• Cartel del Primer Festival del Legado del Tibu en Xaviña

    Pois xa está aquí, o flamante cartel do primeiro Festival do Legado del Tibu que se celebrará o próximo 12 de xullo de 2014 na área recreativa da Praia do Ariño en Xaviña. O encargado de organizar todos os detalles do evento que promete xuntar a centos de persoas na milenaria parroquia de Xaviña non é outro que o noso querido amigo Félix García Ínsua, hostaleiro de éxito xaviñán en Santiago de Compostela e ás Rías Baixas.  Como decimos, o acto realizarase este próximo 12 de xullo e contará coa actuacións dos mellores Dj´s a partires das 23 horas. Así mesmo, realizarase unha espectacular pulpada e churrascada amenizada por varios grupos musicales de éxito. Desde Camarinas.eu queremos felicitar a todos os nosos amigos integrantes da Asociación LEGADO DEL TIBU por esta gran iniciativa. Para informarse mellor vos recomendamos ler o cartel que nos mandan nosos colegas Félix García e Damian Pereira.
  • A lenda de Damián Pereira espándese, o legado sae nos informativos nacionais

    Sigue extendéndose a lenda de Damián Pereira "Tibu" por toda a xeografía galaica sin solución de continuidade e agora traspasa xa as fronteiras dos Ancares. Desta vez o medio de comunicación que se fai eco desta impresionante actividade viral é o canle de ámbito nacional Cuatro que no seu informativo desta tarde venres 30 de maio de 2014 adica unha pequena reportaxe sobre o #Legadodeltibu na que os reporteiros da canle privada contan a impresionante repercusión desta na cal xa se contan por miles de persoas os que se mollaron por conta de non pagar unha suculenta mariscada aos seus nominadores. Damián Pereira"Tibu", o responsable de toda esta festa social, falaba para os micrófonos dos informativos dende o aeroporto de Santiago de Compostela, ata onde chegou dende terras helvéticas para presenciar o vital partido de fútbol da Liga Adelante entre o Deportivo e o Xaen. De saír victorioso o conxunto coruñés éste conseguiría o ascenso directo a primeira división do fútbol español e, como levan dicindo moitos dos membros do grupo #LegadodelTibu en facebook, sería unha gran oportunidade para lograr facer un mega legado na fonte de Catro Camiños para celebrar dito ascenso. O legado parece non ter límites e son cada vez máis as mostras de recoñecemento dende todos os medios de comunicación que se fan eco desta festa acuática que o noso amigo Damián Pereira, veciño de Xaviña e residente en Suiza, levou ata convertila nunha lenda.
  • Legado del Tibu, Pichurri nominado por Camarinas.eu

    As nominacións sucédense sen solución de continuidade e acaban chegando ata as máis altas xerarquías. Unha vez posta en marcha a maquinaria acuática infernal do Legado del Tibu era cuestión de tempo que importantes persoeiros municipais acabaran véndose contra a espada ou a parede (esto é, a mariscada ou a pingadura). Incluso algún que agazapado na súa cálida guarida sureña confiaba en que escampase sen maiores complicacións acabou condeado a un riguroso pelotón de fusilamento en forma de xélido mangueirazo a presión. O reo condeado en virtud de nominación sumaria dictada polo Presidente do Tribunal Revolucionario de Camarinas.eu, Diego Alonso Freire, non foi outro que un dos redactores históricos desta redacción, Zhúkov, o cal nun vídeo premonitorio, nun día que acabaría por entrar na leyenda, cunha interpretación digna do Método Stanislavsky, cumprío co rito e fixo as súas impactantes nominacións: dous antigos colaboradores de Camarinas.eu, Lucía Carril Ageitos e o broker porteño José Manuel Souto Bello e... o Alcalde de Camariñas, baixo forte pena de pago dunha suculenta mariscada nun dos elitistas ristorantes de O Grove. E eso como di o vídeo, colegas, non é moco de pavo... ¿Aceptará o Alcalde de Camariñas o guante lanzado pola redacción de Camarinas.eu? Que siga la fiesta.
  • Damian Pereira O Tiburón do #legadodeltibu fala para Camarinas.eu

    A gran persoaxe do momento fala para Camarinas.eu. Faino en exclusiva, como corresponde ao principal medio de comunicación da Costa da Morte, a través dun vídeo especial no que dende Suiza o creador do maior fenómeno de masas que se lembre neste remoto recuncho atlántico pasa revista ao xa realizado e adianta os seus vindeiros pasos. Estaba lonxe de imaxinar o xaviñán Damián Pereira, Tiburón para os seus amigos, ata onde chegaría o #legadodeltibu, que centos, miles de persoas, gustosas, aceptarían tras ser nominadas un baño de auga xeado a cambio de non pagar unha suculenta cea. Mariñeiros, comerciantes, parados, alcaldes, curas, etc... todos á auga. Un grupo en facebook que conta xa con máis de 1.000 integrantes. Pero non se contenta con elo e en esta primicia Damián nos adianta que entre as novedades que se avecinan xa se inclúe unha quedada masiva no Ariño para o mes de agosto, churrasquiño incluido, cando el esté de volta por estas terras, a posta a venta de camisetas oficiais de #legadodeltibu cuia recadación irá íntegra á Asociación de Loita contra o Cancro. Pero será mellor que volo conte, el, o creador da maior experiencia de ilusión colectiva da historia da Costa da Morte.