• O Presidente da Deputación e a Alcaldesa Sandra Insua presentan o proxecto de reurbanización da Ponte do Porto

    Os investimentos aprobados pola Deputación no municipio suman 5 millóns de euros neste mandato O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, presentou esta mañá en Ponte do Porto (Camariñas) o proxecto de reurbanización da zona, que suporá un investimento de 440.491,11 euros para renovar as beirarrúas actuais, o alumeado público e crear novas zonas axardinadas e prazas de aparcamento.
  • Cartel da Festa de San Pedro 2018 na Ponte do Porto

    A incombustible comisión da útimamente tan exitosa festa de San Pedro da Ponte do Porto veñen de facer público o cartel da próxima edición das festas parroquias da nosa querida viña porteña. Un cartel repleto de días de troula no que a novidade principal desta edición será a continuidade nos días festivos. Así dende o 29 de xuño ata o 1 de xullo poderemos desfrutar ininterrumpidamente e día tras días dos nada máis e nada menos que cinco días de festa. Esta non será a única diferencia con respecto a outras edicións desta tradiciónal cita verbeneira da Costa da Morte, se non que outra das importantes novidades do San Pedro 218 constitúe o traslado por mor do calendario da tradicional sardiñada que se celebra dende tempos inmemorias na Ponte o día 28 de xuño poderemos disfrutala o día 27. E xa despois desta xornada de véspera chega un auténtico batallón de días festivos acompañados polas respectivas misas e procesións diarias dunha das festas máis importantes do Concello de Camariñas que inaugura, como caseque todos os anos, a xornada estival da Costa da Morte. E alí estaremos para contarvos todo canto na Festa de San Pedro da Ponte do Porto 2018 aconteza.
  • A ITV de vehículos agrícolas regresa á Ponte do Porto

    A Unidade Móbil 3 de inspección técnica de VEHÍCULOS AGRICOLAS desplazarase ata o Concello de Camariñas nas datas do 17/04/2018 ao 18/04/2018 para atender a todos os cidadáns que necesiten pasar esta inpección aos seus vehículos agrícolas. Os técnicos da empresas Supervisión y Control estarán atendendo a todo aquel que o necesite no Paseo Fluvial da Ponte do Porto) en horario habitual de atención de 9:00h a 13:30h e 15:15 a 18:00 horas de luns a venres agás o 18/04/2018 que será horario só de mañá. Para solicitar cita previa poden facelo por teléfono no número 902 30 90 00 ou a través da web www.sycitv.com
  • Localizan el sillón dos Mouros, la más legendaria piedra del interior de la Ría de Camariñas

    Un grupo de aficionados al senderismo y al montañismo se unieron a la propuesta del grupo ecologista PX de Ponte do Porto de hacer salidas en busca de elementos patrimoniales singulares en el interior de la ría de Camariñas. El sábado a la tarde tuvo lugar la primera jornada en la que el grupo de voluntarios amantes de la etnografía y la naturaleza subió a la cima del monte Croado en Ponte do Porto para tratar de localizar una legendaria piedra, el Sillón dos Mouros, que dio pie al mayor grupo de leyendas, relatos y canciones de las parroquias del interior de la ría, las de Ponte do Porto (Camariñas) y las vecinas del municipio de Vimianzo: Cereixo, Carnés y Carantoña.
  • Importantes obras de mellora da Rúa do Allo na Ponte do Porto

    Nestes días estanse rematando as obras que a empresa Espina & Delfín ven levando a cabo no Allo (Ponte do Porto). As obras tiveron por finalidade o cambio da tubería de fibrocemento, de distribución de auga, que une o depósito de Ponte do Porto co de Camariñas. Esta tubería sufría continuas rupturas que ocasionaba as conseguintes molestias e cortes de auga con mais frecuencia da desexada e moitísimas molestias aos sufridos veciños deste lugar porteño, polos traballos de reparación que un día si e outro tamén levaban a cabo os técnicos municipais para restituír o servicio de auga potable.
  • Comeza a reparación do campanario da igrexa da Ponte do Porto

    Despois dun largo periódo de letargo, exactamente dende finais dos anos 80 cando se puxeron en coñecemento este grave problema ás autoridades eclesiásticas, os feligreses da parroquia de San Pedro da Ponte do Porto comprobaron por fin a iniciación das obras de reparación estructurales do campanario da súa igrexa. Este xoves 27 de outubro comenzaban a traballar os operarios da empresa concesionaria ataviados cos seus arneses de seguridade pola maraña de andamios que recobren o campanario da igrexa da Ponte. Alí, nas alturas porteñas, os técnicos puderon comprobar o estado da situación despois dese interminable intervalo de tempo no cal non se sabía moi ben cal ía a ser a solución a este problema estructural que poñía en perigo o santuario porteño.
  • Importante reforma do Campo do Outeiro da Ponte do Porto

    Camarinas.eu visitaba esta semana, da man dun dos encargados da empresa adxudicataria, os derradeiros traballos de remodelación da Rúa do Campo do Outeiro na Ponte do Porto. Unhas obras que consistiron nunha primeira fase na demolición do antigo pavimento existente. Na segunda fase desta importante actuación do concello na Ponte do Porto, acometeuse a construcción dunha rede de saneamento que recolla correctamente as augas residuais das vivendas e as transfira cara as tuberías centrais que trasladan as augas fecais cara a depuradora de Dor. Despois desta actuación procedeuse a construcción da outra rede de augas pluviais e a renovación de todas as acometidas existentes. Na derradeira fase do proxecto, e que se está levando a cabo finalmente mentras se está a redactar este artigo, realizaranse os traballos de pavimentación de toda a rúa mediante un novo firme de formigos pulido. Esta importante obra foi realizada pola empresa Ponciano Nieto SL e conta cun orzamento total de 108.477,12 euros. Unha necesaria obra que poñe en valor a zona do Campo do Outeiro e que vai a preceder, tal e como nos comentaban dende o consistorio camariñán, a outras importantes actuacións previstas polo Concello de Camariñas na nosa querida parroquia de San Pedro da Ponte do Porto.
  • Melloras na señalización vial na Ponte do Porto

    Semanas de traballos continuos por parte da administración local camariñana na vila porteña. Esta mañán o Concello de Camariñas comezaba a mellora na señalización vial de varias importantes vías da Ponte do Porto. Especialmente tratouse o repintado dos pasos de peóns da zona do cruce de Xarás e tamén se fixo o mesmo na flamante Travesía da Esquipa da cal se espera a súa apertura con unha pequena inauguración este mércores 30 de xullo de 2014 na cal teremos un enviado especial desde Camarinas.eu. Deste xeito, o concello acomete varias melloras no que se refire ao tránsito peonil posto que hai tan só unhas semanas tamén se realizaron obras de adaptación en varias rúas da Ponte do Porto.
  • Nova Avenida hacia Xarás na Ponte de Porto

    A alma de xubilado prematuro, de enxeñeiro de barra de bar, tan característica de camarinas.eu experimentou un gozo sin igual na tarde deste martes 12 de outubro de 2010. Andaba cara ás cinco da tarde esa mesma alma tan inquieta e xoguetona medio abollada por ahí á búsqueda dalgunha noticia que botarse ao coleto, cando reparou no lado dereito da carretera según se sae da Ponte do Porto con dirección a Camariñas que no sitio onde antes existía un triste camiño bacheado e  reparcheado centos de veces, cas súas márxenes invadidas pola maleza e as malas herbas, estreito e tortuoso, agora atopábase unha auténtica autopista, unha limpa e amplia highway que non nos levaría ata o ceo pero sí nunhas condicións dignas ata o Lugar de Xarás.
  • Inauguracion do ascensor do Centro de Saude da Ponte do Porto

    Hai xa catro meses, concretamente un 8 de xaneiro, camarinas.eu visitaba o edificio que alberga ao mesmo tempo a Casa de Cultura e o Centro Médico da Ponte do Porto para comprobar o estado das obras de instalación dun ascensor que facilitara aos seus visitantes, sobre todo aos de maior edade, o acceso a un lugar ao que non se suele acudir de bo grado. Por elo, a nosa presencia o día de inauguración oficial desta inversión financiada pola Deputación Provincial da Coruña era obrigada. Así, cara as 10:00 horas dunha encapotada mañán de primavera era o alcalde Pichurri o encargado de abrir a pechadura do ascensor que levará aos convalecentes que así o desexen cara o primeiro andar do edificio. E precisamente un dos que agradecerá a instalación do flamante ascensor, producto da máis alta tecnoloxía xermana e mezcla dunha aleación ultramoderna de tungsteno e grafito, será o constructor da obra, o noso amigo José Martínez Rial, que por mor dunha operación de rodilla vese estos días obrigado a usar unhas muletas. Cas súas facultades físicas intactas tamén estiveron presentes no acto as concelleiras Sandra Insua Rial e Mª Carmen Linares Chica e tamén un nutrido grupo de veciños da Ponte do Porto que por aquelo dos males do corpo se viron obrigados a visitar o centro médico. Tamén estaba alí a web líder cunha diferencia sideral do ciberespacio atlántico galego para levar aos nosos usuarios porteños de ultramar (en Buenos Aires, en Madrid, en Nueva York, en Suiza...) unha noticia que os aledará sinceiramente.
  • Materia, o grupo rock da Ponte do Porto actuará na Xunqueira de Cee 2008

    É ben sabido por todos os lectores de camarinas.eu que esta web non ten porque tirar de algúns grandes fotógrafos aparecidos de repente nesta costa e sin que ninguén sepa moi ben de donde veñen. Así e todo fan exposicións apoiadas por algúns con oscuros e extraños lazos que os unen. Lazos que tan pronto se unen como desaparecen sen deixar rastro. Bueno, a nos en camarinas.eu non nos fai falta tirar destas relacións interesadas e comenenciudas porque sólo cos reportaxes que fan os nosos usuarios alá donde se encontran superan en interés a toda esa parafernalia creada sabe dios donde. Desta vez unha querida usuaria de camarinas.eu residente na Ponte do Porto desprazouse este domingo pasado ata Cee donde se celebraba o último día da Festa da Xunqueira para realizar unha reportaxe da actuación do grupo  Porteño "Materia". Pulsa na foto para ver a reportaxe completa con fotos e videos incluidos.

  • Fotos Historicas: O CF Porteño campión da Copa da Costa 1970

    Camarinas.eu, volcada por igual con todas as parroquias que compoñen ese imaxinario colectivo chamado Concello de Camariñas, volve sobre un tema histórico: a consecución por un equipo modesto dunha pequena vila da Gran Copa da Costa da temporada 69/70. Moitos aínda recordan na Ponte do Porto aquel lexendario equipo, o mellor que se veu nunca na vila porteña, unha xeración de ouro formada por xogadores da talla dos camariñáns Juan do Penedo, Moncho do Peruco, Camuel, os porteños Italia, Ricardo do Barbeiro "El Bravo de la Costa", Manolo O Xaviñán, Pepe Canillas, Pichurri, "O Chocolate" de Muxía, Pepe do Caión, etc.. que baixo o firme timón do adestrador Juan José Rego e a presidencia de Don Manuel "do Gransolo" lograron vencer ao Carnota nunha final a dobre partido, impoñéndose na ida por 3-4 no feudo carnotán e por un folgado 5-2 no mítico pero agora bastante destartalado Campo da Grixa.
  • Fotos Historicas: Ponte do Porto 1970

    Camarinas.eu está interesada por igual en todas as parroquias que conforman ese mundo informativo que se chama Concello de Camariñas. Por iso, nun esforzo sen precedentes lanzou este fin de semana todas as súas divisións mediáticas para lograr a conquista informativa da nosa querida e fermosa vila porteña. Nos arquivos olvidados e invaluables de camarinas.eu atopamos esta semana esta fermosa foto que conmemora un acontecimento histórico de gran relevancia: a conquista por un humilde pero bravo equipo dunha pequena vila que paso a paso, golpe a golpe foi eliminando do camiño a equipos moito máis importantes e poderosos para ao final gañar o título de Campeón da Copa da Costa nunha final heroica. Na foto podemos ver mesturados a xogadores e membros da directiva nunha festa totalmente xustificada: Moncho de Dios, Ricardo do Barbeiro, Italia, Pepe da Ferrala (Canillas), Pichurri,  Suso do Banco Pastor (Membro da directiva), Luis do Asturiano, e un largo etcétera que fixeron posible a milagre. Un milagre que en Camariñas tardaríamos máis de 20 anos en ver.

    "Con los chicos del Porteño F.C., Campeones de La Copa de la Costa 1969/70"