• ITV para motos en Camarinas

    As estruendosas explosións sónicas da clásica Moto-reactor camariñana que perforaban os nosos sufridos tímpanos a unha aceleración decibélica ensordecedora poden haber chegado ao seu fin. O caso é que a unha web como camarinas.eu nacida no seno do pobo humilde ("eu nacín en Castrelo, entre o esterco...", como di a menudo un gran amigo desta redacción) gústalle siempre patear as calles en busca de información fresca que ofrecer aos seus lectores, e desta forma na mañán de hoxe atopamos que a empresa Supervisión y Control estaba a pasar no Pavillón Municipal de Camariñas a ITV ás motos incidindo de maneira especial no control dos decibelios sónicos emitidos polas mesmas.
  • Paseo Maritimo de Camariñas Fase 2

    Os veciños de Camariñas estamos a ver ultimamente un gran apuro nos últimos traballos que se están a levar nunha das obras máis importantes que se realizaron nos derradeiros 20 anos en Camariñas. E é que as obras que se están a levar a cabo na fachada marítima da nosa vila que supoñen unha total remodelación do paseo da praia e o saneamento  integral que levará as augas residuais do noso pobo cara a nova depuradora construida recentemente na zona de Portocelo constitúen un avance máis que notable no benestar e calidade de vida de todos os veciños de Camariñas. O caso é que xa se pode apreciar nitidamente como vai a quedar a estructura final deste paseo e que podes ver nunha ampla galería fotográfica marca da casa dentro desta noticia.
  • Mensaxe nunha botella, Reportaxe da TVG sobre Camarinas.eu

    A semana pasada a redacción de Camarinas.eu recibía un correo da productora Plató 1000. A misiva encheu de ledicia a esta redacción xa que a dita productora, que traballa para a Televisión de Galicia, pretendía realizar unha pequena reportaxe sobre unha das noticias que publicara Camarinas.eu hai uns meses. "Mensaxe nunha botella", a noticia que nos puxo en contacto co rapaz francés Romain Chavantré, era a nova que a TVG quería recrear nun pequeno documental para un programa infantil chamado "O País dos ananos".
  • Unha perla dentro dunha ameixa da Praia do Ariño

    Xa decía camarinas.eu que este tema do suposto cambio climático non só iba a traer beneficios ben cremosos para os novos gurús muchimillonarios defensores desta teoría os cales viven en Beverly Hills nas súas mansións de 100 millóns de dólares como o renovado político americano Al Gore no seu novo e pouco creible papel de ecologista en acción, e aquí está a prova: O víspera do Carme, o noso querido amigo e usuario Jose "O Ranchito" sentouse na mesa da súa casa para degustar unhas ameixas provintes da Praia do Ariño (Xaviña) cando no medio dun destes bivalvos lle apareceu pegada á súa carne unha preciosa perla. Tivo suerte o noso amigo Ranchito de non hincarlle os dentes pois hoxe estaríamos falando dun home con un par de muelas menos.
  • O Tercer Reich en Camariñas - Unha reportaxe de Camarinas.eu

    Retomando un tema xa apuntado nunha das seccións dos nosos colaboradores, esta redacción faise eco dun acontecemento ocurrido o 13 de agosto de 1943 e que situou a Camariñas no ollo do furacán da Segunda Guerra Mundial. A redacción de Camarinas.eu retoma a vía da investigación cunha reportaxe co selo de calidade característico da web máis importante de toda a Costa da Morte.
  • Cristina García Eisman, gañadora do Mostra Beauty

    Co fin da XVIII Mostra do Encaixe, remata tamén o "Mostra Beauty", o concurso de beleza ideado por camarinas.eu para que os seus lectores elexiran a modelo máis fermosa ao seu xuizo dos distintos desfiles da maior feira mundial adicada ao encaixe de bolillos. A elección non era fácil, 12 auténticas belezas compartían pasarela este ano, entre elas dúas espectaculares rusas de tipo eslavo que fixeron as delicias de algún colaborador desta web. Pero a gañadora  final do mesmo resultou ser a viguesa de 27 anos Cristina García Eisman, a cal é toda unha veterana da nosa Mostra xa que éste era o oitavo ano que participaba na mesma. Ademáis da profesión de modelo, Cristina é toda unha empresaria, xa que é propietaria dunha empresa adicada a organización de eventos na cidade olívica. A gañadora do "Mostra Beauty" acadou un total de 176 votos, cunha ventaxa de 39 respecto á modelo que acabou en segundo lugar, a número 10, a cal conseguío 137. O terceiro e cuarto posto acabaron nas mans das dúas modelos rusas, que despois de ir por diante os dous primeiros días acabaron desfondándose ante as nosas belezas nacionais. O total de votos dos lectores nos tres días de concurso foi de 645.
  • Anuncio de TV da XVIII Mostra do Encaixe de Camariñas

    Ao longo de toda esta semana pasada xa poidemos ver na TVG e nas desconexións rexionais das distintas televisións de ámbito nacional o que é o anuncio da XVIII Mostra do Encaixe, o cal nos foi remitido por un dos nosos máis queridos usuarios que o capturou él mesmo da televisión. Debemos recordar que este spot foi rodado pola productora coruñesa Lúa Films, que se puxo en contacto con camarinas.eu recabando voluntarios para saír no video, e así a nosa Camariñas Beauty máis cremosa, Maytiña, ten un papel clave que fai do video unha auténtica obra maestra por obra e gracia dunha das camariñanas máis fermosas.
  • Exclusiva: Comeza a segunda fase do paseo marítimo de Camariñas

    Sobre as 16:00 horas deste martes 4 de marzo comenzaron oficialmente as obras para a construcción da segunda fase do paseo marítimo de Camariñas, que continuará o trazado actual ata chegar ao espigón vello no que se realizará un trazado peatonal. As obras foron adxudicadas polo goberno socialista de Touriño da Xunta de Galicia cun orzamento de 1,5 millóns de euros e serán levadas a cabo pola empresa de construcción Lopez Cao.
  • A productora de Television Lua Films busca a figurantes para o anuncio da Mostra

    Nos xa sabíamos que unhas rapazas con tanto glamour, fermosura e intelixencia coma as nosas Camariñas Beauty ían a chegar lexos, pero o que non sabíamos era que isto ocurriría tan pronto. Recoñecendo a importante labor que esta humilde web está a realizar polas xentes de Camariñas, hoxe a productora Lúa Films púxose en contacto con camarinas.eu para anunciar que están a buscar figurantes de entre 25 e 40 anos para realizar un spot televisivo para a Mostra do Encaixe, pero sobre todo mostráronse especialmente interesados polas nosas catro Beautys. Pulsa na foto para ver a mensaxe que Lúa Films nos enviou e como poñerse en contacto ca mesma todos aqueles interesados en aparecer no spot televisivo.
  • A Loteria Nacional recoñece a beleza do Faro Vilan nun décimo de lotería

    Un fiel usuario de camarinas.eu fainos chegar dende A Coruña un billete da Lotería Nacional correspondente ao sorteo celebrado este sábado 16 de febreiro no que a imaxe que ilustra o citado billete non pode ser máis fermosa (e non estamos a falar das Camariñas Beauty): o faro máis fermoso do mundo, o Faro de Cabo Vilán. Nestes últimos tempos estamos asistindo a un recoñecemento da importancia e a beleza do faro de Camariñas frente ao olvido e lugar secundario que ocupaba o noso faro respecto a outros como a Torre de Hércules ou o Faro de Fisterra. E é que ao final triunfa o sentido común e a fermosura incomparable do noso faro, auténtica seña de identidade de Camariñas e por extensión de toda a Costa da Morte, ábrese paso por toda España a través dos diversos recoñecementos que estos últimos anos está a acadar. Neste punto tamén temos que recordar que unha montaxe fotográfica sobre a XVIII Mostra do Encaixe obra do director desta web, xa foi elixida para ilustrar un billete da ONCE. Así que agora que os camariñáns ilustramos os máis diversos billetes de loterías xa sólo falta que nos toquen aquí.
  • Fotos Históricas: Colexio Nacional de Camariñas, un detalle para a nosa nova usuaria Rocío A Piruca

    Nesta ocasión "Fotos Históricas" publica unhas imaxes que nos fai chegar unha das nosas usuarias, que tras superar o implacable exame de calidade do tribunal de camarinas.eu saen con tódolos honores na nosa portada, e nas que aparecen un grupo de rapazas do Colexio "O Areal" pertencentes á xeración dos anos oitenta de Camariñas, entre elas a nosa nova e fiel usuaria residente en Canarias e camariñana ata a médula Rocío "A Piruca".
  • Novo aspecto do Cementerio dos Ingleses: Un lugar emblemático de Camarinas

    Estaba a mañá deste martes de carnaval camarinas.eu facendo unha desas viaxes de vagabundeo que tan famosa fixeron a esta redacción e que case sempre solen acabar nunha reportaxe medio cativa, cando a nova unidade móbil, aínda máis destartalada que a anterior recalou nun lugar lexendario do Concello de Camariñas: o Cementerio dos Ingleses. Pulsa na foto para ver o novo estado dos exteriores do cementerio e un vídeo.
  • Héroes de Camariñas: O Nuestra Madre Loreto volve a salvar inmigrantes dunha morte segura

    O barco pesqueiro "Nuestra Madre Loreto" con base en Santa Pola (Alicante) e tripulación formada maioritariamente por camariñáns volveu, no día de onte, a demostrar a madeira da que está feita a xente mariñeira de Camariñas salvando dunha morte segura en alta mar a catro inmigrantes africanos. Esta proba de heroicidade súmase á que xa demostraron a mediados do mes de xuño cando, tras diversas peripecias, poideron desembarcar a 25 inmigrantes e un cadáver no porto de Trípoli (Libia).
  • María Manuela Ramos Gesto, veciña de Camariñas, protagonista dun documental da TVG

    Nun programa da TVG chamado "Doa a Doa" Camariñas tamén está presente coa testemuña dunha das mulleres máis vellas e experimentadas de Camariñas: María Manuela Ramos Gesto, nacida en Camariñas en novembro de 1922 e muller chea de experiencias na súa vida. Filla de Andrés da Cotarra e muller do xa finado Pepe de Cariño (fillo de José Pequeno), María ou Maruja da Cotarra como se coñece a esta gran muller en Camariñas, tivo que emigrar moi nova a Inglaterra. Con 5 fillos novos e o seu home enfermo colleu as rendas da súa casa e da súa vida e embarcouse para Londres donde estivo máis de 40 anos traballando para manter aos seus. Agora, Maruja, xa retirada e descansando na súa casa, leva unha vida tranquila e só a podemos ver de vez en cando comprando na súa tenda preferida, a tenda de Dulia, a súa irmá. Neste programa podemos ver as historias dos nosos maiores que lembran persoalmente as anécdotas da súa vida.
  • Visitan o Faro Vilán de Camariñas importantes directivos de Inditex

    Ben sabido é de todos que o Faro Vilán de Camariñas non fai máis que recibir visitantes: é sen dúbidas o punto de atracción de turistas máis importante que temos no noso Concello debido a unha ubicación xeográfica privilexiada e a unha construcción arquitectónica sinxelamente perfecta. A súa beleza fala por si mesma. Por elo da man do noso querido amigo Héctor Alonso, un importante executivo de Inditex visitou o noso Faro na mañán deste martes 23 de outubro de 2007.
  • A grandeza do pobo de Camariñas: Loliño do Santallo e Chao colaborando no mantemento do paseo

    John Fitgerald Kennedy, primeiro e ata o de agora único presidente católico dos USA, dixo no ano 1961 nunha das súas máis celebradas intervencións unha frase que define perfectamente o que é esa gran nación chamada Estados Unidos de América: "Non se trata do que o teu país poda facer por ti, senón do que ti podas facer polo teu país". Esta frase reflexa un carácter independente, liberal, patriótico, un carácter que non se está a queixar constantemente de todo, que non pide que outro (¿o Estado?) solucione os problemas, que asume a súa responsabilidade e procede directamente a atacar os problemas sen esperar intervencións alleas. Reflexa un carácter que fai grande a unha nación. E isto foi exactamente o que fixeron hoxe dous veciños de Camariñas (Chao e Lolo do Santallo) no novo paseo marítimo do seu pobo:colaborar desinteresada e voluntariamente no mantemento das árbores. Aínda que algúns digan que Camariñas é un pobo de piratas que se adica a desvalixar yates ou no que anidan os chamados "terroristas do mar", estes cidadáns do noso concello demostraron o auténtico valor do que hoxe en día significa ser camariñán: unha persoa altruista, desinteresada, patriota do seu concello, colaboradora e xenerosa cos seus veciños. Un carácter que fai grande a un Pobo e a un Concello.
  • Fotos Historicas: O día de Noiteboa do ano 1985

    Esta foto foi sacada na igrexa de San Xurxo de Camariñas o día de Noitebóa do ano 1985. Corría polo tanto a década dos oitenta. Aínda era cura párroco de Camariñas Don Antonio Velo, antes de que... bueno, antes de que pasara todo aquelo. Algúns dos integrantes desta foto, tristemente hoxe xa non están con nós. Pasaron moitos anos, máis de vinte, pero dende camarinas.eu recordamos con cariño e respeto aos compañeiros ausentes. 
  • Fotos Históricas: FC Camarinas Campeon da Copa da Costa

    Nesta foto podemos ver a algúns dos usuarios desta web, como Juanillo, Jose de Marta ou Weah, que aínda era un chaval, celebrando un triunfo histórico que enchío de ledicia a todo o pobo de Camariñas. Xunto co equipo de finais dos setenta que incluso chegou a xogar en Rexional Preferente, éste tamén foi un dos equipos míticos que conformaron o F.C. Camariñas. Algúns destes xogadores aínda están en activo, pero a maioría xa abandonaron a práctica do fútbol, pero eso sí, cunha Copa da Costa baixo o brazo. ¿Pero sabes cales son os nomes de todos os xogadores deste equipo histórico do FC Camariñas?
  • Fotos Históricas: O tempo do recreo no Colexio O Areal de Camariñas

    Aquí vos traemos outra foto na cal podemos ver a un grupo de escolares do noso pobo no patio da escola de Camariñas durante o recreo. Xa pasaron anos dende que a profesora Aurora xuntara a estes rapaces para sacar esta imaxe histórica. Polo menos vinte no momento de escribir este artigo que publicamos aquí en exclusiva. Sabemos os nomes de casi todos os rapaces excepto de catro aos que non conseguimos poñer nome. Axúdanos comentando esta noticia.
  • Fotos Históricas: O Presidente da Xunta Gonzalez Laxe en Camariñas

    Aquí temos unha imaxe histórica de cando Fernando González Laxe como presidente da Xunta visitou Camariñas en 1989 con motivo da campaña electoral das eleccións autonómicas que levaron a Manuel Fraga en volandas á Xunta de Galicia. Un día histórico no que a antiga Praza Maior da Vila das Palilleiras rexistrou un auténtico cheo ata a bandeira de socialistas camariñáns nun esforzo que finalmente se revelou como infructuoso. Na imaxe que ilustra a presente noticia pódese ver a un dos redactores de esta web abrazado a que era naquel entón Presidente da Xunta. Xa pasaron anos e o aspecto de Diego cambiou un pouco..., máis ben parécese ao tipo de barba que aparece na banda dereita. Como se pode observar, Diego era un seguidor acérrimo do Betis debido á súa ascendencia andaluza aínda que hoxe en día prefira ao Sevilla: un equipo realmente español. E dentro desta noticia: outro redactor de Camarinas.eu o mesmo día e no mesmo lugar. Predestinacións da historia.