila fica absolutamente conmocionada co falecemento de dous dos seus veciños máis queridos, máis respetados, máis definitorios dunha poboación e da súa forma de ser, de entender a vida, de vivir, que se nos foron das mans para sempre no breve lapso de 24 horas. Primeiro, o noso querido compañeiro José López Vázquez "Molina" e tristemente hoxe, víctima dun cáncer, outro gran amigo desta redacción, camarada do Café Bar Arnela: Juan Campaña Castro "O Corroso". Camariñán vinculado dende sempre o mar, foi propietario durante  longo tempo dun barco clave dentro da flota da Vila das Palilleiras, aquel que portaba o seu propio nome "Corroso". Afable, amable, respetuoso, sempre o podíamos ver no local emblemático de Corea ata que hai uns poucos anos a súa saúde comenzou a resentirse. Comenzou entón pouco a pouco unha recuperación paulatina pero imparable que facía que non hai moitos días o poidéramos ver cun aspecto fantástico no Arnela. Nembargantes unha neumonía fulminante nos dos seus pulmóns acabounos privando para sempre da compañía de Juan O Corroso aos seus 54 anos. Deixa esposa, dous fillos e dous netos, polos que literalmente toleaba. Os seus restos mortais están sendo velados no Tanatorio San Vicente, como non, outro máis, en Vimianzo, e o seu enterro terá lugar na Igrexa Parroquial de San Xurxo este mércores 1 de maio ás 16:00 horas. Triste noticia 3.000 de Camarinas.eu, a do falecemento dun amigo e compañeiro, outro máis que se nos vai para sempre. Juan, Descansa En Paz e que Deus o Noso Señor che teña na Gloria.
  • José López Vázquez "Molina". D.E.P.

    Foise Molina, o derradeiro cowboy de Camariñas

    O cliente asiduo do Café Bar Arnela que co seu sempiterno sombreiro de cowboy evocaba na memoria a imaxe do pontevedrés John Balan, o gran home orquesta do far-west americano, o coleccionista presumible récord guinnes que alá xa por setembro de 2008 levaba coleccionadas máis de 12 millóns de etiquetas de tabaco, posiblemente o maior fardo da historia, ou o talentoso actor vocacional, intérprete serio e contido dun programa da Televisión de Galicia. Todas estas facetas e moitas máis fóronse definitivamente para sempre na madrugada deste luns 29 de abril de 2013 co falecemento do noso querido amigo José López Vázquez, aquel que todo Camariñas coñecía agarimosa e popularmente como "Molina".
  • Francisco Rodríguez Canosa D.E.P.

    Buría de loito polo falecemento do Señor Francisco Rodríguez CanosaNa mañán deste sábado 20 de abril de 2013 falecía no Hospital Universitario da Coruña o Señor Francisco Rodríguez Canosa. Estivo a súa vida, conforme ás leis clásicas que rexen dende sempre a existencia do máis antigo dos distritos de Camariñas, adicada cáseque a partes iguais ao mar e á terra: primeiro como traballador daquelas tarrafas que nun tempo, agora esvaecido e estrano, dominaron a nosa Ría e despois como esforzado labrador do fértil chan burián. Actualmente están sendo velados os seus restos mortais no Tanatorio Costa de Vimianzo e o funeral de corpo presente que o despida deste mundo terá lugar na ancestral Igrexa Parroquial do seu fogar de toda a vida, ese pequeno anaco de terra patria chamado Buría, a partires das 18:00 deste domingo 21 de abril. Dende Camarinas.eu queremos enviar un abrazo agarimoso e o noso máis sentido pésame aos seus amigos e familiares, en especial aos seus catro fillos e a nosa querida amiga, súa nora, a concelleira María del Carmen Linares Chica, nestes duros momentos que sabemos están a pasar. Señor Francisco Rodríguez Canosa, Descanse En Paz.
  • Jaime Rey Alvite, Descanse En Paz

    Jaime Rey Alvite, segunda víctima dun cancro no mesmo día en CamariñasNo mesmo día, o primeiro venres do mes de abril de 2013, unha mesma plaga, unha fatal enfermidade, o gran mal do noso tempo, levouse a dous dos veciños de Camariñas, tres na mesma semana, víctimas dun cancro mortal. Se nas primeiras horas do día era Benjamín Pasantes Tedín o que falecía nun hospital coruñés, non moito despois, voltaba a teñirse de loito a Vila das Palilleiras cunha nova familia destrozada debido ao falecemento de Jaime Rey Alvite. Veciño do barrio de Buría, emigrante retornado tras media vida traballando duramente en Suiza ata que hai uns cantos anos voltaba ao seu pobo natal xunto a súa esposa e á súa filla, finalmente foi un cancro o que o levou á edade de 58 anos.  No que está chamado a quedar para os anales como un triste sábado do mes de abril do ano do Noso Señor de 2013, o seu funeral de corpo presente está previsto que teña lugar a partir das 17:30 horas na Igrexa Parroquial de San Xurxo da súa Buría da alma, dúas horas despois do que despida definitivamente a Benjamín. Ánimo e as máis sinceiras condolencias á familia, á esposa e filla, ao noso gran amigo e seu cuñado Argimiro, así como a todos os seus amigos. Don Jaime Rey Alvite, Descanse En Paz.
  • Benjamín Pasantes Tedín D.E.P.

    Aos seus 45 anos foise para sempre o noso querido amigo Benjamín

    Cara ás 8 da mañán deste venres 5 de abril de 2013 no Centro Oncolóxico de Galicia “José Antonio Quiroga y Piñeyro", o antigo e histórico Hospital de Beneficiencia Municipal Labaca da Coruña, con vistas á ría da cidade herculina, falecía o noso querido amigo Benjamín Pasantes Tedín. Facíao a unha edade relativamente temperán, aos seus 45 anos, como consecuencia do cancro fatal que despois de facerse forte no corpo deste camariñán de toda a vida acabou de extenderse polo mesmo desencadeando o triste suceso que dende está mañán aflixe aos veciños de Camariñas. Actualmente os seus restos mortais están sendo velados no Tanatorio San Vicente de Vimianzo en espera de emprender o seu camiño final cara a vila que o vío nacer na tarde deste sábado onde ás 15:00 horas terá lugar na Igrexa Parroquial de San Xurxo o seu funeral de corpo presente. Vaia dende Camarinas.eu as nosas máis sinceiras condolencias cara a familia e amigos deste novo camariñán que se nos vai víctima dun cancro, o gran mal do noso tempo. Benjamín, amigo, Descansa En Paz e que Deus che teña na súa Gloria. D.E.P.
  • Jose Antonio Espasandin Canosa D.E.P.

    Lonxe da súa terra, en plena provincia de Lugo, foi a falecer noso amigo José AntonioNinguén podía pensar que noutra das viaxes a lomos do seu potente camión Volvo, aquela que o levaba a circular polo kilómetro 459  da A-6 cara ás cinco da tarde do domingo 10 de marzo de 2013, a altura do Concello lucense de Baralla, sería o derradeira para o noso querido amigo José Antonio Espasandín Canosa. Alí, na cuneta da carretera tras o reventón dunha roda traseira, por causas ata o de agora descoñecidas, falecía aos seus 44 anos este camariñán e camioneiro profesional. Facía uns sete anos que dende Arxentina acompañado da súa esposa retornaba á Vila das Palilleiras, onde formou unha familia con tres fillos (Saviola, Facundo e Micaela) e axiña se integrou sendo querido e respetado polos veciños. Aínda este verán podíamos velo feliz e ilusionado ante o bautizo da súa pequena Micaela. Foi por elo que Camariñas recibío con dor e disgusto o falecemento deste novo veciño que se nos vai. Os restos mortais de José Antonio están sendo velados actualmente no Tanatorio San Vicente de Vimianzo de onde partirán cara as 16:30 horas deste martes 12 de marzo ata a Igrexa Parroquial de San Xurxo onde terá lugar o seu funeral de corpo presente. Vaia dende a redacción de Camarinas.eu o nos máis sinceiro pésame e condolencias cara a esposa e os tres fillos de José Antonio así como para todos os seus familiares. José Antonio Espasandin Canosa, que Deus che teña na súa gloria. Descansa En Paz.
  • Lorenza Pérez Ferrín D.E.P.

    Toda Camariñas debe estar apoiando á familia de Pepe O Mantido nestes duros momentosA traxedia máis absoluta golpeaba duramente á familia de José Perez, coñecido popular e cariñosamente en toda a Costa da Morte como Pepe O Mantido, cando debido a un accidente falecía a súa filla Lorenza nas primeiras horas deste martes 12 de febreiro. Producíase este desgraciado golpe de mala sorte preto das 21.00 horas do luns e tras ser trasladada de urxencia ata o Hospital Virxe da Xunqueira de Cee, pouco podían facer os facultativos e así cara ás 2 da madrugada certificaban o seu falecemento. Unha noticia que conmocionaba a todo o Concello de Camariñas e afectaba moi duramente a esta redacción xa que estamos a falar dunha familia moi querida e respetada e que dende que se asentou de xeito definitivo no Barrio de Corea hai xa varias décadas contribuío decisivamente a crear riqueza e postos de traballos en Camariñas a través da empresa de construcción comandada primeiro por Pepe O Mantido e despois polo seu xenro Jose Antonio.
  • Josefa García Ozón D.E.P.

    Tráxico fin de semana con dous falecementos en Camariñas

    A morte voltouse facer forte en Camariñas nun tráxico fin de semana no que ata dos falecementos de veciños da vila se producían cun diferencia de apenas unhas poucas horas. Tras o noso querido e apreciado amigo Jacinto Campaña Lista, tocoulle o turno á Dona Josefa García Ozón. Casada en vida con Señor Alejandro, un histórico do socialismo camariñán, veciña de toda a vida da Rúa do Medio, en pleno casco histórico camariñán, nembargantes a súa última hora tocoulle vivila na cidade da Coruña onde residía xunto á súa filla Milagros. Falecía a unha idade avanzada Señora Josefa, con 94 anos e pasa a engrosar esa nutrida lista de maiores camariñáns que están a desaparecer dun xeito continuo e demoledor, sen folgo para un respiro nestes últimos días, con todas unha bagaxes de experiencia e sabiduría sobre a vida que desaparecen da historia dunha vila remota. Vaia dende Camarinas.eu o noso máis sentido pésame por esta nova veciña que falece a unha idade lonxeva. O seu enterro terá lugar na Igrexa Parroquial de San Xurxo ás 16:30 horas deste luns 4 de febreiro de 2013. Dª. Josefa García Ozón Descanse En Paz.
  • Jacinto Campaña Lista DEP

    Noso querido amigo Jacinto foise para sempre este sábado 2 de febreiro de 2013

    Este sábado 2 de febreiro de 2013 a redacción de Camarinas.eu asistía conmocionada á que foi a morte prematura en plena Rúa do Areal do noso querido amigo Jacinto Campaña Lista, un dos grandes referentes musicais da Camariñas que recén saía da Transición de 1975. O motivo do seu falecemento debíose a un paro cardíaco que fulminaba ao noso compañeiro dunha forma letal cando este se encamiñaba a súa misa diaria preto das 19:30 horas. Ata o lugar do suceso, xusto enfrente do Bar José Manuel, trasladábase de urxencia unha ambulancia medicalizada que tentaba reanimar por tódolos medios a Jacinto. O traballo foi en vano e tan só puido certificar a súa morte. O corpo sen vida do noso querido e sempre alegre amigo está sendo velado no Tanatorio San Vicente de Vimianzo e hoxe domingo celebrarase unha misa de corpo presente adicada á súa memoria ás 17:30 horas. Despois os seus restos mortais serán trasladados ata Coruña onde serán incinerados. Queremos dende aquí dar o noso máis sentido pésame a toda a familia de Jacinto. Sempre quedará na nosa memoria, especialmente añoraremos aquelas animadas conversas musicais sostidas con él, todo un experto co relacionado cos estilos musicais dos 60-70-80, os anos gloriosos do Rock 'n' Roll. Descanse en Paz Jacinto.
  • Claudino Pasantes Ameijenda D.E.P.

    Outro dos nosos maiores que se vai, Don Claudino Pasantes AmeijendaO Barrio de Corea perdía cara as 22:00 horas deste domingo 27 de xaneiro de 2012 a un dos seus veciños emblemáticos: o Señor Claudino Pasantes Ameijenda. Facíao aos 78 anos na casa do seu barrio da alma e rodeado do cariño incondicional dos seus. Despois de case toda unha vida na Marina Mercante, navegando lonxe da súa terra, deixa Don Claudino tres fillas Mari Carmen, Lolita e Marisol e un fillo, Claudino. Unha imaxe que quedará para o recordo: aquela de cando xovial e alegre percorría na súa cadeira de rodas arriba e abaixo a costa que leva cara o Barrio de Corea ou cando o víamos no Café Bar Arnela seguindo interesado de vez en cando as evolucións das partidas de truco que habitualmente alí tiñan lugar. Os seus restos mortais están sendo velados no Tanatorio San Vicente de Vimianzo e o funeral de corpo presente terá lugar na Igrexa Parroquial de San Xurxo a partires das 17:00 horas deste lkuns 28 de xaneiro de 2013. Vaia dende aquí o noso máis sentido pésame a amigos e familiares. O Señor Claudino Pasantes Ameijenda, Descanse En Paz.
  • Miloud Talaa Descanse En Paz

    Aos seus 45 anos falececía no Hospital Universitario da Coruña Miloud TalaaTristeza e consternación en Camariñas, especialmente entre o seu colectivo inmigrante, polo falecemento dun dos seus máis coñecidos representantes na Vila das Palileiras. Na media tarde deste mércores 2 de xaneiro de 2013 certificábase o falecemento aos seus 45 anos do noso veciño de nacionalidade marroquí Miloud Talaa. A causa determinante da súa morte foi un derrame cerebral producido pola rotura dunha vea do cerebro que motivou o seu ingreso no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (o antigamente chamado Juan Canalejo) hai xa unha semana ata que na tarde de onte se producía o fatal desenlace.
  • Inocencio Castiñeira Suárez D.E.P.

    Apenas dous meses despois do deceso da súa esposa, faleceu D. Inocencio CastiñeiraDespois de toda unha vida xuntos, parece como se no Máis Alá tampouco puideran convivir separados por máis tempo. Apenas dous meses despois do deceso da súa dona Carmen Pérez Soneira, falecida o 04/10/2012 víctima dun cancro de páncreas, cara ás 8:00 horas deste sábado 8 de decembro de 2012 falecía o Señor Inocencio Castiñeira Suárez. Emigrante en Suiza xunto a D. Carmen durante tantos anos, máis coñecido en Camariñas como Pirucho do Papón, acontecía a súa defunción no Hospital Comarcal de Cee tras uns derradeiros anos nos que por mor dunha fatal enfermedade víose obrigado a convivir cunha cadeira de rodas, poñendo fin desta forma ao período de relativa paz que en canto a felecementos estaba a vivir Camariñas.
  • Luis Campaña Carril D.E.P.

    Un dos mellores futbolistas da historia da Costa da Morte, fuise este mércores 28 de novembroConmoción e gran tristeza no fútbol da Costa da Morte: un dos mellores xogadores que correu polo seus campos, un extremo todo talento e habilidade, dos de antes, daqueles que xogaban pegados á cal, Luis Campaña Carril "O Cotiño", falecía na tarde deste desapacible e tormentoso mércores 28 de novembro de 2012. Facíao tras unha longa e fatal enfermedade no Hospital Comarcal de Cee aos seus 48 anos e rodeado do cariño dos seus, o da súa nai Sofía, das súas irmáns, do seu fillo Bieito, talentosa promesa do fútbol como o seu pai, que non se separaron desta lenda do deporte nin un só momento durante a súa triste agonía.
  • Carmen Pérez Soneira D.E.P.

    Falece aos 77 anos Dona Carmen Pérez Soneira

    Se o pasado domingo era o Señor José Ramón Méndez Tajes quen falecía lamentablemente víctima dun cancro, na madrugada deste xoves 4 de outubro de 2012 era á Dona Carmen Perez Soneira a quen se levaba esta letal enfermidade, a gran plaga do noso tempo. Eran ao redor das cinco da madrugada cando un cancro de páncreas acababa aos seus setenta e sete anos con esta veciña da Rúa Pinzón. Coñecida popularmente en Camariñas como Carmen de Berdoias, deixa un marido postrado por mor dunha enfermidade en cadeira de rodas e catro fillos: dos varóns (Perucho e José Manuel) e dúas féminas (Mari Carmen e Silvia), así como varios netos. Será Dona Carmen  velada na súa casa da Rúa Pinzón ata o momento no que a comitiva fúnebre se encamiñe cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo, onde terá lugar o enterro a partires das 17:45 horas deste venres 5 de outubro do ano do Noso Señor de 2012. Queremos dende Camarinas.eu enviar o noso máis sentido pésame a todos aqueles que en vida gardaron próximos lazos familiares ou de amizade ca Señora Carmen e reconfortalos na súa dor. Dona Carmen Pérez Soneira, Descanse En Paz.
  • José Ramón Méndez Tajes D.E.P.

    Aos seus 67 anos un cancro levouse para sempre a José Ramón Méndez TajesA gran plaga que está a asolar o Concello de Camariñas, o cancro, volveuse a levar este sábado 29 de setembro de 2012 a outro dos nosos veciños, o Señor José Ramón Méndez Tajes, que falecía aos seus 67 anos despois duns últimos anos de dura loita contra esta letal enfermedade. Burián emblemático, deixa Don José Ramón esposa e tres fillas ás que dende aquí queremos enviar un abrazo afectuoso e agarimoso nestes durísimos momentos e facémoslles saber o noso pesar e solidaridade máis absolutos. O seu corpo sen vida está sendo velado no Tanatorio San Vicente de Vimianzo, estando previsto que emprenda a derradeira viaxe cara á Buría da súa alma este domingo 30 de setembro ás 18:45 h. para comenzar o funeral de corpo presente na Igrexa Parroquial de San Xurxo ás 19:15 horas. José Ramón Méndez Tajes, Descanse En Paz.
  • Estrella Rego Sambade D.E.P.

    Recén comenzado o outono falece Estrella Rego Sambade

    Triste comenzo de outono no Concello de Camariñas que en só tres días rexistra o seu segundo falecemento. Eran as tres e media desta vendavalada e desapacible madrugada do 25 de setembro de 2012 cando falecía no antigamente denominado Hospital Juan Canalejo Dona Estrella Rego Pasantes, popularmente coñecida na Vila das Palilleiras como Lola da Padronesa. Facíao aos seus 81 anos e debido a unha trombose que poñía deste xeito punto e final a toda unha vida. Trasladados os seus restos mortais ata o Tanatorio San Vicente de Vimianzo alí están sendo velados por amigos e familiares ata o momento en que sexan trasladados cara a Camariñas onde terá lugar o seu funeral de corpo presente ás 18:00 horas deste martes na Igrexa Parroquial de San Xurxo. Dende Camarinas.eu queremos facer extensivas as nosas condolencias á súa familia, en especial ao seu neto Álvaro de Triñáns, así como a amigos e coñecidos. Dona Estrella Rego Sambade Descanse En Paz.