• Puntos da sesión plenaria de hoxe, Venres 28 de Maio.

    A sesión plenaria do Concello de Camariñas de hoxe, Venres 28 de Maio, tivo como proposta principal a reurbanización das rúas Ramón Noguera e Irmáns Fernández situadas na punta da Insua da localidade camariñá, así como a solicitude á Deputación da Coruña dunha subvención nominativa para financiar ditas obras cun valor total de 128.000 euros.

  • Ábrese o prazo para a solicitude de ingreso na escola infantil de Camariñas

    Onte, 24 de Marzo abriuse o prazo para presentar as solicitudes de ingreso na escola infantil de Camariñas. Este rematará o 12 de Abril, día no que tamén se poderán presentar ditas solicitudes.

    As solicitudes poden recollerse na dirección da escola infantil “Galiña Azul” de Camariñas en horario de 8:30 a 10:30, sendo aconsellable pedir cita previa 981 736 104 ou 665 134 012. De todos modos, é preferible realizar os trámites a través da Sede Electrónica da Xunta de Galiza por mor da situación sanitaria actual.

    As persoas solicitantes poden atopar toda a información relativa a estas xestións no apartado de “anuncios” da páxina web: www.igualdadebenestar.org así como no portal de Política Social: sede.xunta.gal, politicasocial.xunta.gal.

     

  • Propostas do pleno deste Venres 26 de Marzo

    Neste vindeiro venres 26 de Marzo o Concello de Camariñas celebrará un pleno cuxas propostas se centran principalmente na hostalaría e postos ambulantes. Por un lado, coa proposta de derrogación das taxas que teñen que pagar os hostaleiros polas súas terrazas que ocupen terreo público (a cal xa está suspendida dende Maio do 2020) e por outro a referida a de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos ou atraccións situadas tamén en terreo público.

    O obxectivo en ambos casos é o de mitigar o impacto que está a supoñer a crise sanitaria orixinada pola COVID-19 e á súa vez fomentar e tratar de impulsar o desenvolvemento destas actividades económicas.

    Outros asuntos do pleno

    Na sesión plenaria tamén se inclúen na orde do día: a creación da praza de tesoureiro como habilitado nacional, o incremento retributivo do 0,9% previsto para o persoal funcionario como o laboral e unha emenda de deficiencias do acordo plenario de data 29-01-2021 de participación no Plan Único 2021 Plan.

  • O 44% das actuación de Protección Civil durante o 2020 estiveron relacionadas co Coronavirus

    O traballo da agrupación local de Protección Civil de Camariñas céntrase na realización de servizos necesarios para a comunidade ano tras ano. Porén, no 2020 estas tiveran un carácter máis salientable debido a situación sanitaria que se viviu.