• 17 mozos e mozas recibiron a confirmación en Camariñas

    Outro ano máis os rapaces de Camariñas que se estaban a preparar para recibir o sacramento da confirmación agradeceron a visita dende Santiago de Compostela do Vicario José Antonio Seone. Chegaba o vicario a Camariñas para celebrar esta importante misa pouco antes das 11:00 da maña nun día frío aínda que soleado que fixo de preludio a inevitable chegada do outono ata as nosas terras. Os rapaces, todos eles coas súas mellores galas aínda que algo nerviosos, estiveron á altura de tan importante evento sobretodo despois das sabias e entrañables palabras previas de Mary Luz Ramos, a gran catequista e mellor persoa que leva preparando a estes rapaces e rapazas para celebrar a súa confirmación. Palabras tranquilas e sinceiras que apaciguaron un pouquiño ese nerviosismo que se palpaba no ambiente. Así chegaba o momento máis importante da misa que oficiou con gran sabiduría Don José Antonio que, acompañado polo noso querido cura párroco Don Eduardo, dou a confirmación a un total de 17 rapaces de Camariñas, Camelle e Arou. Despois da misa chegou o turno das fotos que se fixeron os rapaces cos seus seres queridos. Un gran día para a comunidade católica de Camariñas que vío como 17 dos seus rapaces e rapazas se confirmaban na fé cristiana. Noraboa chavales!
  • Confirmación de 17 rapaces de Camariñas

     
    Este pasado domingo 4 de maio de 2014 tivo lugar en Camariñas a confirmación na fe católica de 17 rapaces da Vila. Un acto clásico do calendario católico primaveral que foi oficiado polo Vicario de Santiago e Don Jesús, auxiliados nas súas labores eclesiais polo cura-párroco de Camelle Don Eulogio, o cal ante a falta de relixiosos nas parroquais veciñas de vez en cando vese obrigado a botar unha man. Todo elo aconteceu nun evento que se caracterizou polo distendido do mesmo, pola boa predisposición dos rapaces así como pola impresionante labor pastoral que dende hai xa bastantes anos desenrola como catequista a nosa querida amiga Mari Luz Ramos a cal confire aos confirmables unha perfecta formación católica para ratificar a súa fe. Acto que como soe ser habitual rematou ca conseguinte sesión fotográfica, cuios exemplares xa están a disposición dos interesados no estudio de Diego Alonso Fotógrafodende este mesmo venres 9 de maio.
  • Confirmacións en Camariñas 2013

    Era un pobo do litoral das Rías Baixas, na víspera do Día das Letras Galegas. Un varón de trinta e pico anos acude na media tarde de visita á casa da súa moza, cando no edificio aledaño, típica construcción de planta baixa, indistinguible de todas as demáis dun barrio típicamente mariñeiro, asoma pola porta, en chandal e zapatillas, o mesmísimo Embaixador de Alemania en España. Chegara ao parecer á casiña familiar de toda a vida da súa esposa o día anterior, sen facer moito ruido e dun xeito máis ben misterioso, conducindo el mesmo dende Madrid un automóvil de matrícula diplomática, pero ninguén estaba moi seguro. Nese intre andaba atareado en desfacerse educada pero firmemente pola vía rápida, conforme á dilatada e expeditiva escola diplomática xermana, de dúas persoas de modos sumisos e vestimentas elegantes, a todas luces Testigos de Xehová. Unha escea, tantas veces contemplada, ante a que o referido testigo trintañero non puido evitarsentir unha punzada de compasión.
  • Confirmacións Ponte do Porto 2013

    Os confirmados na Ponte do Porto xunto ao Vicario de Santiago

    Confirmarse un nas súas ideas non soe ser tarea pacífica. Os cambios ao longo de toda unha vida soen ser cíclicos, inevitables. Baste lembrar as sucesivas etapas ideolóxicas que en canto a política se atravesan durante todo un periplo vital para acabar ficando no terreo de ningures actual. Neste punto soía decirse que o único ao que unha persoa se mantiña fiel durante toda a vida era o seu equipo de fútbol: cambiábase de coche, de partido político, de muller, de casa, de todo, menos do teu equipo da alma, aseveración esta que acabou tamén sendo desvirtuada polos novedosos feitos aos que un redactor que o presente subscribe asisitío como testigo de primeira man a principios da década pasada cando varios dos seus máis íntimos amigos ante a deriva nacionalista e/ou independentista emprendida polo club dos seus amores (o Barca), renegaban do mesmo e non pasado moito tempo chegaban a aplaudir de forma entusiástica os triunfos do seu máis sinalado rival.
  • Confirmacións no Concello 2011

    Un ano máis ca chegada da primavera tiveron lugar as confirmacións no noso concello

    Ás mesmas horas nas que o CB Camariñas escribía  posiblemente páxina máis gloriosa do deporte na Costa da Morte unha morea de rapaces do noso concello se confirmaban na fe católica nunha serie de multidinarias celebracións. Oficiadas todas elas polo Vicario de Santiago de Compostela, arrancaba o maratón confirmatorio na Ponte da Porto cand aínda eran as 10:00 da mañán. Unha vez rematado o evento porteño tocaba acudir á Igrexa Parroquial de San Xurxo onde na misa de 12:00 tiña lugar a confirmación dos rapaces camariñáns. Tras un breve ínterin para desfrutar do ascenso do Conservas Boya no veciño Pabellón Municipal, a xornada remataba en Camelle ás19:00 horas cun nova e multitudinaria misa. Un ano máis, ducias de rapaces de tres parroquias do noso concello confirmaban a súa fe na Igrexa Católica e un ano máis poderán recoller as súas fotos do evento pasando pola tenda de Diego Alonso Freire na Rúa Tras Praza 6 de Camariñas
  • Confirmacions en Camariñas 2010

    O mazazo saltaba na misa de 12:00 do domingo 30 de maio: hondamente afectado, Don Jesús daba a coñecer á estupefacta multitude de feligreses que nese intre ateigaba a igrexa parroquial de San Xurxo que con posterioridade ao acto de confirmación levado a cabo na tarde do venres 28, cando se procedía a efectuar as labouras de limpeza do templo, foran atopadas no chan, tiradas na zona dos bancos onde anteriormente estuveran sentados os xóvenes participantes no acto de confirmación, dúas das sagradas hostias que foran impartidas aos mesmos. Dende o punto de vista da doctrina católica elo equivalía nen máis nin menos que a un sacrilexio e así o fixo saber Don Jesús, quedando dende ese momento as dúas sagradas formas, o Corpo de Cristo, baixo a custodia cunha veliña a cada lado das nosas queridas monxas e un letreiro na porta do templo parroquial comunica aos seus visitantes que tódalas tardes ás 19:30 horas, como acto de desagravio en reparación pola ofensa inxustificada e incomprensible inferida ao máis sagrado dos símbolos cristianos, procederase á Adoración do Altísimo. Aquí en camarinas.eu non saímos do noso asombro e entendemos que os dous presuntos responsables da ofensa non son representativos do amplio grupo de xóvenes camariñáns que respetuosa e alegremente participaron este venres no acto de confirmación da fe cristiana polo que non parece xustificado que unha sospeita indiscriminada recaía sobre todos eles. Os responsables serán sempre e ante todo culpables ante si mesmos. En fin, un acto deleznable que non debe enturbiar para nada a devoción e catolicismo característicos do pobo camariñán, tal e como puidemos comprobar este derradeiro domingo co descenso da Virxe do Monte. Con todo, non se deberían olvidar as palabras de vez en cando repetidas aquí en camarinas.eu: estamos ante unha España non só arruinada económica senón tamén moralmente...
  • Confirmacion masiva en Xaviña

    camarinas.eu non podía faltar á cita cun dos actos máis importantes na vida de tantos xóvenes xaviñáns
    camarinas.eu non podía faltar á cita cun dos actos máis importantes na vida de tantos xóvenes xaviñáns

    Avalancha de confirmacións en Xaviña

    Posiblemente, a Igrexa de Santa María de Xaviña leva asistindo á celebración de confirmacións masivas dende hai máis de 800 anos. Agora ben, poucas veces vería este sagrado templo católico, unha das maiores xoias da arte románica nestas terras, semellante avalancha de confirmacións como a que tivo lugar no sábado 27 de setembro de 2009 cando 109 xóvenes provintes de parroquias de Xaviña, Ponte do Porto, Camariñas e de "La O" (Concello de Muxía) se confirmaban nun acto que conduciron con sabiduría e bo facer o Vicario de Santiago, o cura de Berdoias e oriundo de Xaviña Don Ramón, o cura de Cereixo Don Pedro e o insustituible Cura Párroco de Xaviña Don Mario. E alí estaba Camarinas.eu para captar unha amplia galería fotográfica do evento no que se confirmaron na fe cristiana 109 rapaces e (fermosas) rapazas.

  • Confirmacions en Camarinas 2009

    Despois de que ao longo de todo este domingo, só os usuarios rexistrados de camarinas.eu poideran ver en exclusiva a noticia relativa ao tradicional acto de confirmación masiva na fe católica que ten lugar nesta antiga vila dende épocas moi lonxanas cada primavera, procedemos á publicación da mesma: unha impresionante galería de fotos que Diego Alonso sacou este sábado na Igrexa Parroquial de Camariñas con motivo da confirmación de cáseque trinta xóvenes (e non tan xóvenes) camariñáns polo Vicario de Santiago de Compostela. O ano pasado tal e como se reflexa na noticia relacionada, o Acto de confirmación, sempre na primavera, aconteceu un domingo 20 de abril. Este ano o día elexido foi un 14 de maio sábado. E como sempre unha lexión de adolescentes cumpriron cun rito moi antigo co que reafirman na perigosa e esvaradiza época da pubertud un compromiso cunha relixión e cunha cultura, cunha civilización en definitiva na que a meirande maioría dos nosos antergos veñen desenvolvéndose dende tempos inmemoriais.
  • Domingo de Confirmacions en Camariñas

    Como ven sucedendo en Camariñas dende datas inmemoriais, este domingo un nutrido grupo de adolescentes (e algúns non tan adolescentes) confirmaron a súa fe católica diante do Vicario de Santiago nun acto masivo de Confirmación que tivo lugar na Igrexa Parroquial de San Xurxo. Poidemos contar ata máis de sesenta persoas que hoxe cumpriron cun rito básico da relixión cristiana, xunto ao do bautismo e ao da comunión. Outra vez volvía a lucir o templo camariñán un magnífico aspecto enchéndose ata o punto de que moitos dos asistentes tivéronse que quedar fóra. Don Jesús oficiaba acompañado polo Vicario chegado expresamente dende Santiago para esta ocasión. E é que non era para menos: máis de 60 persoas íanse a confirmar na mañá deste domingo 20 de abril de 2008, na súa gran maioría xóvenes adolescentes camariñáns. Entre eles usuarios básicos desta web así como familiares dos mesmos.