• Doblete do FC Camariñas Base: Campión de Liga e Campión da Copa da Costa Prebenxamín

    Pois aquí, en Camariñas.eu, tivemos que pasar caseque unha semana para dixerir todo o acontecido hai sete días. Miles de persoas dábanse cita este pasado sábado 12 de maio no Estadio Hermanas Patiño para acompañar aos nenos dos clubes clasificados para a fase final da Copa da Costa do Fútbol Base. Todo un torrente de coches e autobuses cheos de deportistas e familiares de ata 20 clubes provintes dende Carballo ata Esteiro inundaron Camariñas nun dos actos deportivos máis multitudinarios que se recordan na vila das palilleiras. Dende as 11 da mañán ata as 8 da tarde deste sábado histórico para o deporte camariñán desputouse esta fase final oficial organizada polos pais e nais que levaron (e levarán) adiante a cabo a Escola de Fútbol do FC Camariñas cunha organización casi perfecta recoñecida polos directivos desprazados ata Camariñas pola Real Federación Galega de Fútbol. Case nada.
  • A Copa da Costa de fútbol base xogarase este sábado en Camariñas

    Tiveron que pasar 20 largos anos de fútbol base en Camariñas para que un club da vila das palilleiras dera o valente e necesario paso para organizar un evento deportivo da importancia da Copa da Costa das categorías base da Costa da Morte. Un acontecemento sen precedentes en todo o Concello de Camariñas, e tiveron que ser as nais e pais da Escola de Fútbol do FC Camariñas os que, no seu primeiro ano de vida, executaran os trámites oportunos para que a Federación Galega de Fútbol concedera ao FC Camariñas a organización dun importante evento deportivo que traerá a máis de 400 futbolistas de toda a Costa da Morte e aos seus familiares ata Camariñas. Todo un impulso económico e turístico para a nosa vila concedido polo traballo altruista destes pais e nais do FC Camariñas. E sen dúbida un importante voto de confianza desde a Federación Galega de Fútbol ao traballo desenrolado no fútbol base polo FC Camariñas