• A Carreira máis importante da Costa da Morte: 814 atletas na pedestre de Camariñas

    A VIII carreira pedestre de Camariñas contará con 814 participantes A proba, pertencente ao circuíto Correndo pola Costa da Morte, celebrarase este domingo, 10 de marzo. Outro ano máis a carreira pedestre do Concello de Camariñas continúa a ser das máis concorridas da comarca. Tras pecharse o prazo de inscrición confirmouse que nesta octava edición participarán 814 persoas na proba, que se levará a cabo este domingo, 10 de marzo, a partir das 10 horas. A carreira de Camariñas é a primeira parada do circuíto Correndo pola Costa da Morte e o seu percorrido atrae a unha gran cantidade de afeccionados a este deporte. Na proba absoluta son 10 quilómetros nos que os participantes gozarán das incribles vistas que ofrecen lugares como o Cabo Vilán co océano atlántico ao fondo.
  • Éxitosa edición en Camariñas da carreira Correndo pola Costa da Morte 2015

    Cada ano máis e, sobretodo, mellor. Esta podería ser a conclusión que un pode sacar da exitosa edición da carreira Correndo pola Costa da Morte que se celebrou este domingo en Camariñas. Preto de 400 atletas abarrotaron a vila das palilleiras nun día perfecto para a práctica da disciplina máis popular do atletismo xa fora na prova de 5 km ou na máis dura e esixente de 10 km. Nesta última o podium estivo formado por Cristian Muiño na primeira posición, Michel Antelo na segunda e na terceira chegaría César Vázquez Agra. Na categoría feminina era Vanessa Lafuente a que se impoñía á Rocío Alvite que foi segunda e a Tina Fernández que ocuparía o terceiro lugar no podium. Pero si houbo unha carreira que aledou as rúas de Camariñas esta foi a que desputaron os máis pequenos na categoría Pitufos que percorreron unha distancia de 50 metros xusto dende a oficiña de Mapfre ata o Café Bar Casino e que arrincou os aplausos de todos os asistentes. Destacar a perfecta organización tanto dende os responsables da carreira como do Concello de Camariñas así como tamén recoñecer a gran axuda que pretou o Concello de Muxía aportando efectivos da Policía Municipal e tamén agradecer a colaboración dos Bikers do Vilán, Protección Civil de Camariñas, Carballo, Laracha, Muxía, etc... que cunda o exemplo. Noraboa a todos.