• Javier Temprano Quiza DEP

    Noso querido amigo Javier Temprano será enterrado en Camariñas este mércores 12 de setembro

    Despois de que pasara xa casi unha semana dende o falecemento do noso querido amigo Javier Temprano, hoxe comunícasenos dende a familia deste xoven camariñán traxicamente falecido na illa de Lanzarote, que a súa nai Lola e o seu tío Coto voltarán hoxe mesmo dende as terras canarias cara a súa terra. Sin embargo o cadáver do noso amigo Javi aínda terá que facer escala en Madrid e pasar a noite na capital de España debido a que por mor de trámites burocráticos diversos non viaxará no mesmo avión que os seus familiares. Así e todo está previsto que sobre as 11 da mañá deste mércores 12 de setembro chegue ao tanatorio de San Viciente de Vimianzo o corpo sen vida do noso amigo e, se todo transcurre con normalidade, o enterro celebrarase ás 18:30 horas na Igrexa Parroquial de Camariñas. Ao rematar a misa os restos mortais de Javi serán trasladados ao Cemiterio Municipal de Camariñas onde terá descanso eterno. Dende Camarinas.eu queremos expresar o noso máis sinceiro pésame a toda a familia do noso querido amigo Javier Temprano e esperamos que todo este calvario que está pasando especialmente súa nai e que se está extendendo por demasiado tempo remate xa co enterro do seu querido fillo na terra que o víu nacer.
  • Enrique Vázquez Méndez D.E.P.

    Aos seus 74 anos falecía Enrique Vázquez Méndez

    Este domingo 12 de agosto de 2012 falecía aos seus 74 anos Don Enrique Vázquez Méndez, coñecido popularmente en Camariñas como Enrique dos Catro Ventos. Fui ésta unha vida dedicada á hostelería: despois de moitos anos emigrado en Suiza retornaba á vila que o vío nacer para fundar un dos restaurantes clásicos de Camariñas, o Catro Ventos. Despois de tantos anos aos mandos dos fogóns, ultimamente sempre o podíamos ver andando polos distintos camiños de Buría, era un home sano e alegre. Sempre xovial e con unha boa cara para todos. Levaba xa uns meses ingresado nun Hospital da Coruña onde lle estaban a tratar un problema de saúde que ao final resultou ser o feroz cáncer que acabou finalmente con él este domingo. Despois de máis de 50 anos de exemplar matrimonio deixa á súa muller viuda Pilar (Vodas de Ouro publicadas aquí en Camarinas.eu) e ao seu fillo Enrique así como aos seus netos Jorge e Elena. Os restos mortais de Enrique Vázquez Méndez están sendo velados no Tanatorio San Vicente de Vimianzo e o funeral terá lugar este luns 13 de agosto a partires das 18:00 horas na Igrexa Parroquial de San Xurxo. Vaise con Don Enrique un dos grandes pioneiros da hostelería no Concello de Camariñas, fundador que fui dun dos restaurantes de toda a vida en Camariñas. Dende Camarinas.eu enviamos o noso máis sinceiro pésame á  familia e pregamos aos nosos lectores que os acompañen nestes duros momentos. D. Enrique Vázquez Méndez Descanse En Paz.
  • Encarnación Quiza Sande D.E.P.

    Dª. Encarnación Quiza Sande, Descanse En PazDespois dun século de vida, falecía este venres 20 de xullo de 2012 nunha Residencia da Coruña, Dª. Encarnación Quiza Sande, nai do noso querido amigo, veciño da Rúa Pinzón, siniestrado non hai moito pola pura neglixencia da Xunta de Galicia, D. Ramón Antelo Quiza e abuela entre outros de Amalia e Mª. Teresa Antelo. Unha muller que nacía hai xusto cen anos, nuns tempos turbulentos para España, nos que a Restauración decimonónica daba as súas derradeiras boqueadas e á que á Guerra Civil collía con xa 24 anos. Toda unha vida, rica en experiencias e recordos que lamentablemente rematou un soleado día de xullo do 2012. Os restos mortais da Señora Encarnación están sendo actualmente velados no Tanatorio Costa de Vimianzo. Dende alí sairá a comitiva fúnebre as 15:45 horas estando previsto polo tanto que o funeral de corpo presente teña lugar na Igrexa Parroquial de San Xurxo a partires das catro da tarde para dar finalmente descanso eterno aos seus restos mortais no Cemiterio Novo da Carretera do Faro. Vaia dende Camarinas.eu o noso máis sinceiro pésame a tódolos familiares de Dª. Encarnación Quiza Sande. Descanse En Paz.
  • José Teijeiro Pardo "Aguiar" D.E.P.

    Faleceu Aguiar, o administrador durante tantos anos da fábrica de CoreaNa mañán deste invernal 1º de Maio de 2012, Festividade do Traballo, entre chuvias e cristales empañados comenzou a expandirse por Camariñas a nova sobre un novo falecemento. Nunha residencia de León, cidade na aque actualmente está a residir unha das súas fillas así como o seu neto Pedro, acababa de falecer aos 90 anos de idade Don José Teijeiro Pardo, coñecido dende sempre na Vila das Palilleiras como "Aguiar". Provinte orixinariamente de Santa Marta de Ortigueira chegaba Don José a Camariñas para encargarse da administración da importante fábrica conserveira da familia Aguiar, situada en tempos no Barrio de Corea e da que tomaría Don José o sobrenome que o acompañaría o resto da súa vida, levando durante anos o timón dunha factoría que sempre destacou pola calidade indiscutible do seus productos, elaborados de forma artesanal, seguindo os vellos cánones e tradicións da salazón.
  • Avelino Ángel Sar Barrientos D.E.P.

    Avelino Ángel Sar Barrientos, Descanse En PazA vaga de traxedia que se abate sobre o Concello de Camariñas parece non ter fin. Despois de ata catro falecementos nunha mesma semana (Marta Barcia Gerpe, Carmen Lema Mouzo na capital municipal; Ovidio Lema López, Perfecto Alonso Correa, na Ponte do Porto), este domingo 29 de abril de 2012 a Vila das Palilleiras ficaba conmocionada pouco despois do mediodía ao saber que Avelino Ángel Sar Barrientos, de 45 anos, natural do Concello de Muxía, acababa de caer fulminado dun ataque ao corazón na panadería que rexentaba xunto a súa esposa Marisa, na Rúa do Prado, xusto enfrente da Clínica. A traxedia que aflixe a esta querida familia camariñana faise máis dramática se temos en conta que a súa esposa estase a recuperar dos efectos dunha penosa enfermidade. Deste xeito outra persoa xoven, no mellor da súa vida, abandoaba este mundo de xeito imprevisto e incomprensible deixando unha familia destrozada na peor semana que se recorde no noso concello en moito tempo. Os restos mortais de Avelino Ángel Sar Barrientos están sendo velados na casa familiar da súa esposa no Lugar do Cotro e o funeral de corpo presente está previsto que comence a partir das 19:00 horas na Igrexa Parroquial de San Xurxo. Ante este novo drama que se abate sobre Camariñas só nos resta pedirlle aos nosos lectores que acompañen á súa esposa e fillo nestes penosos momentos e enviarlle o noso máis sinceiro e dolorido pésame. Avelino, que Deus che teña na Súa Gloria. Descansa En Paz.
  • Carmen Lema Mouzo D.E.P.

    Dona Carmen Lema Mouzo deixou este mundo na tarde do 24 de abril de 2012

    Na tarde deste tormentoso martes 24 de abril de 2012 foise outra das persoas que contribuiron decisivamente a marcar o carácter da Camariñas destes derradeiros cincuenta anos: Carmen Lema Mouzo, coñecida popularmente como "A Generosa". Persoa moi emprendedora, nun primeiro momento púxose ao frente dunha taberna que co tempo dou paso a un salón de baile no que destacaba o acordeón virtuoso do seu irmán Luis. Despois nese mesmo local montou unha mercería que durante longos anos foi xa o último negocio que rexentou. Viuva dende hai uns anos de Don Manuel Pensado Gerpe, sempre foi Dona Carmen unha muller moi devota da Virxen do Carmen de Camariñas, chegando a dedicarlle diversos poemas nos que expresaba a súa devoción e cariño pola Patroa de tódolos mariñeiros que reproducimos a continuación neste artigo adicado ao seu pasamento. O enterro de Dona Carmen celebrarase ás 7 da tarde deste mércores 25 de abril na Igrexa Parroquial de San Xurxo de Camariñas. Dende Camarinas.eu queremos expresar as nosas condolencias a toda a familia e amigos de Dona Carmen. Descanse En Paz.
  • Marta Barcia Gerpe D.E.P.

    Vaise todo un referente da auténtica Camariñas: Dona Marta Barcia GerrpeA edición da Festa de San Xurxo do 2012 quedou tráxicamente empañada cando na mañán deste domingo 22 de abril coñeceuse que acababa de falecer un dos referentes da Camariñas máis auténtica: Dona Marta Barcia Gerpe. Persoa moi querida, traballadora infatigable, admirable nai coraxe, xa mui nova víose obrigada a facer frente á adversidade máis terrible cando o seu marido quedou cego e tivo que sacar adiante por si mesma a unha familia con doce fillos ao seu cargo. Dende entón e durante ducias de anos as noites xélidas e húmedas ao carón da Lonja Municipal serían o seu hábitat natural forxando unha lenda de persoa boa, incansable e traballadora que se extendería por todo o ámbito mariñeiro galego.
  • José Luis Gerpe Blanco D.E.P.

    José Luis Gerpe Blanco Descanse En PazDespois dun tempo de relativa calma en canto a falecementos de vecños do noso concello, lamentablemente toca voltar ás andadas. Este chuvioso e malhadado mércores 18 de abril fai exactamente unha semana que falecía en Bélxica, nación na que levaba rexentando un establecemento hosteleiro xunto á súa dona dende hai anos, Don José Luis Gerpe Blanco. Falecía Don José Luis despois dunha longa enfermedade aos 60 anos e deixaba como última disposición a de ser enterrado na súa terra, Camariñas, por elo o seu funeral terá lugar este xoves 19 de abril ás 16:30 horas na Igrexa Parroquial de San Xurxo, ese mesmo templo cristiano onde un 19 de xullo de 2008 un dos seus dous fillos, Luis, contraía matrimonio, recinto sagrado que acolle as penas e alegrías de toda unha vila dende hai máis de 200 anos. É por elo que Camarinas.eu quere dar o seu máis sinceiro pésame á familia nestes tristes momentos e anima aos seus lectores a acompañalos durante este duro trance. Don José Luis Gerpe Blanco, Descanse En Paz.
  • José Quiza Vázquez D.E.P.

    Manuel Alonso Freire e José xogando ás damas a principios dos 90A Praza Maior de Camariñas está de luto: aos seus 71 anos foise José Quiza Vázquez, un dos seus veciños de toda a vida. Falecía as 6 e media da mañán deste xoves 9 de febreiro de 2012 despois de que as complicacións que arrastrou durante os derradeiros anos se agravaran na noite deste pasado mércores sendo trasladado por elo de urxencia ao Hospital de Cee. Alí os médicos concedéronlle tan só unhas horas de vida, feito polo cal a súa familia decidío que si o desenlace fatal tiña que ter finalmente lugar fora na súa casa de sempre da rúa Tras Praza. Deixa José catro fillos, tres deles varóns residentes en Inglaterra os cales xa se atopan neste momento de camiño cara Camariñas. Os seus restos mortais están sendo velados no Tanatorio de Vimianzo e o funeral terá lugar este venres 10 de febreiro na Igrexa Parroquial de San Xurxo a partires das 15:30 horas. Alí será onde o seu pobo natal rinda a última homenaxe a un dos veciños de toda a vida da súa Praza Maior. Dende camarinas.eu sumámonos á dor da súa familia e enviámoslle o noso máis sinceiro pésame. José Quiza Vázquez, que Deus che teña na Gloria.
  • Arturo Rodríguez Castro D.E.P.

    O Señor Don Arturo Rodríguez Castro Descanse En Paz

    A paz proverbial, característica, do entrañable Lugar de Riás, en plena Buría profunda, víose alterada no día de hoxe co falecemento dun veciño querido e respetado por toda a veciñanza: o Señor Arturo Rodríguez Castro. Don Arturo, emigrado durante moitos anos en Holanda, deixa esposa, Dona María Luisa, e dous fillos, o noso querido amigo Arturo e Inés, esposa de Manuel de Lin, e abandoa este mundo aos 68 anos de idade debido a complicacións no corazón. Don Arturo operouse fai once meses da vena aorta, nembargantes pouco despois complicacións derivadas da operación fixeron necesario o seu ingreso na Unidade de Cuidados Intensivos (UCI). A consecuencia de todo elo foi que seu cerebro quedou sen riego sanguíneo e xa por elo foi trasladado a súa casa de Buría onde, baixo os constantes cuidados da súa familia, quedou encamado cáseque sen coñecemento ata este malhadado martes 10 de xaneiro de 2012 no que faleceu. Don Arturo será velado alí onde el sempre o desexou, a súa casa do Lugar de Riás, estando o enterro previsto para este mércores 11 de xaneiro na Igrexa Parroquial de San Xurxo ás 17:15 horas. Dende camarinas.eu animamos a todos os nosos lectores a que acompañen á súa familia nestes tristes momentos así como lle enviamos o noso máis sinceiro pésame. Don Arturo Rodríguez Castro Descanse En Paz.
  • Ramón Pasantes Luaces DEP

    Ramón Pasantes Luaces deixou este mundo hoxe aos 61 anos de idade

    Semana tráxica esta na que está a transcorrer a extensa ponte da Constitución en Camariñas. Onte martes día 6 de decembro morría aos 88 anos de idade a nosa querida veciña Natividad Jaureguízar Isasi máis coñecida como Nati de Cerdeiras que acaba de ser enterrada este mércores no Cemiterio Parroquial de San Xurxo de Camariñas. E hoxe tamén, 7 do mesmo mes en curso a eso da 1 da tarde recibíamos a tráxica noticia do falecemento do noso querido amigo Ramón Pasantes Luáces debido a unhas complicacións definitivas que viña arrastrando hai uns meses e que hoxe acabaron coa súa vida. Ramón tiña 61 anos e deixa neste mundo a súa muller e aos seus dous fillos Moncho e Luís. O enterro de Don Ramón Pasantes realizarase este xoves 8 de decembro ás 3:45 da tarde na Igrexa Parroquial de San Xurxo de Camariñas de onde partirá o corpo sen vida do noso amigo para descansar eternamente hacia o cemiterio parroquial. Dende Camarinas.eu queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias ás familias de Dona Natividad e Don Ramón. Descansen en Paz.
  • Germán Pasantes Vilas DEP

    Germán Pasantes era trasladado ata a lonxa acompañado polo Alcalde Pichurri

    Corría en Camariñas ao longo de todo este infausto domingo 13 de novembro de 2011 un vento desusado. Inusual, forte, salvaxe por rachas vendavaladas, estranamente quente. E entón foi cando tivo lugar a traxedia: o rapaz camariñán Germán Pasantes Vilas morría afogado ao naufragar a lancha na que saíra a faenar dentro da ría na compañía do seu pai. Eran sobre as 8 da noite cando se sentía por Camariñas o aleteo forte e estremecedor do helicóptero de salvamento sorprendendo a unha veciñanza adicada en aqueles momentos a contemplar desperdigada polos bares da vila as evolucións do derby galego que enfrentaba ao Deportivo da Coruña e ao Celta de Vigo. Ráfagas de luces aéreas peinaban desesperadamente a zona da Praia de Cedeira, a carón da centenaria fábrica conserveira, lugar onde tras abrirse unha vía de auga fórase ao fondo a pequena lancha na que Germán mailo seu proxenitor se atopaban, salvándose o pai dunha morte segura gracias a que sabía nadar. Unha vez en terra e ca anguria propia de quen teme pola sorte do seu querido fillo dou a voz de alarma e poñíase en marcha o dispositivo de salvamento. Pero nada se podía facer, finalmente atopábase non lonxe da rampa de Cedeira o corpo de Germán sin vida preto das 22:00 horas. Dende alí foron trasladados os seus restos mortais ata a lonxa de Camariñas onde supoñemos que foi certificada a defunción do noso querido amigo polo xuiz de turno. A redacción de Camarinas.eu quere expresar o seu máis sentido pésame á familia e amigos de Germán. O enterro deste rapaz está aínda por determinar. Germán Pasantes Vilas DEP.
  • Dona Carmen González Pérez DEP

    Señora Carmen xunto ao seu home José e a súa inseparable irmán TeresaEran sobre as seis desta desapacible e fría tarde de outubro cando a redacción de Camarinas.eu recibía unha desoladora chamada anunciando a morte da nosa querida veciña Carmen Gonzalez Pérez. Douse a terrible casualidade de que a nosa querida usuaria Gelinita estaba na Coruña esperando na sala do hospital para visitar a Señora Carmen na súa habitación cando o médico salío pola porta e anunciolles a morte de Carmen. Señora Carmen de 68 anos de idade levaba uns días ingresada no Hospital Juan Canalejo da Coruña por mor das graves consecuencias que viña sufrindo debido a diabetes. Esta gran muller levaba xa moitos anos loitando contra unha enfermidade que atacaba a súa saúde repetitiva e gravemente ata que hoxe ás 17 horas a enfermidade pudo definitivamente con ela. Carmen deixa neste mundo ao seu home, noso querido amigo José de Xaviña e as súas dúas fillas Nieves e Karina (nosa querida usuaria Pión).
  • D. Juan Tedín Arén DEP

    Juan Tedín Arén deixou este mundo o mércores 12 de outubro de 2011

    Este mércores 12 de outubro, Día da Pilarica e tamén Festa Nacional de España, falecía aos 88 anos de idade Don Juan Tedín Arén debido a unha grave enfermidade que o noso querido amigo levaba arrastrando xa fai uns anos e que acabou definitivamente coa súa vida. Don Juan levaba xa moito tempo retirado do que fora o seu traballo e pasión durante a súa vida: O Mar. Foi dende sempre un destacado lobo de mar de Camariñas sendo tamén armador de varias embarcacións entre as que destacou por enriba de todas o mítico barco "Caracol" que é aínda recordado por novos e vellos na nosa vila. O caso é que, debido a problemas técnicos derivados dunha actualización crítica do noso xestor de contidos, Camarinas.eu non pudo publicar a noticia da morte de D. Juan Tedín Arén no seu momento. A estas horas xa o noso vello amigo descansa para sempre no Cemiterio Parroquial de Camariñas e nos, dende Camarinas.eu queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Juán Tedín Arén. Descanse en Paz. Ata sempre.

     

  • Manolo Trillo Lemus DEP

    Manuel Trillo morreo este xoves 6 de outubro de 2011

    Este xoves 6 de outubro de 2011 falecía o que foi unha auténtica leyenda camariñana. Falecía aos oitenta anos de idade Manuel Trillo Lemus máis coñecido na nosa vila como Sujas. O Señor Manolo nacera nunha aldeiña de Vimianzo de onde ven para Camariñas sendo un bebé. Aquí crecío entre as correduiras da Rúa do Medio para despois, xa feito un mozo, casar coa que sería o amor da súa vida para sempre: súa muller Ruja. Despois viñeron os anos da emigración na próspera cidade británica de Londres onde tantos e tantos camariñáns levaron as súas ilusións e esperanzas. Alí, nese pais que a súa muller chamaba "O noso País" naceron as súas fillas e viviron gran parte da súa vida aínda que sempre lembraban a súa terriña nai. Cando se retiraron da vida laboral o matrimonio composto por Señor Manolo e Ruja voltou á súa querida Vila de Camariñas onde os podíamos ver sempre xuntos paseando pola vila ou en calqueira bar de Camariñas ata que este xoves Sujas perdeu unha dura loita contra unha longa enfermidade que viña padecendo dende anos atrás. O enterro celebrarase este venres 7 de outubro na Igrexa Parroquial de San Xurxo de Camariñas a unha hora que está aínda por determinar. Dende Camarinas.eu queremos expresar a nosa máis sinceira condolencia a toda a familia e amigos de Señor Manolo. DEP.
  • Reinaldo Tajes DEP

    Foise noso querido amigo Reinaldo Tajes. DEPNa tarde do desapacible martes 30 de agosto, víspera de San Ramón, falecía sobre as 20:00 horas e despois de loitar duramente cunha grave enfermidade un dos grandes pioneiros da hostelería en Camariñas: o noso querido amigo e compañeiro Reinaldo Tajes, fundador do establemento que marcou un antes e un despois na Vila das Palilleiras: "Café Bar El Pinar". Dende hai uns anos, dende que a enfermidade se fixo forte no seu corpo, podíamolo ver paseando sempre xunto á súa dona María nunha cadeira de rodas polo Paseo Marítimo de Area da Vila  e departindo amigablemente co grupo de xubilados que tódalas tardes compareten vivencias en calqueira dos bancos que surcan o citado paseo camariñán.
  • Manolo Quintana López DEP

    Lembranza de Juanillo ao Señor Cruseiro

    Juanillo adica unha emotiva noticia a Manolo

    Na tarde do Domingo 21 de agosto, falecía Manuel Quintana López, máis coñecido como O Cruseiro, aos 88 anos de idade. O Señor Cruseiro etaba casado coa Señora Carmen Pasantes Mouzo (falecida fai case 6 anos) e pai de 5 fillos, Julio, Carmen, Loló, Victoria e Jose Manuel,  que faleceu sendo moi noviño por mor dunha enfermidade. O Cruseiro como o coñecían en Camariñas era un home de mar, un traballador auténtico, un home que o dou todo para sacar a súa familia adiante.
  • Fernando Martínez Romar DEP

    Fernando nunha das súas últimas imaxes na Sardiñada do Carmen

    Este martes 26 sobre as 11 dunha fría e pouco habitual noite de xullo noso querido amigo e veciño de Buría Fernando Martínez Romar sofría un fulminante ataque ao corazón que acababa coa súa vida mentras paseaba coa súa bicicleta á altura do Bar Gaviota. Fernando, de 44 anos de idade estaba solteiro e actualmente realizaba esporádicos traballos de transporte co seu pequeno tractor despois de toda unha vida adicada ás duras labores do traballo na construcción na empresa do seu irmán O Sariño. O corpo sen vida de Fernando atópase nestes momentos no Tanatorio San Vicente de Vimianzo e será enterrado hoxe xoves 28 de xullo ás 7 da tarde no Cemiterio Parroquial de Camariñas. Dende Camarinas.eu queremos expresar as nosas condolencias á toda a familia e amigos do noso amigo Fernando. Descanse en Paz.
  • Ramón López Gerpe - DEP

    Ramón López, nunha das súas últimas imaxes na comunión do seu neto Luis

    Semana tráxica no que respecta a accidentes e sucesos no Concello de Camariñas. Á amarga e siniestra morte de Ismael Romero Grela no accidente de circulación ocurrido o martes 28 de xuño sumouse este sábado noite outro grave accidente no que un turismo tripulado por dúas mulleres veciñas da Ponte do Porto salíase da calzada derrubando completamente un muro á altura da Piosa na parroquia de Xaviña. Unha delas salía malparada do fatal sinistro resultando gravemente ferida. E onte, a eso das 11 da noite recibíamos unha chamada da nosa gran amiga Ángeles López na que se nos informaba da morte do seu pai Ramón López no hospital comarcal de Cee por mor dunha grave enfermidade que levaba arrastrendo dende fai varios meses.
  • Falecemento de Adolfo Carril Bermúdez

    Parece como si unha maldición terrible hubera descendido dende os ceos sobre Camariñas e pouco a pouco, de maneira infatigable, cobrara o seu tráxico tributo de sangue. A este paso para cando construian o maldito e tan polémico tanatorio de marras non vai facer falta porque aquí xa non vai quedar ninguén. Este sábado 6 de novembro de 2010 cara as 21:00 horas todos os que estabámos a pasar un rato de lecer no Café Bar Arnela recibíamos con estupor e grande dor a noticia que empezaba a filtrarse polos mentideiros camariñáns de que unha persoa entrañable e querida, especial e afable, como Adolfo Carril Bermúdez, o noso querido Chao,  acababa de falecer dun ataque ao corazón ás portas mesmas da súa casa, na Avenida da Coruña. Especialmente doloroso foi ver caer as bágoas pola cara de toda unha leyenda viva de Camariñas, o gran Jamela, amigo íntimo de Chao (precisamente acababan de ser evocadas na sección de Juanillo aqueles episodios do fútbol camariñán dos 70 que tiveron a estes dous grandes amigos de protagonistas e nos que Chao foi bautizado con toda xustiza como "El Gato de Odessa"). Según puidemos saber despois, Chao levaba xa un tempo padecendo problemas do corazón que se agravaron últimamente, por elo estaba citado para unhas probas no Hospital Comarcal de Cee para o mércores día 10, nembargantes na tarde deste sábado empezouse a sentir mal e así decidiron levalo de urxencia ata o PAC de Vimianzo, desencadenándose a traxedia nas escaleiras da súa casa. Posteriormente chegaría unha ambulancia que trataría de reanimalo cun desfibrilador, sendo os seus esforzos infructuosos.  Gran madridista, prácticamente non se perdía un só encontro do seu amado Real Madrid, por elo, as nove da noite deste domingo 7 de novembro case con total seguridade poderíamos ver a Chao no Café Bar José Manuel disfrutando do seu equipo da alma no derby contra o Atlético de Madrid. Desgraciadamente, non puido ser así. O seu funeral terá lugar este luns 8 de novembro ás 12:00 na Igrexa Parroquial de San Xurxo e os seus restos mortais están sendo velados no Tanatorio de Vimianzo. Adolfo Carril Bermúdez, Descanse En Paz.