• CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS DO SECTOR DA CONSTRUCIÓN

    Concello de CamariñasA Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Camariñas colabora coa Fundación Laboral de la Construcción na organización dun curso de prevención de riscos laborais. Este curso, de 20 horas de duración corresponde ó 2º Ciclo de formación en prevención de riscos laborais, obrigatorio no Convenio de Construción.O curso consta de 14 horas comúns e 6 horas de oficio específico.  O curso será impartido por persoal técnico da Fundación Laboral de la Construcción.
  • Ofertas de emprego para TRAGSA

    Concello de Camariñas

    OFERTA DE EMPREGO PARA TRAGSA: Tragsa (Empresa de Transformación agraria S.A.) publicou un anuncio o pasado sábado 23/06/2012 no xornal La Voz de Galicia no que ofertan prazas de, Xefes de brigada incendios forestais (REF:XFIB) e Peóns defensa incendios forestais (REF: PDIF) nos distritos forestais: Do I ó XIX. Prazo máximo de recepción de solicitudes: 4 días naturais dende a publicación do anuncio (remate o 27 de xuño ás 19:00 horas). Dende Camarinas.eu recomendamos aos interesados que se personen na oficina da orientadora laboral do Concello de Camariñas para recabar máis información sobre estes postos de traballo que oferta a empresa TRAGSA. A continuación vos deixamos as condicións para optar a estes postos.
  • XORNADA DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS E TARXETA PROFESIONAL DA CONSTRUCIÓN

    O Concelleiro Sergio Caamaño presentou o cursoOnte (20/06/2012) realizouse no Concello de Camariñas organizada pola Axencia de desenvolvemento Local unha xornada de prevención de riscos laborais denominada Aula permanente impartida por Mónica López, docente da Fundación Laboral de la Construcción. Esta xornada, de oito horas de duración corresponde ó 1ª ciclo de formación que se establece no V Convenio General de la Construcción é a mínima imprescindible para tramita-la Tarxeta Profesional da Construción (TPC).
  • Charla de Íntegro en 5º e 6º de primaria

    A charla de Íntegro realizouse nas aulas de 5º e 6º de primaria

    Nesta semana, na que remata o curso escolar, en moitas das nosas casas facemos avaliación do que foi o ano. Para moitos e moitas de nós o ano non comeza o 1 de xaneiro senón a primeiros de setembro co trafego dos libros, o material novo, coñecer os profes, nalgún caso o cambio de centro , de compañeiros......
  • Horario de renovación da tarxeta de demanda ou mellora de emprego no verán na Casa de Pedra

    Concello de Camariñas

    Debido á entrada en funcionamento do horario de verán deste ano 2012 lembrámosvos que entre o 15 de xuño e o 15 de setembro o horario para renova-la tarxeta de demanda ou mellora de emprego no Punto de Información Dixital da Xunta de Galicia instalado na Casa de Pedra de Camariñas é de luns a venres de 8:00 a 14:00. Para calqueira información ou consulta respecto a este tema podedes dirixirvos á Casa de Pedra e preguntar no mostrador de información ou chamar ao seguinte número de teléfono: 981 73 70 04.

  • Horario de autobuses xuño 2012

    Concello de Camariñas

    Cumprindo ca función de servizo público que inspirou a creación do xigante cibernético da Costa da Morte, Camarinas.eu procede a publicar o calendario de liñas e horarios de autobuses actualizado a xuño de 2012. Estamos a falar dun medio de comunicación, o das liñas regulares de autobuses, ao que o espexismo de benestar e crecemento económico vivido neste país dos nosos pecados ata o 2008 facía presaxiar un futuro nada halagueño. Nestas a maior crise económica dende 1929 fixo aparición co seu fúnebre horizonte de empobrecemento colectivo e, desgraciadamente, este humilde mendio de locomoción volta a reverdecer vellos laureis. En todo caso aquí deixamos publicada de agora e para sempre os horarios e liñas de autobuses relacionados con Camariñas. Así que xa sabedes, cando vos faga falla coller un autobús, non tedes máis que acudir a Camarinas.eu para elexir de entre as opcións existentes aquela que mellor se adate ás vosas necesidades.

     

  • Listas de SEAGA para verán 2012

    Concello de Camariñas

    A empresa pública de Servizos Agrarios Galegos S.A (SEAGA) vén de publicar no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 5 de xuño de 2012 un anuncio polo que fai pública a convocatoria e bases específicas II para a selección e contratación de persoal temporal para a dita empresa nas seguintes categorías profesionais: Enxeñeiro de montes, Enxeñeiro técnico forestal, Capataz, Xefe de brigada, Peón especialista, Peón, Oficial administrativo, Auxiliar administrativo.
  • LISTAS SEAGA. Convocadas probas físicas e inicio prazo presentación documentación

    Concello de Camariñas

    A empresa pública de Servizos Agrarios Galegos S.A (SEAGA) publicou unha resolución pola que se convoca á realización da proba física e a apertura do prazo para a presentación de formación baremable. Tede en conta que a esta convocatoria só poden presentarse as persoas que xa estean anotadas con anterioridade nas listas previas de Seaga na categoría e nos perfís profesionais que aparecen na mencionada resolución.
  • Charla sobre doación de órganos

    Importante iniciativa a que tivo lugar na Casa de Pedra o pasado 28 de maioHai temas serios que non admiten bromas e nos que toda colaboración é pouca. Por exemplo a doación de órganos. Por elo foi un honor para Camarinas.eu contribuir a poñer en contacto ao noso usuario e amigo Luis Martínez Sierra coa concelleira María del Carmen Linares para promover charlas sobre tan importante tema no Concello de Camariñas. Charlas como a que baixo o nome “DOAR ORGANOS É SALVAR VIDAS” tivo lugar o pasado luns 28 de maio na Casa de Pedra. Dito evento, organizado en colaboración coa Asociación ALCER (Asociación para a loita contra as enfermidades de ril) estaba enmarcado dentro do programa “Para tod@s e por tod@os” que ten como  obxectivo dar a coñecer e poñer en valor todo o traballo que se está a facer para mellorar a calidade de vida de certos colectivos. Pero neste caso, a labor da asociación ALCER vai máis alá porque grazas a difusión de campañas coma esta non só pretende mellorar as vidas das persoas afectadas por unha enfermedade renal senón tamén salvar vidas. Ao final asistiron á charla unha treintena de participantes entre os que se atopaban persoas de Camariñas con problemas renais e algúns que estaban preparándose para un transplante. O dito, en temas como este toda colaboración é pouca.
  • II Andaina "Coñece os Camiños"

    Este sábado celebrarase unha amena andaina polos camiños da Ponte

    Este SÁBADO 2 de XUÑO levaremos a cabo a andaina aplazada o 6 de maio e consistirá: Saída dende o Pavillón de Ponte do Porto ás 10h, iremos ata a Grixa e dende a Grixa a Pena Forcada e volta outra vez ata a Grixa, pasaremos polo cemiterio vello, atravesaremos a rúa Porto e chegaremos á ponte, depois iremos cara ás Barrosas e dende as Barrosas ata o merendeiro de Lexas e seguiremos polo ruta dos Muiños ata rematar no Centro Cultural de Ponte do Porto. EN TOTAL SERÁN 13QM APROX hora prevista de remate 13´30h.
  • LISTAS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

    Concello de Camariñas

    As persoas anotadas nas listas de vinculacións temporais do Servizo Galego de Saúde segundo a resolución do 26 de outubro de 2011 (DOG 28/10/2011) xa podedes consultar as listas definitivas de admitidos/ as e excluídos /as e os resultados provisionais de baremación dos / as aspirantes admitidos / as co seu número de orde nas seguintes categorías:
  • Encontro en Finlandia de mozos de Camariñas e de outros cinco concellos europeos

    Encontro en Finlandia de mozos de Camariñas e de outros cinco concellos europeos  Unha delegación do Concello de Camariñas ven de realizar unha viaxe á cidade finesa de Masku no que participaron Ferrol, dous concellos italianos , un sueco e o municipio anfitrión. Por parte de Camariñas asistiron Jacobo Santos, xefe de estudos do IES Pedra da Aguia, Emilio González, axente de desenvolvemento local do Concello de Camariñas, e Cristina Dios e Silvia Tedín, dúas mozas que representaron ao grupo local de Camariñas no proxecto europeo Ypad, Xuventude e Desenvolvemento.
  • Os envases lixeiros ao contedor amarelo

    Os envases lixeiros ao contedor amarelo

    No mes do marzo o Concello de Camariñas comeza unha campaña para promocionar o deposito de envases lixeiros nos contedores amarelos. O obxectivo é mellorar a recollida selectiva e reducir o depósitos impropios nos contedores amarelos, que alcanzan o 28% na actualidade.
  • ITV para ciclomotores, motos e quads no Concello de Camariñas

    ITV para motos, quads, etc..

    Este 21 de marzo de 2012 a unidade móbil da ITV estará presente no Pavillón Municipal O Areal de Camariñas para realizar as inspeccións técnicas periódicas e pertinentes para CICLOMOTORES, MOTOS E QUADS. Supervisión y Control S.A., empresa que ten a concesión para revisar os nosos vehículos asignará hora de atención ao público directamente no polideportivo así que calqueira persoa que necesite facer a ITV a calqueira tipo destes vehículos terá que acercarse ata o pavillón este 21 de marzo onde o atenderán os operarios desta empresa. Camarinas.eu informará de próximas noticias e anuncios sobre a presencia da unidade móbil da ITV no noso concello.
  • Realización de actividades de formación en linguas estranxeiras

    Concello de CamariñasO 5 de marzo saíu no DOG a convocatoria de axudas para realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2012 ,destinada ao alumnado de centros docentes sostidos con fondos públicos. Está dirixido a alumnado de 6º de primaria , ESO e Bacharelato. Os alumnos poden aprender Inglés, francés e alemán dependendo do curso no que se atopen. No seguinte enlace atopase toda a información :http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120305/AnuncioG0164-240212-12650_gl.html . Para máis información acudir os centros escolares.
  • 85 RECLAMACIÓNS NA OFICINA DE CONSUMO DE CAMARIÑAS

    Datos das reclamacións na Oficina Municipal de Consumo

    A Oficina Municipal de Información ao Consumo do Concello de Camariñas, OMIC, é un servizo que se presta á cidadanía dende a Axencia de Desenvolvemento Local dende hai máis de unha década. Na OMIC infórmase e asesórase aos consumidores e usuarios sobre os seus dereitos e tramítanse as reclamacións de consumo ante o Instituto Galego de Consumo ou ante as propias empresas.
  • Cursos de Linga Galega CELGA 1

    Concello de Camariñas

    A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, convoca cursos gratuítos en liña para preparar a proba do Celga 1 de galego.  Os cursos son de nivel elemental e están pensados para estranxeiros e para persoas que non teñan coñecementos de galego
  • Recoñecemento de Competencias Profesionais

    Concello de Camariñas

    A Xunta de Galicia abriu a convocatoria do recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.
  • Axudas da Deputación da Coruña para asociacións

    Concello de Camariñas

    Ata o 15 de marzo de 2012 estará aberto o prazo para realizar as solicitudes de subvencións de asociacións e agrupacións de veciños ás liñas de axudas promovidas pola Deputación da Coruña. Para actividades e investimentos culturais, depromoción económica, para eventos deportivos ou para actuacións de Confrarías de Pescadores e agrupacións agrogandeiras e forestais. Máis información nesta web no apartado de Axencia de Desenvolvemento Local.
  • Obradoiros educativos no Concello de Camariñas

    Concello de Camariñas

    Durante do mes de marzo Colaborando co IES Pedra da Aguia traballaremos cos rapaces e rapazas de 1º da ESO .Tentando desenvolver actividades de busca de información ,organización da información e  resentación dun traballo. No CEIP “O Allo” desenvolveremos un obradoiro de mellora da lectura, de similares características o que xa se le-varon a cabo o trimestre pasado cos/as alumnos/as de 5º de primaria no CEIP “O Areal de Camariñas”.