• Juan Carril Ramos DEP

    Falece tráxicamente na Coruña Juan do Nacho

    Imaxe do barco onde Juan prestaba os seus servicios e donde sempre será recordado con cariño
    Imaxe do barco onde Juan prestaba os seus servicios e donde sempre será recordado con cariño

    A vida ten estas cousas: un día de festa tes todo preparado para estar ca familia e pasar uns momentos inolvidables e recibes de repente un golpe brutal que che fai esquencer todo o demáis. Esto é seguramente o que lle está a acontecer a familia de Juan Carril Ramos, máis coñecido en Camariñas como Juan do Nacho, o cal faleceu traxicamente esta noite na cidade da Coruña, sendo atopado o seu corpo sen vida flotando nas augas do muelle de Oza polo patrón da súa embarcación. Juan traballaba actualmente no  "Dexo", o barco de Manolo "O Cochero", tiña cuarenta e un anos, estaba separado e deixa dúas preciosas fillas, Paula e Sara.

    A redacción ao completo de camarinas.eu súmase nestes momentos terribles á dor de toda a súa familia, e así eu Diego Alonso Freire que ademáis de que a nai de Juan é prima da miña, recordo aquelas épocas en Fuerteventura cando Juan máis eu, dous solitarios emigrantes camariñáns en Canarias, nos xuntábamos no Bar Castillo para armar aquelas grandiosas festas e tamén me lembro ben cando os dous facíamos as visitas dominicales a nosa querida usuaria Sefa, a cal era tía carnal de Juan. Xa aquí na nosa vila, para min tamén serán inesquecibles todos os bos momentos vividos con Juan do Nacho no extinto Bar Maytuca que rexentaba miña nai e donde tantos chistes, cantareas e bailes compartimos Juan e máis eu. En fin Juan, querido amigo, descansa en paz.