• O programa "Perdidos en Galicia" graba un programa en Camariñas

    Perdidos en Galicia, un programa producido polo novo canle autonómico do grupo La Voz acaba de lanzar o seu capítulo adicado á Vila de Camariñas. Foi hai unhas semanas cando unha cuadrilla de descoñecidos (agora xa máis populares) rodeados con varios cámaras e operadores de sonido deambulaban por Camariñas adiante en busca dos ingredentes necesarios para realizar unha queimada. Ese era o principal argumento deste programa que foi emitido este domingo en prime-time polo exitoso canal galego.
  • Video promocional de Camariñas

    O Concello de Camariñas ven de estrenar recentemente na súa web unha serie de dous videos co fin de promocionar, entre outras, as excelencias paisaxísiticas do noso concello polos catro puntos cardinais. Dito video foi financiado pola Deputación Provincial da Coruña e realizado integramente polo Grupo La Voz de Galicia. Grupo que experimentou un gran salto de calidade ao fundar o seu propio canle de televisión coñecido por todos como V Televisión. A producción audiovisual céntrase principalmente nos aspectos máis turísticos do Concello de Camariñas. Ademáis podemos escoitar pequenos cortes onde visualizamos entrevistas a diversos persoeiros representativos de Camariñas coma o Alcalde Pichurri e a Lola de Xaviña como Presidenta das Mariscadoras entre outros. 
  • O Restaurante camariñán Puerto Arnela na TVG

    Continúa a fiebre televisiva adicada a establecementos hosteleiros de Camariñas. Programa va, programa viene. Se hai tan só unhas semanas a canle V Televisión a través do programa "De Bares" adicáballe unha edición ao Café Bar Arnela, desta volta foi o seu irmán pequeno, o Hotel Restaurante Puerto Arnela, o que era honrado ca visita da TVG. "A Revista", programa ubicado na mañán televisiva do canal galego facía unha pequena reportaxe nun dos principais establecementos hosteleiros da Costa Morte. Foi non hai moitos anos, cinco, seis, cando unha parella de xóvenes camariñáns decidío restaurar unha das máis antigas casas da vila e convertila nun restaurante de calidade, dende aquela un desfile continuo de visitantes de envergadura recalou no coqueto ristorante da Praza do Carme e poido degustar un menú surtido dos mellores productos do noso mar. A elo, en época recente sumouse o espectacular e sublime Bosque de Columnas Pintadas, obra se non de Agustín Ibarrola si do seu alumno máis aventaxado e que permiten saborear un dos mellores menús da Costa da Morte contemplando unha obra artística inmortal e sen igual.
  • O Café Bar Arnela no programa "De Bares" de V Televisión

    Este pasado mércores 1 de xuño de 2011 finalmente se emitía o programa da canle V Televisión "De Bares" adicado, entre outros establecementos hosteleiros da xeografía galega, ao Café Bar Arnela. O local paradigmático do Distrito de Corea, corazón e alma de camarinas.eu, auténtico fogar dos seus redactores, único enclave realmente extrañado na lonxanía da diáspora por algún dos mesmos, un local distinto. Tense dado o caso de que durante o periplo camariñán dalgún dos anteriormente citados redactores durante longos periodos de ata oito meses este non pisara ningún outro bar (¿para que, si era como estar en casa?) ata que motivos futbolísticos forzaron o seu exilio. Un local así merecía xa non un programa senón incluso unha serie propia de televisión, que de seguro tería unha multitudinaria audiencia vendo algunhas das entrañables persoalidades que día a día forman a parroquia, familia máis ben, do Café Bar Arnela. O noso auténtico fogar.
  • Google: Ría de Muxía e Vimianzo

    En días pasados puidemos ver como un coche cunha cámara instalada no seu teito percorría infatigablemente as rúas do Concello de Camariñas: tratábase dun automóvil contratado por Google para actualizar os datos xeográficos de Camariñas no Google Earth, así como para dispoñer das imaxes precisas que cáseque milimétricamente poidan ser consultadas en calquer lugar do globo terráqueo. Nembargantes o estupor, o asombro e a indignación máis absolutas apoderábanse da redacción do xigante cibernético da Costa Atlántica cando ao consultar si os resultados da expedición cibernética xa estaban volcados en internet descubríamos que a antigamente coñecida como Ría de Camariñas aparecía en Google agora co nome de "Ría de Muxía e Vimianzo". De tempo atrás eran sabidos os persistentes e oscuros manexos de certos sectores procedentes da cara sur da Ría de rebautizar a esta como "Ría de Camariñas e Muxía", de feito todo aquel que se acerque polo Mirador do Facho, na carretera que une a citada vila con Cee, atopará unha serie de carteis informativos ca lenda mencionada, ominipresente en toda a información municipal muxiana.

  • Obras varias no distrito de Buría

    Tal e como anticipara camarinas.eu hai xa uns meses, un carrusel de pico e pala revolucionou finalmente nos días do Nadal o Distrito de Buría con ata tres obras diferentes. A primeira por antiguedade é a da construcción das beirarrúas da Pista que leva a Mourín que a empresa camariñana Mantido S.L. leva acometendo dende hai xa un tempo. As obras prosiguen a bo ritmo e as beirarrúas comenzan a tomar forma salvo en dous tramos onde os seus propietarios convertéronse na excepción á regla xeral de colaboración e cesión de parte dos seus terreos por parte dos veciños. Esperemos que polo ben do pobo triunfe o sentido común. Non moi lonxe de alí, se había dúas rúas que necesitaban unha posta a punto urxente eran o firme das vías dos Lugares de Fonte Barreira e do Outeiro: aquelo parecía Chechenia, era como si unha daquelas mortíferas brigadas de tanques rusos da Guerra do 1994-1996 acabara de pasar polo seu firme.
  • O Concello de Camariñas adquire un tractor-guindastre

    Calquer visitante pouco avispado que cara a unha da tarde deste xoves 25 de novembro de 2010 se acercase pola Praza da Insuela e vise como o Concello de Camariñas recepcionaba oficialmente un tractor-guindastre de última tecnoloxía podería pensar, en harmonía ca batería de medidas de sorte diversa que o Goberno ten posto en marcha para paliar o estado agónico das contas públicas en España, que como complemento ao hachazo inferido nas nóminas dos funcionarios públicos, o mencionado tractor tería como destino ao diverso persoal político do concello: toda unha ristra de concelleiros de tódalas cores políticas sacrificándose duramente envoltos pola xiada da mañán, tostándose ao duro sol da tarde, con grosas gotas de suor salado esvarando polos allados rostros, sachando as patacas, recollendo o millo, por mor de exportar o producto do seu honrado e sacrificado traballo cara os mercados internacionais para cas divisas sanear as contas das administracións públicas. Pero non, querido accionariado, nada máis lonxe da realidade, segundo nos contan dende o concello o mencionado tractor guindastre dotado dun variado elenco de pertrechos, utensilios e maquinaria, incluso dun impecable e amplio remolque e valorado en preto de 70.000 euros ten como destino o Servizo Municipal de Vías e Obras.
  • Obras na Pista a Mourín

    En realidade o proxecto chamábase "Construcción de Beirarrúas na marxe dereita da Pista a Mourín" ou algo así, pero ao final o que vai a quedar será unha auténtica Avenida de Mourín: unha obra que conlevará a ampliación dos servizos existentes, o ancheamento da estrada e a construcción dunhas beirarrúas que completarán as xa acometidas hai dous anos na marxe contraria. Así o demostra o estado actual das obras e a decir verdade algo intuíamos aquí en camarinas.eu ao ver as impresionantes obras de fortificación dun campamento impenetrable, un auténtico fortín inexpugnable, realizadas polo noso querido amigo J.A., xerente en xefe de Construcciones Mantido SL, na explanada situada a carón do Supermercado Día, en terreos propiedade do Obispado de Santiago, para gardar a maquinaria e demáis pertrechos dunha empresa de construcción lexendaria na Costa da Morte.
  • Arranxos de mantemento no Paseo Maritimo de Camariñas

    Suele ser un problema recurrente das repúblicas bananeras, dos estados de medio pelo, o do mantemento. Así, hai xa uns anos o que era daquela un diario independente da mañán reconvertido actualmente por mor dos cíclicos cambios na gobernatura da nación en Boletín Oficial do Estado, nun artigo sobre Nixeria (con tódolos nosos respetos) decía que "El gran problema de este país es el mantenimiento. Una auténtica plaga nacional, ya se trate de un aeropuerto, una autopista o un simple baño público: una vez terminados, no se les volverá a dar ni una mano de pintura". Algo parecido cabía decir ata non hai moito das obras que se executaban en Camariñas: unha vez rematadas, ninguén se volvía a acordar delas e así as malas e inoportunas herbas, os toxos, as silvas e os cachos de cemento desprendidos, cicatrices formigonadas abertas ao sol, convertíanse nos protagonistas hexemónicos.
  • Seguimento das obras na céntrica Rúa Real de Camariñas

    Chámanlle a Rúa Real, non sabemos si algún Rei algunha vez pisou cas súas monárquicas pantuflas o seu piso pero o certo é que se agora se lle dese ao Emperador do Xapón, ao Rei de Suecia ou ao Ayatollah do Rock'n'Roll descender nunha carabela no Muelle do Curbeiro e enfilar cara a Praza Maior a través da Rúa Real as rexias prantas dos seus pes descansarían sobre un leito de pavimento pulido (que non impreso: novos tempos) que cubriría unhas profundidades subterráneas dotadas de todos os servizos acuáticos, eléctricos e telefónicos de última xeración. O caso é que este xoves 17 de setembro de 2010 podíamos ver aos chavales da empresa de construcción de José Martínez Rial afanarse duramente na transformación da Rúa Real, unhas desas arterias interiores de Camariñas ás que cada 20 anos hai que darlle un forte lavado de cara.
  • Obras de mellora nos lugares de Pións e Riás en Buría

    ¡Ah, querido accionariado, quen tuvera unha casiña nos Lugares do Riás ou Pións! Unha antiga casa de labranza, de pedra, reconstruida e co seu xardinciño, cunha boa lareira para asar suculentos churrascos, cun pórtico fresco e galego no que dende unha cómoda mecedora ver as tardes pasar e quen sabe si dotado dunha piscina opcional. Todo elo nunha paraxe privilexiada, ca natureza agreste á volta de esquina, os areais de Reira (plena Rede Natura) a un paso e dominando dende as alturas á vila de Camariñas. Ata o de agora semellante verxel aparecía lastrado por unha carencia difícilmente xustificable: a do saneamento. Pois ben tralas obras recentemente executadas acabáronse para sempre os pozos negros nun dos lugares máis recónditos do Distrito de Buría.
  • Situación actual dos Montes de Camariñas, ¿Estamos preparados ante o lume?

    Atopábase un redactor nos primeiros días do mes de agosto de 2006 únicamente preocupado por sobrevivir na xungla urbana de San Petersburgo cando as pantallas dos televisores do lonxano norte foron invadidas con imaxes dun lume devorador que arrasaba Galicia dunha punta a outra, chegando ao extremo que equipos de enviados especiais das distintas televisións rusas informaban puntualmente a diario dunha situación que adquiría tintes apocalípticos. Recentemente, un usuario diario de Camarinas.eu comentaba a raíz da reportaxe publicada sobre a ruta dos muiños de auga de Camariñas que a existencia da mesma nunca foi tan visible como nos días seguintes a aqueles nos que o Monte da Rega fora arrasado polos lumes veraniegos do 2006. Agora que son xa pasados catro anos de relativa calma en canto a incendios estivais unha sinxela visita a calqueira dos bosques e montes que circundan o núcleo urbano de Camariñas permite comprobar como moitos deles vense abandonados á incuria e ao descuido máis absolutos, con ducias de toneladas de madeira seca sen recoller, lista para inflamarse á menor chispa ou como a vexetación en moitos lugares acadou tal grado de salvaxismo que impide o paso polos antigos camiños e elévase inquedantemente a carón dunhas árbores desprotexidas. As xunglas do Amazonas a dous pasos das nosas casas. Con todo, todavía existen un puñado de pinales, limpos e arranxados, cumpridores das mínimas normas de seguridade, que conceden unha posibilidade de esperanza. Porque todo esforzo será pouco para que non haxa que volver a aplicar aquelo que decía sobre a nosa masa forestal a célebre tonada do durante tantos anos bardo invidente camariñán, palabras ambientadas polo que se intúe a mediados da década dos oitenta: "Con Franco, cartos no banco. Con Suáres, hubo que vender os pinales. Con Felipe, todos a pique. Si queres que todo volva a ser como antes, vota a Manolo o dos Tirantes"....
  • Anik Nandi graba unha reportaxe sobre Camariñas para a TVG

    O prometido é deuda e si hai exactamente dúas semanas publicábamos na nosa portada que un equipo da Televisión de Galicia comandado polo socio-linguista de orixe hindú Anik Nandi visitara a Vila das Palilleiras por mor de grabar un documental sobre Camariñas, hoxe publicamos a citada reportaxe, dunha duración aproximada de catro minutos e que puido ver toda Galicia na sobremesa do sábado 19 de xuño de 2010 dentro do programa Cultura 10, presentado pola escritora e columnista focense Luisa Castro, dunha duración de media hora e de carácter eminentemente cultural. Sabedor gracias a camarinas.eu da emisión dunha reportaxe sobre a nosa vila, alí estaba ante a pantalla do televisor sobre as 15:15 horas do citado sábado o noso usuario, colaborador e patrocinador Juan Camariñán para visionar e grabar o citado documental para despois facelo chegar a esta redacción e que desta forma todos os usuarios da web máis vista da historia do litoral atlántico galego, aquela que sobrepasou xa con moito os 10.000.000 de visitas, puideran deleitarse ca contemplación das maravillas dun concello único. Documental ademáis que lle tiña reservado os seu minuto de gloria televisiva así como ao noso amigo Bernardino Martínez que oficiou como guía de Anik Nandi por estas terras.
  • Servicio Municipal de Obras: Praia de Lago

    Aquí en camarinas.eu vai a haber que ir pensando en abrir unha sección semanal para recoller as actuacións da nosa querida e admirada Patrulla Municipal de Obras: artesáns da obra pequena, humilde, aquela que non conleva o sobrecusto inherente á contratación externa, e que a través dun arte de filigrana van acometendo actuacións imprescindibles ao longo do concello. Nesta ocasión eran os nosos coñecidos Manuel Gómez Figueiras e Manuel Alborés Devesa os que procedían a recolocar por enésima vez os bancos de pedra da célebre Praia de Lago, famosa no mundo enteiro pola fecundidade e calidade dos seus centolos, na que unha auténtica praga de non se sabe si temporais, vandalismo ou tractores que acuden á recollida do arjaso fan que unha e outra vez os seus bancos acaben tirados pola area adiante. Alí, baixo os efectos dun vento nordeste implacable e despiadado, levaban a cabo outro dos seus traballos serios, concienzudos. Así, fálase da posibilidade de que podamos ver aos nosos chavales en traballos xa de máis envergadura na Praia de Lago (de enfrente) porque constitúen un valor en alza que pode ser obxecto en calqueira momento dunha fichaxe multimillonaria por parte dun dos concellos dos arredores. Senón ahí está o impresionante estado no que están quedando as aceras (encofrado incluido) da Avenida de Cedeira. En calqueira caso, cando cómodamente sentados sobre os bancos de pedra da Praia de Lago unha parella de xoves namorados contemple o anaranxado solpor que tiñe de fogo o horizonte, que se acorde dos esforzados operarios da Patrulla Municipal de Obras...
  • Area da Vila: Recoleccion de berberecho e ameixa

    Dende a estrada que conecta á Vila de Camariñas cun mundo proceloso e descoñecido parecían un pequeno exército de formigas en movemento, pero xa chegados a pe de praia podíase constatar que se trataba de esforzados mariscadores pertencentes á Cofradía de Camariñas que, nun continxente maiormente femenino, levaban a cabo na praia de Area da Vila as indispensables labouras de recolección de ameixa e berberecho para o seu posterior traslado cara ao areal xaviñán de A Vasa, onde tras o seu correspondente engorde final, estes sabrosos moluscos bivalvos estarán listos nun tempo non moi lonxano para a súa captura definitiva. Un exército de rastrillos, barreños, botas de goma, luvas de látex, cubos e traxes de neopreno afanábase tenaz nas primeiras horas da tarde baixo un ceo plomizo. O caso é que a pesares dalgunha que outra visita ocasional fóra do horario establecido, este célebre areal camariñán segue a ser un viveiro inagotable para a cría de moluscos, chegando incluso a abraiarse as propias mariscadoras da Cofradía da riqueza e fertilidade dun criadeiro natural que parece non agotarse nunca. Camarinas.eu consciente da importancia socioeconómica do sector do marisqueo a pe para un Concello volcado nas artes do mar estivo presente en Area da Vila e captou unha amplia galería fotográfica.
  • Mister X: Lixo nas Praias, El Muro del Atlántico

    "Si llegado el caso tuviera lugar en nuestras costas un Desembarco de Normandía a la camariñana, el temible invasor no se encontraría a un invencible conjunto de baluartes, trincheras, búnkers, arpilleras o  casamatas como obstáculo a franquear, si no que tendría que hacer frente como primera línea de defensa a toda la porquería acumulada en nuestras playas y coídos. Nuestro particular Muro del Atlántico, a semejanza de aquel con el que pretendió Adolfo Hitler defender Francia y que engulló millones de toneladas de hormigón y acero. Cimas y cotas defendidas por montañas de basura y de desperdicios de todas las clases y especies que harían fracasar al más feroz de los ejércitos en sus tentativas aniquiladoras, todo ello resultado de una curiosa acumulación de factores: una costa amplia y abrupta, un mar furioso y vengativo  y un ser humano descuidado y negligente. Con todo, no se debe perder la esperanza y de la misma forma que el Mal fue vencido mediante aquella gigantesca operación anfibia desarrollada por el ejército norteamericano liberador en las playas del noroeste galo en los primeros días de junio de 1944, en ocasiones operarios de limpieza  de las distintas administraciones se esfuerzan en devolver a nuestras costas el esplendor perdido. Así predigo y espero que se cumpla en Camariñas a 13 de marzo del año del Señor de 2010. Míster X".
  • Servicio Municipal de Vias e Obras - PMO AL RESCATE

    Especialmente intensos están a ser estes últimos tempos para os chavales do Servicio Municipal de Vías e Obras. Comandados polos dous Manolos, Ex-Lonjeiro e Brañas Verdes ("un home ao que lle gusta traballar"),  parecen ter o don da ubicuidade e así podemos velos en condicións climáticas extremas acometendo todo tipo de obras sinxelas e humildes: esas que non están orzamentadas en miles euros e que tanto lles gustan inaugurar aos políticos lucindo a correspondente placa de "esta obra foi inaugurada sendo Presidente/Conselleiro/Alcalde Don Fulanito de Tal", que pouco máis é parece que foi financiada polo político do seu propio bolsillo. Non, porque nese caso costaría máis a placa conmemorativa que a obra en si.
  • Noelia López Estévez, dietista contratada polo Concello de Camariñas para o programa Concellos Saudables

    Si o omnipresente neno obeso de Ourense chega a caer nas mans de Noelia López Estévez, a que foi nutricionista do Programa Concellos Saudables desenrolado polo Concello de Camariñas e que ven de rematar este día 15 de novembro, os informativos de tódalas televisións nacionais e autonómicas houbesen quedado a dúas velas. E todos nos houbésemos aforrado as horripilantes e terroríficas imaxes dun neno sobrealimentado tratando de xogar ó fútbol (cas rodillas) a través dun coloreado balón de baloncesto (dos Harlem Globetrotters) no medio dun patatal (en paradero desconocido). Cousa pola que lle estaríamos agradecidos a Noelia de por vida.  Lamentablemente non foi así porque os únicos agraciados do seu bo facer dietético foron os veciños de Camariñas a través do que foi o 1º Programa de nutricionismo masivo posto en marcha nestas terras, cousa que por outra banda xa viña facendo falta e do que Noelia fai en camarinas.eu un repaso exhaustivo.
  • Parques Eolicos de Camariñas... lo que el viento se llevó

    Aquí en camarinas.eu non sabemos o que o vento se levou consigo naquel Sur profundo dos USA arrasado polos vaivenes dunha Guerra de Secesión norteamericana, na que foi asolado o Estado de Georgia e a súa capital Atlanta por un exército nordista embravecido e desencadenado, pero nesta desolada Costa da Morte dos nosos pecados o vento pode chegar a retorcer sen piedade as aspas dun dos molinos eólicos que se reproduciron no noso concello a través dunha inmensidade de bosques blancos. O ruido e a furia desencadenados polos elementos nestas terras destrozan incluso a aqueles chamados a aproveitarse deles: unha enerxía eólica da que nesta redacción sempre fomos bastante escépticos, tanto respecto da súa viabilidade económica (kilowatio a precio de ouro) como da súa capacidade xeneradora de enerxía. Amén do seu impacto paisaxístico, evidentemente. Juan Salvador Gaviota, o redactor fotográfico de camarinas.eu, capta nunha excelente galería gráfica a fortaleza e integridade dun molino eólico que o vento se levou consigo.

  • A Caramiña: Pranta Nacional do Concello de Camariñas

    Camarinas.eu procede a poñer punto e final á máis impresionante xeira de reportaxes nunca adicada ao conxunto de praias máis paradisíaco do mundo, o Areal de Reira, cun especial en honor á Pranta Nacional do Concello de Camariñas: a caramiña ou corema album, o arbusto que lle da ata o seu propio nome. Porque a través das constantes expedicións dun agosto que resultou altamente satisfactorio dende un punto de vista playero puidemos constatar como un exército de arbustos de caramiña acabou por extenderse por lugares remotos onde nunca asomara antes, adueñándose de todo Reira e esparcindo por doquier o amargo aroma da planta máis camariñana: a Praia Grande,  a Praia do Medio, as alturas da Pedrosa... Pulsa na imaxe para ver a sinxela homenaxe de camarinas.eu á Planta Nacional do Concello de Camariñas.