• Karina Tajes, unha futura estrela de Camariñas

    Pois en Camariñas estamos que non paramos. Para sumar á excelente canteira deportiva que posúe o noso concello veñen a presentarse outras grandes promesas dentro de outros ámbitos culturais. Na literatura, por exemplo temos ao exitoso escritor Alberto Lorenzo con uns relatos de eloxio no seu blog "El espejo de Shion" e agora tamén no mundo da música abrirase paso sen dúbida Karina Tajes, unha gran cantante camariñana que con tan só 18 aniños foi quen de subirlle ao escenario do concerto que a popular cantante canaria Rosana realizou en Ponteareas e marcarse unha canción deixando ás multitudes asistentes coa boca aberta. Ademáis Karina está a facer unhas grabacións caseiras que logo colga en Youtube donde ela, acompañada da súa inseparable guitarra, interpreta algúns temas propios e outras versións dos seus artistas favoritos. De verdade, non vos perdades a traxectoria desta rapaza que seguro será meteórica. Camariñas, terra de artistas! ¡NORABOA KARINA!
  • Todo preparado no Curbeiro para o concerto de Maisha

    Os grupos xa quentan motores e afinan os instrumentos no Curbeiro. Xa en toda Camariñas estamos esperando que empezen a ruxir as guitarras e os tambores. Os grupos son de calidade e o tempo non pode ser millor. Espéranos unha noite de bóa música e diversión. Estaremos hoxe toda noite para quitar as fotos e mañá meteremolas na galería de fotos especial deste festival.
  • Gran Festival en Camariñas

    Venres 24 e Sábado 25 de Agosto son as datas elexidas polos organizadores para celebrar o festival. Este verán rematará no Bar Curbeiro de forma espectacular coa organización de un festival musical sen precedentes en Camariñas que reunirá aos mellores grupos que pasaron pola tempada de concertos do Bar Curbeiro. Grupos coma Días de Furia consolidados xa no panorama musical estatal daranse cita no Curbeiro o próximo fin de semana. Nesta ocasión os concertos desenvolveranse na Praza do Curbeiro para que todo Camariñas poida desfrutar deles.
  • Concerto de Materia en Cee

    Serán telonieros de "Los Suaves" no concerto da Xuventude de Cee. Materia, o grupo de Metal da Ponte do Porto darán entrada na festa da Xunqueira de Cee ao mítico e irrepetible grupo de Rock&Roll Ourensá Los Suaves. En camarinas.eu teremos unha galería de fotos especial para este concerto que eles mesmos nos ceden. Esperemos que o Luns estean xa colgadas nesta web.