• Expulsión definitiva para Viproga SL do Club Náutico de Camariñas

    Un 20 de novembro de 1975 finiquitou para sempre o Xeneralísimo Francisco Franco Bahamonde e un 20 de novembro de 2012 van finiquitar de xeito definitivo asemesmo os soños de grandeza de Viproga SL. Dúas okupacións ilegais (unha, a do lexítimo goberno da República; outra a das instalacións dun Club Náutico) derivadas de sendos golpes de estado que ven o seu triste e lamentable final nunha mesma data cargada do pesado simbolismo que otorga a historia. Atrás quedarán os 300 días de okupación ilegal que pasarán aos anales da infamia. Os día do descaro máis inaudito en toda a historia de Camariñas, da agresión maís alevosa e flagrante, da ilegalidade máis sorpresiva e absoluta, da desvergonza máis descarnada e brutal. Todo un longo proceso de desquiciamento e alegalidade que relatou paso a paso Camarinas.eu e que chega desta forma ao seu vergoñante final postrero. Parece que non haberá máis campañas electorais diseñadas e organizadas dende as instalacións do CNC.
  • Pleno Ordinario de Marzo 2011 no Concello de Camariñas

    Tarde bochornosa en Camariñas a deste pasado venres 25 de marzo e non só por cuestións estrictamente metereolóxicas. E eso que a cousa empezou ben: uns rapaces do Instituto Pedra da Aguia leron uns escritos en favor da defensa do medio ambiente, da igualdade entre xéneros, da inmigración, que os políticos se baixen os seus soldos e gasten os cartos con xeito, a que non haia guerras e, bueno, todas esas cousas. Ahí acabou o sentido común e sen dúbidas presentindo o que se viña enriba, os chavales, unha vez rematados os seus discursos, marcharon escopeteados como balas. Logo aprobouse por unanimidade unha modificación da ordenanza fiscal de deportes e cultura que non pareceu importar moito a nadie, houbo dúas mocións socialistas a favor da Muller Traballadora e da instalación da ITV en Zas e o enésimo rogo solicitando a construcción dunhas barandillas na Rúa do Castillo que o PP de Camariñas acometerá sin falta unha vez celebradas as eleccións municipais.
  • Reunion dos deputados autonomicos do PP en Camariñas

    Un 14 de xullo de 1789 o pobo de París asaltaba a fortaleza da Bastilla e daba comenzo a Revolución Francesa. Un 14 de xullo de 2009 os parlamentarios autonómicos do PP de Galicia desembarcaban nas instalacións do Club Náutico e tiña lugar unha das reunións que periódicamente celebran en distintas poboacións da Comunidade Autónoma. Gracias á chamada dun dos nosos múltiples usuarios poidemos saber da reunión que a partires das 11:00 da mañán tivo lugar no Salón de Actos do CNC e da rolda de prensa posterior que se iniciou pasadas as 12:30.
  • Entrevista a Daniel Rego, lider do PP de Camariñas

    Remarcando o carácter independiente, obxectivo e imparcial que define a camarinas.eu, os redactores do principal diario on-line camariñán elexiron para a segunda entrevista da sección de análise "Claves" ó Presidente do PP de Camariñas, Daniel Rego González. O líder da oposición municipal pasou revista a actualidade política do Concello de Camariñas nunhas explosivas e contundentes declaracións, nas que ademáis de axustar contas co anterior alcalde, Juan Bautista Santos Ramos, deixa clara a súa vontade de permanecer como líder dos populares Camariñáns ó menos catro anos máis.