O goberno local de Camariñas pretende darlle vida á Lonxa Vella transformando o antigo edificio no Museo dos Naufraxios. Para iso, primeiro necesita que a Xunta de Galicia efectúe a transferencia da titularidade do inmoble, que se atopa actualmente baleiro e en estado ruinoso.
O Concello de Camariñas continúa cos traballos de personalización de mobiliario urbano, logo de comezar hoxe as tarefas de serigrafía dun dos bancos do municipio. Neste pódese ler o ‘Camariñas, Camariñas’ da tan popular canción. Trátase esta dunha experiencia piloto, que se prolongará no tempo se a resposta dos veciños resulta positiva e satisfactoria.
Hoxe o Concello de Camariñas deu o primeiro paso do seu plan para destacar Camariñas como a etapa final, ou o ‘paraíso’ dunha ruta alternativa do chamado Camiño da Resurrección. Fíxoo coa presentación do libro ‘El Camino de Santiago y el Juego de la Oca’, de Sebastián Vázquez, onde se detalla este itinerario. O acto tivo lugar no Museo do Encaixe de Camariñas e, ademais do autor, asistiron a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, e a alcaldesa do Concello de Vimianzo, Mónica Rodríguez, xa que esta ruta alternativa tamén implica o paso do peregrino por Cereixo.
Este martes 11 de xuño a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, mantivo un encontro co director de obra e o contratista que deron o visto bo definitivo para autorizar o comezo inminente das obras de reurbanización da rúa Río do Prado, en Camariñas. O Concello de Camariñas continúa a súa aposta pola seguridade viaria e a mellora dos equipamentos no municipio. Así, na rúa Río do Prado levarase a cabo unha actuación valorada en 206.236,08 euros, financiados a través do Plan Único da Deputación, co obxectivo de reurbanizar un tramo desta vía a través da construción de beirarrúas, a pavimentación e a dotación de saneamento e recollida de pluviais.
He aquí outra oportunidade para todos aqueles inversores que desexen apostar por un valor sempre en alza como é o mercado inmobiliario dunha vila costeira. A poucos metros daquela ganga inmobiliaria que publicáramos nesta web hai unhas semanas adxuntamos outra gran ocasión á oferta inmobiliaria de Camariñas. Trátase da posta en venta dun coqueto solar hai uns días por parte do seu propietario, moi ben situado e en pleno casco urbán da vila das palilleiras, con todos os papeis en regla para comezar a construir a casiña dos soños de calqueira cidadán. Situado este terreo nunha das zonas máis tranquilas de todo o nucleo urbán camariñán, alexada dos inclementes ruidos da axetreada actividade do noso porto pesqueiro, que se pon a venda recentemente por un prezo moi asequible. Así que todo aquel que desexe cumplir o soño da súa vida e comezar a facer a súa casiña nunha vila como Camariñas non ten máis que poñerse en contacto co teléfono do dono deste inmoble no 660 32 03 10 onde o atenderán moi cordialmente. Non deixedes pasar estas oportunidades únicas!!
Vamos agora coa publicación nesta web dunha oportunidade única de compra para todos aqueles que queiran invertir no sector inmobiliario en Camariñas. Hai uns días púxose oficialmente en venta un inmoble dunhas magníficas características a un prezo realmente ridículo. Trátase dun piso duns 92 metros cadrados cáseque totalmente rematado no seu interior e exterior e que conta tamén cun baixo cuberta na súa escritura. Ou sexa que polo valor que pide o seu dono estase ofrecendo un inmoble de preto duns 200 metros cadrados por un sorprendente prezo de 42.000 euros. Consultados pola nosa parte algúns expertos do sector conclúen que, invertindo unha cantidade de 10.000 euros máis neste inmoble, estaría totalmente apto para entrar a vivir nel. Toda unha ganga que pode ser aproveitada tanto por todos aqueles rapaces novos que desexen ter a súa primeira vivenda en propiedade como por estes outros que desexen invertir en bens inmobles dentro dunha vila como Camariñas cun gran auxe turístico. Unha oportunidade única que seguro se esfumará nun abrir e pechar de ollos.
O programa de televisión "Hundidos" do canle estatal La 2 estivo grabando hai cousa dunhas semanas unha reportaxe na que uns aguerridos buceadores trataban de atopar os restos do lexendario HMS Serpent afundido na noite do 10 de novembro de 1890 nos baixos da Punta do Boi. Para elo os protagonistas deste novo programa contaban coa inestimable colaboración do noso querido amigo Toñito de Chuca, experto percebeiro e buceador que indicou con datos casi quirúrxicos aos buceadores onde podían encontrarse os restos do malogrado buque escola da Royal Navy. Así, con estas indicacións, os mergulladores do programa foron caseque directamente á zona sinalada por Toñito e non tardaron moito en grabar o que consideraron os posibles restos do HMS Serpent, o naufraxio máis terrible da historia da Costa da Morte e que dou o nome a esta milenaria terra.
Páxina 1 de 6