• Camariñas inaugura o Nadal co acendido da iluminación e cun encontro de corais

    O Concello de Camariñas inaugurará este xoves 6 de decembro, as festas do Nadal, e farao por medio do acendido da iluminación e do VI Encontro de Corais. Así, a praza da Insuela acollerá, ás 18.00 horas, o prendido das luces do Nadal. Como parte do acto levarase a cabo tamén un encontro de corais no que actuarán a Polifónica San Salvador de Pazos, a Rondalla de Cariño e a agrupación Brisas do Mar de Camariñas.  Desde o Concello animan a todos os veciños e veciñas a tomar parte nesta actividade que suporá o inicio das festas de Nadal no municipio camariñán.
  • Unha delegación de 70 persoas das Illas Baleares visitará esta fin de semana en Camariñas

    No último fin de semana deste mes de abril preto de sesenta persoas procedentes de Baleares visitarán Camariñas ocupando practicamente tódalas prazas hosteleiras da capital municipal. Este colectivo está formado po lo coro de "Mestres Cantaires da Universitat de les Illes Balears" que darán un concerto na Casa do Alemán en Camelle o domingo 29 ás 13 horas, e na igrexa parroquial de San Xurxo de Camariñas ás oito da tarde. Neste último concerto participará tamén o Coro Municipal de Camariñas. Nesa mesma data inauguraranse dúas exposicións de artistas baleares no Museo Man de Camelle.
  • O Coro Brisas do Mar de Camariñas no Luar da TVG da man de Xosé Luis Blanco

    Con motivo dos actos programados polo Concello de Camariñas no aniversario do afundimento do HMS Serpent, a TVG emitía este venres noite no Luar, o programa estrela das noites da canle autonómica, unha pequena reportaxe sobre o afundimento do navío inglés que embarrancou tráxicamente na costa de Camariñas levándose a vida de 173 mariños ingleses. Como non podías ser doutro xeito o mestre de xornalistas da vila das palilleiras Xosé Luís Blanco Campaña foi o encargado, moi emocionado, de describir o periplo do buque ao mando de Mr. Ross que dou nome á Costa da Morte cando embarrancou nos baixos da Punta do Boi.
  • O Coro Brisas do Mar actuará en Luar para conmemorar a traxedia do Serpent

    Comezan a brotar as diversas iniciativas para conmemorar o aniversario do afundimento do HMS Serpent na costa de Camariñas. A primeira da que damos a coñecer aquí trata da actuación do noso querido Coro Municipal Brisas do Mar de Camariñas como estrela invitada no programa Luar que se emitirá en directo na TVG este venres 10 de novembro. E centrará a súa actuación na interpretación a capela da mítica canción composta polo mestre xornalista camariñán Xosé Luis Blanco Campaña adicada aos afogados no naufraxio do Serpent nos baixos da Punta do Boi. 
  • O Coro Municipal de Camariñas busca novas voces femininas e masculinas

    O Coro Municipal Brisas do Mar de Camariñas coa colaboración da Concellalía de Cultura do Concello de Camariñas ven de abrir unha captación de voces para ampliar o número de participantes nesta xa consumada agrupación coral. A incorporación de novas voces femininas para redondear a xa ben conseguida variedade tonal do conxunto polifónico das nosas mulleres súmase agora a intención do director do coro de incorporar voces masculinas que lle dean o toque de tonos baixos e forza ás pezas interpretadas polo exitoso coro Brisas do Mar. Para elo a dirección desta coral camariñana planea un ensaio este 3 de outubro de 2017 ás 20:00 horas no Centro de Iniciativas Empresariais sito na Rúa Río do Prado, ao lado do Centro de Saúde de Camariñas. Todas e todos aqueles que desexen incorporarse a este exitoso coxunto musical poden poñerse en contacto coa dirección do Coro Municipal Brisas do Mar de Camariñas.
  • Programa do 3º Encontro de Corais de Camariñas

    Este sábado 8 de novembro de 2014 celebrarase na Casa de Pedra a terceira edición do Encontro de Corais de Camariñas. Esta exitosa cita musical levada a cabo polas mulleres do Coro Municipal Brisas do Mar de Camariñas coa inestimable colaboración do Concello de Camariñas terá lugar, coma sempre, na Casa de Pedra da Vila das Palilleiras a partires das 20:00 horas. Contará coa actuación da Coral Aires Bergantiños de Carballo, Coral Areosa de Narón e para finalizar as nosas mulleres do Coro Municipal Brisas do Mar de Camariñas realizarán unha exibición do seu bo facer musical. Unha cita esta terceira edición que se caracterizará tamén pola ausencia dunha das grandes impulsoras deste xa clásico encontro, a Concelleira tan recordada e querida en Camariñas Mari Carmen Linares Chica que de seguro sentirá dende a súa actual residencia en Málaga non poder estar coas súas grandes amigas do Coro Municipal de Camariñas. En todo caso alí estará Camarinas.eu para realizar unha ampla reportaxe do acto para que A Malagueña e todos os Camariñáns que andan polo mundo adiante podan ver todo o acontecido nesta terceira edición do Encontro de Corais de Camariñas.
  • Homenaxe das mulleres do Coro Municipal de Camariñas á Malagueña

    Este martes 24 de xuiño de 2014, Festividade de San Xoán, tomaba camiño dende Camariñas hacia o seu novo destino a nosa amiga María del Carmen Linares Chica. A Malagueña de Buría trasladábase onte xunto a toda súa familia cara Malaga por mor de diversos motivos persoais. E foi por esto polo que as mulleres do Coro Municipal de Camariñas "Brisas do Mar" quixeron homenaxear toda a inxente labor que A Malagueña ten desenrolado dentro do Concello de Camariñas como concelleira do grupo municipal socialista para levar a diante tantos e tantos proxectos como o destas mulleres camariñanas que quixeron recoñecer esa labor. Mari Carmen, quixo retratarse nese día con todas e cada unha destas muilleres para ter un recordo de tan grata relación que se mantuvo durante tantos anos e nos, dende Camarinas.eu tamén nos queremos unir na homenaxe desta a que será para sempre a nosa Malagueña de Buría. Boa viaxe! Voltaremos a vernos!
  • O Coro Municipal de Camariñas "Brisas do Mar" estrea novo vestiario subvencionado pola Deputación Provincial da Coruña

    Dende hai uns anos destaca no eido cultural a impresionante labor desenrolada en Camariñas polo Coro Municipal. Xa non só nos diversos actos celebrados no noso concello, senón tamén en todas aquelas terras que teñen a sorte de ser visitadas por unha agrupación musical que destaca pola impresionante calidade das súas interpretacións musicais. Un dos derradeiros exemplos desta aseveración puidemos comprobala na V edición do Certame de Corais da Costa da Morte, celebrado recentemente en Vimianzo, evento no que participaron xunto a outras corais como Brisas do Mar de Corme, a Polifónica Municipal Atalaia de Laxe e Lusco e Fusco de Vimianzo. Ca presencia dos alcaldes de Camariñas e Vimianzo e ante 200 persoas, ademáis de polas sentidas pezas interpretadas polas mulleres camariñanas se por algo destacou o acto foi por dúas detalles entrañables: o primeiro polo estreo da nova vestimenta das integrantes da Coral Municipal, subvencionada integramente pola Deputación Provincial de A Coruña, e por outro pola sentida homenaxe que lle renderon interpretando a canción "El adiós del soldado" á malagueña Mari Carmen Linares Chica, a persoa que dende a súa Concellería de Servizos Sociais máis fixo para que a nosa Coral sexa a firme realidade que hoxe en día encandila auditorios ao longo de toda Galicia. Mari Carmen, vaise, volve a súa terra, pero deixará un legado que será lembrado durante anos.
  • Camariñas no programa da TVG No Bico un Cantar

    En tempos revoltos nada mellor que unha patriotada. E para facer patria en Camariñas hai que acudir aos catro-cinco iconos que unen a todos os veciños por enriba de calquer outra cuestión problemática e que ninguén discute: o Faro, Reira, o Encaixe... e o folklore nacional. Aquí, como resulta obvio, destaca sobor de todo o demáis o auténtico himno oficioso do Concello, un deses cantares, emocionais e definitorios, que si che collen con mal corpo acabas chorando como unha magdalena, tal é a forza de "O Pasar por Camariñas", unha bala de diamante directa ao centro da alma. Nestas o programa da Televisión de Galicia "No bico un cantar" decidío adicarlle unha edición ao gran himno musical da Costa da Morte e ahí Camariñas enviou ao combate a toda a súa potencia de fogo: os irmáns Barcia Trashorras, Os Panchos do Jolfendro, a Coral Municipal de Mulleres, José Luis dende Puerto Rico... para tratar de render a debida homenaxe a un cantar que si non che pon a pel de galiña, unha de dúas: ou non tes sangue no corpo ou non eres camariñán.
  • 2º Encontro de Corais en Camariñas

    Se non o evita unha nova denuncia interposta polo PP de Camariñas a través de calqueira dos seus testaferros habituais, este vindeiro sábado 4 de maio a partires das 20:00 horas celebrase na Casa de Pedra o 2º Encontro de Corais. Postos a sabotear todas e cada unha das iniciativas postas en marcha polo equipo de goberno municipal tal vez o vindeiro obxectivo a abatir será a música coral, quen sabe, o caso é que a ninguén lle extrañaría vista esta lamentable plaga que nos tocou aturar. En todo caso, e se non a sabotea a oposición municipal, no edificio multiusos camariñán daranse cita a Coral Polifónica Santa María de Cambre, a Coral Areosa de Narón e, como non, as mulleres camariñanas cen por cen producto nacional da nosa Coral Municipal, coorganizadoras deste maravilloso evento xunto ao Concello de Camariñas.
  • IV Certame de Corais Costa da Morte

    O Coro Municipal de Camariñas durante unhas das sús canciónsHai exactamente unha semana, o sábado 5 de maio de 2012, a Casa de Pedra voltou encherse ata a bandeira ca celebración do IV Certame de Corais Costa da Morte. Organizado pola Asociación Neria, ca colaboración do Concello de Camariñas cinco dos mellores coros galegos déronse cita nun encontro de alto voltaxe musical. Destacou a presencia do secretario de Neria Xan García así como a dun alcalde Pichurri que ata o de agora non se perdeu unha soa cita do marathón coral que está a caracterizar esta primavera. Ao final do acto entregáronse por parte de Neria os regalos ás corais participantes ademáis dun agasallo de recoñecemento ao Concello de Camariñas pola súa colaboración pero si por algo destacou este certame foi pola canción que a profesora da nosa coral municipal, a corcubionesa Charo, agasallou ás súas alumnas e que se chama "Camariñas, un balcón cara o mar" que tan só se ensaiou tres veces pero finalmente non salío mal. A outra das súas interpretacións foi unha versión maxestuosa do clásico do mestre xornalista José Luis Blanco Campaña "Serpent". Dúas delicias musicais que Camarinas.eu reproduce en sendos vídeos para solaz e divertimento do accionariado máis numeroso da Costa da Morte.
  • IV Certame de Corais Costa da Morte

    A Casa de Pedra volverase vestir de gala para acoller un certame coralDespois do éxito apabullante do 1º Encontro Coral de Camariñas celebrado recentemente, a Casa de Pedra de Camariñas acollerá este sábado 5 de maio de 2012 a partires das 20:00 outra novo encontro de alto voltaxe musical: o IV Certame de Corais da Costa da Morte. Organizado pola Asociación Neria ca colaboración imprescindible do Concello de Camariñas a través da Concellería de Asuntos Sociais, o departamento dirixido con pulso firme por Mari Carmen Linares Chica, a muller que traballa duro sen ter un soldo, constituindo o reverso daqueles que cando cobran non dan pau (léase Deputación Provincial) e cando non teñen salario nin cotizan un mísero peso mexicano á Seguridade Social sí que traballan (¡¡ay pero que vidas as do noso querido cociñeiro naviero!!). Ca participación da Coral Polifónica Neria Costa da Morte, a Coral Polifónica Brisas do Mar de Corme, a Asociación Coral A Oliveira do Monte Branco, a Coral de Malpica e as voces potentes, maxestuosas, entonadas da Coral Municipal de Mulleres de Camariñas o espectáculo musical está asegurado este sábado na polifuncional Casa de Pedra.
  • Encontro de Coros en Camariñas‏

    Unha emocionada Mari Carmen Linares recibe o homenaxe das asistentes ao encontro

    O pasado sábado 14 de abril de 2012 a Casa de Pedra asistío á celebración dun evento novedoso: a celebración do 1º Encontro Coral de Camariñas. Ca asistencia dalgunhas das mellores agrupacións galegas (a Coral Polifónica Endesa As Pontes, Coral "Airiños de Nós" de San Pedro de Nós, Coral Polifónica O Peirao do Freixo, e o Coro Municipal de Camariñas) o edificio multiusos quedouse pequeno e unha avalancha de público propio e de alén das nosas fronteiras inundou ata os seus pasillos nunha auténtica festa da música popular organizado polas nosas mulleres do Coro Municipal. Pero se sobre algo destacou o evento foi pola merecida e espontánea homenaxe por parte da organización a unha muller, malagueña de nacemento, camariñana de corazón, que dende que arribou ao mundo municipal en xuño de 2007 non deixou de loitar infatigablemente na área de asuntos sociais que lle tocou en sorte: María del Carmen Linares Chica. Unha concelleira ademáis que a diferencia do que acontece na Deputación Provincial onde se cobra por non dar pangada (ou o que é peor para a saúde pública: por exercer de cociñeiro náutico) renunciou voluntariamente á dedicación parcial no Concello sen que elo menoscabase o máis mínimo o seu compromiso de traballo infatigable a prol da súa xente. O derradeiro exemplo: a novedosa, multitudinaria e exitosa organización xunto coas mulleres do Coro Municipal do 1º Encontro  Coral de Camariñas.
  • O Coro Brisas do Mar en Carballo

    As nosas mulleres cantan hoxe en Carballo na Igrexa da Milagrosa

    Hoxe ven sendo para Camariñas un día do máis musical porque ademáis da presentación do disco dos Panchos do Jolfendro no Casino ao cal fomos moi amablemente invitados hai cousa de dúas semanas por un dos seus responsables, este sábado outro grupo musical formado únicamente por mulleres do noso concello realizará unha importante actuación un pouco máis lonxe do que o farán os nosos queridos Panchos. Estamos a falar da actuación do Coro Municipal de Mulleres "Brisas do Mar de Camariñas" que, con motivo da concesión dun ano xubilar á Capela da Milagrosa de Carballo por parte do Papa Benedicto XVI, realizará nesta importante parroquia a eso dos 11 da mañá unha actuación con motivo do centenario da construcción da súa capela. E para alá foron gran parte das nosas mulleres cheas de ilusión e ánimos para deixar o pavillón ben alto diante dos representantes desta parroquia, os cales xa quedaron abraiados pola forza musical deste coro camariñán noutras actuacións e, en parte foi por eso polo que as nosas mulleres foron invitadas especialemente para conmemorar este Ano Xubilar concedido polo Papa (non Papá, non vaia a ser que algún desvergonzado fora de todo raciocinio e que anda agazapado queira entender mal) con motivo do centenario da construcción da Capela da Milagrosa de Carballo. Noraboa ás nosas mulleres!
  • Ensaio do Coro Municipal de Camariñas

    A profesora do coro nun ensaio este venres 3 de febreiro

    Un novo piano para ensaiar o seu repertorio habitual pero tamén para interpretar algunha peza de Rajmáninov ou calquera dos concertos para piano de Piotr Ilich Chaikovski se algún valiente osa acometer semellante desafío ven de ser estreado recentemente polo Coro Municipal de Camariñas. Trátase dunha subvención da Deputación Provincial da Coruña, se dos tempos de Salvador Fernández Moreda como presidente ou dos do recente Diego Calvo, eso xa non o sabemos nin, sinceiramente, nos importa, nin imos perder un segundo do noso escaso tempo investigando o proceder da financiación da pianola que permitirá aos nosos amigos do Coro Municipal afinar as impecables e cuasiexactas interpretacións do seu amplio repertorio. Ao fin e ao cabo os cartos que financiaron a citada subvención que nos saibamos non saíron dos bolsillos de ningún político senón do sufrido, exprimido, enganado e depauperado contribuinte español: aquel levado a unha situación de ruina polo actuar lamentable, incompetente e corrupto desos mesmos políticos que venden calquer subvención ou inversión como si da victoria das Termópilas se tratara. Alleos a estas divagacións dun sábado noite os nosos queridos amigos do Coro Municipal esta semana comenzaron os ensaios co seu flamante novo piano e, obviamente, a web que fai da plasmación do día a día de todo un concello nos albores do século XXI un arte non podía deixar de estar alí. Sobre todo porque oír ao noso coro en acción musical sempre constituirá un deleite e un honor.
  • Coro Municipal de Camariñas

    O Coro Municipal de Camariñas estreou unha fermosa vestimenta financiada pola Deputación da Coruña

    Foi exactamente o 28 de maio deste ano 2010 cando as mulleres de todo o noso concello que compoñen o Coro Municipal de Mulleres de Camariñas estrenaban as súas novas blusas que lucirán en tódolas súas actuacións as cales foron financiadas pola Deputación da Coruña. E foi en Muxía, a vila máis costeira que forma parte indivisible da Ría de Camariñas onde realizaron a súa primeira actuación lucindo as súas novas vestimentas. Unha actuación que deslumbrou aos nosos veciños sureños non só polo colorido das súas orixinais roupas se non polo espectacular repertorio que fixo explotar de aplausos e bises o local muxián onde actuaban. E é que este Coro Municipal está colleitando uns éxitos sen precedentes en Camariñas dos cales gran parte destes son fruto do gran traballo que está a realizar a profesora que dirixe os chorros vocales das nosas. Un coro que tamén levantou grandes aplausos noutro encontro coral celebrado en San Pedro de Nós este pasado 12 de xuño e no cal as nosas deixaron o nome de Camariñas ben alto. Como debe ser.