• Dani Castro, un camariñán na selección benxamín de fútbol sala da Costa da Morte

    Novo recoñecemento hacia a Escola de Fútbol do FC Camariñas coa inclusión dun dos seus xogadores da categoría benxamín na selección da Costa da Morte de fútbol sala. Este pasado venres 22 de febreiro o canteirán do Camariñas Dani Castro recibía a noticia da súa selección por parte do equipo técnico na súa casa de Xaviña xunta a súa familia. Os pais de Dani cóntannos que o neno está superilusionado con este novo reto e que espera dar todo o mellor de si neste equipo que representará a nosa comarca por gran parte dos pavillóns de Galicia. E aínda que foran convocados ata cinco pequenos futbolistas da canteira do FC Camariñas (4 benxamíns e 1 alevín) preseleccionados para as probas preliminares deste conbinado, tan só pudo quedar un deles entre tanta competencia de nenos de todos as escolas de fútbol da costa. Así, tanto Dani Castro como todos os seus compañeiros do FC Camariñas como tamén todos os pais e nais que levan a cabo todo o traballo de organización desta Escola de Fútbol ven recompensado todo o traballo que se leva feito dende que hai pouco máis de un ano se crearan as categorías inferiores do FC Camariñas. Noraboa!

  • Nenos da escola de fútbol do FC Camariñas na selección da costa

    Vamos con outro recoñecemento á canteira do FC Camariñas. Despois do chamamento por parte do RC Deportivo da Coruña ao camariñán Mateo Sar na temporada pasada é agora a selección da Costa da Morte a que se fixa na exitosa sección base do FC Camariñas. Na tarde deste domingo 27 de xaneiro de 2019, catro xogadores do equipo benxamín da Escola de Fútbol do FC Camariñas tiñan unha cita futbolística na vila de Corcubión despois dun intenso fin de semana de fútbol en Camariñas. O motivo deste desprazamento era nin máis nin menos que o chamamento por parte da dirección técnica da selección da Costa da Morte a estes catro pequenos futbolístas para realizar uns adestramentos de proba. Os nenos da canteira do FC Camariñas seleccionados para este adestramento da selección benxamín da costa foron Borja Pérez, Mateo Sar, Xabier López e Dani Castro que marchaban cara Corcubión moi motivados a esta cita histórica que recoñece o gran traballo desenrolado pola escola de fútbol do FC Camariñas. Dende estas páxinas dámoslle a noraboa a estes pequenos-grandes futbolístas que están a levar con orgullo o nome de Camariñas por toda a Costa da Morte. Noraboa rapaces!

  • Grave lesión de Dani Castro, xogador dos benxamíns do FC Camariñas Base

    Comezaban hai un par de semanas os adestramentos do FC Camariñas Base dos adestradores Ordoñez e Alberto cuns rapaces cheos de ilusión por comezar a tempada 2018/19. Pero a desgracia cebábase co equipo dos benxamíns e no adestramento deste luns pasado, nunha caída fortuita, o central xaviñán Dani Castro sofría unha gravísima lesión que tuvo como consecuencia a fractura do cúbito e o radio do seu brazo dereito. Inmediantamente foron avisados os servizos médicos pero debido á falta de ambulancias no PAC de Vimianzo decidíuse trasladar ao pequeno deportista en coches particulares ata o Hospital Virxe da Xunqueira de Cee. Alí os facultativos tiveron que operar de urxencia ao xenial centrocampista da canteira do FC Camariñas para evitar males maiores. Poucas horas despois Dani Castro era dado de alta e trasladado ata a súa casa de Xaviña onde se está a recuperar de tan grave lesión. No derradeiro partido amistoso que enfrontaba aos benxamíns do FC Camariñas co Vimianzo os compañeiros de Dani quixeron ter un xesto co seu amigo e adicáronlle un homenaxe antes de desputar o encontro. Os rapaces de Ordoñez e Alberto regaláronlle un balón de fútbol ao seu compañeiro desexándolle ante un público emocionado unha pronta recuperación. E dende esta redacción tamén queremos sumarnos ao noble detalle dos benxamíns do FC Camariñas para ver a Dani canto antes xogando ao seu deporte favorito. Moito ánimo Dani!!