• Prestación económica de pagamento único por fillo/a menor de 3 anos

    Concello de Camariñas

    A Consellería de Traballo e Benestar establece as bases que rexerán a concesión da prestación económica de pagamento único por fillos e fillas  menores  de tres anos  para o ano 2012.   Poderán ser beneficiarios aquelas persoas que teñan menores de 3 anos ao 1 de xaneiro de 2012 (nados entre o 2-1-2009 e o 1-1-2012, inclusive) e que, durante o ano 2010, nin elas nin ningún membro da unidade familiar estivesen obrigados a presentar a declaración do IRPF correspondente a este período, nin a tivesen presentado de xeito voluntario aínda sen estar obrigados a iso. Tamén se poderán acoller a esta axuda no caso de fillos adoptados ou acollidos entre o 31 de decembro de 2010 e o 31 de decembro de 2011; así como os estranxeiros que residan en Galicia sempre que cumpran as condicións da Lei orgánica 4/2000 e os requisitos establecidos nesta norma e tivesen a condición de contribuínte para os efectos do disposto na Lei 35/2006, do 28 de novembro, do IRPF.
  • Obrigatoriedade de solicitar cita previa en toda a rede de Oficinas de Prestacións do Servicio Público de Empleo Estatal da provincia da Coruña

    Concello de Camariñas

    Dende a Axencia de Desenvolvemento Local informámosvos de que recibimos unha comunicación no concello por parte da Dirección Provincial da Coruña do Ministerio de Empleo y Seguridad Social comunicándonos que a partir do 16 de febreiro de 2012 implantarase no Servicio Público de Empleo en toda a súa rede de oficinas de prestacións da provincia da Coruña un novo servizo de atención ó cidadán. As persoas que necesiten realizar calquera trámite ou xestión sobre prestacións por desemprego serán atendidas mediante o sistema de cita previa.
  • Convocatoria de probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2012

    Concello de Camariñas

    A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, publica no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 16 de xaneiro exames para a obtención dos carnéts profesionais e das habilitacións profesionais para o ano 2012 das seguintes especialidades:

  • Axudas para investimentos en transformación e comercialización de produtos procedentes da pesca, marisqueo e acuicultura

    Concello de Camariñas

    Esta axuda da Consellería do Mar ten de prazo ata 31/1/2012. Pode acadar ata o 60% dos gastos subvencionables e contempla, ademais de axudas para mellora das condicións e comercialización de produtos do mariqueo e acuicultura,  axudas para a comecialización de produtos procedentes esencialmente de desembarcos locais. Esta axuda da Consellería do Mar ten de prazo ata 31/1/2012.Axudas para investimentos en transformación e comercialización de produtos procedentes da pesca, marisqueo e acuicultura.
  • Curso de Galego en Camariñas

    Concello de Camariñas

    A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, vén de convocar cursos preparatorios de galego para os niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4. Os cursos son de carácter gratuíto e teñen unha duración de 70 horas. As datas de realización serían entre os meses de marzo e maio. O Concello de Camariñas, a través da Axencia de Desenvolvemento Local, está interesado en solicita-los cursos á Xunta de Galicia para poder impartilos no concello, para iso necesitamos un mínimo de 20 persoas inscritas, quedando supeditada a realización dos cursos á concesión por parte da Xunta de Galicia do permiso correspondente.
  • Cabalgata de Reis Magos 2012

    Os Reis Magos veñen este ano 2012 a Camariñas da man de Juan Cabrejo

    Facer máis con menos. En realidade facer todo con nada, sin que ás arcas do noso concello lle coste un só céntimo de euro. Este é o peculiar modo de levar as cousas na súa concellería de Juan Manuel Cabrejo Pasantes, Concelleiro de Cultura e Deportes e que este  xoves 5 de xaneiro vai ter un novo exemplo ca celebración da Cabalgata de Reis Magos. Arrancará, arrancou, as 12:00 da mañá no núcleo de Brea, unha especie de Kaliningrado camariñán, para chegar máis ou menos á hora en que se escribe esta noticia, 12:30 h, a Santa Mariña. Logo virán Arou (13:00 h), Camelle (15:30 h), Ponte do Porto (17:00 h), Xaviña (18:30 h) e finalmente Camariñas a partir das 20:00 horas, ben na Praza do Concello ben no Pavillón, dependendo da metereoloxía. Uns cantos empresarios patriotas camariñáns que non deron a espalda ás ilusións de tantos e tantos cativos ao longo do noso concello e fixeron un importante esforzo nestes tempos de crise galopante xunto ca labor imprescindible, necesaria, calada pero vital do persoal municipal de vías e obras (a nosa queirda PMO) e Protección Civil fan posible a realización do evento. Todos eles, mailo Coro de Mulleres, recollen o xusto recoñecemento de Juanillo na nota informativa que adxuntamos.

  • A Xunta de Galicia pecha o criadeiro de ameixa de Camariñas

    Estase a instalar a máis pura desolación no Muelle Novo de Camariñas. Primeiro, foron as inversións muchimillonarias prometidas no seu día a bombo y platillo por Álvarez-Campana (¡¡ay, xa decíamos nos: si de Presidente de Portos de Galicia estuvera un Campaña!!) xunto aos seus mariachis locais para ver si estes por unha vez lograban gañar as eleccións municipais e que nin para eso serviron, inversións que ninguén nunca verá,  volatilizadas na máis pura farsa, despois o intento de golpe de estado no que anda enfrascada unha minoría radical e violenta nesa mesma explanada do Muelle Novo (mesmos cans pero con distintos collares, con perdón para os cánidos), aferrados desesperados como un cravo ardendo a un bar-restaurante, e agora o despido de seis traballadores e o peche dun servizo básico para o sector do marisqueo en Camariñas e en Galicia. Non, polo que se ve non corren moi bos tempos para a explanada do Muelle Novo. En todo caso, aquí en camarinas.eu procedemos a publicar a nota de prensa remitida polo Concelleiro de Urbanismo, Desenvolvemento Empresarial, Mar e Traballo, Sergio Caamaño:

  • A Secretaría Xeral da Igualdade e o Fondo Social Europeo financiaron distintas actuacións levadas a cabo pola Área de Igualdade do Concello de Camariñas

    Secretaría Xeral da Igualdade do Concello de Camariñas

    A Área de Igualdade levou a cabo varias actividades durante este ano 2011 financiadas coas axudas concedidas pola Secretaría Xeral da Igualdade e do Fondo Social Europeo, como foron: O concurso de curtas polo móbil A IGUALDADE. MISSION::POSSIBLE que tivo como principal obxectivo provocar e promover un cambio de mentalidades e reflexións a posicións mais igualitarias na nosa mocidade sempre en colaboración cos centros educativos do municipio. Tamén levouse a cabo unha o establecemento dun PROTOCOLO DE COORDINACIÓN E COOPERACIÓN EN VIOLENCIA DE XÉNERO “ HAI OUTRO LADO” no que se pretendía  a consolidación e establecemento de estruturas de coordinación e cooperación entre os distintos ámbitos políticos e profesionais de cara a eficaz prevención, detección e intervención na loita contra a violencia de xénero e protección das mulleres vítimas, das súas fillas/os, e das persoas delas dependentes.  Ámbalas dúas actividades tiveron moi boa acollida e aceptación, esperamos seguir nesta liña de colaboración para poder seguir desenvolvendo accións en prol da Igualdade e da eliminación da violencia de xénero.
  • Constitución da Xunta Local de Seguridade no Concello de Camariñas e firma do protocolo contra a violencia de xénero

    Onte tivo lugar no concello de Camariñas a Constitución da Xunta Local de Seguridade que ten como obxectivo principal facilitar unha eficaz coordinación  e cooperación entre forzas e corpos de seguridade que exercen as súas funcións dentro do municipio. É importante pois non só constitúe un órganos de coordinación operativa senón tamén informativa, facilitando cauces de canalización que permitan a colaboración dos sectores sociais e institucionais afectados na correcta planificación  da seguridade pública.
  • Neste Nadal 2011 regala vida

     

    Cartel Doa SangueO Centro de Transfusión de Galicia e o Concello de Camariñas queremos pedirvos que este nadal fagades o mellor regalo: doa sangue.

     

  • Día do Fútbol Sala no Concello

    Juan Cabrejo, o organizador de todos e cantos actos deportivos e culturais se desenrolan dende o Concello de Camariñas

    Cando aquí decimos que corren días de gloria para o deporte no noso concello non se fala por falar. Desta volta o maxín de Juan Manuel Cabrejo Pasantes, o mellor concelleiro de deportes da historia de Camariñas e camiño de ser o mellor concelleiro da historia, así a secas, ideou unha xornada de exaltación e homenaxe ao deporte que dende alá nos anos 80 se presenta como maioritario en participación masiva nas nosas terras: o futbito. E así este venres 23 de decembro, na mañán procederase  na Praza do Mercado á inscripción dun competitivo torneo de 3x3 e á noitiña, a partires das 21:00 horas, celebrarase un partido de altura entre a Asociación Galega de Xogadores de Fútbol Sala e unha Selección de Xogadores da Segunda División B e da Terceira, xente atraída cara o Pavillón Municipal de Camariñas polos cantos de sirea de Juanillo.
  • Seminario de Motivación Emprendedora

    Seminario de Motivación Emprendedora organizado polo Concello de Camariñas

    O sábado realizamos o Seminario de Motivación Emprendedora no Concello de Camariñas. Doce veciños e veciñas asistiron a este primeiro seminario que forma parte dun itinerario formativo de BIC Galicia. Os participantes pertencían a distintos perfís: estudiantes, amas de casa, desempregados, traballadores por conta allea e autónomos. “Emprender é a mellor forma de saír desta crise”. Esa foi a frase que usei para presentar o seminario. E é por iso que dende o Concello de Camariñas estamos traballando para formar e axudar ós emprendedores.
  • Talleres educativos ao longo do curso escolar 2011-12

    Concello de Camariñas

    O Concello de Camariñas através da Concelleria de Servizos sociais,igualdade e saúde, despois de xuntanzas cos equipos directivos dos centros escolares , vai desenvolver en colaboración cos centros de educación infantil e primaria  de Camariñas, Ponte do Porto e IES Pedra da Aguia de Ponte do Porto os seguintes talleres o longo do curso escolar.
  • IV Festa da Palilleira

    Cartel da VI Festa da PalilleiraIV Festa da Palilleira que terá lugar o sábado, día 10 de decembro, no pavillón municipal de Camariñas; axuntamos  ficha de inscrición para tódalas palilleiras que estean interesadas en participar.Durante a celebración terán lugar actuacións folclóricas en horario de maña e tarde. As/os modelos participantes no desfile serán voluntarios/as do Concello de Camariñas, achegamos ficha de inscrición. Pasarán prendas realizadas, con Encaixe de Camariñas, por firmas colaboradoras coa Mostra do Encaixe.

     

  • Oferta de traballo en SEAGA

    Cartel da oferta de traballoEsta semana a empresa SEAGA abríu o prazo para as ofertas de emprego para os traballos de incendios do ano que ven. Todos aqueles veciños que estiveran anotados o ano pasado poderán comprobar por internet na páxina www.epseaga.com a súa situación e mirar de actualizar os méritos.
  • Proxecto "Xuventude e Desenvolvemento"

    Programa Desenvolvemento e XuventudeA mocidade camariñán participará no proxecto europeo Ypad xunto coa de outros cinco concellos europeos. O Concello de Camariñas participa no Proxecto “Xuventude e Desenvolvemento” do programa Europa dos Cidadáns da UE, ”, YPAD . Participarán mozos e mozas de 18 a 25 anos de seis concellos de España, Italia, Suecia e Finlandia.  No proxecto traballarase coñecendo as experiencias dos municipios socios en desemprego, formación, autoemprego, proxectos emprendedores e mellora da comunicación entre os concello e a xuventude.
  • A Consellería de Educación convoca 30 prazas de colaboradores bolseiros

    Concello de Camariñas

    A Consellería de Educación convoca 30 prazas de colaboradores bolseiros nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo:
  • PRÓXIMA APERTURA DAS LISTAS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

    Concello de Camariñas

    Está prevista a apertura das listas de persoal temporal do Servizo Galego de Saúde para o mes de setembro. Entre outras nas seguintes categorías: Médico / a , enfermeiro / a, técnico / a en coidados auxiliares de enfermería, auxiliar administrativo / a, celador / a, albanel, electricista, fontaneiro / a , condutor / a, pinche de cociña telefonista... É obrigatoria a inscrición electrónica no novo sistema informático expediente-e profesional para poder anotarse nas listas.  As persoas interesadas poden inscribirse xa no expediente-e dispoñible na páxina web do Servizo Galego de Saúde.
  • Convocatoria procesos selectivos para o ingreso na Xunta de Galicia

    Concello de Camariñas

    A Xunta de Galicia vén de convocar a finais do mes de xullo procesos selectivos para cubrir prazas correspondentes á oferta de emprego público de 2009 a través de acceso libre en varias categorías.
  • Convocatoria recoñecemento competencias profesionais

    Concello de Camariñas

    Convocatoria recoñecemento competencias profesionais. Listaxe definitiva de persoas admitidas e non admitidas. As persoas que se anotaron á convocatoria pública da Xunta de Galicia segundo a Resolución do 17 de marzo de 2011 (DOG 28/03/2011)  para o recoñecemento das competencias profesionais de Atención sociosanitaria a persoas no domicilio e Atención a persoas dependentes en institucións sociais xa poden consultar a través da páxina oficial da Xunta de Galicia a listaxe definitiva de persoas admitidas e non admitidas.