• Unha sardiña de medio kilo capturada por un barco de Camariñas

    E por fin chegou a esperada sardiña ao porto de Camariñas e fíxoo ao grande en canto a calidade e, sobre todo, tamaño. Como este exemplar capturado por un coñecido armador camariñán que nos presentan os nosos queridos amigos Ángeles e Tono, propietarios do coqueto Café Bar San Remo. Unha sardiña grandiosa con un peso que chegou casi aos 500 gramos e que todos aqueles que así o queiran poderán observar persoalmente no San Remo. Esperemos que este sexa o prolegómeno perfecto para unha tempada existosa na captura da sardiña, tan escasa este ano 2014 no porto da Vila da Palilleiras.
  • La Chaîne des Rôtisseurs visita o Restaurante La Marina de Camariñas

    Este sábado 5 de xullo de 2014 o Restaurante La Marina entrou por méritos propios na historia da gastronomía da Costa da Morte. O motivo de tal distinción non foi outro que a inclusión do restaurante rexentado polos nosos amigos Lola Barreiro e Óscar Freire na elitista asociación gastronómica La Chaîne des Rôtisseurs, sendo desta forma o único restaurante desta franxa atlántica que é recoñecido por esta importante asociación culinaria. Varios representantes de La Chaîne chegaban este venres tarde ata Camariñas co obxectivo de preparar o acto de presentación da Marina na asociación que se celebraría ao día seguinte. A este importante evento acudiron o alcalde Pichurri, representantes da sociedade camariñana así como amigos e familiares que non quixeron perderse o poder acompañar a Óscar e Lola en tan sinalada data. Cúmprese deste xeito outro dos grandes proxectos de Óscar e Lola que, a pesares de consistir nun premio a toda á labor e traballo dos nosos amigos, constitúe tamén un recoñecemento que sitúa no mapa hostaleiro internacional á vila de Camariñas. Dende Camarinas.eu queremos expresar a nosa máis sinceira noraboa a Óscar e Lola por todo este traballo que levan realizando durantes estes anos. A seguir traballando así amigos!
  • A Marina, un restaurante de Camariñas na prestixiosa Guía Repsol

    Importantísimo distintivo o acadado polo Restaurante La Marina, que fala ben ás claras dunha manera profesional e eficiente de facer as cousas. O local rexentado por Oscar Freire e Lola Barreiro ven en datas recentes de ser distinguido co ingreso na prestixiosa e elitista Sociedade Gastronómica de La Chaine des Rotisseurs. Ésta, con sede na cidade de París, cuna innegable e orixinaria da excelencia culinaria que acabou por extenderse por todo o planeta, recoñece deste xeito ao que se está a convertir por dereito propio nun dos referentes gastronómicos da Costa da Morte. A este importantísimo e prestixioso galardón debe sumarse o que o precedera en datas pretéritas: o do ingreso na Guía Repsol, para o cal foi igualmente seleccionado un templo do bo comer que a base de traballo, sacrificio, bo producto e atención profesionalizada está a a escalar postos a pasos axigantados no esixente mundo da hostelería. Todo elo o podía comprobar a redacción de Camarinas.eu recentemente ca presentación da nova carta do Restaurante La Marina, acto ao que asemesmo asistiron o Alcalde camariñán Pichurri, numerosos veciños e unha nutrida representación da Gran Orde Gastronómica da Costa da Morte.
  • Véndese casa en Buría - Fotos interiores

    Ante a avalancha de solicitudes e con vistas a que todos os postores teñan a mellor información, Mari Carmen Linares Chica decide facer público o interior da súa vivenda unifamiliar posta á venda. Cómpre lembrar que se trata da súa vivenda sita no privilexiado Lugar da Millarenga, en plena Buría, e que por mor da súa decisión de desplazarse coa súa familia ata a súa Málaga natal, buscando esos aires quentes do sur así como para facerse cargo dos seus pais anciáns, puxo a venta recentemente. Asemesmo Mari Carmen a Malagueña, tal e como era coñecida cariñosamente en Camariñas, acaba de poñer precio de saída a vivenda, situando éste no importe de 180.000,00 € para unha vivenda amplia, dotada dun oceánico patio e completamente amueblada. Os interesados poderán dirixirse ao número 699 90 26 69 e preguntar polas condicións da compraventa. Poucas veces unha casa así sairá a venta.
  • A Virxe do Monte e o Culto ao Sol

    Camarinas.eu, a web independente e plural do Concello de Camariñas, aquela onde todas as voces, todas as ideoloxías, teñen cabida publica en rigurosa exclusiva un interesante artigo de Marisol Soneira, Deputada Autonómica polo PSdeG-PSOE no Parlamento de Galicia e Vicepresidenta Segunda do mesmo. Un escrito que aporta un novedoso punto de vista respecto dun dos grandes santuarios espirituais da nosa terra: o milenario Monte Faro, alí onde segundo contan as crónicas na orixe da civilización os que darían en ser os primeiros habitantes de Camariñas celebraban os seus ritos paganos. Unha sorte de reinvindicación daquelas épocas remotas parece promover a iniciativa de Marisol de achegarse o 21 de xuño ata a Ermita da Virxe do Monte para contemplar, no día máis longo do ano, o solpor dende o privilexiado santuario camariñán. Unha iniciativa que non pode deixar de apoiar Camarinas.eu, que promoverá unha quedada a través das redes sociais para poder ver o maior número de xente posible na tarde noite de 21 de xuño contemplando o crepúsculo dende a Virxe do Monte.
  • Diego Alonso e Moncho de Dios na Cadena Ser

    Para defender os intereses da Ponte do Porto, de Camariñas, do seu concello en definitiva, este pasado venres 7 de marzo de 2014 tres camariñáns entraban en xogo no programa da Cadena Ser "A Cancela". In situ, o Director de Camarinas.eu, Diego Alonso, e unha das firmas habituais da web, o afiliado e fundador do PP no noso concello Moncho de Dios, estrelas invitadas do programa do pasado venres. O motivo de fondo que orixinaba tal invitación era a iniciativa posta en marcha por Camarinas.eu en change.org para reiniciar as obras da autovía da Costa da Morte que a día de hoxe conta xa con 500 firmas e que necesita 500 máis para que lle chegue a Consellería de Medio Ambiente e Infraestructuras. Como infraestrucura vital de necesidade para o desenrolo da Costa da Morte, do seu futuro, do dos nosos fillos ahí se foron estes dous camariñáns a defender o noso. 
  • Atopada unha botella en Reira cunha mensaxe do Queen Mary II

    A conexión de dous puntos aparentemente distantes no tempo e no espacio. En eso debían andar pensando os Talking Heads na súa canción "Cities" (Fear of Music, 1979), cando decían aquelo de "Memphis, Home of Elvis and the ancient Greeks" (Memphis, Fogar de Elvis e dos antigos Gregos), ca única salvedade plausible de que o orixinario Menfis se atopaba no antigo Exipto, non en Grecia. Dous puntos lonxanos no espacio unío a botella que esta semana atopaba en Reira o noso amigo Enrique Barreiro e dúas épocas remotas no tempo para a redacción de Camarinas.eu enhebra a noticia que glosa tal descubremento. A dos inicios desta redacción, cando unha marea de mensaxes embotellados inundou as costas de Camariñas e que incluso dou lugar a un curioso protocolo de actuación que nos levaba puntualmente a visitar a casa de Mari France na Ponte do Porto, onde éramos espléndidamente agasallados e exquisitamente remunerados, obtendo a correspondente traducción. Porque por aquelas épocas soían ser compatriotas de Louis Ferdinand Celine (en realidade, Destouches) os que facían viaxar cara ao fin da noite por mares ignotos as súas mensaxes encapsuladas. Non foi así no presente caso: John Gayle Sweetland, súbdito británico, natural de Gosport, no condado de Hampshire, costa sur inglesa, aproveitou unha prácida e suculenta viaxe de lecer a bordo do Queen Mary II para o 18 de decembro do pasado 2013 máis ou menos á altura das Illas Azores botar ao mar unha botella que ademáis dunha mensaxe contiña 10 dólares USA cos que sufragar futuros sellos, 4 chocolatinas, 2 bolígrafos e un folleto da compañía Cunard, fletadora do trasatlántico en cuestión, orgullo da flota británica. No papel daba os seus datos personais, as coordenadas marinas dende as que fora botada a misiva e acababa solicitando unha ratificación dos lares ata os que dera en chegar a mensaxe. Estos non deixaron de ser unhas paraxes xa acostumadas a estos lances, máis ou menos as pedras que separan a Praia Grande de Reira da que luce ao seu flanco dereito, alí onde unha ponte de barco fora anclada en terra naquelas épocas non tan remotas nas que todo estaba administrativamente permitido. O descubridor foi o xaviñán Enrique Barreiro, cuñado doutro gran amigo desta redacción, Oscar Freire, os cales, vistos os precedentes, non podían deixar de dar parte a unha redacción que deste xeito se vío conectada cos seus iniciais días de gloria e dun xeito máis verídico e creíble que o de Elvis cos antigos Gregos.
  • Último Ridículo dun Cachalote Exaltado

    Executando un bo traballo, asumindo a súa responsabilidade, como corresponde a homes de ben, os operarios municipais de Vías e Obras procedían esta mesma semana a repintar todos e cada un dos pasos de cebra do Concello.  Obviamente, a diferencia dalgún mentecato cada día máis enaxenado na súa perpetua fuxida cara adiante, co seu traballo serio e profesionalizado non estafarán ao seu público durante oito meses a conta de algo que finalmente acabou por non existir. En vez de asumir a súa incompetencia, a súa estupidez raiana no retraso mental máis severo, e confesar ante os seus mui escasos lectores a responsabilidade polo que foi un timo pseudoxornalístico desvergonzado e lamentable durante oito meses, a cuase única noticia ca que abrío o seu estercoleiro durante 240 días do noso Señor, prefire verter toda unha nauseabunda catarata de inxurias e calumnias sobre o Xulgado e o titular do mesmo que durante todo este tempo este mesmo merluzo retrasado vendío aos seus lectores como o máis honesto e íntegro, o máis xusto e capacitado, de toda a Cristiandade. Que faga esto cando dacordo cos artigos 206, 209 e 215 do Código Penal estemos ante un delito castigado con penas de ata dous anos de prisión, non sorprende a ninguén porque o cachalote en cuestión nunca foi precisamente Einstein e por momentos tan só xa lle falta babear, sen embargo o que sí o fai é que profesionais do Dereito que colaboraron con este memo fanatizado durante todo este tempo, se presten a un xogo que nestes días 2 e 3 de decembro rebasou a raia e se adentrou de xeito irremisible no intrincado e perigoso mundo do tipo penal.
  • Mañán de Marisqueo na Area da Vila

    Na mañán deste frío e desagradable luns 18 de novembro de 2013 entraba en serio funcionamento un dos motores económicos do Concello: un disperso continxente de mariscadores afánabase entre as fértiles areas da Vila de Camariñas. Trataban de revertir a sorte do que non deixaba de ser un mal ano, un exercicio que vía alá pola primavera como unhas chuvias masivas provocaban unha mortantade inxente de ameixa e berberecho no litoral xaviñán. Unha escaseza de marisco a sumar á falta de capturas que caracterizou o ano da flota do cerco. Agora, a cofradía opta por deixar descansar os seus dous bancos habituais, Ariño e Vasa, cunha explotación refrenada ao mínimo indispensable e experimenta colleita no criadeiro de Area da Vila. Alí diseminados puntos negros no horizonte dun xélido albor tentaban aportar o seu grao de area na heroica labor de levantar unha fráxil economía de tempos de guerra. A que ven constituida pola peor das pragas á que pode verse sometida un concello como Camariñas: o dun ano escaso tanto en capturas como en marisqueo. Tratando de revertir esa aciaga sorte un continxente de mariscadoras se afanaba unha xélida e desapacible mañán de finais do tétrico Ano do Noso Señor de 2013.
  • Obxectivo PMO - Poda do xardín do Pozo do Muelle

    Obxectivo PMO - Poda e acicalado do xardín do pozo do muelle de Camariñas

    Case ás mesmas horas nas que máis abandoado e illado que o Coronel Custer en Little Big Horn, un cansino e archirepetitivo hipopótamo inflado daba marcha atrás nos seus proxectos electorales, a Patrulla Municipal de Obras (PMO) acometía o enésimo dos seus inacabables afáns. Foi despois de moitas bravatas, entrevistas en programas de medio pelo, algunha que outra cea de nostálxicos ultradereitistas, baixo un clima de chantaxe permanente, cando acontecío aquelo que predixera Camarinas.eu: todo quedaba reducido a un farol dirixido aos incautos xerifaltes da Dirección Provincial e podíamos constatar unha vez máis como de todo aquelo que prometera e defendera, absolutamente todo, pasado un pequeno tempo acabou decindo xusto o contrario. Agora ben, dado o retraso mental severo, a desvergonza inaudita e a aversión patolóxica ao traballo do animaliño en cuestión, que aquí ninguén se estrane se pasados un días renegue das declaracións polas que daba por finiquitadas as breves desventuras dos Cachalotes Unidos (Partido do Unión e Forza no CU) e arremeta con bríos desbocados ocupando o espacio delectoral da Extrema Dereita camariñana e os seus horripilantes e monstruosos 25 votos.
  • OXBECTIVO PMO - Arranxo do Paseo Marítimo de Area da Vila

    A Area da Vila está sendo acicalada pola PMO

    Case ao mesmo tempo no que un hipopótamo desesperado chantaxeaba polas ondas ao que fora o seu partido, un grupo de operarios municipais afanábase baixo a choiva. Facíano dende as primeiras horas da mañá no Paseo Marítimo de Area da Vila, nun día gris e escuro, repelendo a duras penas ramalazos inclementes de auga feroz e elo evitáballe ter que oír a voceciña aflautada e feminoide dun ilustre cachalote, prestixioso xurista e afamado (de fame, non de fama) arquitecto de Plans Xerais, que como un vulgar matón, o máis patético e rastrero dos mafiosos, tentaba chantaxear polas ondas da cadena amiga de todos pero nunca do Partido Popular á formación política que na derradeira década vendera a través do seu estercoleiro cibernético como a máis grande tódolos tempos, a máis axeitada para a realidade de Camariñas, aquela que invertía a mans cheas e tiña traballo para todos, a única incorrupta e virtuosa do noso universo electoral. Tamén nos dixera reiteradamente que o seu líder na Vila das Palilleiras era o único serio e honrado, un dechado de virtudes e bondades, todo ética e principios morais, honradez e integridade na súa máis excelsa magnitude. Apoiara asemesmo nun mal paso golpes de estado en institucións náuticas: daba igual, na súa estupidez insondable e infinita, a Fosa das Marianas cos seus once inacabables kilómetros cara o fondo, acabará tamén renegando un día non moi lonxano do que agora afirme e lles queira vender e, desesperado e illado como un cachalote perdido nos fondos abisales, emprenderá unha nova fuxida cara adiante.
  • Mourín con Mourinho

    Corren días extranos, febriles, para o Madridismo. Días nos que se combinan as máis gloriosas xestas futbolísticas co linchamento xornalístico do seu adestrador: unha guerra civil larvada entre casillistas e mourinhistas propiciada e aumentada polo acoso e derribo do xornalismo patrio, e nos que incluso o gran templo dos madridistas na Costa da Morte, o sagrado Cafe Bar José Manuel, era víctima esta mesma semana dun segundo asalto por parte dos amigos do alleo en menos de dous anos e medio. Tempos turbulentos nos que como resposta aos embates inclementes e furibundos dunha prensa deportiva maiormente convertida en chusma furiosa, o antigo e milenario distrito camariñán de Mourín, en plena Buría profunda, quixo deixar claro o seu carácter de feudo, bastión inexpugnable do Mourinhismo amosando o seu apoio unánime ao entrenador do glorioso Real Madrid, José Mário dos Santos Mourinho Félix, aquel coñecido como José Mourinho, "The Special One".
  • Barcos de Camariñas na campaña do verdel en Ondarroa

    Contan que conformada maiormente por area, a illa de Nantucket (Estado Soberano de Massachussets, USA) contempla impotente como cada pouco tempo suntuosas vivendas de todo tipo, segundas residencias unhas, casas familiares mariñeiras de toda a vida outras, desaparacen ante os embates furiosos dun mar que nunca cesa, constatando os seus habitantes como a non moito tardar un día esvaecerase o que foi o gran porto baleeiro das obras de Herman Melville. Un imperio do efímero chamado irremisiblemente a desaparecer. Pola contra, sólidamente asentada sobre un leito rochoso de case imposible destrucción outra vila mariñeira, a así chamada das Palilleiras ou dos Encaixes, parece encamiñada a pervivir ata o fin dos tempos e xunto a ela a súa flota invencible. De volta no fogar, un dos integrantes da exitosa e decidida armada camariñana na Campaña do País Vasco relata en exclusiva para Camarinas.eu as súas impresións sobre unha viaxe no tempo (a das grandes campañas marítimas de antaño) e no espacio (a traslación xeográfica das máis exitosas técnicas de pesca a cargo do máis experimentado continxente profesional que viron os mares).
  • Facturas falsas a un falecido de Camariñas cinco meses despois da súa morte

    Un domingo 29 de abril de 2012 a vila de Camariñas ficaba conmocionada ao coñecer o tráxico falecemento repentino dun dos seus veciños máis queridos, Avelino Ángel Sar Barrientos e cinco meses despois, a súa esposa Marisa, ficaba novamente conmocionada ao recibir o 30 de setembro de 2012 unha factura da Lonxa da Coruña a nome do seu marido falecido. Superado o duro golpe emocional que supuxo semellante e inesperada sorpresa Marisa púxose raudamente en contacto ca rula da cidade herculina, onde cinco anos atrás ela e Avelino comerciaran como empresarios do peixe. Sen que se poida descartar o que constituiría un sinxelo erro administrativo, todo podería apuntar a un terceiro sen escrúpulos que endilgou a citada factura por un importe de 149 euros ao nome dunha persoa fatalmente falecida.

  • Dúas camariñanas no programa de televisión "Malas Pulgas"

    O pasado venres 28 de setembro de 2012 o programa de televisión presentado polo educador canino Borja Capponi "Malas Pulgas" emitido por Cuatro e adicado ao mundo dos cadelos tivo como protagonistas de excepción a dúas camariñanas: Isabel e Marina Campaña Blanco. Dende hai anos Isabel  é socia activa dunha das principais protectoras de animais madrileñas polo que que habitualmente a súa casa se convirte en fogar adoptivo temporal para aqueles cadeliños abandoados aos que se lle está a buscar uns donos definitivos e que por diversas razóns non poden vivir no Centro de Acollida. Un deles fui no seu día un canciño impertinente e ladrador que se chamaba Bénder e que por misterios do destino rematou como redactor de Camarinas.eu e outra fui a protagonista da edición de Malas Pulgas en cuestión: Pitita.
  • ¿Pantasmas no Cemiterio dos Ingleses de Camariñas?

    Imos cunha historia de pantasmas e non estamos a falar dos mortos vivientes do PP camariñán que vemos deambular de a cotío polas nosas rúas precisamente. Así en El Blog de Karkallón, un dos colaboradores do programa do canal propiedade do Grupo Prisa (e agora de Berlusconi tamén) "Cuarto Milenio", puidemos comprobar un tanto atónitos como se certificaba sen a menor dúbida a existencia dunha serie de psicofonías no entorno do Cemiterio dos Ingleses. Trataríase dunha noticia publicada en novembro do 2010, a cal tras un pequeno destartalamiento introductorio a conta do Serpent ("Algunas versiones indican que llevaba oro para las posesiones que la corona británica tenía en ultramar y que fue desviado por raqueros gallegos alertados por los raqueros británicos que conocían la carga del buque"), advirte que "los resultados(serían as probas) parafónicos que hice en este lugar fueron muy escasos", para posteriormente pasar a afirmar que "hubo un registro que me dejó realmente sorprendido". Consistío esta sorpresiva constatación paranormal en que "en un momento dado se registra en mi grabadora una frase en la que también va incluido una especie de disparo",a cal inevitable e  irremisiblemente da lugar a unha interpretación un tanto collida polos pelos: "Una salva de reconocimiento a estos valientes marineros hecha desde el otro lado???"
  • O ano que Rusia conquistou a Mostra

    Foi nunha pasaxe de "Infancia", libro primeiro das súas memorias, onde Maksim Gorki ("O Amargo", sobrenome literario de Aleksei Maksímovich Peshkov), ao pasar revista aos primeiros anos da súa existencia lembraba con agarimo e devoción como a súa avoa materna tecía encaixe ao carón dunha ventana. Elo ocurría na lonxana Nizhni Nóvgorod, populosa cidade situada ás ribeiras do Río Volga, famosa en tempos pola súa Feira anual, auténtica porta de entrada comercial aos productos asiáticos,  e que durante a época soviética cambiaría o seu nome polo de Gorki en honor a un dos máis grandes escritores de tódolos tempos. Nunca deixou de abraiarme semellante nexo de unión, o do encaixe, entre dúas realidades tan distintas, tan distantes, como a dunha remota vila mariñeira da costa occidental europea e a dunha gran cidade mercantil, situada cáseque ás portas mesmas de Asia, bañada polo río máis grande e caudaloso de Europa, reproducción da máis auténtica vida rusa de provincias ca súa sucesión de comerciantes, tedio, borracheras, igrexas ortodoxas e impresionante mezcolanza racial (rusos, tártaros, chuvashes, mordvinos, alemáns do Volga, mariis, udmurtos, bashkires, xudíos...), ubicadas ambas prácticamente nos dous polos opostos do continente europeo, separadas por ducias de miles de kilómetros.
  • O programa "Perdidos en Galicia" graba un programa en Camariñas

    Perdidos en Galicia, un programa producido polo novo canle autonómico do grupo La Voz acaba de lanzar o seu capítulo adicado á Vila de Camariñas. Foi hai unhas semanas cando unha cuadrilla de descoñecidos (agora xa máis populares) rodeados con varios cámaras e operadores de sonido deambulaban por Camariñas adiante en busca dos ingredentes necesarios para realizar unha queimada. Ese era o principal argumento deste programa que foi emitido este domingo en prime-time polo exitoso canal galego.
  • O Restaurante camariñán Puerto Arnela na TVG

    Continúa a fiebre televisiva adicada a establecementos hosteleiros de Camariñas. Programa va, programa viene. Se hai tan só unhas semanas a canle V Televisión a través do programa "De Bares" adicáballe unha edición ao Café Bar Arnela, desta volta foi o seu irmán pequeno, o Hotel Restaurante Puerto Arnela, o que era honrado ca visita da TVG. "A Revista", programa ubicado na mañán televisiva do canal galego facía unha pequena reportaxe nun dos principais establecementos hosteleiros da Costa Morte. Foi non hai moitos anos, cinco, seis, cando unha parella de xóvenes camariñáns decidío restaurar unha das máis antigas casas da vila e convertila nun restaurante de calidade, dende aquela un desfile continuo de visitantes de envergadura recalou no coqueto ristorante da Praza do Carme e poido degustar un menú surtido dos mellores productos do noso mar. A elo, en época recente sumouse o espectacular e sublime Bosque de Columnas Pintadas, obra se non de Agustín Ibarrola si do seu alumno máis aventaxado e que permiten saborear un dos mellores menús da Costa da Morte contemplando unha obra artística inmortal e sen igual.
  • O Café Bar Arnela no programa "De Bares" de V Televisión

    Este pasado mércores 1 de xuño de 2011 finalmente se emitía o programa da canle V Televisión "De Bares" adicado, entre outros establecementos hosteleiros da xeografía galega, ao Café Bar Arnela. O local paradigmático do Distrito de Corea, corazón e alma de camarinas.eu, auténtico fogar dos seus redactores, único enclave realmente extrañado na lonxanía da diáspora por algún dos mesmos, un local distinto. Tense dado o caso de que durante o periplo camariñán dalgún dos anteriormente citados redactores durante longos periodos de ata oito meses este non pisara ningún outro bar (¿para que, si era como estar en casa?) ata que motivos futbolísticos forzaron o seu exilio. Un local así merecía xa non un programa senón incluso unha serie propia de televisión, que de seguro tería unha multitudinaria audiencia vendo algunhas das entrañables persoalidades que día a día forman a parroquia, familia máis ben, do Café Bar Arnela. O noso auténtico fogar.